Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2024.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Enrico Caruso, nado en Nápoles o 25 de febreiro de 1873 e finado o 2 de agosto de 1921, foi un tenor italiano, un dos máis famosos do mundo na historia da ópera. Caruso foi tamén o cantante máis popular en calquera xénero durante o primeiros vinte anos do século XX e un dos pioneiros da música gravada.[Cómpre referencia] Cantou en moitas das salas de ópera máis importantes do mundo, incluíndo o Teatro San Carlo de Nápoles, La Scala de Milán, o Teatro Colón de Buenos Aires e o Covent Garden de Londres, aínda que é máis coñecido por ser o primeiro tenor do Metropolitan Opera en Nova York durante dezasete anos.
A Game of Thrones ("Un xogo de Tronos") é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996. Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro.
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
The Cure é unha banda de post-punk inglesa, liderada por Robert Smith, que comezou a súa carreira a no ano 1976 en Crawley, West Sussex. Smith vén sendo o único membro permanente da banda dende a súa fundación. O seu primeiro álbum foi Three Imaginary Boys, editado en 1979, e colocou á banda nos movementos post-punk e New Wave que surxiran a raíz da revolución punk rock no Reino Unido.
MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos.
O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio", sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.
A Europa do Norte é a rexión setentrional do continente europeo. Ó longo do tempo foi definida de diversos xeitos, aínda que hoxe en día adoita definirse como o conxunto dos seguintes países e rexións: os países nórdicos, que inclúen Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia, xunto coas illas Åland, as Feroe e a illa de Islandia, e ocasionalmente Karelia, a península de Kola, Groenlandia e o arquipélago das Svalbard; xeralmente adoitan incluír á República de Irlanda, ó Reino Unido, á illa de Man e as illas da Canle (estes países e rexións tamén son considerados parte da Europa occidental); xeralmente tamén se adoita incluír ós países bálticos, formandos por Estonia, Letonia e Lituania (tamén considerados parte da Europa occidental); ocasionalmente, outras áreas en contacto co mar Báltico e o mar do Norte, por exemplo, o noroeste de Rusia, o norte de Polonia, os Países Baixos,Bélxica, Luxemburgo e o norte de Alemaña.Antes do século XIX, o termo “nórdico” adoitaba empregarse para definires ó relativo ó norte de Europa, o cal incluía ós países nórdicos, á parte europea de Rusia, ós países bálticos (que naquela época estaban formados por Livonia e Curlandia) xunto con Groenlandia. En tempos máis antigos, cando o continente estaba dominado polas culturas do Mediterráneo (como o Imperio Romano), as áreas de Europa afastadas daquel mar xeralizábanse dentro do grupo do Norte de Europa, incluíndo o que posteriormente se convertería en Alemaña, nos Países Baixos e Austria.
Elizabeth Woolridge Grant, máis coñecida como Lana Del Rey, nada o 21 de xuño de 1985 en Nova York, é unha cantante e compositora estadounidense. Criada ao norte do Estado de Nova York, Del Rey trasladouse á cidade de Nova York aos dezaoito anos, onde foi á universidade e comezou a escribir música e a actuar en pequenos clubs. En 2008, Del Rey asinou un contrato cunha marca independente e gravou o seu álbum de estrea homónimo, dispoñible en iTunes en 2010; Del Rey comprou de novo os dereitos do seu álbum e foi retirado pouco despois.
O padriño é unha figura común en varias denominacións cristiás. Asiste a outra persoa en certos sacramentos, con orixe no século II, de orixe relixiosa cristiá, e, posteriormente, pasou a obter diferentes significados dependendo da relixión e o código civil. Segundo Corpus Iuris Civilis, o sentido orixinal de patrocinio, e que segue sendo o máis amplo sentido, é un servizo que debe realizar un individuo que ten unha débeda que pagar ao pai ou nai co patrocinio dun ou máis fillos da parella, unha especie de tributo voluntario dado á familia da parella ao longo de toda a vida.
Silent Hill (en xaponés: サイレントヒル, Hepburn: Sairento Hiru) é unha franquía de terror centrada nunha serie de videoxogos de terror psicolóxico e supervivencia creados por Keiichiro Toyama e distribuídos por Konami. Os primeiros catro videoxogos da serie, Silent Hill, Silent Hill 2, Silent Hill 3 e Silent Hill 4: The Room, foron desenvolvidos por un grupo interno chamado Team Silent, un persoal de desenvolvemento dentro da antiga subsidiaria de Konami Konami Computer Entertainment Tokyo. Os seguintes seis xogos Origins, Homecoming, Shattered Memories, Downpour, Book of Memories e P.T. (un teaser xogable de Silent Hills), foron desenvolvidos por outros equipos, na súa maioría occidentais.
Un telefilme é un filme producido e orixinalmente emitido por unha canle de televisión. O formato apareceu nos Estados Unidos a principios da década de 1960 para incentivar aos epectadores para que veran na casa unha película equivalente ás longametraxes exhibidas en salas de cinema. Os telefilmes adoitan teren orzamentos menores que o das películas realizadas para o cinema, pero contan cun número de xéneros e temas tan amplos como as obras cinematográficas.
En dereito, a propiedade é o poder directo e inmediato sobre un obxecto ou ben, pola que se atribúe ao seu titular a capacidade de dispoñer deste, sen máis limitacións que as que impoña a lei. É o dereito real que implica o exercicio das facultades xurídicas máis amplas que o ordenamento xurídico concede sobre un ben. O obxecto do dereito de propiedade esta constituído por todos os bens susceptibles de apropiación.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
O catalán, coñecido como valenciano no País Valenciano e no Carche, é unha lingua románica falada polo pobo catalán nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural.É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.
Pan European Game Information (en galego: Información Paneuropea sobre Videoxogos) ou PEGI é un sistema europeo para clasificar o contido dos videoxogos e outro tipo de software de entretemento. Foi desenvolvido pola ISFE e entrou en práctica en 9 de abril do 2003. O sistema PEGI aplícase en 25 países sen ter relación algunha coa Unión Europea.
Estados Xerais dos Países Baixos
Os Estados Xerais son o poder lexislativo, bicameral, dos Países Baixos. Teñen a súa sede no complexo do Binnenhof, na Haia, que alberga algunha das principais institucións política do país.
O hobbit é un conto longo de J. R. R. Tolkien, publicado o 21 de setembro de 1937 co título de The Hobbit. Foi traducido ao galego por Moisés Barcia Rodríguez e publicado por Edicións Xerais en 2000 e por Sushi Books en 2021 (ISBN 978-84-16884-11-7). Esta obra de corte infantil foi iniciada entre 1930 e 1931, e é a primeira vez que aparece o universo mitolóxico da Terra Media que máis tarde definirán O Señor dos Aneis e O Silmarillion, perfilándose algúns dos personaxes que logo participarán de forma moi activa n'O Señor dos Aneis, como Gandalf ou Bilbo.
A paz (do latín pax = Absentia Belli) é xeralmente definida como un estado de calma ou tranquilidade, unha ausencia de perturbacións ou axitación, violencia, liorta ou guerra. Pode entenderse no sentido individual (paz interior, tranquilidade) ou tamén mundial (ausencia de conflitos bélicos). Pode ser clasificada segundo varios criterios, por exemplo paz positiva e negativa.[Cómpre referencia] Paz positiva - Estado de non-violencia e xustiza.
O Sahel (do árabe ساحل /sahil/ "beira, fronteira") é a zona extrema de África entre o deserto do Sáhara ó norte e a chamada rexión do Sudán ó sur (máis fértil e que non debe ser confundida co país do mesmo nome (Sudán). O Sahel é principalmente unha sabana e esténdese dende o océano Atlántico ata Somalia (o chamado corno de África). Durante toda a historia de África, a zona foi o asentamento dos reinos máis avanzados, beneficiarios do comercio a través do deserto.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
A Galería Nacional de Arte (en inglés: National Gallery of Art ou NGA) é un museo de arte, que se atopa no National Mall de Washington, D.C. O museo fundouse en 1937 por unha acta do Congreso dos Estados Unidos, con fondos para a construción e unha substanciosa colección de arte de Andrew W. Mellon. Samuel H. Kress contribuíu á colección orixinal de arte italiana. Fito clave nos comezos do museo foi a compra dun lote de cadros do Ermitage, que o goberno soviético accedeu a vender para obter divisas.
The Shape of Water é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Guillermo del Toro e escrito por Toro e Vanessa Taylor. Está protagonizado por Sally Hawkins, Michael Shannon, Richard Jenkins, Doug Jones, Michael Stuhlbarg e Octavia Spencer. Está ambientada en Baltimore en 1962, e conta a historia dunha limpadora muda que traballa nun laboratorio de alta seguridade do goberno que se namora dunha criatura anfibia de aparencia humana.
Hans Florian Zimmer, nado en Frankfurt, Hesse, o 12 de setembro de 1957, é un compositor alemán. É un dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos en Hollywood. Pioneiro na utilización do uso de computadoras, tecnoloxía de sintetizadores dixitais e teclados xunto a orquestras sinfónicas tradicionais, en melodías de cine e televisión.
No sistema universitario, o reitorado é a máxima autoridade académica e ostenta a representación desta. Exerce a dirección, goberno e xestión da universidade, desenvolve as liñas de actuación aprobadas polos órganos colexiados (Consello Social, Consello de Goberno e Claustro Universitario), e executa os seus acordos. Para o desenvolvemento destas funcións é asistido polo Consello de Dirección no que están presentes os vicerreitores, a secretaria xeral e o xerente.
Overwatch é un videoxogo de tipo shooter en primeira persoa (ou FPS) desenvolto por Blizzard Entertainment lanzado ao público en maio do 2016 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. No 2017 foi premiado como Xogo do Ano en The Game Awards 2016. Overwatch pon aos xogadores en equipos de seis persoas, con cada persoa escollendo un dos varios heroes dispoñibles, cada un cos seus movementos e habilidades únicas.
Un CMS (content management system, sistema de xestión de contidos) é unha aplicación que permite publicar, editar e modificar contidos, organizalos ou borralos así como mantelos dende unha interface central. Tales sistemas de xestión de contido subministran procedementos para manexar o fluxo de datos nunha contorna colaborativa. Estes procedementos poden ser realizados de xeito manual ou de xeito automático.
My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.
Un CD (das siglas inglesas de Compact Disc) ou disco compacto é un soporte dixital óptico para todo tipo de datos (son, vídeo, documentos etc). Foi creado en 1980 por Sony e Philips e comercializado a partir de 1982 deica hoxe. Nos días de hoxe, tecnoloxías sucesoras como o DVD poden desprazar ou minimizar esta forma de almacenamento; o DVD tamén é un almacenamento óptico.
Unha tarxeta gráfica é o compoñente físico do ordenador encargado de converter a información dixital (sinais eléctricos) que lle chega dende o microprocesador en información comprensible e representable pola pantalla do ordenador, para que poida ser vista polo usuario. Conéctase xeralmente a algunha das rañuras de expansión (segundo a época de fabricación; ISA, VLB, PCI, AGP, PCI EXPRESS...), aínda que tamén pode ir integrada na placa base. As tarxetas gráficas non son dominio exclusivo dos PCs; tamén as incluían dispositivos como os Commodore Amiga (conectadas mediante os slots Zorro II e Zorro III), Apple II, Apple Macintosh, Spectravideo SVI-328, equipos MSX e, por suposto, as videoconsolas.
O contorno de escritorio ou simplemente, escritorio, é a interface gráfica que permite a un usuario realizar operacións nun ordenador interactuando con elementos gráficos coma as iconas ou as fiestras dos programas. Un contorno de escritorio consiste tipicamente de iconas, fiestras, barras de ferramentas, cartafoles, fondos de escritorios e aplicacións de escritorio ou widgets. Conceptualmente, o contorno de escritorio é unha metáfora co escritorio de traballo real no que se traballa con documentos e cartafoles e no que pode haber ferramentas varias que nos permitan traballar con eses documentos.
A Serie A, tamén chamada Serie A TIM debido ao patrocinio de Telecom Italia, é a máxima competición de liga de fútbol profesional en Italia, iniciada na tempada 1929–30. Foi organizada pola Lega Calcio até 2010, cando se creou a nova Lega Serie A. O campionato iniciouse en 1898 baixo o nome de Campionato Federale, e en 1929, coa profesionalización do fútbol italiano, cambiou o seu nome polo de Serie A. A Serie A é a quinta mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).
O home ( pronunciación ), ou varón, é un ser humano macho, de sexo oposto á muller. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade). O termo home pódese utilizar tamén para se referir ao ser humano de maneira xeral, sexa el home ou muller e mais tamén se pode restrinxir para referirse ao ser humano masculino que chegou á idade viril.
Oslo, chamada Christiania entre 1624 e 1878 e Kristiania entre 1878 e 1924, é a capital e a cidade máis habitada de Noruega, amais de ser o seu centro político, económico e cultural. Politicamente constitúe un concello e a vez unha das dezanove provincias do país. En 2018 a súa poboación era de 673 469 habitantes, un 12% da poboación total de Noruega, sendo a terceira cidade e área urbana máis poboada de Escandinavia, só superada por Copenhague e Estocolmo.
Violencia sexual é calquera acto sexual ou tentativa de obter un acto sexual por violencia ou coerción, actos de tráfico de persoas ou actos dirixidos contra a sexualidade dunha persoa, calquera que sexa a relación coa vítima. Ocorre en tempos de paz e en contextos bélicos, é xeneralizada e é considerada como unha das violacións dos dereitos humanos máis común, omnipresente e traumática.A violencia sexual é un problema de saúde pública grave e ten un impacto profundo na saúde física e mental a curto ou a longo prazo, cun maior risco de problemas na saúde sexual e reprodutiva, cun risco maior de suicidios ou infección de HIV. Tamén se cualifican como violencia sexual os asasinatos que ocorren durante unha agresión sexual ou a consecuencia delas como é no caso dos crimes de honra. Aínda que as mulleres e as mozas a sofren en maior proporción, a violencia sexual pode ocorrerlle a calquera en calquera idade e é un acto de violencia que pode ser perpetrado por persoas proxenitoras, coidadoras, por persoas coñecidas e descoñecidas, así como polas parellas.
StarCraft: Brood War é unha expansión para o videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción futurista StarCraft, desenvolvida por Blizzard Entertainment e publicada en 1998. É un dos xogos para ordenador máis vendidos da historia, catalogado de best-séller e considerado como un clásico dos xogos de ordenador. Foi presentado para distintas plataformas, como Windows, Mac e Nintendo 64, aínda que esta última con menos acollida.
A norma xurídica é unha regra ou ordenación do comportamento humano ditado por autoridade competente de acordo a un criterio de valor e cuxo incumprimento trae aparellado unha sanción. Xeralmente, impón deber e confire dereitos. Diferénciase doutras normas de conduta no seu carácter heterónomo (imposto por outro), bilateral (fronte ao suxeito obrigado a cumprir a norma, existe outro facultado para esixir o seu cumprimento), coercible (exixible por medio de sancións tanxibles) e externo (importa o cumprimento da norma; non o estar convencido da mesma).
Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha
A Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (en castelán: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha) ou simplemente Xunta de Comunidades, é a institución en que se organiza o autogoberno da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España. A Xunta de Comunidades está integrada polas Cortes de Castela-A Mancha, polo presidente da Xunta de Comunidades e polo Consello de Goberno.
Dorothy Gale é unha personaxe ficticia, protagonista na maioría dos Libros de Oz, escritos polo autor estadounidense L. Frank Baum. Dorothy aparece por vez primeira no clásico infantil de Baum O mago de Oz e reaparece en moitas outras secuencias. Tamén é a protagonista no clásico filme de 1939, unha adaptación do libro.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano.
O RTECS (Registry of Toxic Effects of Chemical Substances, Rexistro de Efectos Tóxicos de Substancias Químicas) é unha base de datos de información sobre toxicidade de substancias químicas compilado da literatrura científica aberta, sen que se fagan ulteriores comprobacións. Ata o ano 2001 foi mantida polo NIOSH (Instituto Nacional de Seguridade Ocupacional e Saúde) de EUA como unha publicación libremente dispoñible gratuíta. Actualmente é mantida pola compañía privada Symyx Technologies e só está dispoñible pagando unha tarifa ou por subscrición.
Saul fia é un filme húngaro dramático dirixido por László Nemes e co-escrito por Nemes e Clara Royer que foi estreado no 2015. Está ambientado no campo de concentraciónde Auschwitz durante a segunda guerra mundial, e segue un día e medio da vida de Saul Ausländer (interpretado por Géza Röhrig), un húngaro membro do Sonderkommando.Foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015, onde gañou o Grand Prix. Tamén foi estreado na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto.
Unha empresa é unha organización ou institución dedicada a actividades ou persecución de fins económicos ou comerciais. A Comisión da Unión Europea suxire a seguinte definición: De acordo ao dereito internacional, a empresa é o conxunto de capital, administración e traballo dedicados a satisfacer unha necesidade no mercado.
O JPEG (Joint Photographic Experts Group) é un método de compresión e un formato de arquivo de imaxes de 24 bits ou de escala de grises: é un método con perdas, o que quere dicir que cada vez que se comprime unha imaxe perde algo de detalle e calidade. O formato de arquivo utiliza as extensións .jpeg, .jfif, .jpg, .JPG ou .JPE . e é o formato máis utilizado na World Wide Web.
Milú (en francés Milou, que sería literalmente en galego Nevado) é un personaxe de ficción creado en 1929 polo debuxante belga Hergé e que protagoniza a serie As aventuras de Tintín xunto co seu dono Tintín. Milú é can de raza Fox Terrier de pelo duro e branco, compañeiro de Tintín e cuxo nome orixinal (Milou) débese á primeira noiva do autor Hergé á idade de 18 anos (Marie-Louise Van Cutsem, chamada cariñosamente Milou). Por esta razón moitos cometen o erro de que Milú era unha femia.
Grant DeVolson Wood, nado en Anamosa (Iowa) o 13 de febreiro de 1891 e finado en Iowa City o 12 de febreiro de 1942, foi un pintor estadounidense. É coñecido sobre todo polas súas pinturas que representan o Medio Oeste rural estadounidense de entreguerras. Foi un dos pintores da Escola Ashcan, que a través de Arshile Gorky levou ao expresionismo abstracto posterior á segunda guerra mundial.
Dark Souls (ダークソウル, Dāku Souru) é un videoxogo de acción e rol ambientado nun mundo aberto. Foi desenvolvido e publicado para PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software no Xapón e publicado por Namco Bandai Games internacionalmente. É un sucesor espiritual de Demon's Souls, e inicialmente comezou o proxecto baixo o título Project Dark.
Moishe Zakharovich Shagalov, nado en Viciebsk (Belarús, entón no Imperio Ruso) o 7 de xullo de 1887 e finado en Saint-Paul de Vence (Francia) o 28 de marzo de 1985, foi un pintor francés de orixe xudía belaruso, de estiño surrealista, máis coñecido como Marc Chagall. En 1960 foi galardoado co Premio Erasmus.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
Existen tres tratados coñecidos como Tratado de Lisboa: O Tratado de Lisboa de 1668, asinado entre Portugal e España, de independencia de Portugal e de remate da Guerra de Restauración portuguesa. O Tratado de Lisboa de 1864, asinado entre España e Portugal que definiou as fronteiras entre ambos países, e suprimiu a existencia do Couto Mixto O Tratado de Lisboa de 2007, acordo institucional da Unión Europea que emenda os tratados de Roma e de Maastricht.
Plutón (símbolos: e ) é un planeta anano do Sistema Solar. Foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por Clyde William Tombaugh (1906-1997) dende o Observatorio Lowell en Flagstaff (Arizona). Consideróuselle planeta ata que a Unión Astronómica Internacional modificou a definición de planeta o 24 de agosto de 2006.
Titanfall é un videoxogo multixogador de tirador en primeira persoa desenvolvido por Respawn Entertainment e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox One o 11 de marzo de 2014. Unha versión para Xbox 360 foi adaptada por Bluepoint Games e foi estreado o 8 de abril de 2014.
Unha reacción química é un proceso no que unha ou máis substancias,os reactivos, se transforman noutras substancias diferentes, os produtos da reacción. Un exemplo de reacción química é a formación de óxido de ferro producida ó reaccionar o osíxeno do aire co ferro. Unha reacción química xorde da reordenación dos átomos presentes nos reactivos que ó reagrupárense de distinta maneira darán lugar ós produtos.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Arabia Saudita (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000 km<sup2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e o Iemen polo sur.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.