Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Franz Anton Beckenbauer nado o 11 de setembro de 1945 en Múnic e finado o 7 de xaneiro de 2024, foi un futbolista e adestrador de fútbol alemán. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección alemá occidental. Considerado a "máxima lenda do fútbol alemán" e un dos mellores futbolistas da Historia, foi alcumado "o Kaiser" (o emperador).
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Os feldespatos son un grupo de minerais constituídos por silicatos de aluminio, potasio, calcio e sodio. Son uns minerais que forman unha serie isomorfa na que estes tres últimos elementos químicos substitúen en ocasións ó aluminio creando diferentes variedes con diversas propiedades físicas e químicas.
A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol. Foi creada en 1982 coma unha competición de dous equipos: o campión de liga de Primeira División contra o campión da Copa do Rei. En 2019 adoptou o seu actual formato de catro equipos: os gañadores e subcampións de Liga e Copa.
Operación Triunfo, máis coñecido polas súas siglas OT, é un programa de televisión español creado en 2001 como talent-show musical para formar cantantes nunha academia. O formato consiste na presentación dunha serie de concursantes que deben demostrar semana tras semana as súas capacidades como cantantes nunha gala en directo e que se enfrontan a nomeamentos para abandonar a academia. O concurso emitiu once edicións desde 2001 ata 2020.
Contaminación por gránulos de plástico
A contaminación por pellets de plástico é un tipo de restos mariños orixinados a partir das partículas de plástico que se usan universalmente para fabricar plásticos a gran escala. No contexto da contaminación por plástico, estes pellets ou gránulos de preprodución coñécense en inglés como nurdles. Estes microplásticos créanse por separado dos plásticos que se funden, e a perda de gránulos pode ocorrer tanto durante as etapas de fabricación como de transporte.
Un complexo de pre-replicación (pre-RC) é un complexo proteico que se forma na orixe de replicación durante a etapa de inicio da replicación do ADN. A formación do complexo de pre-replicación é necesaria para que se produza a replicación do ADN e é unha parte moi importante do ciclo celular. Unha replicación completa e fiel do xenoma asegura que cada célula filla levará a mesma información xenética que a célula parental.
Kareius bicoloratus (Basilewsky, 1855) é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, única do xénero Kareius,Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
Os microplásticos (MP) son pequenos anacos de plástico que contaminan o medio ambiente. Aínda que aínda hai debate sobre que tamaño se pode considerar microplásticos, a National Oceanic and Atmospheric Administration dos EUA (NOAA) utiliza o parámetro de menos de 5 mm de diámetro para clasificalos. Estes proveñen dunha gran variedade de fontes, incluíndo cosméticos, roupa, artes de pesca, residuos plásticos cotiáns e procesos industriais.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebraranse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
O silicio é un elemento químico non metálico situado no grupo 14 da táboa periódica dos elementos formando parte da familia dos carbonoideos. É o segundo elemento máis abundante na codia terrestre (27,7% en peso) despois do osíxeno. Preséntase en forma amorfa e cristalizada; o primeiro é un po pardo, máis activo cá variante cristalina, que se presenta en octaedros de cor azul grisalla e brillo metálico.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Vertedura de pellets de plástico na costa de Galicia
A vertedura de pellets de plástico na costa de Galicia tivo lugar logo de que o 8 de decembro de 2023 o buque Toconao, de bandeira de Liberia, perdese varios contedores fronte á costa de Portugal. Un deles contiña pellets, pequenas bólas de plástico utilizadas como materia prima para a fabricación de produtos plásticos, que chegaron á costa galega desde as Rías Baixas ata a Mariña de Lugo. A situación agravouse pola dificultade para retirar estes residuos debido ao seu pequeno tamaño e lixeireza, o que complicou enormemente os labores de limpeza.A resposta das autoridades a esta crise foi obxecto de críticas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
The Daily Telegraph é un xornal británico en lingua inglesa, publicado en Londres por Telegraph Media Group, distribuído en todo o Reino Unido e internacionalmente. O xornal foi fundado por Arthur B. Sleigh en xuño de 1855 como The Daily Telegraph and Courier, e dende 2004 foi propiedade de David e Frederick Barclay. Tivo unha circulación diaria de 523 048 en marzo de 2014, por baixo de 552 065 a comezos de 2013.
Unionistas de Salamanca Club de Fútbol
O Unionistas de Salamanca Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de Salamanca, en Castela e León. Actualmente compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Foi fundado o 26 de agosto de 2013 por varios membros da Platamorma de Aficionados Unionistas e outros seguidores e afeccionados da UD Salamanca como homenaxe a ese equipo, desaparecido o 18 de xuño do mesmo ano. O club é xestionado democraticamente polos seus propios afeccionados, cun voto por cada socio.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Sicario é un filme estadounidense de suspense e acción de 2015 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Taylor Sheridan. Está protagonizado por Emily Blunt, Benicio del Toro e Josh Brolin. O filme conta a historia dunha axente do FBI que é recrutada por un grupo de traballo do goberno para derrocar ao líder dun poderoso e brutal cártel mexicano da droga.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 11ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento do País Vasco. A comezos de febreiro de 2020, a posibilidade dun adianto electoral no País Vasco para o 5 de abril xerou especulacións sobre se o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estaría disposto a adiantar as eleccións galegas para celebralas conxuntamente coas vascas, como ocorrera nos comicios de 2009, 2012 e 2016, malia as afirmacións anteriores de Feijóo de que a súa vontade non era a dun final prematuro da lexislatura.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Alicia no país das marabillas ou As aventuras de Alicia no País das Marabillas é unha obra literaria creada en 1865 polo matemático, diácono anglicano e escritor británico Charles Lutwidge Dodgson, baixo o pseudónimo Lewis Carroll. O conto explica a historia dunha rapaza chamada Alicia que cae por un buraco e atópase nun mundo de fantasía poblado por criaturas peculiares e antropomorfas. Foi publicada en tradución á lingua galega na Colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
Philippi (/fɪˈlɪpaɪ, ˈfɪləˌpaɪ/; grego antigo: Φίλιπποι, Philippoi) foi unha gran cidade ao noroeste da veciña illa de Thasos. O seu nome orixinal era Crenides (grego antigo: Κρηνῖδες, Krenides "Fontes") despois do seu establecemento por colonos Thasios no 360/359 a.C. A cidade foi renomeada por Filipo II de Macedonia no 356 a.C. e abandonada no século XIV despois da conquista do Imperio otomán. O actual municipio, Filippoi, está situado preto das ruínas da antiga cidade e forma parte da rexión de Macedonia Oriental e Tracia en Kavala, Grecia.
Aquiles (en grego antigo Ἀχιλλεύς / Akhilleús) é un heroe lendario da guerra de Troia, fillo de Peleo (rei de Ptía en Tesalia) e de Tetis, unha das Nereidas, (ninfa mariña). Os textos refírense a el frecuentemente co nome de Pelida (polo seu pai, Peleo), pero tamén como Eácida (polo seu avó Éaco), epítetos que remontan aos seus devanceiros. É un dos protagonistas da Ilíada de Homero.
Síndrome de Alicia no país das marabillas
A Síndrome de Alicia no país das marabillas foi documentada por vez primeira en 1952 por C. W. Lippman aínda que non foi bautizada con tal nome ata 1955, polo psiquiatra inglés John Todd, en referencia ao popular conto de Lewis Carroll, Alicia no país das marabillas.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do Partido dos Socialistas de Galicia. Foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015. En outubro de 2023 foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia para as Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar en 2024.
Thomas Robert Shannon Broughton nado en Corbetton, unha aldea do municipio de Melanchton en Ontario, Canadá, o 17 de febreiro de 1900 e finado en Chapel Hill, Carolina do Norte, o 17 de setembro de 1993, foi un historiador e prosopógrafo canadense coñecido pola súa obra The Magistrates of Roman Republic, realizada en 3 volumes e publicada entre 1951 e 1986.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
La sociedad de la nieve é un filme de 2023 dirixido por Juan Antonio Bayona. Conta a historia do accidente aéreo dos Andes de 1972. É unha adaptación do libro homónimo de Pablo Vierci, o cal documenta os acontecementos que viviron os 16 superviventes do accidente, moitos dos cales Vierci coñecía dende a infancia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O house é un xénero de música electrónica no marco do dance aparecido a mediados da década de 1980 na cidade estadounidense de Chicago, a mans do músico, produtor e discjockey Frankie Knuckles. A orixe do nome do xénero procede da discoteca The Warehouse na que Knuckles exercía como D.J. residente. O house naceu coma unha fusión de electro, funk, soul e música disco, fortemente influenciado por conxuntos vangardistas da época coma Kraftwerk e outras correntes electrónicas procedentes de Europa.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así: É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade.
O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola fusión do Racing Club e o Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente na Segunda División tras conseguir o ascenso na tempada 2022/23. Entre os seus maiores logros conta con tres campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940.
Porto do Son (á espera da oficialización da forma O Porto do Son) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km².
O naufraxio do petroleiro Prestige e a posterior marea negra foi un dos maiores accidentes e catástrofes naturais da historia do transporte marítimo mundial. O accidente ocorreu o 13 de novembro de 2002, a 250 quilómetros da costa da Morte en Galiza, cando, após unha forte tormenta, o petroleiro afundiuse liberando 77.000 toneladas de fuel ao océano Atlántico. A vertedura do Prestige, que se estendeu ás costas de Portugal, norte de España e Francia, está considerada como o terceiro accidente máis custoso da historia xa que custou 12.000 millóns de dólares para limpar e selar o barco.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 202.053.
Operación Triunfo 2018, tamén coñecido polas súas siglas OT 2018, é a décima edición do programa de televisión musical Operación Triunfo de La 1 de Televisión Española. O programa, que conta cunha duración provisional de 91 días, foi estreado o 19 de setembro de 2018, sendo líder de audiencia, cultivando un 20,5% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia, aínda que, ao longo das semanas, mostrou unha clara tendencia descendente nos seus datos.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O Port de la Lune (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).