Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
O título deste artigo amósase incorrectamente debido a limitacións técnicas. O título correcto é C#. C# (pronunciado "si xarp" en inglés, ou C díese) é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvido e estandarizado por Microsoft como parte da súa plataforma .NET, que despois foi aprobado como un estándar pola ECMA e ISO. A súa sintaxe básica deriva de C/C++ e utiliza o modelo de obxectos da plataforma .NET o cal é similar ao de Java aínda que inclúe melloras derivadas doutras linguaxes (máis notablemente de Delphi e Java).
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
En meteoroloxía, un ciclón é unha gran masa de aire que rota arredor dun centro de presións atmosféricas moi baixas, en dirección contraria á das agulla do reloxo no hemisferio norte e a favor das agullas do reloxo no hemisferio sur, visto desde arriba (que son as direccións contrarias ás dun anticiclón). As presións atmosféricas dos ciclóns son menores que as das borrascas. Os ciclóns caracterízanse por ter ventos que se moven en espiral cara ao seu interior que rotan arredor dunha zona de baixas presións.
Miguel Anxo Fernández Fernández
Miguel Ángel Fernández Fernández, coñecido publicamente como Miguel Anxo Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.
O aragonés é unha lingua románica falada nas zonas máis setentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao nordeste de España, onde ten o rango de lingua propia. Actualmente fálase nas comarcas da Jacetania, Alto Gállego, Sobrarbe e na parte occidental da Ribagorza, aínda que se fala tamén, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.
Małgorzata Banaś (nada como Ludwika Banaś; nome relixioso: Maria Małgorzata do Sagrado Corazón de Xesús na Agonía de Xetsemaní), nada o 10 de abril de 1896 en Klecza Dolna (entón no Reino de Galicia e Lodomeria) e finada o 26 de abril de 1966 en Navahrudak (RSS de Belarús), foi unha monxa da Congregación de Irmás da Sagrada Familia de Nazaret e declarada venerable pola Igrexa católica.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Movimiento Católico Español (MCE) é un partido franquista fundado en 1981 por José Luis Corral tras deixar Fuerza Nueva, onde era xefe local en Madrid de Fuerza Joven. Tivo nas eleccións xerais de 1982 un total de 996 votos. Convocou numerosas concentracións contra o aborto, organiza misas e homenaxes ós excombatentes da División Azul e dos caídos por España.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manoel Antonio ou Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista na literatura galega. Asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela (1919), á III en Vigo (1921) e á IV en Monforte (1922). Mantivo arreo fortes conviccións, intentando casar o anarquismo individualista co galeguismo independentista e chamou á defensa radical do monolingüismo en galego.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova c. 1450 ou 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.
José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Asasinato de María Soledad Morales
María Soledad Morales, nada en Valle Viejo (Catamarca, Arxentina) o 12 de setembro de 1972 e finada en San Fernando de Valle de Catamarca (Catamarca, Arxentina) o 8 de setembro de 1990, foi unha estudante arxentina asasinada con 17 anos na capital catamarqueña. Luis «El Flaco» Tula, o seu mozo, doce anos maior, foi acusado de entregala a Guillermo Luque —fillo do entón deputado nacional Ángel Luque—. Este levouna a unha festa en que participaron Diego Jalil (fillo do intendente da cidade nese momento), Arnoldito Saadi (curmán do gobernador de Catamarca) e Miguel Ferreyra (fillo do xefe da policía).
A Plana de Uesca (que significa Chaira de Uesca, e que se lle chama Hoya de Huesca en castelán e oficialmente Hoya de Huesca/Plana de Uesca) é unha comarca de Aragón, en España. A maior parte da comarca está situada na provincia de Huesca pero tamén inclúe dous municipios da provincia de Zaragoza (Murillo de Gállego e Santa Eulalia de Gállego). A súa capital é Huesca.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 215.004.
O termo anglicano e o seu derivado anglicanismo, proveñen do latín medieval ecclesia anglicana, que significa igrexa inglesa, utilízase para describir as persoas, as institucións e as igrexas, como así mesmo ás tradicións litúrxicas e conceptos teolóxicos desenvolvidos tanto pola Igrexa de Inglaterra, no particular, como polas provincias eclesiásticas da comuñón anglicana. Tamén se utiliza no referente ás igrexas anglicanas sen comuñón co Arcebispo de Canterbury, como as partícipes do Movemento Anglicano de Continuación e moitas outras completamente independentes.
Hildegart Rodríguez Carballeira
Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Con tres anos escribía e con oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de Dereito con 17 anos e foi membro activa do PSOE e despois do Partido Republicano Democrático Federal.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A acupuntura é un compoñente da medicina tradicional chinesa e unha forma de medicina alternativa que recibe a consideración de pseudociencia ao non poder achegar evidencias científicas da súa efectividade. e que consiste en, supostamente, restablece-lo equilibro no sistema enerxético vital dun organismo vivo pola inserción de agullas moi finas en determinados puntos do corpo, permanecendo durante algúns segundos. Na China a súa práctica data do primeiro milenio a.C. difundíndose por Corea, Xapón e outros países asiáticos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
Amaia Montero Saldías, nada en Irún (Guipúscoa) o 26 de agosto de 1976, é unha cantante española de pop e baladas. Deuse a coñecer como vocalista do grupo donostiarra La Oreja de Van Gogh en decembro de 1996. O 19 de novembro de 2007 anunciou a súa retirada do grupo para iniciar unha carreira en solitario.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, talvez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto rango da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo.
Unha voda, tamén chamada casoiro, casamento, esposorio, himeneo ou nupcias é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Sachin Ramesh Tendulkar (|ˌsʌtʃɪn tɛnˈduːlkər|), nado en Mumbai o 24 de abril de 1973, é un xogador de crícket indio, antigo capitán da selección nacional india. Está amplamente recoñecido como o mellor bateador da historia do crícket. Realizou tamén o maior número de carreiras na historia deste deporte.
Carl Linnaeus, (en sueco: Carl Nilsson Linnæus, latinizado como Carolus Linnaeus, tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maio de 1707 en Råshult (na antiga provincia de Småland) Suecia e finado o 10 de xaneiro de 1778 en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai da taxonomía moderna» e fundador da bioxeografía vexetal. Linné introduciu o concepto de «economía natural» para argumentar como os organismos, creados por "Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento da natureza; e o cal foi das primeiras nocións da ecoloxía.
Florida, Estados Unidos de América
Florida é un estado da rexión Sur dos Estados Unidos, o máis meridional dos 48 estados nos Estados Unidos continental. Limita, ao norte con Alabama e Xeorxia e ao sur co Estreito de Florida, polo cal fai fronteira con Cuba e Bahamas. Florida foi inicialmente explorada e colonizada por España.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».