Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
Ana Mena Rojas, nada en Estepona (Málaga) o 25 de febreiro de 1997, é unha cantante e actriz española. Deuse a coñecer no ano 2006 após gañar a XII edición rexional dos Premios Veo Veo, aínda que a súa popularidade aumentou cando participou na miniserie Marisol, la película interpretando a Marisol. Mena debutou na industria musical en 2016 co seu sinxelo "No soy como tú crees".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego
O Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego foi elaborado en 1887 polos delegados galegos do Partido Republicano Federal.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
Suomen Jääkiekkoleijonat (en galego leóns/leoas do hóckey sobre xeo finlandés) é o nome polo que se coñece ao Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés. As personalidades son nomeadas polo Suomen Jääkiekkomuseo (en galego "Museo do hóckey sobre xeo finlandés"), que xestiona a galería de personalidades homenaxeadas. Na lista figuran xogadoras e xogadores, adestradoras e adestradores, árbitras e árbitros, así como outras personalidades que influíron neste deporte en Finlandia.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Familia da ribonuclease pancreática
A familia da ribonuclease pancreática é unha familia (ou superfamilia) de endonucleases específicas da pirimidina atopadas en grande cantidade no páncreas de certos mamíferos e dalgúns réptiles. Estes encimas interveñen no corte endonucleolítico de 3'-fosfomononucleótidos e 3'-fosfooligonucleótidos que acaban en C-P ou U-P con intermediarios 2',3'-fosfato cíclico. A ribonuclease pode desenrolar a hélice do ARN acomplexándose cun ARN monocatenario; o complexo orixínase por unha interacción multisitio catión-anión estendida entre residuos de lisina e arxinina do encima e grupos fosfato dos nucleótidos.
Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1934, é un exmilitar e historiador galego. Durante o franquismo, foi un dos fundadores da Unión Militar Democrática, organización contraria á ditadura de Franco e que buscaba democratizar as Forzas Armadas, motivo polo que foi sometido a un consello de guerra e condenado a catro anos de prisión. É pai do xornalista Xabier Fortes e dos escritores Alberto Fortes, Susana Fortes e Ana Belén Fortes.
Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega democrática e plenamente soberana.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Líbano (árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata o sur, mentres que Chipre se atopa ao oeste, atravesando o mar Mediterráneo. A súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar e o máis próximo ao Sol. O igual que Venus, Mercurio orbita o Sol dentro da órbita terrestre como un planeta inferior, e a súa distancia aparente o Sol visto desde a Terra nunca supera os 28°. Esta proximidade ao Sol fai que o planeta só poida verse preto do horizonte occidental despois da posta de sol ou do horizonte oriental antes da saída do sol, normalmente no crepúsculo.
2004 (MMIV) foi un ano bisesto comezado en xoves, e terminado en venres, segundo o calendario gregoriano; foi ano santo xacobeo, cuarto do terceiro milenio e quinto da década de 2000. Foi designado o Ano Internacional do Arroz polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas. Foi tamén o Ano do Mono e do elemento madeira, segundo o horóscopo chinés.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
Juan Carlos Piñeiro Docampo, nado en San Cibrao (Cervo) en 1977, é un sindicalista de UGT e político galego de Compromiso por Galicia (CxG), compoñente do Consello do PDE/EDP. No congreso de Compromiso por Galicia celebrado en xaneiro de 2017 foi escollido como Secretario Xeral da formación galeguista, cargo no que continúa na actualidade. Resultou reelixido con amplo respaldo no III Congreso de CxG, celebrado o 22 de setembro de 2019. Tamén desenvolve actividade como consultor político e de comunicación.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384. Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Hildegart Rodríguez Carballeira
Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Con tres anos escribía e con oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de Dereito con 17 anos e foi membro activa do PSOE e despois do Partido Republicano Democrático Federal.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10 % -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Claudia Sheinbaum Pardo, nada en Cidade de México o 24 de xuño de 1962, é unha política, científica, activista e escritora mexicana quen é a presidenta electa de México, a primeira muller e a primeira persoa de orixe xudía en ser elixida para o cargo. Como membro do partido de esquerda Movemento de Rexeneración Nacional (Morena), anteriormente foi xefa de Goberno de Cidade de México dende 2018 a 2023. Foi secretaria de Medio Ambiente do Distrito Federal de 2000 a 2006, durante a administración encabezada por Andrés Manuel López Obrador e xefa delegacional en Tlalpan de 2015 a 2017.
Elemental (subtitulado Forces of Nature nalgúns países) é un filme estadounidense de 2023 producido por Walt Disney Pictures e Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Dirixido por Peter Sohn e producido por Denise Ream, foi escrito por Sohn, John Hoberg, Kat Likkel e Brenda Hsueh, con Pete Docter como produtor executivo. É o filme número 27 producido polo estudio, e conta coas voces de Leah Lewis, Mamoudou Athie, Ronnie del Carmen, Shila Ommi, Wendi McLendon-Covey e Catherine O'Hara.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
María del Carmen Giménez-López, nada en Valencia en 1978, é Investigadora Principal no CIQUS e “Honorary Associate Professor” na Universidade de Nottingham. Ten o apoio dunha ERC Starting Grant e un contrato Ramón y Cajal na Universidade de Santiago de Compostela onde coordina un grupo internacional de investigación estratéxica sobre Materia Condensada e Materiais Funcionais (MAT2).
Mathematical Reviews é unha revista publicada pola American Mathematical Society (AMS) que contén breves sinopsis e, nalgúns casos, avaliacións de moitos artigos de matemáticas, estatística e teoría da computación.A AMS tamén publica unha base de datos bibliográfica en liña asociada chamada MathSciNet, que contén unha versión electrónica de Mathematical Reviews.
Louis Braille, nado en Coupvray, a 40 km de París, o 4 de xaneiro de 1809 e finado o 6 de xaneiro de 1852 en París, foi un profesor francés famoso pola invención do sistema de escrita para cegos que tamén se chama braille. Ensinou Matemáticas e Música entre outras materias. Pola súa orixe, o seu nome debe pronunciarse con elle e non con ele como se escoita ás veces.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 214.449.
A gravidade (do latín gravitas), tamén denominada interacción gravitacional ou gravitación, é un fenómeno natural polo cal os obxectos con masa ou enerxía son atraídos entre si, efecto maiormente observable na interacción entre os planetas, estrelas, galaxias e demais obxectos do universo, incluída a luz. É unha das catro interaccións fundamentais que orixina a aceleración que experimenta un corpo físico nas proximidades dun obxecto astronómico. A gravidade é a responsable de moitas das estruturas a grande escala do universo, como a formación de estrelas a partir da atracción gravitacional de masas gasosas, ou a agrupación destas en galaxias e cúmulos.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
John Amos, nado en Newark (Nova Jersey) o 27 de decembro de 1939 e finado nos Ánxeles (California) o 21 de agosto de 2024, foi un actor e deportista estadounidense, coñecido polo seu papel de James Evans Sr. na serie de televisión Good Times. O seu traballo en televisión inclúe The Mary Tyler Moore Show, a miniserie Roots, e un papel recorrente en The West Wing.
Venus é o segundo planeta do sistema solar en orde de proximidade ao Sol e o terceiro en canto a tamaño en orde ascendente despois de Mercurio e Marte e ten algunhas características peculiares. Do mesmo xeito que Mercurio, carece de satélites naturais. A súa órbita é unha elipse cunha excentricidade de menos do 1 %, formando a órbita máis circular de todos os planetas; apenas supera a de Neptuno.
Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega. Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf (Alemaña), co tema «Que me quiten lo bailao». Foi a primeira galega en facelo por España e obtivo o 23º posto, con 50 puntos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Asasinato de María Soledad Morales
María Soledad Morales, nada en Valle Viejo (Catamarca, Arxentina) o 12 de setembro de 1972 e finada en San Fernando de Valle de Catamarca (Catamarca, Arxentina) o 8 de setembro de 1990, foi unha estudante arxentina asasinada con 17 anos na capital catamarqueña. Luis «El Flaco» Tula, o seu mozo, doce anos maior, foi acusado de entregala a Guillermo Luque —fillo do entón deputado nacional Ángel Luque—. Este levouna a unha festa en que participaron Diego Jalil (fillo do intendente da cidade nese momento), Arnoldito Saadi (curmán do gobernador de Catamarca) e Miguel Ferreyra (fillo do xefe da policía).
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Lista de atentados terroristas en 2024
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2024.
En xeometría, unha posición ou vector de posición, é un vector euclidiano que representa un punto P no espazo. A súa lonxitude representa a distancia en relación a unha orixe de referencia arbitraria O, e a súa dirección representa a orientación angular con respecto a eixes de referencia dados. Normalmente denotado por x, r ou s, corresponde ao segmento de recta de O a P. Noutras palabras, é o desprazamento que asigna a orixe a P: r = O P → .
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
James Earl "Jimmy" Carter, Junior, nado en Plains (Xeorxia) o 1 de outubro de 1924, é un político estadounidense do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de América (1977-1981), gobernador do estado de Xeorxia (1971-1975) e senador na Asemblea Xeral de Xeorxia (1962-1966). Carter recibiu o Premio Nobel da Paz en 2002, galardoado polos seus esforzos infatigables para atopar solucións pacíficas aos conflitos internacionais, por impulsar a democracia e os dereitos humanos, e por fomentar o desenvolvemento económico e político dos pobos.
A fala de Estremadura, tamén coñecida como fala de Xálima, fala dos tres lugares ou valego, galego estremeño ou galego do Val do Ellas polos partidarios da teoría sobre a relación entre a fala e a lingua galega, é unha variedade lingüística galego-portuguesa falada nos concellos de San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, no Val de Xálima, no noroeste da provincia de Cáceres, en Estremadura. Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito , a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe, pero non todos pensan da mesma forma, algúns pensan que é unha lingua diferenciada do galego pero o galego é a máis próxima. O Ethnologue recólleo como unha lingua e dálle o seu propio código ISO 639-3, fax, non obstante a maioría dos investigadores evitaron darlle a denominación de lingua.