Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
Horizontes de grandeza (en inglés: The Big Country) é un filme estadounidense de 1958 dirixido por William Wyler, protagonizado por Gregory Peck, Jean Simmons, Carroll Baker, Charlton Heston e Burl Ives. Os actores secundarios son Charles Bickford e Chuck Connors. Rodado en Technicolor e Technirama, o filme baséase na novela Ambush at Blanco Canyon de Donald Hamilton e foi coproducido por Wyler e Peck.
A natureza inclúe todo aquilo que existe no universo, o que non é artificial ou imaxinado. Nun senso máis amplo, equivale ao conxunto do cosmos, do universo existente, e iso abrangue dende as partículas subatómicas ata os obxectos astronómicos, incluíndo a Terra, os seres vivos e os procesos que se relacionan. O termo "natureza" fai referencia aos fenómenos do mundo físico, e tamén á vida en xeral.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Os receptores X hepáticos (LXR) son membros da familia do receptor nuclear de factores de transcrición e están estreitamente relacionados con receptores nucleares como o PPARs, FXR e RXR. Os receptores X hepáticos (LXRs) son importantes reguladores da homeostase do colesterol, os ácidos graxos e a glicosa. Os LXRs foron inicialmente clasificados como receptores nucleares orfos, pero co descubrimento de que os oxisterois endóxenos eran os seus ligandos foilles en consecuencia retirada esa categoría. Identificáronse dúas isoformas do LXR, que se denominan LXRα e LXRβ.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A luz ou luz visible é a radiación electromagnética comprendida na parte do espectro electromagnético que percibe o ollo humano. A luz visible defínese xeralmente como a que ten lonxitudes de onda no rango de 400-700 nanómetros (nm), entre o infravermello (con lonxitudes de onda máis longas) e o ultravioleta (con lonxitudes de onda máis curtas). Esta lonxitude de onda supón unha gama de frecuencias de aproximadamente 430-750 terahercios (THz).
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Unha voda, tamén chamada casoiro, casamento, esposorio, himeneo ou nupcias é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Certame de Narración Curta Ánxel Fole
O Certame de Narración Curta Ánxel Fole é un premio literario promovido polo Concello de Lugo. Está dotado con 4000 euros e a obra é publicada por Edicións Xerais de Galicia. Recoñece co seu nome a figura do escritor Ánxel Fole.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O alimento é calquera substancia consumida para proporcionar apoio nutricional a un ser vivo. Os alimentos adoitan ser de orixe vexetal, animal ou fúngico e conteñen nutrientes esenciais, como carbohidratos, graxas, proteínas, vitaminas ou minerais. A substancia é inxerida por un organismo e asimilada polas células do organismo para proporcionar enerxía, manter a vida.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 215.194.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O JPEG (Joint Photographic Experts Group) é un método de compresión e un formato de arquivo de imaxes de 24 bits ou de escala de grises: é un método con perdas, o que quere dicir que cada vez que se comprime unha imaxe perde algo de detalle e calidade. O formato de arquivo utiliza as extensións .jpeg, .jfif, .jpg, .JPG ou .JPE . e é o formato máis utilizado na World Wide Web.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Eldred Gregory Peck, nado en San Diego (California) o 5 de abril de 1916 e finado nos Ánxeles o 12 de xuño de 2003, foi un actor estadounidense de cinema. Gañou o Óscar ó mellor actor en 1962 co filme To Kill a Mockingbird. Tamén gañou un Globo de Ouro en 1963 pola súa actuación neste filme e outro pola súa actuación en The Yearling (1947).
Zeng Shen, máis coñecido como Zengzi (chinés tradicional e simplificado: 曾子; pinyin: Zēngzǐ; Wade-Giles: Tseng1-tzu3), nado en 505 a.C. e finado en 435 a.C., nome de cortesía Ziyu (子輿), foi un filósofo chinés e discípulo de Confucio. Tamén foi mestre do neto de Confucio, Zisi, quen o sería á súa vez de Mencio, establecendo así unha liña de transmisión da tradición confuciana ortodoxa. Está considerado un dos Catro Sabios do Confucianismo.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Joaquín Fernández Santomé "Quinocho", nado en Vigo o 17 de maio de 1932 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1988, foi un xogador de fútbol galego, que desempeñaba o seu labor na demarcación de defensa. Foi asasinado por uns ladróns nas instalacións de Balaídos e o Real Club Celta creou un torneo na súa memoria.
90482 Orcus é un grande obxecto do cinto de Kuiper (KBO) cunha lúa de gran tamaño, Orcus posiblemente sexa un planeta anano. Foi descuberto o 17 de febreiro do ano 2004, por Michael Brown do Caltech, Chad Trujillo do Observatorio Gemini, e David Rabinowitz da Universidade Yale. Posteriormente sería recuperado en imaxes que nos retrotraen ata o 8 de novembro de 1951.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Extinción masiva do Capitaniano
A extinción masiva do Capitaniano, tamén chamada evento de extinción masiva do Capitaniano, evento de extinción do final do Guadalupiano, extinción masiva do límite Guadalupiano-Lopingiano, crise do Lopingiano, ou extinción do Permiano medio, foi un episodio de extinción masiva que precedeu á grande extinción de finais do Permiano. Esta extinción masiva ocorreu durante un período de diminución da riqueza de especies e incremento da taxa de extinción preto do final do Permiano medio, tamén coñecido como época ou serie do Guadalupiano. A miúdo tamén se chama evento de extinción do final do Guadalupiano debido a que se descubriu inicialmente entre as series do Guadalupiano e Lopingiano; porén, estudos estratigráficos máis refinados suxiren que os picos de extinción en moitos grupos taxonómicos ocorreron dentro do Guadalupiano, na última metade da idade ou piso Capitaniano.
Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.
Los Borbones en pelota é o título dun álbum de láminas satíricas realizadas entre os momentos inmediatamente anteriores á Revolución de 1868 e o inicio do reinado de Amadeo I e que están asinadas co pseudónimo SEM. Son 107 láminas, pintadas en acuarela, denigratorias e mesmo pornográficas, onde se caricaturizan personaxes públicos de finais do reinado de Isabel II, sobre todo da casa real. Van acompañadas de agudos textos alusivos, ás veces poéticos. O álbum estivo desaparecido até 1986 cando foi adquirido pola Biblioteca Nacional de España.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O logaritmo dun número positivo x nunha certa base b, é o expoñente y ao que hai que elevar a base para obter o número dado. A base de logaritmos b ten que ser un número positivo distinto de un. Abreviadamente o logartimo exprésase por log, indicando a continuación a base como un subíndice e lese "logaritmo en base b de x".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Purificación de Cora Más-Villafuerte
Purificación de Cora Más-Villafuerte, nado en Santa Cruz do Valadouro o 2 de febreiro de 1858 e finado en Lugo o 28 de outubro de 1940, foi un político e xornalista galego.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Cherylin Sarkisian, nada en El Centro (California) o 20 de maio de 1946, é unha cantante, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Cher. A súa carreira, que abarca máis de seis décadas, foi marcada por varios cambios de imaxe e nalgúns momentos pola controversia. Cher vendeu máis de 100 millóns de discos dos seus 25 álbums.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central.
Jack Doohan (nado o 20 de xaneiro de 2003) é un piloto de carreiras australiano, que actualmente serve como piloto de reserva na Fórmula 1 para Alpine. Doohan competiu recentemente no Campionato da FIA de Fórmula 2 de 2023 para Virtuosi Racing. Doohan é fillo do piloto de motos Mick Doohan, quen foi cinco veces Campión do Mundo de 500cc.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Gran Premio dos Estados Unidos de 2024
O Gran Premio dos Estados Unidos de 2024 (coñecido oficialmente como Fórmula 1 Pirelli United States Grand Prix 2024) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 disputada o 20 de outubro. 2024, no Circuíto das Américas en Austin, Texas, Estados Unidos. Foi a décimo novena proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a cuarta fin de semana de Gran Premio da tempada que utilizou o formato de sprint.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco.
Ciencias da relixión (inglés: Religious Studies) é o nome que recibe o estudo científico da relixión. Non existe un consenso sobre que é a relixión, e a definición exacta do termo é polémica. As ciencias da relixión describen, comparan, interpretan e explican a relixión, subliñando a perspectiva empírica, histórica e intercultural.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2024 será a 75ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
One Direction (tamén coñecidos como 1D) é unha banda xuvenil anglo-irlandesa de pop establecida en Londres, composta por Niall Horan, Liam Payne, Harry Styles e Louis Tomlinson; o antigo membro, Zayn Malik deixou o grupo en marzo de 2015. Asinaron co selo discográfico de Simon Cowell Syco Records despois de acabar terceiros na versión británica do programa The X Factor en 2010. Contan cun grande éxito internacional, e lanzaron cinco álbums ó mercado Up All Night (2011), Take Me Home (2012), Midnight Memories (2013), Four (2014) e Made in the A.M. (2015) cos cales bateron récords, estiveron na maioría das listas musicais, e deron sinxelos exitosos como "What Makes You Beautiful", "Live While We're Young", "Story of My Life" e "Steal My Girl".