Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Íñigo Errejón Galván, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e político español. É doutor e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid, voceiro da Fundación CEPS (Centro de Estudos Políticos e Sociais) e membro do consello editorial da revista de análise política Viento Sur. No 2014, foi o director de campaña do partido político Podemos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
A inhibición competitiva é a interrupción dunha reacción ou ruta química debido a que unha substancia química inhibe o efecto doutra ao competir con ela para unirse ou enlazarse quimicamente a outra, xa sexa en encimoloxía ou noutros procesos químicos. Calquera sistema mensaxeiro metabólico ou químico podería ser afectado por este principio, pero varias clases de inhibición competitiva son especialmente importantes en bioquímica e medicina, incluíndo a inhibición encimática de tipo competitivo, a forma competitiva do antagonismo de receptor, a forma competitiva da actividade de antimetabolitos, e a forma competitiva dos envelenamentos (a cal pode incluír calquera dos tipos antes mencionados).
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A serra de Corno de Boi ou montes do Corno do Boi é unha serra galega pertencente á dorsal galega que está localizada entre os concellos de Friol, Toques e Sobrado. O monte de maior altura é o Campelo, con 811 metros sobre o nivel do mar. Na vertente occidental nace o río Mandeo e na oriental diversos afluentes do río Narla.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Microsoft Bing (anteriormente Bing, Live Search, Windows Live Search e MSN Search) é un buscador web de Microsoft. Presentado polo antigo director executivo de Microsoft, Steve Ballmer, o 28 de maio de 2009 na conferencia All Things Dixital en San Diego, foi posto en liña o 3 de xuño de 2009 cunha versión preliminar publicada o 1 de xuño do 2009. Inclúe a lista de suxestións de procura en tempo real e unha lista das procuras relacionadas (chamado "Panel de explorador" no lado esquerdo dos resultados de procura), baseado en tecnoloxía semántica de Powerset que Microsoft comprou no 2008.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 215.589.
Os BRICS son unha asociación de países e grupo económico, político e social formado por Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica, aos que se lle incorporan, a partir do 1 de xaneiro de 2024, Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía. Até a incoporación da República Surafricana en 2011, o grupo era coñecido como BRIC. Todas estas nacións teñen en común unha gran poboación: a China e a India superan os 1 100 millóns e o Brasil e Rusia os 150 millóns; un enorme territorio, case 38,5 millóns de quilómetros cadrados, o que lles proporciona dimensións estratéxicas continentais e unha xigantesca cantidade de recursos naturais e enormes cifras que adoitan presentar de crecemento do seu PIB e de participación no comercio mundial nos últimos anos, o que os fai atractivos como destino de investimentos. México e Corea do Sur son os únicos países comparables aos BRICS, mais as súas economías excluíronse debido a que xa son membros da OCDE. Tódolos países BRICS forman parte do G20.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O piracaldo é unha preparación culinaria propia do acervo gastronómico paraguaio, que consiste nun caldo ou sopa de peixe, á que se lle engaden distintas verduras e produtos lácteos durante o proceso de cocción. Trátase dun prato tradicional de gran relevancia cultural, estando instaurada dende 2019 o Festival Nacional do Piracaldo, festividade que aglomera a un número aproximado de 10.000 comensais.
O teclado QWERTY é unha distribución de teclado, a máis común actualmente. Foi deseñado e patentado por Cristopher Sholes en 1868 e vendido a empresa Remington en 1873. Ao mirar o teclado da computadora vese que a primeira secuencia de letras é QWERTY. Esta secuencia é pola que se coñece popularmente esta disposición do teclado.
Google Translate (en inglés, Tradutor Google) é un sistema de tradución automática gratuíto proporcionado por Google Inc, baseado en datos estatísticos para traducir textos, documentos e páxinas web a outros idiomas. Google introduciu o seu propio software de tradución en 2007, antes utilizaba o tradutor SYSTRAN, que é utilizado por outros servizos de tradución, como Babel Fish, AOL e Yahoo.
WhatsApp (denominación curta de WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea, de balde dende 2016 (anteriormente tiña un período de proba de 365 días, despois dese período esixía o pago de 1 USD ao ano) para dispositivos móbiles mediante Internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia.
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
Keith Haring, nado o 4 de maio de 1958 en Reading, Pensilvania e finado o 16 de febreiro de 1990 en Nova York, foi un importante artista e activista social. O seu traballo reflicte o espírito da xeración pop e a cultura da rúa do Nova York dos anos 80 do século XX. Colaborou co fotógrafo estadounidense de orixe hongkonesa Tseng Kwong Chi.
In medias res é unha expresión latina que significa «no medio das cousas» e que designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narración nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial. Isto permítelle ao narrador moverse para tras e para diante no tempo entre acontecementos interrelacionados. A orixe da expresión está na Ars Poetica de Horacio: Os exemplos máis coñecidos son a Ilíada e a Odisea de Homero e Paradise Lost de John Milton.
Annika Sörenstam, nada en Estocolmo o 9 de setembro de 1970 é unha ex xogadora de golf sueca. Foi número 1 do mundo nas décadas de 1990 e 2000 e durante a súa carreira gañou 93 torneos, 72 deles no LPGA Tour estadounidense, o que a coloca terceira no historial. Entre 1994 e 2007 xogou a Copa Solheim coa selección europea.
Os bantús son un conxunto de preto de 400 grupos étnicos diferentes de África, esténdense dende o Camerún ata Suráfrica, e pertencen á mesma familia lingüística, a familia bantú, e partillan en moitos casos costumes comúns. O termo definiuno pola primeira vez Wilhelm Bleek no libro A Comparative Grammar of South African Languages (1862). Os negros de Suráfrica foron ás veces chamados oficialmente "bantús" polo réxime do Apartheid, aínda que na actualidade xa non se emprega en ningún caso, xa que resulta ofensivo.
Na astroloxía occidental, os signos zodiacais son os doce sectores de trinta graos da eclíptica dende o equinoccio vernal, unha das interseccións coa elíptica co ecuador celeste, tamén coñecido como Punto Aries. A orde dos signos zodiacais é Carneiro, Touro, Xémini, Cáncer, León, Virxe, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces. Cada sector foi nomeado por unha constelación pola que estaba a pasar no momento do nomeamento.
João Simão da Silva, nado en Mourão o 21 de xaneiro de 1945, é un cantante portugués, máis coñecido co nome artístico de Marco Paulo. As súas cancións máis coñecidas son "Eu tenho dois amores", "Maravilhoso coração" e "Nossa Senhora". Recibiu diversos premios entre eles os discos de platino, ouro e prata e un de diamante.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Faustino Míguez González, en relixión Faustino da Encarnación, Sch. P., nado en Xamirás (Acevedo do Río, Celanova) o 24 de marzo de 1831 e finado en Xetafe (Madrid) o 8 de marzo de 1925, foi un sacerdote da Orde das Escolas Pías, fundador do Instituto Calasancio Fillos da Divina Pastora; educador e botánico, tamén foi fundador dos laboratorios Míguez. É venerado como santo pola Igrexa católica.
O gaslighting é un tipo de abuso psicolóxico en que se fai que alguén cuestione a súa propia realidade. Consiste en negar a realidade, dar por sucedido algo que nunca aconteceu ou presentar información falsa. O obxectivo é facer que a vítima dubide da súa memoria, da súa percepción ou mesmo da súa cordura.
A Casa Museo Picasso é unha casa museo da cidade da Coruña inaugurada o 18 de decembro de 2002. No museo reprodúcense 33 obras, das cales 4 son do pai e as demais foron realizadas polo Picasso novo durante a súa estancia na cidade herculina, as obras están integradas dentro da decoración da casa nas diferentes estancias agás nos dormitorios. Entre as obras expostas hai óleos sobre lenzo, óleos sobre madeira, debuxos a lapis e a pluma, tintas, carbóns e acuarelas.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
O Aquarium Finisterrae ou Casa dos Peixes, é un centro interactivo situado na cidade da Coruña (Galicia, España) dedicado á divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. Ten como obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes positivas cara ao medio mariño, así como contribuír ao coñecemento científico da vida mariña. Atópase na costa coruñesa, no Paseo Marítimo, entre a Domus e a Torre de Hércules, que se pode ver dende o acuario.
Juan Carlos Escotet Rodríguez, nado en Madrid en 1959, é un banqueiro venezolano de orixe española. Fundador de Banesco, a maior entidade bancaria de Venezuela, é tamén o máximo accionista de Abanca, o banco máis grande de Galicia. Dende outubro de 2024 ocupa tamén a presidencia do Deportivo da Coruña, do que é o propietario de facto a través de Abanca.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Campo da Rata é unha extensión de terreo situada na cidade da Coruña, nas inmediacións do barrio de Durmideiras, preto da Torre de Hércules. Tralo golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e nos anos seguintes a esa data, foron fusilados na zona varios centos de presos, a meirande parte deles republicanos e sindicalistas.
O pobo toba, tamén coñecido como pobo qom, é un dos meirandes grupos indíxenas da Arxentina, quen historicamente habitou a rexión coñecida hoxe como as Pampas do Chaco Central. Durante o século XVI, o pobo qom habitou unha parte grande do que é hoxe o norte da Arxentina, nas provincias actuais de Salta, Chaco, Santiago del Estero, Formosa e a provincia de Gran Chaco, ao sueste do departamento de Tarija en Bolivia (o cal o pobo qom habitou dende o século XX). No presente, moitos tobas viven nos suburbios de San Ramón de la Nueva Orán, Salta, Tartagal, Resistencia, Charata, Formosa, Rosario e Santa Fe e en Buenos Aires, debido a persecución nas súas rexións rurais.
Cyberpunk 2077 é un videoxogo de rol de acción de 2020 desenvolvido polo estudo polaco CD Projekt Red e publicado por CD Projekt e baseado na serie de xogos de mesa Cyberpunk de Mike Pondsmith. A trama está ambientada na metrópole ficticia de Night City, California, dentro do distópico universo Cyberpunk. O xogador asume o papel de V (coa voz de Gavin Drea ou Cherami Leigh), un mercenario que accidentalmente se ve infectado por un "bio-chip" cibernético que contén un engrama da lendaria estrela de rock e terrorista Johnny Silverhand (voz e aparencia de Keanu Reeves).
Roblox (/ˈroʊblɒks/) é unha plataforma de videoxogos en liña multiplataforma fundada por David Baszucki e Erik Cassel onde os usuarios poden crear, compartir e xogar a mundos virtuais denominados 'experiencias'. Estas 'experiencias' están creadas no motor de videoxogos Roblox Studio, desenvolvido por a compañía matriz de Roblox, Roblox Corporation, e que non vén incluído xunto con Roblox porque é un programa independente. Polo tanto, pódese denominar como Roblox tanto o programa que executa os videoxogos creados no motor Roblox Studio, tanto como á plataforma de videoxogos Roblox (que sería o ecosistema do programa Roblox, o motor Roblox Studio e a súa páxina web).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
María Dolores de Cospedal García, nada en Madrid o 13 de decembro de 1965, é unha xurista e política española, secretaria xeral do Partido Popular e presidenta do Partido Popular de Castela-A Mancha. Foi presidenta da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha entre 2011 e 2015, e ministra de Defensa entre 2016 e 2018.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Discord é unha plataforma social de mensaxería instantánea e VoIP que permite a comunicación mediante chamadas de voz, videochamadas, mensaxes de texto e a compartición de ficheiros. A comunicación pode ser privada, por mensaxes directas, ou realizarse en comunidades virtuais chamadas "servidores". Un servidor é unha colección de salas de chat e canles de voz ás que se pode acceder mediante ligazóns de invitación.
Google Académico (en inglés: Google Scholar) é un motor de busca de Google enfocado e especializado na busca de contido e bibliografía científico-académica. O sitio indexa editoriais, bibliotecas, repositorios, bases de datos bibliográficas, entre outros; e entre os seus resultados pódense atopar citas, ligazóns a libros, artigos de revistas científicas, comunicacións e congresos, informes científico-técnicos, teses, tesiñas e arquivos depositados en repositorios. Foi lanzado ao público en versión Beta o 19 de novembro de 2005. O índice inclúe todos aqueles documentos accesibles na Web que cumpran cunha serie de requisitos técnicos.
Baidu, Inc. (百度公司) é unha empresa chinesa establecida o 18 de xaneiro de 2000 como unha compañía de servizos web con sede en Pequín. Ofrece múltiples servizos, o máis recoñecible é o motor de busca en lingua chinesa para sitios web, ficheiros de son e imaxes, pero en total son 57 os servizos que ofrece, entre eles Baidu Baike, unha enciclopedia colaborativa en liña e en chinés.
Johannes Brahms, nado en Hamburgo o 7 de maio de 1833 e finado en Viena o 3 de abril de 1897, foi un pianista, director de orquestra e compositor alemán do romanticismo. Brahms é unha figura prominente da música do século XIX, quizais o último gran compositor clásico, é considerado a antítese de Wagner e Liszt. Trátase dun dos máis importantes músicos do romanticismo e é considerado por moitos como o "sucesor" de Beethoven, ata o punto de que a súa Primeira Sinfonía foi descrita por Hans von Bülow como a décima sinfonía de Beethoven.
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos. En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
A lingua toba é unha lingua indíxena da familia guaicuruana falada polo pobo toba de América do Sur. A lingua é coñecida por gran variedade de nomes, como qom ou kom, chaco sur e toba sur. Na Arxentina, é falada de maneira dispersa nas rexións orientais das provincias de Formosa e o Chaco, onde residen a maioría dos aproximadamente 19.810 falantes.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
As mil e unha noites (en árabe: كتاب ألف ليلة وليلة, Alf layla wa-layla ou en persa: هزار و یک شب) é unha compilación de historias e contos populares orixinarios de Oriente Medio e Asia Meridional, compilados en lingua árabe a partir do século IX. A obra foi recompilada durante moitos séculos por varios autories, tradutores e estudosos de Asia occidental, central e meridional e do norte de África. Algúns contos teñen as súas raíces no folclore e nas literaturas árabe, persa, india, grega, xudía e turca. En particular, moitos dos relatos foron contos orixinais das eras abbásida e mamluk, mentres que outros, especialmente a historia marco, probablemente proceden da obra persa pahlavi Hezār Afsān (persa: هزار افسان, literalmente Mil Contos), que en cambio teñen en parte elementos indios.
A lingua atsina ou gros ventre (tamén coñecida como aaniiih, ananin, ahahnelin, ahe, a'ani e ʔɔʔɔɔɔniiih), é a lingua ancestral do pobo atsina, o cal habita no que hoxe é Montana, os Estados Unidos de América. O derradeiro falante nativo da lingua morreu no ano 2007, mais existen programas de revitalización lingüística e unha comunidade pequena de falantes como segunda lingua.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.