Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
En hebreo, os diacríticos son chamados niqqud ou nikkud (נִיקוּד, נְקֻדּוֹת, nəquddôṯ : «vogais»). Houbo numerosa versións diferentes, pero a máis empregada hoxe foi inventada polos Masoretas (ba'alei masorah). Os niqqud son pequenos signos, comparados coas consoantes que completan, e teñen así a vantaxe de poder seren engadidos directamente sobre un texto que non os levaba.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O dato é unha representación simbólica, numérica, alfabética, algorítmica, entre outros, un atributo ou característica dunha entidade.[Cómpre referencia] Os datos describen feitos empíricos, sucesos e entidades. Os datos illadamente poden non conter información humanamente relevante. Só cando un conxunto de datos examínase conxuntamente á luz dun enfoque, hipótese ou teoría pódese apreciar a información contida en devanditos datos.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Hildegart Rodríguez Carballeira
Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Con tres anos escribía e con oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de Dereito con 17 anos e foi membro activa do PSOE e despois do Partido Republicano Democrático Federal.
A scala naturae (escada da natureza), tamén chamada gran cadea do ser, gran cadea de seres ou gran cadea da vida, é unha estrutura xerárquica de toda a materia e seres vivos, que durante o cristianismo medieval se pensaba fora decretada por Deus. A cadea empeza con Deus e descende aos anxos e despois sucesivamente aos humanos, animais e plantas ata os minerais. Trátase dun concepto derivado de Platón, Aristóteles (na súa Historia Animalium), Plotino e Proclo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
"ABC" é unha canción de The Jackson 5 que foi lanzada en 1970. Foi escrita co mesmo estilo que "I Want You Back", e foi escoitada por vez primeira en American Bandstand en febreiro de 1970. "ABC" substituíu a canción dos The Beatles "Let It Be" no número un dos Billboard Hot 100 en 1970, e permaneceu como número un dos sinxelos do soul durante catro semanas.
The Transporter, en inglés; Le Transporteur, en francés, é unha película franco-estadounidense dirixida por Louis Leterrier e Corey Yuen. O seu guionista, Luc Besson, inspirouse na serie de curtos de BMW "The Hire" para crear esta película. Estreouse en Francia o 2 de outubro de 2002 e o 11 de outubro do mesmo ano nos Estados Unidos.
Diacríticos do alfabeto latino
O alfabeto latino coñeceu, antes no mundo occidental e máis tarde, tras os diferentes períodos de colonización, en todo o mundo, unha extensión xeográfica considerábel: ao longo da súa historia, foi conservado ou tomado en préstamo por numerosos pobos que se serviron del para escribiren a súa lingua. Foi destinado ao principio á lingua dos romanos, que xa non transcribía con demasiada fidelidade, polo seu número reducido de grafemas. As linguas que o empregaron deberon, para ampliar as posibilidades dunha transcrición máis fiel, ou ben proverse de novas letras, ou ben crear novas unidades unindo varias (como os dígrafos e as ligaduras), ou ben, finalmente, modificar letras xa existentes por medio de diacríticos.
Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1934, é un exmilitar e historiador galego. Durante o franquismo, foi un dos fundadores da Unión Militar Democrática, organización contraria á ditadura de Franco e que buscaba democratizar as Forzas Armadas, motivo polo que foi sometido a un consello de guerra e condenado a catro anos de prisión. É pai do xornalista Xabier Fortes e dos escritores Alberto Fortes, Susana Fortes e Ana Belén Fortes.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 214.516.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Tomás Domínguez Arévalo, nado en Madrid o 26 de setembro de 1882 e finado en Villafranca, Navarra o 10 de agosto de 1952, foi un nobre e político español de ideoloxía carlista tradicionalista máis coñecido polo seu título nobiliario de conde de Rodezno. Ademais, foi XII Marqués de San Martín, Grande de España e V Conde de Valdellano, cabaleiro da Orde Soberana Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, Rodas e Malta, cabaleiro das Reais Maestranzas de Cabalería de Zaragoza e Sevilla, fillo predilecto de Navarra, presidente da Xunta Suprema Tradicionalista, deputado a Cortes por Aoiz, senador do Reino pola provincia de Navarra, ministro de Xustiza do primeiro goberno de Franco, académico da Real Academia da Historia, escritor e xenealoxista así como un dos máis representativos dirixentes do tradicionalismo carlista. Tamén ocupou os cargos de vicepresidente da Deputación de Navarra, conselleiro nacional do Movemento e procurador das Cortes durante as primeiras lexislaturas do franquismo.
Marshall Bruce Mathers III, nado en St. Joseph, Missouri o 17 de outubro de 1972, coñecido profesionalmente coma Eminem (estilizado EMINƎM), é un cantante de hip hop estadounidense, ademais de produtor musical e actor. Durante a súa carreira musical 10 dos seus álbums acadaron o número un na lista Billboard 200 e cinco dos seus sinxelos estiveron no primeiro posto da lista Billboard Hot 100.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
Lista de sitios do Patrimonio Mundial por ano de inscrición
Esta é unha lista da UNESCO do Patrimonio Mundial ao redor do mundo por ano de inscrición. O primeiro sitio do Patrimonio Mundial na lista é Illas Galápagos. En abril de 2024, estaban catalogados un total de 1.199 sitios (933 culturais, 227 naturais e 39 mixtos) en 168 países diferentes.
Raúl Albiol Tortajada, nado en Vilamarxant (Valencia) o 4 de setembro de 1985, é un futbolista español. Xoga de defensa central, aínda que tamén pode facelo de centrocampista defensivo e lateral dereito, e o seu club actual é o SSC Napoli. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
El hoyo é un filme español de ciencia ficción e suspense do ano 2019 dirixido por Galder Gaztelu-Urrutia e protagonizado por Iván Massagué, Antonia San Juan, Zorion Eguileor, Emilio Buale e Alexandra Masangkay. O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 6 de setembro de 2019, onde gañou o premio People's Choice Award for Midnight Madness e recibiu boas críticas. A estrea europea do filme tivo lugar no Festival de Cinema de Sitges o 8 de outubro de 2019.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Líbano (árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata o sur, mentres que Chipre se atopa ao oeste, atravesando o mar Mediterráneo. A súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa.
A Encyclopædia Britannica, tamén chamada pola súa tradución a galego Enciclopedia Británica, é unha enciclopedia de contidos xerais redactados en lingua inglesa e publicada pola editorial privada Encyclopædia Britannica, Inc.. Os verbetes na Britannica teñen como público un perfil de lector adulto e cultivado; está escrita por 19 editores que traballan a xornada completa e conta coa colaboración de máis de catro mil expertos. É amplamente considerada como a máis académica das enciclopedias do mundo.
Elemental (subtitulado Forces of Nature nalgúns países) é un filme estadounidense de 2023 producido por Walt Disney Pictures e Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Dirixido por Peter Sohn e producido por Denise Ream, foi escrito por Sohn, John Hoberg, Kat Likkel e Brenda Hsueh, con Pete Docter como produtor executivo. É o filme número 27 producido polo estudio, e conta coas voces de Leah Lewis, Mamoudou Athie, Ronnie del Carmen, Shila Ommi, Wendi McLendon-Covey e Catherine O'Hara.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A corte real de Tiébélé serviu como residencia oficial do Pè, o líder da comunidade, e está situada no centro da aldea de Tiébélé, de 1,2 hectáreas. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2024. O conxunto consta de varios elementos característicos: o Pourou, o túmulo sagrado onde están enterradas as placentas dos membros da familia, o Nabarê, o altar ancestral, a figueira vermella, as pedras sagradas, a caixa da corte, o cemiterio ancestral e as concesións.
A euxenesia é unha filosofía social que defende a mellora dos trazos hereditarios humanos mediante varias formas de intervención. O termo foi cuñado en 1883 por Francis Galton (1822-1911), curmán de Charles Darwin e considerado como o pai da euxenesia moderna, co significando de 'ben nacido' (do grego εύ, 'ben', e γένεσις, 'nacemento'). Galton definiu a euxenesia como o estudo dos axentes que actúan sobre o control social e que poden mellorar ou empobrecer as calidades raciais das futuras xeracións, sexa física ou mentalmente.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Patrimonio da Humanidade en Burkina Faso
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
Vicente Guaita Panadero, nado en Torrent (Valencia, España) o 10 de xaneiro de 1987, coñecido simplemente como Guaita, é un futbolista español que xoga na posición de porteiro e milita no R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España. O seu debut en Primeira División chegou o 18 de xaneiro de 2009 co Valencia C. F. perante o Athletic Club no Estadio de San Mamés, con resultado de 3-2. Mais non foi ata o 24 de novembro de 2010 que debutou como porteiro titular do equipo, no Estadio de Mestalla, contra o Bursaspor na liga de Campións da UEFA cun resultado de 6-1.
Os pelicanos son aves de gran tamaño pertencentes ao xénero Pelecanus, único actual da familia dos pelecánidos (Pelecanidae). O máis característico dos pelicanos é o seu longo peteiro e a súa gran bolsa gular, que utilizan para capturar as presas das que se alimentan e drenar a auga do contido alimenticio que apañaron antes de tragalo. Teñen predominantemente unha plumaxe clara, coa excepción das especies P. occidentalis e P. thagus, que a teñen máis escura.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2024 será a 75ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar e o máis próximo ao Sol. O igual que Venus, Mercurio orbita o Sol dentro da órbita terrestre como un planeta inferior, e a súa distancia aparente o Sol visto desde a Terra nunca supera os 28°. Esta proximidade ao Sol fai que o planeta só poida verse preto do horizonte occidental despois da posta de sol ou do horizonte oriental antes da saída do sol, normalmente no crepúsculo.
Ángela Molina Tejedor, nada en Madrid o 5 de outubro de 1955, é unha actriz española. Pertence a unha coñecida saga de artistas, os inicios cinematográficos de Ángela Molina, que inclúen traballos para Luis Buñuel ou para Manuel Gutiérrez Aragón, convertérona nunha das actrices máis representativas da etapa que se coñece como a da Transición española. A súa notábel presenza internacional permitiulle rodar en Italia, Francia ou Latinoamérica, así como superar o centenar de filmes e atesourar premios como o David de Donatello da Academia italiana ou a Cuncha de Prata do Festival de San Sebastián.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
O Forte de Vitoria Grande é un forte do século da cidade española de Melilla. Está situado na Avenida Cándido Lobeira, dentro do conxunto dos Fortes das Vitorias, do Cuarto Recinto Fortificado de Melilla A Vella, que forma parte do Conxunto Histórico Artístico da Cidade de Melilla, un Ben de Interese Cultural.
Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol
A clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol está elaborada pola RFEF e baséase nos puntos conseguidos por cada equipo en primeira división, independentemente de se nunha tempada a vitoria outorgaba 2 ou 3 puntos ao vencedor ou do número de puntos en xogo. Debido a isto, os equipos que recentemente realizaron boas campañas a miúdo están en postos máis altos que os que realizaron boas campañas hai máis de dez anos. A clasificación non inclúe datos tales como puntos en divisións inferiores ou en Copa do Rei.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981
O Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, abreviado como 23F ou 23-F, foi un golpe de Estado fracasado que se produciu en España o 23 de febreiro de 1981. Foi levado a cabo por algúns mandos militares, sendo a parte máis afamada o asalto do Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís baixo mando do tenente coronel Antonio Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, da Unión de Centro Democrático.
Emilio Tomás Aragón Álvarez, máis coñecido como Emilio Aragón e ao principio da súa carreira como Milikito, nado na Habana, Cuba o 16 de abril de 1959, é un humorista, actor, músico, presentador, director de cine, guionista, compositor e empresario audiovisual español. Foi o presidente honorífico da cadea de televisión La Sexta. É fillo do famoso pallaso español Emilio Aragón Bermúdez, máis coñecido como Miliki (1929-2012).
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Función de contaxe de números primos
En matemáticas, a función de contaxe de números primos é a función que conta o número de números primos menores ou igual a algún número real x. Desígnase por π(x) (sen relación co número π).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da Península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2024. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.