Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
Rita Maestre Fernández, nada en Madrid o 13 de abril de 1988, é unha política e activista española, concelleira do Concello de Madrid, onde ademais desempeña as funcións de voceira e de Coordinadora da Xunta de Goberno e Relacións co pleno. Forma parte do Consello Cidadán de Podemos, onde é responsable da área de Políticas de Benestar.
Luis Martín-Santos, nado en Larache (Marrocos) o 11 de novembro de 1924 e finado en Gasteiz o 21 de febreiro de 1964, foi un médico psiquiátrico e escritor en lingua castelá. A súa novela máis coñecida é Tiempo de silencio (1961), obra de denuncia social cunha valente renovación estilística. A trama transcorre en Madrid no outono de 1949 e o autor amosa, con fina ironía, o panorama das clases sociais da cidade.
Unha deshidroxenase é un encima que pertence ao grupo das oxidorredutases, que oxida un substrato ao reducir un aceptor de electróns, que adoita ser o coencima NAD+/NADP+ ou unha flavina como o FAD ou o FMN. Como todos os catalizadores, catlizan tamén a reacción inversa, e nalgúns casos isto ten importancia fisiolóxica: por exemplo, a alcohol deshidroxenase cataliza a oxidación de etanol a acetaldehido en animais, pero en lévedos cataliza a produción de etanol a partir de acetaldehido.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
65 é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Scott Beck e Bryan Woods e protagonizado por Adam Driver e Ariana Greenblatt. É unha coprodución entre Columbia Pictures, Bron Creative, Raimi Productions, TSG Entertainment e Beck/Woods. No filme, un piloto espacial choca nun planeta descoñecido, que resulta ser a Terra durante o período Cretáceo, e loita por sobrevivir ao perigoso ambiente prehistórico.
En matemáticas, a sucesión de Fibonacci é a sucesión de números naturais: 0 , 1 , 1 , 2 , 3 , 5 , 8 , 13 , 21 , 34 , 55 , 89 , 144 , 233 , 377 , 610 , 987 , 1597 … {\textstyle 0,1,1,2,3,5,8,13,21,34,55,89,144,233,377,610,987,1597\ldots \,} (secuencia A000045 na OEIS) A sucesión comeza cos números 0 e 1, e a partir destes a relación de recorrencia que a define é que «cada termo é a suma dos dous anteriores». Aos elementos desta sucesión chámaselles números de Fibonacci. Esta sucesión foi descrita en Europa por Leonardo de Pisa, matemático italiano do século XIII tamén coñecido como Fibonacci.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha linguaxe de programación é un sistema de notación para escribir programas informáticos. que consiste nun conxunto de instrucións nun código concreto que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o programador e o sistema informático, permitindo que os primeiros poidan comunicarse cos segundos que empregan o código máquina (unha combinación de 0 e 1) mediante un sistema semellante á linguaxe humana. As linguaxes de programación descríbense en termos da súa sintaxe (forma) e semántica (significado), normalmente definidos por un linguaxe formal.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.197.
A AP-66 ou Autoestrada Ruta da Prata é unha autoestrada española que corresponde a un tramo de peaxe na autovía A-66 que une as cidades de Xixón e Sevilla. Trátase do tramo de 78 km entre Campumanes (Asturias) e La Virgen del Camino (León). Coñécese tamén como Autoestrada do Huerna por cruzar o val que forma o río do mesmo nome.
Íñigo Errejón Galván, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e expolítico español. É doutor e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid, voceiro da Fundación CEPS (Centro de Estudos Políticos e Sociais) e membro do consello editorial da revista de análise política Viento Sur. No 2014, foi o director de campaña do partido político Podemos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.
A aprendizaxe é o proceso de adquirir coñecementos, habilidades, actitudes ou valores, a través do estudo, a experiencia ou a ensinanza. Existen diversas teorías da aprendizaxe, que analizan desde unha ollada particular este proceso, como as construtivistas, a teoría de Jean Piaget, a visión da Psicoloxía condutista, a aprendizaxe segundo Vygotsky ou os tipos de aprendizaxe descritos por Ausubel. A actual Lei Orgánica de Educación, desenvolvida no currículo aprobado polo parlamento de Galicia o 28 de xuño de 2007 que establece a ordenación da educación primaria, basea a aprendizaxe na adquisición das competencias básicas.
Para a icona de marca comercial, véxase Logotipo Logo é unha linguaxe de programación usada para a programación funcional. É unha adaptación sinxela do Lisp, habendo quen di que é un Lisp sen parénteses. Hoxe en día é coñecido sobre todo polos gráficos da tartaruga, pero tamén ten facilidades significativas para o manexo de listas, ficheiros, E/S e recursión.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003, é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco. En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
Information Technology Infrastructure Library
A Biblioteca de Infraestrutura de Tecnoloxías de Información, frecuentemente abreviada ITIL (do inglés Information Technology Infrastructure Library), é un marco de traballo das mellores prácticas destinadas a facilitar a entrega de servizos de tecnoloxías da información (TI).
Escolas residenciais indíxenas do Canadá
O sistema de escolas residenciais indíxenas foi unha rede de internados para pobos indíxenas do Canadá. O sistema foi creado polo Departamento de Asuntos Indios do goberno canadense e foi administrado por varias igrexas cristiás. O sistema escolar foi creado para illar os nenos indíxenas da influencia da súa propia cultura e das relixión co fin de asimilalos á cultura eurocanadense dominante.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Manuel García García-Pérez (coñecido artisticamente como Manolo García), nado en Barcelona o 19 de agosto de 1955, é un cantante, músico, compositor, empresario, pintor e fotógrafo. Os seus primeiros discos foron con grupos como Los Rápidos e Los Burros, e o éxito comercial chegoulle xunto a Quimi Portet con El último de la fila. Actualmente continúa a súa carreira en solitario.
La última noche en Tremor (orixinalmente coñecida como La última noche en Tremore Beach) é unha serie de televisión por internet española creada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo para Netflix, baseada na novela La última noche en Tremore Beach de Mikel Santiago. Protagonizada por Javier Rey e Ana Polvorosa, entre outros, estreouse o 25 de outubro de 2024 mundialmente.
Isabel I (en inglés Elizabeth I), nada no Palacio de Placentia o 7 de setembro de 1533 e finada no Palacio de Richmond o 24 de marzo de 1603, foi raíña de Inglaterra e de Irlanda desde 1558 ata a súa morte. Tamén foi coñecida polos nomes de A Raíña Virxe, Gloriana e Boa Raíña Bess. Isabel foi filla de Henrique VIII e a súa segunda muller, Ana Bolena, quen foi executada cando Isabel tiña dous anos e medio.
Protestas polo oleoduto Dakota Access
As protestas polo oleoduto Dakota Access, tamén coñecidas polo cancelo #NoDAPL, foron movementos grassroots que comezaron na primavera de 2016 por mor da aprobación da construción do oleoduto Dakota Access por Energy Transfer Partners no norte dos Estados Unidos de América. O oleoduto foi proposto para percorrer dende os campos de petróleo de Bakken Formation no oeste de Dacota do Norte até o sur de Illinois, cruzando o río Missouri e o río Mississippi, así como por baixo do lago Oahe preto da reserva india de Standing Rock. Moitos dos membros das tribos de Standing Rock consideraron o oleoduto unha ameaza para a auga limpa da rexión e dos seus antigos campos de enterramento.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Ester Navarrete Santana, nada en Vigo o 16 de marzo de 1990, é unha atleta galega, que compite en maratón. Foi campioa de España de maratón e participou nesta disciplina nos Xogos Olímpicos de 2024. Anteriormente fora sete veces campioa de Galicia en diferentes modalidades (campo a través, 1500 metros, 3000 metros e 5000 metros), e é a actual posuidora dos récords de Galicia de 10 km ruta (32'40''), medio maratón (1h59'58'') e maratón (2h24'40'').
O zume gástrico é o conxunto das substancias que contieñen enzimas e participan na dixestión, como son o cuspe, a bile ou fel, o zume pancreático ou o zume intestinal.[Cómpre referencia] O zume gástrico é un líquido de cor clara, producido polo estómago e segregado en abundancia por numerosas glándulas microscópicas diseminadas pola súa mucosa. As súas principais compoñentes son: Auga Ácido clorhídrico e sales de cloro (NaCl, KCl) Enzimas: pepsina, renina gástrica07-12-2012[Cómpre referencia], lipase gástrica e amilase gástrica. Para se protexer da acedía destes zumes, as células do estómago segregan mucus nas paredes do estómago e así evitan posibles danos, xa que a mucina é resistente á proteólise.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Birimbao (instrumento musical)
O birimbaoou trompa galega é un instrumento musical, da categoría dos idiófonos punteados, consistente nunha lámina vibratoria fixada a un marco en forma de 'U'.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O feminismo é un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos ecuánimes (iguais) e unha convivencia humana por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas de xénero. Abrangue diversos movementos, teorías e filosofías que avogan pola igualdade entre homes e mulleres, alén de promover os dereitos das mulleres e os seus intereses. De acordo con Maggie Humm e Rebecca Walker, a historia do feminismo pode dividirse en tres "ondas".
En matemáticas, un tensor é (nun sentido informal) unha 'cantidade' ou 'entidade xeométrica' linear xeneralizada que se pode expresar coma un vector multidimensional relativo á escolla dunha base; non obstante, coma obxecto de seu, un tensor é independente de calquera sistema de referencia escollido. Débese facer fincapé no feito de que moitas estruturas matemáticas xeralmente denotadas como 'tensores' son, en realidade, 'campos tensoriais', cantidades tensoriais que varían dun punto a outro. Porén, para entender mellor os campos tensoriais, débese entender primeiro o que son os tensores.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau. Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Quinto Pino, Pastoriza, Arteixo
O Quinto Pino é un lugar da parroquia de Pastoriza no concello coruñés de Arteixo na comarca da Coruña. Recibiu o seu nome por un club de alterne que na década de 1960 estaba situado xunto á parada de autobuses.
Natalia Gastiain Tena, nada o 1 de novembro de 1984 en Londres, é unha músico e actriz inglesa de cinema, televisión e teatro. Filla de nai estremeña e pai vasco. Toca o acordeón na banda Molotov Jukebox, pero é principalmente coñecida por interpretar a Nymphadora Tonks na serie de filmes de Harry Potter e a Osha na serie da HBO Game of Thrones.
Lista de códigos telefónicos internacionais
Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164. O símbolo «+» diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A táboa periódica dos elementos é unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes. Esta ordenación presenta unhas tendencias periódicas, como por exemplo a presenza de elementos semellantes na mesma columna. Presenta tamén catro bloques con propiedades químicas semellantes.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Na astroloxía occidental, os signos zodiacais son os doce sectores de trinta graos da eclíptica dende o equinoccio vernal, unha das interseccións coa elíptica co ecuador celeste, tamén coñecido como Punto Aries. A orde dos signos zodiacais é Carneiro, Touro, Xémini, Cáncer, León, Virxe, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces. Cada sector foi nomeado por unha constelación pola que estaba a pasar no momento do nomeamento.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A accesibilidade ou accesibilidade universal é o acceso en igualdade das persoas con ou sen discapacidade a calquera espazo, movemento, información ou comunicación. Refírese ao conxunto de medidas e disposicións que permiten que calquera recurso ou contorno (como páxinas web, caixeiros automáticos, edificacións etc.) sexa accesible e utilizable por todas as persoas, con independencia da súa condición. Significa que unha persoa con discapacidade debería poder utilizar un produto ou servizo para acceder á sociedade ao mesmo nivel que unha persoa sen discapacidade, e considérase un dereito fundamental, garantindo que as persoas teñan igualdade de oportunidades e poidan vivir de forma autónoma.
National Basketball Association
A National Basketball Association (NBA) é a principal liga profesional de baloncesto de América do Norte, estando considerada maioritariamente como a mellor competición deste deporte no mundo. Formada por trinta franquías, vinte e nove delas situadas nos Estados Unidos e unha no Canadá, a NBA é membro da USA Basketball (Federación de Baloncesto dos Estados Unidos), a cal está considerada pola Federación Internacional de Baloncesto como o órgano nacional para o baloncesto nos Estados Unidos. A NBA está tamén considerada unha das catro grandes competicións deportivas do América do Norte xunto coa National Football League, a Major League Baseball e a National Hockey League.