Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
Antonio "Toñito" Blanco, nado na Coruña en 1964, e finado en 1994, foi un guionista, actor e director de cinema galego. É coñecido por ser un dos creadores do programa Xabarín Club da TVG, e codirector do filme de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos xunto con Ricardo Llovo, un dos poucos exemplos do cinema gore galego. Foi actor e guionista na serie Composteláns e colaborou como experto en banda deseñada no magazine A tumba aberta.
Estevo de Inglaterra, nado en 1092 ou 1096 e finado o 25 de outubro de 1154, frecuentemente referido como Estevo de Blois, foi Rei de Inglaterra dende o 22 de decembro de 1135 ata a súa morte en 1154. Foi conde de Boloña iure uxoris dende 1125 ata 1147 e Duque de Normandía dende 1135 ata 1144. O seu reinado estivo marcado pola Anarquía, unha guerra civil coa súa curmá e rival, a Emperatriz Matilde, cuxo fillo, Henrique II, sucedeu a Estevo como o primeiro dos reis anxevinos de Inglaterra.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A Casa Museo Rosalía de Castro, tamén chamada Casa da Matanza, é unha casa museo situada na vivenda na que viviu Rosalía de Castro xunto co seu home Manuel Murguía e os fillos da familia desde 1883 ata a súa morte en 1885. Recolle distintas edicións das súas obras e diverso material seu, como fotografías ou recordos persoais. No segundo andar, recrea o ambiente da casa en tempos de Rosalía.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 216.683.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Dalia, a modista é unha miniserie de televisión galega composta por 4 episodios que se emitiu na TVG entre o 19 de decembro de 2016 e o 9 de xaneiro de 2017. Está protagonizado por María Mera, David Seijo e Xoán Fórneas. Na 15ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en 12 categorías, gañando finalmente 4 premios, á mellor interpretación feminina secundaria para Covadonga Berdiñas, mellor director artístico, mellor maquillaxe e peiteado e mellor deseño de vestiario.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
A acción social é toda acción que teña un sentido para quen a realizan, afectando a conduta doutros, orientándose a acción mencionada por devandita afectación. Unha acción é toda conduta humana na que o individuo, ou individuos que a producen, establécena cun sentido persoal. A acción social estará referida á conduta doutros.
Pantalasa, tamén coñecido como Panthalassa ou océano Pantalásico, (do grego πᾶν 'todo' e θάλασσα 'mar'), foi o vasto superocéano que ocupaba a maior parte do planeta Terra e rodeaba o supercontinente Panxea, o último dunha serie de supercontinentes na historia da Terra. Durante transición Paleozoico–Mesozoico (c. hai 250 Ma), o océano ocupaba case o 70 % da superficie terrestre, e o resto era o supercontinente Panxea.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Inferniño, Posmarcos, A Pobra do Caramiñal
O Inferniño é un lugar da parroquia de Posmarcos no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres).
A wortmannina é un metabolito esteroide dos fungos Penicillium funiculosum e Talaromyces wortmannii, que é un inhibidor covalente non-específico das fosfoinosítido 3-quinases (PI3Ks). Ten in vitro unha concentración inhibitoria (IC50) de arredor de 5 nM, o que a fai un inhibidor máis potente que o LY294002, outro inhibidor da PI3K frecuentemente usado. Presenta unha potencia similar in vitro polos membros de PI3K das clases I, II e III, aínda que pode tamén inhibir outros encimas relacionados con PI3K, como mTOR, DNA-PKcs, algunhas fosfatidilinositol 4-quinases, a cadea lixeira da miosina quinase (MLCK) e a proteína quinase activada por mitóxeno (MAPK) a altas concentracións A wortmannina tamén se informou que inhibe os membros da familia da quinase similar a polo cun IC50 no mesmo rango que para a PI3K. A vida media da wortmannina en cultivos tisulares é duns 10 minutos debido á presenza do carbono C20 altamente reactivo que é tamén o responsable da súa capacidade de inactivar covalentemente a PI3K. A wortmannina é un reactivo usado frecuentemente en bioloxía celular que fora utilizado previamente en investigación para inhibir a reparación do ADN, a endocitose mediada por receptor e a proliferación celular.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
En matemáticas, a sucesión de Fibonacci é a sucesión de números naturais: 0 , 1 , 1 , 2 , 3 , 5 , 8 , 13 , 21 , 34 , 55 , 89 , 144 , 233 , 377 , 610 , 987 , 1597 … {\textstyle 0,1,1,2,3,5,8,13,21,34,55,89,144,233,377,610,987,1597\ldots \,} (secuencia A000045 na OEIS) A sucesión comeza cos números 0 e 1, e a partir destes a relación de recorrencia que a define é que «cada termo é a suma dos dous anteriores». Aos elementos desta sucesión chámaselles números de Fibonacci. Esta sucesión foi descrita en Europa por Leonardo de Pisa, matemático italiano do século XIII tamén coñecido como Fibonacci.
José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes. Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxos atómicos.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Para a icona de marca comercial, véxase Logotipo Logo é unha linguaxe de programación usada para a programación funcional. É unha adaptación sinxela do Lisp, habendo quen di que é un Lisp sen parénteses. Hoxe en día é coñecido sobre todo polos gráficos da tartaruga, pero tamén ten facilidades significativas para o manexo de listas, ficheiros, E/S e recursión.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden vir a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados, ou ben ser de orixe pagá que posteriormente foron sacralizados. En todo caso, os relatos mitolóxicos están tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou indeterminada ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
Nicotiana rustica L., coñecida en América do Sur co nome común de mapacho e en Vietnam por thuoc lao (thuốc lào), é unha planta da familia das solanáceas, cultivada polo seu alto contido en alcaloides. Trátase dunha variedade de tabaco potente que, pola súa alta concentración de nicotina, se usa para producir pesticidas orgánicos, xa que as follas de N. rustica teñen un contido en peso de nicotina que pode alcanzar o 9%, mentres que as follas de Nicotiana tabacum (tabaco común) conteñen só entre 1 e 3% dese alcaloide.
Aleksis Kivi, nado como Alexis Stenvall o 10 de outubro de 1834 en Nurmijärvi e finado o 31 de decembro de 1872 en Tuusula, foi un escritor finlandés. Kivi é coñecido por escribir a novela Seitsemän veljestä ("Os sete irmáns", 1870), considerada unha obra clásica da literatura nacional finlandesa, así como pezas de teatro como Nummisuutarit ("Os zapateiros do páramo", 1864) e varios poemas. Os textos de Kivi presentan elementos tanto do Romanticismo como do realismo.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo Nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas. Funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de televisión. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son.
Till Lindemann, nado o 4 de xaneiro de 1963 en Leipzig, antiga República Democrática Alemá, é un cantante, compositor, músico, actor, poeta e pirotécnico alemán. É moi coñecido por ser o vocalista principal e líder da banda alemá de Neue Deutsche Härte Rammstein. Destaca pola súa complexión física, actuacións escénicas únicas (incluíndo o uso da pirotecnia e un movemento específico coñecido como "The Till Hammer"), e a súa voz de baixo.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
Nos Estados Unidos de América, un lugar designado polo censo (tradución literal da frase en inglés: census-designated place, polo que é coñecido polo acrónimo nesta lingua CDP) é un lugar, unha concentración de poboación, identificado pola Oficina do Censo dos Estados Unidos cunha finalidade estatística. Os CDP inclúense en cada censo decenal como contrapartida na estatística dos lugares incorporados como cidades, aldeas e vilas rurais. Son comunidades que carecen de goberno local, pero que fisicamente se parecen aos lugares incorporados.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Capela Pazzi é unha das arquitecturas renacentistas máis famosas, comunmente considerada a obra mestra de Filippo Brunelleschi. Está situada no interior do primeiro claustro da Basílica da Santa Croce en Florencia. Oficialmente era a sala capitular de Santa Croce mais, en realidade, era a capela conmemorativa privada da familia Pazzi, quen soportara os gastos de construción.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Gran Pirámide de Gizeh é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. Os exiptólogos aceptan que a pirámide se construíu nun período de 20 anos, rematando ao redor do 2560 a.n.e.; hai un consenso grande de que a pirámide servía como tumba do faraón exipcio Queops (Khufu) da IV dinastía, polo que ás veces aparece coa denominación de Pirámide de Cheops[Cómpre referencia]. Considérase a Hemiunu como o arquitecto da pirámide.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A cerámica é calquera dos diversos materiais duros, fráxiles, resistentes á calor e resistentes á corrosión que se obteñen mediante a conformación e posterior cocción dun material inorgánico e non metálico, como a arxila ou a terracota, a alta temperatura (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado ou modelaxe. Exemplos comúns son o barro, a porcelana e o ladrillo. Tamén se refire a arte que fabrica obxectos como olas ou xerras (olaría), tellas e materiais de construción.
National Basketball Association
A National Basketball Association (NBA) é a principal liga profesional de baloncesto de América do Norte, estando considerada maioritariamente como a mellor competición deste deporte no mundo. Formada por trinta franquías, vinte e nove delas situadas nos Estados Unidos e unha no Canadá, a NBA é membro da USA Basketball (Federación de Baloncesto dos Estados Unidos), a cal está considerada pola Federación Internacional de Baloncesto como o órgano nacional para o baloncesto nos Estados Unidos. A NBA está tamén considerada unha das catro grandes competicións deportivas do América do Norte xunto coa National Football League, a Major League Baseball e a National Hockey League.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Camerún (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República do Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano situado en África central. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao nordeste co Chad, ao leste coa República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial), e ao leste co golfo de Guinea, a través do cal fai fronteira con Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa costa encóntrase na baía de Biafra, parte do golfo de Guinea e o océano Atlántico.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2026
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2026 será a 77ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.