Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
James Earl "Jimmy" Carter, Junior, nado en Plains (Xeorxia) o 1 de outubro de 1924 e finado o 29 de decembro de 2024, foi un político estadounidense do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de América (1977-1981), gobernador do estado de Xeorxia (1971-1975) e senador na Asemblea Xeral de Xeorxia (1962-1966). Carter recibiu o Premio Nobel da Paz en 2002, galardoado polos seus esforzos infatigables para atopar solucións pacíficas aos conflitos internacionais, por impulsar a democracia e os dereitos humanos, e por fomentar o desenvolvemento económico e político dos pobos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Este artigo trata sobre a bebida, para a planta véxase o artigo: Cafeeira; para o establecemento onde se serve café véxase o artigo: Cafetaría. Denominase café a unha bebida (infusión) que se elabora co gran torrado e posteriormente moído da cafeeira (Coffea) ou planta do café. A bebida é altamente estimulante, pois contén cafeína.
Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega e en sesión do 22 de decembro de 2020 foi elixida académica de número. Leu o discurso de ingreso na Pobra do Caramiñal o 11 de novembro de 2021, contestado por Ramón Lorenzo.
O latín (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas, e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da Península Itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium). Adquiriu grande importancia coa expansión de Roma, e foi lingua oficial do Imperio romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).
O termo xudaísmo (do hebreo יהדות Yahadut, do termo יהודה Yehudá) refírese á relixión, á tradición, á cultura ou á forma de vida do pobo xudeu. É a máis antiga das tres relixións monoteístas, as chamadas «relixións do Libro» ou «abrahámicas» xunto co cristianismo e o islam, e a menor delas en número de fieis. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte importante dos fundamentos históricos das outras dúas relixións.
A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da primeira guerra mundial, cando líderes coma o presidente estadounidense Thomas Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións. Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza).
A cinética encimática é o estudo das velocidades de reaccións químicas catalizadas por encimas. Na cinética encimática, mídese a velocidade de reacción e investíganse os efectos de variar as condicións da reacción. Estudar a cinética dun encima desta maneira pode revelar o mecanismo catalítico dese encima, o seu papel no metabolismo, como se controla a súa actividade, e como un fármaco ou un modificador (inhibidor ou activador) poderían afectar a velocidade.
A homosexualidade é, dende o punto de vista da psicoloxía, unha identidade sexual, dende o punto de vista da socioloxía unha orientación sexual e, dende o punto de vista condutual unha conduta sexual. Consiste na interacción ou atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos do mesmo sexo. Actualmente a homosexualidade enténdese como unha faceta máis do individuo, necesaria para comprender as variacións culturais das identidades e prácticas sexuais dos seres humanos e dos seus grupos sociais.
Os análogos de ácido nucleico son compostos que son análogos (estruturalmente similares) aos ARNs e ADNs que aparecen na Natureza, que se usan en medicina e investigación en bioloxía molecular. Os ácidos nucleicos son cadeas de nucleótidos, que están compostos por tres partes: un esqueleto molecular formado por fosfato e un azucre pentosa, que pode ser ribosa ou desoxirribosa, ao que están unidas nucleobases. Un análogo pode ter calquera destas tres partes alterada.
Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en francés: Luxembourg, en alemán: Luxemburg), oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Groussherzogtum Lëtzebuerg, en francés: Grand-Duché de Luxembourg, en alemán: Großherzogtum Luxemburg), é un país de Europa Occidental e forma parte da Unión Europea e da eurozona. Limita ao leste con Alemaña, ao sur con Francia e a oeste e norte con Bélxica. Non ten saída ó mar.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
O hindi de Fidxi é unha lingua indoaria que é lingua materna de 313.000 persoas de orixe india en Fidxi. Esta linguaxe é moi diferente do estándar falado en hindi, na India e as relacións entre as dúas linguas son similares ás que hai entre holandés e africáner. A linguaxe está composta dos dialectos do Leste Hindi (bhojpuri e awadhi) con moitas palabras en inglés e Fidxi.
A India (hindi: भारत), oficialmente a República da India (hindi: भारत गणराज्य), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Identidade Galega (IDEGA) é un partido que se declara identitario, galeguista de centro, antiliberal, contrario a globalización e herdeiro da Dereita Galeguista de Vicente Risco e Xosé Filgueira Valverde, influenciada directamente pola corrente de pensamento coñecida como Nouvelle Droite francesa, de Alain de Benoist, e nas súas candidaturas figuran membros de forzas republicanas de ámbito español, como o Movimiento Social Republicano.
Unha península é un anaco de terra emerxida rodeada de auga rodeada por todas partes menos por unha que é o istmo, que se une por unha lingua de terra a unha extensión maior. O seu tamaño pode variar, desde unha extensión sumamente grande (como a Península Ibérica, unida ao continente europeo polos Pireneos), relativamente pequena (a península do Barbanza ou a península do Morrazo) ou pequena (península de Monterreal en Baiona).
Partido Comunista do Pobo Galego
O Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) é un partido político galego.
Unha casa (do latín casa) é unha construción destinada a vivenda, construída a fin de ser habitada polos seres humanos, polo xeral por unha unidade familiar e/ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia. A casa, formada polo teito e as paredes que pechan un recinto, serve para refuxiarse da choiva, o vento, o frío e a calor ou outras inclemencias meteorolóxicas así como de posibles intrusos humanos ou animais. Unha vivenda unifamiliar, que pode ser illada ou apegada a outras casas similares compartindo as paredes medianeiras ou formando fileiras máis ou menos longas nas rúas da maior parte das cidades e pobos.
O océano Ártico, tamén coñecido como océano Glacial Ártico, é a menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra. Está situado no hemisferio norte, na súa gran maioría na rexión polar ártica. A Organización Hidrográfica Internacional recoñece o Ártico como un océano, se ben é chamado por parte da oceanografía mar Ártico Mediterráneo ou simplemente mar Ártico, clasificándoo como un dos mares mediterráneos do océano Atlántico.
O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km. Atravesa as provincias galegas de Lugo, Ourense e Pontevedra e baña o norte do distrito portugués de Viana do Castelo. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Salvaterra de Miño, Monção, Tui, Valença do Minho e Vila Nova de Cerveira.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
Os piñeiros son árbores coníferas (raramente arbustos) perennes pertencentes ao xénero Pinus, da familia Pinaceae, a única da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio norte. O piñeiro presenta unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular. Son hoxe en día comúns na paisaxe galega, por mor das reforestacións efectuadas nos séculos XIX e maiormente xa no XX durante o franquismo, sobre uceiras, fragas e carballeiras para o aproveitamento principalmente madeireiro.
Harry Potter e as reliquias da morte
Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre os filmes e mais os videoxogos. Harry Potter e as reliquias da morte é o nome do sétimo e derradeiro libro da saga de Harry Potter escritos pola británica J. K. Rowling. O título en inglés foi revelado na páxina web oficial da súa autora o 21 de decembro de 2006.
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco solleiros. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).
Un virus (do latín virus 'toxina' ou 'veleno') é un axente infeccioso microscópico non celular que só pode replicarse penetrando no interior dunha célula. Os virus afectan todo tipo de organismos, desde animais e plantas a bacterias e arqueas. Unha partícula de virus completa e infectiva fóra (xeralmente) da célula denomínase virión.
O verán (normalmente pronunciado v'ran ou v'rao) ou estío é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.
O ananás ( pronunciación ) ou piña (Ananas comosus), é unha planta tropical da familia bromoliaceae orixinaria do Brasil, Bolivia e Paraguai. Cultívase polo seu saboroso froito: o ananás ou piña. A palabra ananás procede do tupí e significa froito excelente, mentres que se denomina tamén piña por recordar o seu froito ó do piñeiro.
Un iceberg é unha illa de xeo procedente da fragmentación de xeo polar, que sempre procede dos continentes e que é arrastrada cara a latitudes máis baixas, ás veces axudadas polas correntes mariñas frías de orixe ártica, como é o caso da Corrente do Labrador ou de Groenlandia. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte o seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a navegación marítima, xa que poden acadar dimensións enormes.
A historia de Galiza abrangue a historia de Galiza e dos seus estados predecesores. Comeza arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.
Harry Potter e a pedra filosofal
Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo. Harry Potter e a pedra filosofal (en inglés: Harry Potter and the Philosopher's Stone) é unha novela de fantasía escrita pola autora británica J. K. Rowling. É a primeira novela da saga Harry Potter e a primeira novela de Rowling, e conta a historia de Harry Potter, un mozo meigo que descobre a súa herdanza máxica no seu undécimo aniversario, cando recibe unha carta de aceptación na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería.
Teoría do holoxenoma da evolución
A teoría do holoxenoma da evolución é unha teoría que considera aos seres multicelulares individuais (animais, plantas etc.) xunto con todos os microbios dos que son hóspedes como unha comunidade ou "holobionte". Os xenomas do holobionte (xenomas do hospede multicelular máis os xenomas dos microorganismos simbiontes) constitúen en conxunto un "holoxenoma". Os holobiontes e os holoxenomas son entidades estruturais que substitúen a nomes menos apropiados usados no campo das simbioses hóspede-microbiota como o de superorganismo (é dicir, unha unidade social integrada composta de conespecíficos), órgano e metaxenoma.
Natsume Sōseki (xaponés: 夏目漱石), pseudónimo de Natsume Kinnosuke (xaponés: 夏目金之助), nado en Toquio o 9 de febreiro do 1867 e finado na mesma localidade o 9 de decembro do 1916, foi un novelista xaponés, coñecido especialmente polas súas novelas Kokoro, Botchan e Wagahai wa neko de aru. Está considerado unha das grandes figuras da literatura xaponesa moderna.
A oftalmoloxía (do grego ofthalmos "ollo" e logos "estudo") é a especialidade médica que estuda as enfermidades do ollo e os seus tratamentos, así como ó coidado e mantemento da vista. Como disciplina, tamén é aplicada na veterinaria, xa que as diferenzas entre os ollos humanos e os do resto dos animais adoitan estar relacionadas coa anatomía, non cos procesos patolóxicos. Os especialistas en oftalmoloxía son os oftalmólogos, que diagnostican as posibles doenzas mediante diferentes probas para poder establecer o tratamento adecuado: Cirúrxico: en casos como glaucoma, catarata, hipermetropía, miopía...; Médico: en diferentes procesos infecciosos, alérxicos ou inflamatorios, nos que se utilizan tratamentos farmacolóxicos; Óptico: consistente na exploración do ollo para determinar a graduación necesaria en lentes.
Palestina (en latín: Syria Palæstina, en árabe فلسطين Filasṭīn), é unha rexión do Oriente Medio que se estende desde a costa oriental do mar Mediterráneo ata ao interior. O seu estatuto político é disputado acesamente. A zona que corresponde á antiga Palestina atópase hoxe dividida entre unha área do estado de Israel e os territorios de maioría árabe ocupados por Israel despois da Guerra dos seis días en 1967: a Franxa de Gaza, a de Cisxordania, e Xerusalén Leste.
Catedral de Santa María del Fiore
A Basílica Catedral Metropolitana de santa María del Fiore, ou Catedral de santa María da Flor é a sé episcopal (en italiano duomo) da arquidiocese católica romana de Florencia, Italia. É unha das obras mestras da arte gótica e do primeiro Renacemento italiano. Símbolo da riqueza e do poder da capital toscana durante os séculos XIII e século XIV, a catedral florentina é un dos edificios máis grandes da cristiandade.
Organización para a Liberación de Palestina
A Organización para a Liberación da Palestina (OLP) (En árabe: منظمة تحرير فلسطينية, Munazzamat al-Tahrir Filastiniyyah) é unha organización política e paramilitar de palestinos dedicada ao establecemento dun estado palestino independente. Yasser Arafat presidiu a organización desde 1969 até a súa morte no 2004, e sucedeuno Mahmoud Abbas (tamén coñecido como Abu Mazen.) En anos recentes, o obxectivo oficial da OLP foi redefinido para consistir apenas da Cisxordania e da Franxa de Gaza, malia que unha parte substancial da organización non obedecer a esta redefinición.
Bolivia (coñecido oficialmente como Estado Plurinacional de Bolivia; en quechua: Puliwya Mamallaqta, aimará: Wuliwya Suyu, en guaraní: Tetã Hetãvoregua Mborivia) é un país do oeste de América do Sur que limita polo norte e leste co Brasil, polo sur con Paraguai e a Arxentina, e polo oeste con Chile e o Perú. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz. A meirande cidade e principal centro industrial é Santa Cruz de la Sierra, que se atopa en Llanos Orientales (as terras baixas tropicais), unha rexión principalmente chá do leste do país.
A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. Abrangue once concellos: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume.
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é o órgano que culmina a estrutura da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma. Con sede na cidade da Coruña, exerce xurisdición a través de tres salas: Sala do Civil e Penal, Sala do Contencioso-Administrativo e Sala do Social. Ademais, a súa Sala de Goberno desempeña funcións gobernativas sobre a xudicatura galega.
Videoxogo de rol multixogador masivo en liña
Un videoxogo de rol multixogador masivo en liña, orixinalmente en inglés, Massively multiplayer online role-playing game ou abreviado en MMORPG, é un subxénero que combina o videoxogo de rol co videoxogo multixogador masivo en liña (MMO). Do mesmo xeito que nos videoxogos de rol (RPG), o xogador asume o papel dun personaxe (a miúdo nun mundo de fantasía ou de ciencia ficción) e toma o control de moitas das accións deste personaxe. Os MMORPG distínguense dos videoxogos de rol en liña para un só xogador ou pequenos multixogador polo número de xogadores que poden interactuar xuntos e polo mundo persistente do xogo (normalmente aloxado polo editor do xogo), que segue existindo e evolucionando mentres o xogador está fóra de liña.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Un ácido nucleico bloqueado (en inglés, LNA, de locked nucleic acid), tamén coñecido como ácido nucleico ponteado (BNA, do inglés bridged nucleic acid) ou ARN inaccesible, é un ARN que presenta un nucleótido modificado. Mostran unha grande afinidade e especificidade con dianas de ADN nativas. O residuo de ribosa nun nucleótido de ácido nucleico bloqueado está modificado ao presentar unha ponte extra que conecta o oxíxeno 2' co carbono 4'.
A placenta (do latín torta plana referíndose á súa aparencia en humanos) é un órgano presente na maioría dos mamíferos (os marsupiais, por exemplo, non producen placenta) e que relaciona estreitamente ao bebé coa súa nai e atende as necesidades de respiración, nutrición e excreción do feto durante o seu desenvolvemento. A placenta desenvólvese a partir das mesmas células que deron lugar ao feto e ten dous compoñentes, unha porción fetal, o corion frondoso e unha porción materna ou decidua basal.
Lista de presidentes dos Estados Unidos de América
O presidente dos Estados Unidos é o xefe de Estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América. Os poderes do presidente dos Estados Unidos son amplos.
Lunyu ou Analectas (chinés tradicional: 論語; chinés simplificado: 论语; pinyin: Lúnyǔ; Wade-Giles: Lun2-yü3) é o texto fundamental do confucianismo, consistente nunha escolma desordenada de ditos, diálogos e pequenos relatos realizada polos discípulos de Confucio durante aproximadamente un século despois da súa morte e completada, xa que logo, ao redor do -400. Está considerado un dos Catro Libros. Recolle un modelo de sabedoría moi influente na historia da China ata a chegada do comunismo.
En química a isomerización é o proceso polo cal unha molécula se transforma noutra que ten exactamente os mesmos átomos, pero enlazados de forma diferente; por exemplo, A-B-C → B-A-C. Estas moléculas relacionadas denomínanse isómeros . Nalgunhas moléculas e en certas condicións, a isomerización ocorre espontaneamente. Moitos isómeros son case iguais en enerxía de enlace, e existen en cantidades aproximadamente iguais, con tal de que poidan interconverterse con basatante liberdade, é dicir, a barreira de enerxía entre os dous isómeros non é demasiado alta.
As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén fan parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
A rupia (en cingalés: රුපියල, e en támil: ரூபாய்) é a moeda oficial de Sri Lanka. Divídese en 100 céntimos, e o seu código ISO 4217 é LKR. A institución encargada de emitir a rupia é o Banco Central de Sri Lanka (en cingalés ශ්රී ලංකා මහ බැංකුව Šrī Lankā Maha Bankuva, en támil இலங்கை மத்திய வங்கி Ilankai Mattiya Vanki e en inglés Central Bank of Sri Lanka). A súa abreviatura é Rs.
O músculo dorsal ancho é un músculo do membro superior humano, pertencente á axila. Orixínase nas apófises espiñentas das seis vértebras torácicas inferiores e ligamentos interespiñentos relacionados. A través da fascia toracolumbar únese ás apófises espiñentas das vértebras lumbares, ós ligamentos interespiñentos destas vértebras, á crista ilíaca e á 3 e 4 costela inferior.
En matemáticas, e concretamente na teoría de números, unha función divisor é unha función aritmética relacionada cos divisores dun número enteiro. Aparece en varias identidades notables, incluíndo relacións coa función zeta de Riemann e a serie de Eisenstein de formas modulares. As funcións divisor foron estudadas por Ramanujan, que deu unha serie de congruencias e identidades importantes; estas son tratados por separado no artigo Suma de Ramanujan (de momento en inglés).
A leituga (Lactuca sativa) é unha planta anual, propia das rexións temperadas, que se cultiva para alimentación. Debido ás moitas variedades que existen, pódese consumir durante todo o ano. Normalmente tómase crúa, como ingrediente de ensaladas e outros pratos; certas variedades, de orixe chinesa sobre todo, posúen unha textura máis robusta e empréganse cocidas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Conxunto parcialmente ordenado
En matemáticas, especialmente na teoría da orde, unha orde parcial nun conxunto é unha disposición tal que, para certos pares de elementos, un precede ao outro. A palabra parcial úsase para indicar que non todos os pares de elementos han de ser comparábeis; é dicir, pode haber pares para os que ningún elemento precede ao outro. As ordes parciais xeneralizan as ordes totais, nas que todo par é comparábel.
Suzume (すずめの戸締まり, Suzume no Tojimari) é un filme xaponés de animación de 2022 dirixido e escrito por Makoto Shinkai. O filme conta a historia de Suzume Iwato, unha moza de secundaria de 17 anos e un estraño mozo, Souta Munakata, que se unen para evitar unha serie de desastres en todo o Xapón selando as portas que atravesa un colosal verme sobrenatural que provoca terremotos. Producido por CoMix Wave Films, conta coas voces de Nanoka Hara e Hokuto Matsumura, con deseños de personaxes de Masayoshi Tanaka, dirección de animación de Kenichi Tsuchiya, dirección de arte de Takumi Tanji, e a partitura musical foi composta por Radwimps e Kazuma Jinnouchi, polo que é a terceira colaboración de Shinkai con Radwimps e Tanaka, despois de Your Name (2016) e O tempo contigo (2019).
O estadio municipal da Malata é un estadio de fútbol situado na cidade de Ferrol. Atópase na cidade deportiva da Malata, a carón do paseo marítimo da enseada da Malata, do Recinto Feiral de Punta Arnela e do Polideportivo Municipal da Malata. O seu propietario é o Concello de Ferrol e o serve de sede dos partidos de fútbol do Racing Club de Ferrol.
Icía de Roma, máis coñecida como Santa Icía ou Santa Cecilia, e coas variantes Cecilia, Cilla, Cecía e Sía, (en latín, Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe, no século III. Na Igrexa católica, é patroa da música, dos poetas e dos cegos (xunto con santa Lucía de Siracusa).
Organización Europea para a Investigación Nuclear
A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) é a institución que xestiona o maior laboratorio de investigación en física de partículas a nivel mundial, entre Francia e Suíza. As siglas proceden do seu primeiro nome oficial provisional Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire que data de 1952 cando se acordou o seu establecemento.
Xu Yuan (chinés tradicional e simplificado: 徐媛; pinyin: Xú Yuàn; Wade-Giles: Hsü Yüan), nome de cortesía Xiaoshu (小淑), nada en Suzhou cara a 1560 e finada en 1620, foi unha nena prodixio e poeta chinesa da dinastía Ming (1368-1644). Chegou a ser recoñecida como unha das principais poetas da súa cidade natal.
O carrán elegante (Thalasseus elegans, antes Sterna elegans) é un carrán da familia Laridae. Reprodúcese nas costas do Pacífico do sur dos Estados Unidos e México e pasa o inverno no sur do Perú, Ecuador e Chile. Esta especie reprodúcese en densas colonias en illas da costa, como as illas mexicanas Illa Rasa e illa Montague, e excepcionalmente no continente en lagos de auga doce grandes axeitados preto da costa.
Asturias, oficialmente Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias), é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Jack Doohan (nado o 20 de xaneiro de 2003) é un piloto de carreiras australiano, que actualmente serve como piloto de reserva na Fórmula 1 para Alpine. Doohan competiu recentemente no Campionato da FIA de Fórmula 2 de 2023 para Virtuosi Racing. Doohan é fillo do piloto de motos Mick Doohan, quen foi cinco veces Campión do Mundo de 500cc.
As chamadas matanzas de Paracuellos foron unha serie de episodios de execucións masivas organizadas durante a batalla de Madrid, no transcurso da guerra civil española, que levaron á morte de algo máis de dous mil prisioneiros considerados opostos ao bando republicano. Os feitos desenvolvéronse en dous lugares próximos á cidade de Madrid: os parajes do regato de San José, en Paracuellos de Jarama, e no soto de Aldovea, no termo municipal de Torrejón de Ardoz. As execucións realizáronse aproveitando os traslados de presos de diversos cárceres madrileños, coñecidos popularmente como sacas, levados a cabo entre o 7 de novembro e o 4 de decembro de 1936, mentres se enfrontaban as tropas gobernamentais e franquistas polo control da cidade.
O estorniño rosado (Pastor roseus, antes Sturnus roseus) é unha ave paseriforme da familia dos estorniños. Esta especie foi situada recentemente no seu propio xénero monotípico, Pastor, que se creou separándoo do xénero Sturnus. Esta división de Sturnus está apoiada por estudos recentes, aínda non se coñecen con seguridade outras especies relacionadas que se poidan incluír neste novo xénero.