Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Brais de Sebaste, venerado coma san Brais, foi un médico e bispo (bispo de Sebaste) de Sebaste (Sebastensis armenorum) na Armenia (actual Sivas, Turquía), e mártir cristián. Fixo vida eremítica nunha cova no bosque do Monte Erciyes, que converteu na súa sé episcopal. Foi torturado e executado, finando o ano 316, na mesma vila de Sebaste (Imperio Romano), na época do emperador romano Licinio, durante as persecucións aos cristiáns a comezos do século IV. O seu culto espallouse por todo Oriente, e máis tarde por Occidente.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Carl Weathers nado o 14 de xaneiro de 1948 en Nova Orleáns, Luisiana, é un actor estadounidense é formador profesional de xogadores de fútbol americano. É coñecido polo seu papel de Apollo Creed nos filmes de Rocky. Tamén interpretou a Dillon en Predator, Chubbs Peterson en Happy Gilmore e Little Nicky, e unha versión ficcionada de si mesmo na serie de televisión Arrested Development.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebraranse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia.
La sociedad de la nieve é un filme de 2023 dirixido por Juan Antonio Bayona. Conta a historia do accidente aéreo dos Andes de 1972. É unha adaptación do libro homónimo de Pablo Vierci, o cal documenta os acontecementos que viviron os 16 superviventes do accidente, moitos dos cales Vierci coñecía dende a infancia.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Cabalgar en solitario (en inglés: Ride Lonesome) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott, Karen Steele, Pernell Roberts, Lee Van Cleef e James Coburn, no seu debut cinematográfico. Este filme en Eastmancolor é un dos chamados do "ciclo Ranown" de Boetticher, feitos xunto a Randolph Scott, o produtor executivo Harry Joe Brown e o guionista Burt Kennedy, o cal comezou con Seven Men from Now.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 11ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento do País Vasco. A comezos de febreiro de 2020, a posibilidade dun adianto electoral no País Vasco para o 5 de abril xerou especulacións sobre se o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estaría disposto a adiantar as eleccións galegas para celebralas conxuntamente coas vascas, como ocorrera nos comicios de 2009, 2012 e 2016, malia as afirmacións anteriores de Feijóo de que a súa vontade non era a dun final prematuro da lexislatura.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
O escaravello de ouro (en inglés: The Gold-Bug) é unha historia curta escrita por Edgar Allan Poe e publicada en 1843. Conta a historia de William Legrand, que é trabado por un insecto de cor dourada. O seu servo Xúpiter teme que Legrand estea volvéndose tolo e acode ao amigo de Legrand, un narrador sen nome, que accede a visitar o seu vello amigo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Port de la Lune (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o Real Madrid e o máximo rival histórico do Celta: o Deportivo da Coruña.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do Partido dos Socialistas de Galicia. Foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015. En outubro de 2023 foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia para as Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar en 2024.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
San Xulián de Chorente é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 464 habitantes (222 homes e 242 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 493 habitantes. En 2021 tiña 364 habitantes, 190 mulleres e 174 homes, segundo o INE. Na parroquia de Chorente naceu a política do BNG Ana Pontón.
Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
O Día da marmota (en inglés: Groundhog Day, en francés: Jour de la Marmotte, en alemán de Pensilvania: PenGrundsaudaag ou Murmeltiertag) é unha celebración que ten lugar cada 2 de febreiro. Segundo a tradición, se está nubrado cando a marmota sae do seu tobo ese día, significa que a primavera chegará axiña, un pouco antes do equinoccio, se é un día solleiro, a marmota supostamente ve a súa sombra e retírase de novo na súa gorida, o cal quere dicir que o tempo de inverno durará por seis semanas máis.Os costumes modernos inclúen celebracións matinais para observar a marmota emerxer do seu tobo.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005
O 19 de xuño de 2005 celebráronse as sétimas eleccións ao Parlamento de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
O diario Deia (en éuscaro, A chamada) é un xornal vasco fundado en 1977, de ideoloxía nacionalista vasca. De carácter bilingüe, principalmente escrito en castelán aínda que tamén inclúe artigos en éuscaro, é o produto fundamental da Editorial Iparraguirre S.A. (EISA). Aínda que o seu obxectivo inicial era abarcar todo o País Vasco, actualmente engade ao seu nome o de Noticias de Bizkaia, xa que o seu mercado fundamental é Biscaia, onde é o segundo periódico máis vendido.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Juana María Clara Capdevielle San Martín, nada en Madrid o 12 de agosto de 1905 e asasinada en Monte da Gándara, ás aforas de Rábade (provincia de Lugo) o 18 de agosto de 1936, á idade de 31 anos, foi unha intelectual e bibliotecaria española.Licenciouse en Filosofía e Letras pola sección de Historia na Universidade Central. Accedeu ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos aos vinte e cinco anos de idade e traballou como bibliotecaria na Biblioteca Nacional de España, na Biblioteca de Filosofía e Letras da Universidade Central e na Biblioteca do Ateneo de Madrid. Foi a primeira xefa dunha biblioteca universitaria de centro en España e unha das responsables do traslado das coleccións da Biblioteca de Filosofía e Letras á Cidade Universitaria de Madrid.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.A cidade é o centro da área estatística metropolitana dos Ánxeles-Long Beach-Santa Ana e do Grande os Ánxeles que, segundo o censo de 2010, sumaban unha poboación de 13 e 18 millóns de persoas, respectivamente.
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.282 habitantes (2023), repartida entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10.000 persoas, e as 47 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009
As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016
As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Operación Swordfish (en inglés: Swordfish) é un filme estadounidense de 2001 dirixido por Dominic Sena, escrito por Skip Woods, producido por Joel Silver e protagonizado por John Travolta, Hugh Jackman, Halle Berry, Don Cheadle, Vinnie Jones e Sam Shepard. O filme céntrase en Stanley Jobson, un exdelincuente e hacker informático que é recrutado para unha conspiración de roubo de bancos debido ás súas formidables habilidades de hackeo.
A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1300 militantes[cando?] e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977, sendo tamén o cofundador da UPG. A Unión da Mocidade Galega, constituída en 1977, é a organización xuvenil do partido.
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012
As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Marmota é un xénero de roedores esciuromorfos da familia Sciuridae, coñecidos vulgarmente como marmotas, de onde toman o nome científico. Aínda que están estreitamente emparentadas cos esquíos, as marmotas supéranos amplamente en tamaño e son de hábitos terrestres. A maioría viven en zonas montañosas de Eurasia e Norteamérica e están ben adaptadas ao frío grazas aos seus corpos repoludos, densa pelaxe, pequenas orellas e gran cola.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur
Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur é o lema latino que aparece no escudo da cidade de Lugo. Tivo orixe no escudo do reino de Galicia.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 202.778.
As probas da evolución son as evidencias que indican que os organismos vivos teñen un antepasado común e foron sufrindo cambios e diversificándose co tempo por causas naturais. As evidencias dun antepasado común (ou da ascendencia común) de todos os organismos foron descubertas polos científicos que investigaban diversas disciplinas ao longo de moitas décadas e demostran que toda a vida na Terra procede dun só antepasado. Nesta ascendencia común baséanse boa parte das probas que indican que a evolución realmente ocorre e ilustra os procesos que xeraron a biodiversidade na Terra.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.