Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid
Os Atentados do 11-M ou Atentados do 11M, coñecidos tamén como 11M, foron unha serie de ataques terroristas en catro trens da rede ferroviaria de Madrid. Foron levados a cabo por unha célula xihadista, segundo a investigación policial e as sentenza da Audiencia Nacional e do Tribunal Supremo. Faleceron 193 persoas e arredor de dúas mil resultaron feridas.Entre as 07:36 e as 07:40 (CET) do 11 de marzo de 2004, en hora punta, producíronse dez explosións case simultáneas en catro trens de Madrid.
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Emily Jean "Emma" Stone, nada en Scottsdale (Arizona) o 6 de novembro de 1988, é unha actriz estadounidense. O seu primeiro filme foi Superbad (2007), e posteriormente co-protagonizaría en The House Bunny (2008), Zombieland (2009) e Paper Man (2009). Tamén é coñecida por outros filmes como Amor estúpido e tolo (2011), The Help (2011) The Amazing Spider-Man (2012, 2014), e The Croods (2013).
José Sacristán, nado en Chinchón (Madrid) o 27 de setembro de 1937 é un actor español de cinema, teatro e televisión. Integrante do grupo de actores do chamado “landismo”, a súa carreira e orientación deu un xiro importante a partir da Transición Española, con filmes tan relevantes como Un hombre llamado Flor de Otoño ou Asignatura pendiente, que lle permitiron enriquecer o seu rexistro interpretativo.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Robert John Downey, Jr., nado o 4 de abril de 1965 en Nova York, é un actor, produtor, guionista e cantautor estadounidense gañador de dous Globos de Ouro e un BAFTA. Con 26 anos no mundo do espectáculo, filmou máis de 80 películas. Foi nomeado dúas veces aos Oscar: a primeira vez no 1993 polo seu papel en Chaplin e a segunda no 2009 por Tropic Thunder.
Oppenheimer é un filme británico-estadounidense de 2023, escrito e dirixido por Christopher Nolan. Está protagonizado por Cillian Murphy no papel de J. Robert Oppenheimer, un físico teórico que foi fundamental no desenvolvemento das primeiras armas nucleares, director do Laboratorio Nacional de Los Álamos, como parte do Proxecto Manhattan que deu comezo a era atómica. Baséase na biografía American Prometheus de Kai Bird e Martin J. Sherwin, e narra a carreira de Oppenheimer, coa historia centrada principalmente nos seus estudos, a súa dirección do Proxecto Manhattan durante a segunda guerra mundial e a súa eventual caída en desgraza por mor da audiencia de seguridade de 1954.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
John Felix Anthony Cena (23 de abril de 1977), é un actor, cantante de hip hop e loitador profesional estadounidense. Está traballando actualmente coa World Wrestling Entertainment ou WWE, na RAW. Antes de loitar na WWE, estivo en Ultimate Pro Wrestling e Ohio Valley Wrestling. Entre os seus logros como loitador destacan catorce Campionatos Mundiais: once veces como Campión da WWE (converténdose no loitador que máis veces obtivo o título) e tres veces como Campión Mundial Peso Pesado, sendo así o loitador con máis títulos mundiais na WWE. Tamén son de destacar os seus tres reinados como Campión dos Estados Unidos da WWE, dous como Campión Mundial por Parellas, e dous reinados como Campión por Parellas da WWE. Tamén foi o gañador das edicións vixésima primeira e vixésima sexta de Royal Rumble e do WWE Championship Money in the Bank en 2012.
O Voo 637 de JAT Yugoslav Airlines foi un McDonnell Douglas DC-9-32, con rexistro YU-AHT, que estoupou no aire pouco despois de sobrevoar a baliza non direccional Hermsdorf (situada ao redor de Hinterhermsdorf, no municipio actual de Sebnitz), Alemaña Oriental, mentres realizaba unha ruta dende Estocolmo ata Belgrado o día 26 de xaneiro de 1972. O avión, pilotado polo captain Ludvik Razdrih, rompeu en tres partes, esnafrándose preto da vila de Srbská Kamenice en Checoslovaquia (agora a República Checa). Das 28 persoas a bordo, 27 morreron tras impactar contra o chan, e unha asistente de voo iugoslava, Vesna Vulović, sobreviviu.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Os quironómidos (Chironomidae) constitúen unha familia de dípteros nematóceros distribuídos en todo o planeta. Están estreitamente relacionados cos Ceratopogonidae, Simuliidae e Thaumaleidae. Moitas especies lembran superficialmente mosquitos, pero carecen das escamas alares e das pezas bucais alongadas dos Culicidae.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Billie Eilish Pirate Baird O'Connell, nada nos Ánxeles (California) o 18 de decembro de 2001, é unha cantante e compositora estadounidense. O seu primeiro sinxelo, «Ocean Eyes», volveuse viral e acumulou máis de 194 millóns de transmisións en Spotify desde 2015 até febreiro de 2019. O seu primeiro EP Don't Smile at Me lanzouse en agosto de 2017 e foi certificado como Gold pola RIAA; a maiores, cinco das cancións tamén foron certificadas pola RIAA (catro Gold, un Platinum).
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
La sociedad de la nieve é un filme de 2023 dirixido por Juan Antonio Bayona. Conta a historia do accidente aéreo dos Andes de 1972. É unha adaptación do libro homónimo de Pablo Vierci, o cal documenta os acontecementos que viviron os 16 superviventes do accidente, moitos dos cales Vierci coñecía dende a infancia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Elsa Lafuente Medianu, nada o 18 de xullo de 1976 en Madrid, é unha actriz española máis coñecida polo seu nome artístico Elsa Pataky. O seu pai, José Francisco, é químico e a súa nai Cristina (de orixes romanesas) é publicista. O seu apelido artístico é o dun avó que a introduciu no mundo da interpretación.
A cerimonia da 96ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), tivo lugar no Dolby Theatre de Hollywood, Os Ánxeles, California, o 10 de marzo de 2024. Os premios galardoaron os mellores filmes estreados entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2023 repartidos nunn total de 23 categorías. A cerimonia, foi televisada nos Estados Unidos pola ABC, e foi producida por Raj Kapoor e Katy Mullan, tendo a Hamish Hamilton como director.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Martin Marcantonio Luciano Scorsese, nado en Nova York o 17 de novembro de 1942, é un director, guionista e produtor de cine estadounidense, gañador dun Premio da Academia, tres Globos de Ouro, dous BAFTA, e do Directors Guild of America, ademais de ser un dos fundadores de World Cinema Foundation. As obras de Scorsese abordan principalmente os temas da vida ítalo-estadounidense, e os conceptos de culpa e redención católicos romanos, o machismo, e a violencia da sociedade estadounidense. Scorsese é amplamente considerado como un dos directores máis influentes da súa xeración.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 204.047.
María Concepción Jesusa Petra Luisa Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, precursora do feminismo, poeta e autora dramática galega. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol. A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Alfredo James "Al" Pacino, nado o 25 de abril de 1940 en Manhattan, Nova York, é un actor, produtor, guionista e director de cine estadounidense. Considerado como un dos mellores e máis influentes actores do século XX, Pacino recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre os que destacan un Premio Óscar, dous Premios Tony e dous Premios Primetime Emmy. Tamén gañou catro Premios Globo de Ouro, un BAFTA, dous Premios do Sindicato de Actores, o Premio Cecil B. DeMille en 2001, o Premio AFI Life Achievement en 2007, a Medalla Nacional das Artes en 2011 e o Kennedy Center Honors en 2016.
Francisco Hipólito Asorey González, nado en Fefiñáns, Cambados o 4 de marzo de 1889 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego, considerado un dos renovadores da arte galega, e por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres. Francisco Asorey será homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2024.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais.
Blanco y Negro foi unha revista ilustrada editada en Madrid, fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse, canda o ABC, na base do grupo Prensa Española. A revista, que tivo varias épocas de publicación, na última delas delas foi distribuída como suplemento de ABC, cesou definitivamente en 2000.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Procariota e procarionte redirixen aquí. Para outras informacións taxonómicas ver Monera e Prokaryota.Chámase célula procariota (do grego πρό-, pro- = 'antes de' e κάρυον, káryon = 'noz, núcleo') a aquela célula sen núcleo celular diferenciado, é dicir, cuxo ADN se atopa disperso no citoplasma.As células que si teñen un núcleo, é dicir, co ADN pechado tras dunha cuberta membranosa, chámanse eucariotas e constitúen as formas de vida máis coñecidas e complexas, as que forman o imperio ou dominio Eukarya. As procariotas son células máis pequenas e moito menos complexas que as eucariotas e carecen de orgánulos como as mitocondrias, retículo endoplasmático, aparato de Golgi e outros.
Song of the South é un filme estadounidense de 1946 de animación e acción en vivo dirixido por Harve Foster e Wilfred Jackson. Foi producido por Walt Disney e distribuído por RKO Radio Pictures. Baséase nas historias de Uncle Remus adaptadas por Joel Chandler Harris, e está protagonizado por James Baskett como Uncle Remus, no seu último papel no cinema.
Cyrus Edwin Dallin, nado en Springville, Utah, o 22 de novembro de 1861 e finado en Arlington, Massachusetts, o 14 de novembro de 1944, foi un escultor e deseñador de moeda estadounidense. Destaca polas súas representacións de nativos norteamericanos, cun coidadoso tratamento da súa anatomía e da súa indumentaria, o que os dotaba de grande autenticidade e dignidade.Ademais da súa actividade artística, Dallin dedicouse tamén ao tiro con arco, e mesmo competiu nos Xogos Olímpicos de Verán de 1904, que tiveron lugar en San Luís, nos que gañou a medalla de bronce na competición por equipos.
José María Aznar López, nado o 25 de febreiro de 1953 en Madrid, foi o cuarto presidente do goberno español dende a democracia. O seu mandato durou dende o 4 de maio de 1996 ata o 17 de abril de 2004. É presidente da Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES) e membro do Consello de Estado.