Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Stephen William Hawking, nado en Oxford o 8 de xaneiro de 1942 e finado en Cambridge o 14 de marzo de 2018, foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose nos teoremas de singularidade gravitacional no eido da relatividade xeral, e a predición teórica de que os buratos negros emiten radiación, a miúdo chamada radiación de Hawking. Hawking foi o primeiro en expoñer unha teoría da cosmoloxía explicada pola unión da teoría xeral da relatividade e a mecánica cuántica.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O tubérculo de Darwin é un engrosamento cartilaxinoso do bordo da orella, presente en moitos seres humanos, interpretado coma un vestixio da punta da orella común en mamíferos. Trátase dun órgano vestixial, é dicir, un órgano cuxa función orixinal se perdeu durante a evolución. Está presente en arredor dun 10.4% da poboación mundial.Recibe o seu nome en honor a Charles Darwin, que o describiu no seu libro The Descent of Man como exemplo de característica vestixial que indicaba que o home tiña un antepasado común con outros primates, aínda que non foi Darwin quen lle chamou tubérculo de Darwin.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
O ollo de sapo é unha formación xeolóxica de 600 km de longo, que vai desde a costa central cantábrica galega ata o sistema central ibérico, e que xordiu durante a elevación da pre-meseta ibérica do Cámbrico-Ordovícico. Esta formación componse de rochas volcánicas graníticas e félsicas que metamorfizaron en diferentes graos. Destaca nelas unha proporción elevada de zirconita e abundan máis en superficie no núcleo do anticlinorio, que vai da Estaca de Bares a Seabra.O a primeira descrición do ollo de sapo fíxoa Hernández Sampelayo en 1922.
A nitrocelulosa (que dependendo da súa forma pode chamarse nitrato de celulosa, papel de nitrocelulosa, algodón pólvora ou fulmicotón e piroxilina entre outros nomes) é un composto moi inflamable formado por celulosa nitrada por exposición a unha mestura de ácido nítrico e ácido sulfúrico. Un dos seus primeiros usos importantes foi o algodón pólvora, que substituía á pólvora como propelente en armas de fogo. Tamén substituía á pólvora como explosivo de baixa orde en minaría e outras aplicacións.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Francisco Hipólito Asorey González, nado en Fefiñáns, Cambados o 4 de marzo de 1889 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego, considerado un dos renovadores da arte galega, e por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres. Francisco Asorey será homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2024.
O masacre de Boloña (en italiano: Strage di Bologna), foi un atentado de natureza neofascista perpetrado o sábado 2 de agosto de 1980 ás 10:25, na estación ferroviaria 'Bologna Centrale', en Boloña. No atentado finaron 85 persoas e máis de 200 resultaron feridas. Trátase do acto terrorista máis grave acontecido en Italia após a segunda guerra mundial, ampliamente sinalado coma un dos derradeiros actos da "estrataxema da tensión".Este é tamén un dos atentados máis graves cometidos durante os "anos de chumbo", xunto co masacre de Piazza Fontana do 12 de decembro de 1969, co masacre de Piazza della Loggia do 28 de maio de 1974 e co masacre do tren Italicus do 4 de agosto de 1974.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Barrabás (en inglés: Barabbas) é un filme italiano de 1961 dirixido por Richard Fleischer. Está protagonizado por Anthony Quinn como Barrabás, xunto con Silvana Mangano, Katy Jurado, Arthur Kennedy, Harry Andrews, Ernest Borgnine, Vittorio Gassman e Jack Palance, e foi distribuído por Columbia Pictures. Foi concibido como un gran filme épico romano e baséase na novela Barabbas, obra do Premio Nobel de Literatura Pär Lagerkvist.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Abril Zamora Peláez, nada en Cerdanyola del Vallès (provincia de Barcelona) o 11 de novembro de 1981, é unha actriz, guionista e directora de cine catalá. Posúe unha longa traxectoria en cinema, televisión e teatro, mais gañou popularidade ao interpretar a Luna na serie de televisión Vis a Vis, dando visibilidade á realidade LGBT+ a través da ficción.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Javi Chispes é un músico alacantino nado en Villena. Fundador, compositor, vocalista e guitarrista dos grupos Maniática (1986-1995) con 5 álbums editados, Banda Jachis (1997-2002) con 4 álbums e La Furia en 1993, onde colaborou activamente facendo cancións dos ingleses The Clash, pero en castelán. Tamén probou en formato acústico con Javi Chispes y Amigas (1995-1996) e realizou un traballo gravado en formato K7 titulado Caperucita y la guerra(1995).
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A feira do capón de Vilalba é unha festa gastronómica que se celebra anualmente en Vilalba durante un día da fin de semana previa á Noiteboa, normalmente o 21 de decembro. As referencias históricas remontan a existencia da feira do capón ata case 200 anos de antigüidade, xa que nos libros do concello aparecen anotacións do ano 1835. Tradicionalmente, celebrábase na Praza da Igrexa ou de Santa María, mais na actualidade, a feira trasladouse a un recinto cuberto na Praza da Constitución.
Os anuros (Anura do grego antigo ἀ(ν-) a(n-) (negación) e οὐρά ourá 'cola') son unha orde de anfibios, coñecidos vulgarmente como ras e sapos. Caracterízanse por carecer de cola, por presentar un corpo curto e moi ensanchado, e unhas patas posteriores moi desenvolvidas e adaptadas para o salto. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios; estímase que existen máis de 5.000 especies, repartidas en 48 familias.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A mona de Pascua é un doce elaborado cunha masa fermentada de fariña, ovos e azucre, cocida no forno e decorada con ovos duros ou figuras de chocolate, que adoitan regalar os padriños e madriñas aos seus afillados e afilladas pola Pascua. A mona é unha sobremesa de gran tradición en todo o Mediterráneo; prepárase nas rexións murciana, valenciana, catalá, aragonesa e castelá-manchega. A súa degustación simboliza que a Coresma e as súas abstinencias remataron.
O Aneto é a montaña máis elevada dos Pireneos, cunha altitude de 3404 metros sobre o nivel do mar, a segunda da Península Ibérica e a terceira de España. Forma parte do macizo da Maladeta e, situado na zona do val de Benasque, está constituído por terreos paleozoicos de natureza granítica e materiais mesozoicos. Atópase situado no Parque Natural Posets-Maladeta, no municipio de Benasque, provincia de Huesca, comunidade autónoma de Aragón, en España.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
The Theory of Everything (filme de 2014)
The Theory of Everything é un filme británico dramático, biográfico e romántico dirixido por James Marsh e adaptado por Anthony McCarten a partir das memorias Travelling to Infinity: My Life with Stephen de Jane Wilde Hawking, que conta a relación co seu exmarido, o físico teórico Stephen Hawking, a súa diagnose de esclerose lateral amiotrófica, e os seus éxitos na física.Está protagonizado por Eddie Redmayne e Felicity Jones xunto con Charlie Cox, Emily Watson, Simon McBurney, Christian McKay, Harry Lloyd e David Thewlis nos papeis secundarios. O filme tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 7 de setembro de 2014. Tivo unha boa acollida e foi nomeado a numerosos premios e festivais.
O composto químico metanol, tamén coñecido como alcohol metílico, é o alcohol máis sinxelo. A temperatura ambiente preséntase como un líquido lixeiro (de baixa densidade), incoloro, inflamable e tóxico que se emprega como anticonxelante, disolvente e combustible. A súa fórmula química é CH3OH (CH4O).
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Ritmo circadiano ou ciclo circadiano (do latín circa cerca + diem día) é o nome que recibe a variación das funcións biolóxicas dos diferentes seres vivos, que se repite regularmente cun período de aproximadamente 24 horas. Atópanse, por exemplo, nos patróns de actividade dos animais, nos movementos foliares das plantas, na organización de colonias de insectos sociais e na taxa de crecemento de fungos, procesos que se repiten cada 24 horas. Os ritmos circadianos son modificados e axustados a diario polo medio, influenciados principalmente pola variación diaria da luz, temperatura, mareas e ventos.
O vento (do latín ventus) é o fluxo do aire a gran escala na atmosfera terrestre. Na atmosfera, é o movemento en masa do aire de acordo coas diferenzas de presión atmosférica. Günter D. Roth defíneo como «a compensación das diferenzas de presión atmosférica entre dous puntos».En meteoroloxía, adóitanse denominar os ventos segundo a súa forza e a dirección desde a que sopran.
Josep Borrell Fontelles, nado en La Pobla de Segur (Lleida), o 24 de abril de 1947, é un político socialista catalán que foi ministro de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente de España de 1991 a 1996 durante o último Goberno de Felipe González e presidente do Parlamento Europeo entre 2004 e 2007, ademais de deputado no Congreso dos Deputados e deputado no Parlamento Europeo, e portavoz do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados de 1998 a 1999. Dende 2018 é ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España liderado por Pedro Sánchez. O 7 de xuño de 2018 tomou posesión, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Abril na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes. Eladio Rodríguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo.
Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop, a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 205.000.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
En matemáticas, unha álxebra sobre un corpo (moitas veces chamada simplemente álxebra) é un espazo vectorial equipado cun produto bilinear. Así, unha álxebra é unha estrutura alxébrica que consiste nun conxunto xunto con operacións de multiplicación e suma e multiplicación escalar por elementos dun corpo e que satisfai os axiomas implicados por "espazo vectorial" e "bilinear". A operación de multiplicación nunha álxebra pode ser asociativa ou non, o que leva ás nocións de álxebras asociativas e álxebras non asociativas.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.