Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Sociedade de responsabilidade limitada
Unha sociedade de responsabilidade limitada (SRL) ou sociedade limitada (SL) é un tipo de sociedade mercantil na que a responsabilidade fica limitada soamente ao capital achegado, polo que no suposto de contraeren débedas, non se resposta co patrimonio persoal dos socios. No estado español, as sociedades limitadas ríxense polo Real Decreto 1/2010, do 2 de xullo, polo que fica aprobado o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A α-amilase (alfa-amilase, EC 3.2.1.1; nome sistemático 4-α-D-glucano glucanohidrolase) é un encima que hidroliza enlaces glicosídicos α de polisacáridos grandes con enlaces α, como o amidón e o glicóxeno, rendendo polisacáridos de cadeas máis curtas, dextrinas e maltosa, segundo o seguinte proceso bioquímico: Endohidrólise de enlaces glicosídicos (1→4)-α-D en polisacáridos que conteñen tres ou máis unidades de D-glicosa con enlaces (1→4)-αÉ a principal forma de amilase que se encontra en humanos e outros mamíferos. Tamén está presente en sementes que conteñen amidón como reserva alimenticia e segrégana moitos fungos. É un membro da familia da glicosa hidrolase 13.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
O caso Dreyfus foi orixinado a raíz dun erro xudicial, sobre un contexto de espionaxe e antisemitismo, no que a vítima foi o capitán e enxeñeiro politécnico Alfred Dreyfus (1859-1935), de orixe xudía-alsaciano, e que durante doce anos, de 1894 a 1906, conmocionou a sociedade francesa da época, marcando un fito na historia do antisemitismo. A revelación do escándalo en J'accuse, un artigo de Émile Zola en 1898, provocou unha sucesión de crises políticas e sociais inéditas en Francia que, no momento do seu apoxeo en 1899, revelaron as fracturas profundas que subxacían na Terceira República Francesa. Dividiu os franceses en dous campos opostos, os dreyfusards (partidarios de Dreyfus) e os antidreyfusards (opositores a Dreyfus).
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica (MeteoGalicia) é un organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente creada no ano 2000 froito dun convenio entre coa Universidade de Santiago de Compostela e que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A lingua hän (tamén soletreada como haen, e coñecida cos nomes alternativos dawson, han-kutchin e moosehide) é unha lingua atapascana falada polo pobo hän (hän hwëch'in; traducible como o pobo que vive ao longo do río, ás veces anglicizado como hankutchin). Fálase na aldea de Eagle, Alasca nos Estados Unidos e na cidade de Dawson City no Canadá, aínda que tamén hai falantes de Hän na cidade próxima de Fairbanks, Alasca. Ademais, houbo un descenso dos falantes en Dawson City como resultado da afluencia de mineiros de ouro a mediados do século XIX.O hän clasifícase no subgrupo das linguas atapascanas setentrionais da familia de linguas na-dené.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Jason Statham, nado o 26 de xullo de 1967 en Shirebrook, Derbyshire, é un actor inglés, produtor, experto en artes marciais, e ex mergullador. É coñecido polos seus papeis de cine policial do director Guy Ritchie Lock, Stock and Two Smoking Barrels (1998), Snatch, cochos e diamantes (2000), e Revolver (2005). Tamén apareceu en películas como a triloxía do suspense de acción Transporter (2002-08), o filme de suspense The Italian Job (2003), a comedia de humor negro/filme de acción Crank (2006), o filme de acción War (2007), que coprotagonizou Jet Li, o suspense de acción e ciencia ficción Death Race (2008), o filme The Bank Job (2008), e a serie de comedias de acción Os Mercenarios (2010-14).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 205.466.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A lingua puquina, ou pukina, é unha lingua sen clasificar e extinta falada outrora na rexión do lago Titicaca. Ás veces considérase unha familia de linguas, xunto coa lingua kallawaya, aínda que se pensa que esta última só é unha variedade supervivente do puquina que se mesturou co quechua. Os falantes de puquina menciónanse por última vez a comezos do século XIX.O Qhapaq simi, que era falada pola elite inca, en contraste cos plebeos de fala quechua, coa que se pensa que podería estar relacionada, así como coa lingua leco, xeralmente considerada unha lingua illada.
Carla Antonelli, nome artístico de Carla Delgado Gómez, nada en Güímar (Tenerife) o 13 de xullo de 1959, é unha actriz, política e recoñecida activista dos dereitos LGBT. Desde 2011 é deputada da Asemblea de Madrid polo Partido Socialista Obrero Español, converténdose na primeira muller transexual de España en acceder a este cargo. En 2019 era a Vicepresidenta da Comisión de Cultura e Turismo e Deportes e responsable de familias, menores e temas LGTBI na Comisión de Políticas Sociais e Familia na Asemblea de Madrid.
As taulas son, por excelencia, os monumentos cerimoniais máis emblemáticos de Menorca. Construídas na época talaiótica, trátanse dun santuario cun recinto en forma de ferradura, parecido aos de Mallorca pero que, a diferenza destes, ten un gran monumento central que se asemella a unha mesa, o que lle dá o nome (taula é "mesa" en catalán). Descoñécese a cronoloxía destes santuarios pois, aínda que os recintos puideron existir ao longo de todo o Talayótico, os seus monumentos centrais poden pertencer a calquera data do longo do primeiro milenio.
O Club Deportivo Teruel é un club de fútbol de España, da cidade de Teruel, en Aragón. Foi fundado en 1954 e actualmente xoga na Terceira División. Ata a tempada 2009-10 xogaba no Grupo XVII da Terceira División, pero obtivo o ascenso a Segunda B o 23 de maio de 2010 tras vencer ao Noja por marcador global de 3-2 (1-1 na ida).
Sydney (en inglés [sɪdni] ), ás veces escrito en galego Sidney, é a capital do estado de Nova Gales do Sur e a cidade máis populosa da Australia. O concello de Sydney posúe unha poboación de case 165.000, mais incluíndo a súa área metropolitana ten preto de 4.300.000, repartidos por cerca 600 suburbios. Sydney foi tamén o primeiro asentamento europeo na illa.
Xibraltar (en inglés e castelán: Gibraltar) é un Territorio Español de Ultramar situado no extremo meridional da Península Ibérica, ao leste da baía de Alxeciras, que se estende sobre a formación xeolóxica da rocha de Xibraltar (en inglés: the Rock of Gibraltar ou tamén, The Rock), península que domina a beira norte do estreito de Xibraltar, comunicando o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Xibraltar limita ao norte con España e alberga unha poboación de preto de 29.000 habitantes nunha superficie de menos de 7 km², cunha economía baseada no sector de servizos, principalmente como centro financeiro e turístico. Aproveitando a súa privilexiada posición estratéxica, é tamén unha base aeronaval das Forzas Armadas Británicas.
Roberto Carlos da Silva, nado en Garça (Estado de São Paulo) o 10 de abril de 1973, é un futbolista brasileiro. Xogou de lateral esquerdo e Estivo en activo como xogador ata 2015, ano en que comezou a súa traxectoria como adestrador. Comezou a súa carreira no União São João de Araras, xogou para o Palmeiras, Inter Milán, Real Madrid e foi 120 veces internacional coa selección nacional de fútbol do Brasil coa que gañou a Copa do Mundo de 2002.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Luis Alberto Romero Alconchel, nado en San José del Valle (Cádiz) o 28 de setembro de 1992, é un futbolista español. Pode ocupar as posicións tanto de mediapunta coma de extremo e o seu actual equipo é a Lazio da Serie A de Italia. Formado na canteira do Sevilla, debutou co primeiro equipo en 2011, antes de ser cedido ao Barcelona B. En 2013 foi traspasado ao Liverpool, co que xogou durante unha tempada na Premier League, sendo cedido nas dúas seguintes ao Málaga e ao Deportivo da Coruña.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Os Catalunya Blaus Almogàvers (Almogáveres Azuis de Cataluña en galego) é a franquía de rugby que representa na Liga Superibérica a Cataluña e á Cataluña norte. A sede principal do equipo está sita en Sant Boi de Llobregat, xogándose os seus partidos de local no Estadi Baldiri Aleu, que é propiedade dun dos clubs inmersos no proxecto, a Santboiana.
Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore, nado no Valadouro en 1995, é un músico galego. Afincado en Compostela, xoga co pop, o punk, o rock e a música techno dos 80 con letras en galego. Laureado por varias revistas e periodistas e con actuacións no MAZO Madrid ou no Underfest de Vigo.
O nacionalismo étnico, tamén coñecido como etnonacionalismo, é unha forma de nacionalismo no cal a nación e a nacionalidade son definidas en termos de etnicidade, con énfase en etnocentrismo en varios temas políticos relacionados coa afirmación nacional dun grupo étnico particular.O tema central do etnonacionalismo é que as "nacións están definidas por unha herdanza compartida, que polo xeral inclúe unha lingua común, unha fe común e unha ascendencia étnica común". Tamén inclúe ideas como unha cultura compartida como membros do mesmo grupo. Se ben algúns tipos de nacionalismo étnico están firmemente arraigados na idea da etnicidade como unha característica herdada inmutable (por exemplo o nacionalismo negro ou o nacionalismo branco), a miúdo o nacionalismo étnico tamén se manifesta na asimilación de grupos étnicos minoritarios dentro do grupo dominante (como no caso da italianización).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Tempada 1945/46 do Deportivo da Coruña
Durante a tempada 1945/46 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División, acadando a segunda posición e ascendendo así á Primeira División.
A Segunda República Española foi o réxime político democrático que rexeu España entre o 14 de abril de 1931, data da súa proclamación, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o de quen se sublevaron contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ao bando leal a ela, o republicano).
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
A Torre de Hércules é unha torre e faro situado nun cabo da península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Cidade vella de Santiago de Compostela.
Ponte Barxas, Padrenda, Padrenda
Ponte Barxas é un lugar da parroquia de Padrenda no concello ourensán de Padrenda na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE, en 2022 tiña 119 habitantes (55 homes e 64 mulleres), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 149 habitantes. Está situado á beira do río Barxas ou Troncoso, facendo fronteira con Portugal a través dunha ponte até a aldea de São Gregório (Cristóval, Melgaço).
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019
As eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio dese ano, e celebraranse en todos os países que, nesa data, formaban parte da Unión Europea. En febreiro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou reducir o número de escanos de 751 a 705 pola saída do Reino Unido da Unión. Unha vez posposto o chamado Brexit, celebráronse eleccións ao Parlamento tamén no Reino Unido, volvéndose á repartición orixinal de escaños por estado membro na cámara.
Rosario del Carmen González Flores, coñecida artisticamente como Rosario Flores, nada en Madrid o 4 de novembro de 1963, é unha cantante e actriz española de orixe xitana. Foi a gañadora, entre outros premios, do Grammy Latino ao mellor álbum vocal pop feminino, nas edicións de 2002 e 2004 polos seus traballos Muchas flores e De mil colores, respectivamente. É a filla máis nova de Antonio González El Pescaílla e da mítica artista Lola Flores La Faraona, irmá da actriz-cantante Lolita Flores e o cantautor Antonio Flores, así como tía da actriz Elena Furiase.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 34.899 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.
Asociación Cultural e Deportiva Dorna
A Asociación Cultural e Deportiva Dorna é unha institución emblemática da Illa de Arousa, con relevantes achegas á cultura galega en canto á promoción e conservación da literatura, tradición e cultura marítima e deporte. Dorna xogou un papel crucial na vida cultural da Illa de Arousa, abarcando diversas disciplinas culturais e deportivas que van da música e danza tradicional até a navegación tradicional (en dornas e outras embarcacións tradicionais da Ría de Arousa maiores) e seccións deportivas como o fútbol gaélico, baloncesto ou xadrez. É a maior asociación da illa de Arousa, con cerca de 1000 socios incluíndo todas as súas seccións.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.