Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
O País Vasco ou Euskadi (en éuscaro tamén: Euskal Herria), tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa, en castelán: Comunidad Autónoma Vasca), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte. Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Euskal Herria Bildu , tamén escrito EH Bildu (en minúsculas no seu logo), é unha coalición política vasca de esquerdas, rexistrada como partido político, creada no 2012 e liderada na súa primeira participación por Laura Mintegi. Está ideoloxicamente adscrita á esquerda abertzale e ten aspiracións soberanistas e independentistas. A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba.
A Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica (MeteoGalicia) é un organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente creada no ano 2000 froito dun convenio entre coa Universidade de Santiago de Compostela e que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020
As eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma do País Vasco. As eleccións estaban previstas nun principio para celebrárense o 5 de abril de 2020, mais foron adiadas por mor da pandemia de COVID-19. As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento de Galicia.
Garbiñe Muguruza Blanco, nada en Guatire (Venezuela) o 8 de outubro de 1993, é unha tenista profesional hispanovenezolana que ten a dobre nacionalidade. Por decisión persoal decidiu representar a España nos torneos da WTA e na Copa Federación de Tenis da ITF. É a actual número 1 da clasificación mundial da WTA dende o 11 de setembro de 2017 nesta data por primeira vez na historia os números un do tenis mundial son españois, ó coincidir o reinado de Garbiñe co do balear Rafa Nadal. O 4 de xuño de 2016 proclamouse campioa de Roland Garros, primeiro Grand Slam da súa carreira, logo de vencer na final a Serena Williams, número un do mundo, situándose na segunda posición da clasificación da WTA. A súa mellor clasificación ata o momento era o posto número 3, acadado en outubro de 2015 cando chegou á final do Campionato de Wimbledon, final que perdeu precisamente contra Serena Williams, no ano 2017 acada o título británico ó derrotar a Venus Williams por 7-6 e 6-0 na final, facéndose con seu segundo Grand Slam.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O HLA-A é un grupo de antíxenos leucocitarios humanos (HLA) que están codificados no locus HLA-A, que está localizada no brazo p posición 21.3 do cromosoma 6 humano. O locus HLA-A consta de varios centos de xenes diferentes e varios miles de variantes alélicas. É fundamental para a resposta inmunitaria controlada polas células T citotóxicas contra virus e outros patóxenos intracelulares.
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 34.899 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) (en España) ou Euzko Alderdi Jeltzalea - Parti Nationaliste Basque (EAJ-PNB) (en Francia), é un partido político do País Vasco de ideoloxía nacionalista vasca. Foi fundado en 1895 por Sabino Arana Goiri, influído polo seu irmán Luis Arana. É o terceiro partido político español actual máis antigo (despois do Partido Socialista Obrero Español e o Partido Carlista) e foi o primeiro partido nacionalista vasco.
A historia de Rusia empeza coa chegada dos eslavos orientais, o grupo étnico do que posteriormente derivarían os rusos, ucraínos e belarusos. O primeiro estado eslavo oriental foi a Rus (ou principado) de Kíiv, que adoptou o cristianismo pola importante influencia do imperio Bizantino en 988, comezando así a fusión entre as culturas eslava e bizantina que caracterizaría á rusa durante os seguintes sete séculos. O Rus de Kíiv desintegraríase finalmente en varios reinos que competirían entre si por figurar como herdeiros da súa civilización e polo predominio territorial na zona e que acabaron baixo dominio mongol.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Tikal (ou Tik'al, de acordo coa ortografía maia moderna) son as ruínas dunha cidade antiga, que probablemente se chamaba Yax Mutal e que se atopan nunha selva tropical de Guatemala. É un dos maiores sitios arqueolóxicos e centros urbanos da civilización prehispánica. Está situado na rexión arqueolóxica da Conca do Petén no que hoxe é o norte de Guatemala.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Game Boy Color (ゲームボーイカラー, Gēmu Bōi Karā), frecuentemente abreviada como GBC, é unha consola de videoxogos portátil de Nintendo, sucesora da Game Boy. Foi lanzada o día 21 de outubro de 1998 no Xapón, o 19 de novembro de 1998 en América do Norte, o 23 de novembro de 1998 en Europa, e o 27 de novembro de 1998 no Reino Unido. Presenta unha carcasa de diferentes cores, e é lixeiramente máis ancha e alta ca a Game Boy Pocket.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Un socalco ou bancal é un termo agrícola referido á técnica de conter un determinado terreo de cultivo cun valado de pedra nun terreo moi pendente. A técnica agrícola denomínase terraceamento, e é amplamente utilizada en Galicia por ser un recurso apropiado para terreos con relevo irregular. Unha das zonas con socalcos de máis sona do País son os socalcos do Sil, onde son empregadas para o cultivo da vide.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.
Aquiminzaque (en muisca: Quiminza) foi o cuarto e derradeiro zaque de Hunza, que hoxe é a cidade colombiana de Tunja. Foi o gobernante da parte norte da confederación muisca cando os conquistadores españois chegaron ás terras altas de Colombia. A súa contraparte zipa na área sur da Confederación muisca foi Zaquesazipa.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
Áraba, segundo outras fontes Araba ou Álava (en éuscaro: Araba; en castelán: Álava, as dúas denominacións cooficiais), é unha das tres provincias que conforman a comunidade autónoma do País Vasco (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias da rexión histórica do País Vasco. A súa capital é Vitoria, que é tamén capital da comunidade autónoma. A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade de 103,09 hab/km².
José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o Real Madrid e o máximo rival histórico do Celta: o Deportivo da Coruña.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Observatorio Astronómico Vera Rubin
O Observatorio Astronómico Vera Rubin (Vera C. Rubin Observatory, ou VRO segundo o seu nome en inglés), nomeado primeiro Large Synoptic Survey Telescope (LSST, «Gran Telescopio de estudo sinóptico»), é un telescopio óptico dos EEUU de gran tamaño en construción a unha centea de quilómetros de La Serena, ó norte de Chile, caracterizado por un campo de observación moi grande (3,5° de diámetro, ou sexa, 49 veces a superficie aparente da Lúa, que ten 0,5° de diámetro).
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Immanuel Kant, nado en Königsberg o 22 de abril de 1724 e finado na mesma vila o 12 de febreiro de 1804, foi un filósofo prusiano considerado a figura central da filosofía moderna. Kant sostivo que a mente humana crea a estrutura da experiencia humana, que a razón é a fonte da moral, que a estética xorde dunha facultade de xuízo desinteresado, que o espazo e tempo son formas da nosa sensibilidade e que o mundo tal como é «en si» é independente dos nosos conceptos sobre el. Kant provocou unha revolución copernicana da filosofía, semellante ao xiro de Copérnico da crenza milenaria de que o Sol xiraba en torno á Terra.
Fallout é unha serie de videoxogos de rol publicados orixinalmente por Interplay e, posteriormente, por Bethesda Softworks. Aínda que as tramas dos videoxogos se desenvolven nos séculos 22 e 23, prevalece unha grande influencia da cultura de posguerra desenvolvida nos anos 50 en Norteamérica, así como da combinación de esperanza de progreso tecnolóxico e o medo á aniquilación nuclear. Esta saga adóitase considerar como a secuela non oficial do videoxogo Wasteland, aínda que non tomou ese nome debido a que Electronic Arts posuía os dereitos sobre el e, aínda que con algunhas referencias comúns, os videoxogos situábanse en universos diferentes.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Arnaldo Otegi Mondragon, nado en Elgoibar o 6 de xullo de 1958, é un político vasco de ideoloxía marxista e independentista vasca. Foi voceiro de Batasuna e parlamentario vasco de Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, as tres declaradas ilegais en España en 2003 por ser consideradas baixo tutela de Euskadi Ta Askatasuna. Foi tamén militante da desaparecida organización armada ETA político-militar.
Aristóteles de Estaxira (en grego antigo , Ἀριστοτέλης, Aristotélēs), nado no ano 384 a.C. e finado no ano 322 a.C., foi un importante filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas (por un lado orixinais e por outro reformuladoras da tradición grega) acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería por séculos. Prestou inigualábeis contribucións para o pensamento humano, destacando en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outras áreas de coñecemento.
A Game Boy (en xaponés: ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha videoconsola portátil de videoxogos desenvolvida e manufacturada por Nintendo. Foi lanzada por primeira vez ao mercado no Xapón o 21 de abril de 1989, chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome (Liña Game Boy).
O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político ditatorial que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos Caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na Guerra Colonial.
Eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024
As eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024 celebraranse o 21 de abril de 2024, para elixir os 75 deputados da XIII lexislatura do País Vasco.
A cicuta ou cegude, Conium maculatum, é unha especie botánica de planta con flor herbácea da familia das apiáceas. En Galiza tamén recibe os nomes vulgares de canafrecha, pirixel das bruxas, pirixel dos sapos etc. Atópase en toda Europa e América, en lugares húmidos e frescos, como as beiras dos ríos.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. Dispútase dende os seus inicios no estadio de Riazor, sendo organizado primeiro polo Concello da Coruña e dende o ano 2000 polo Deportivo da Coruña. É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.