Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
LGBT ou LGTB é a sigla composta polas iniciáis das palabras Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans (transxénero, transexuais e travestís). Agrupa ás persoas coas orientacións sexuais e identidades de xénero relativas a esas catro palabras, así como ás comunidades formadas por elas. A expresión tivo a súa orixe na lingua inglesa nos anos noventa, mais estas iniciais coinciden en varias falas, entre elas a galega.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
O título faraón úsase para os gobernantes do antigo Exipto que gobernaron despois da unificación do Alto e Baixo Exipto por Narmer durante o Período tinita, aproximadamente no 3100 a.C. Non obstante, o título específico "faraón" non foi usado para dirixirse aos reis de Exipto polos seus contemporáneos ata o dominio de Merneptah na XIX dinastía, c. 1200 a.C. Xunto ao título de faraón para gobernantes posteriores, houbo un antigo título real exipcio usado polos reis exipcios que permaneceu relativamente constante durante a historia do antigo Exipto, inicialmente o nome de Horus, o nome Abella e Xunco (a súa tradución fidedigna é O Señor das Dúas Terras xa que os xeróglifos fan referencia, a abella ao Alto Exipto mentres que o xunco o fai ao Baixo Exipto) e o nome Dúas damas (nbtj), co título adicional de Horus Dourado, nomen e prenomen engadíronse sucesivamente polas dinastías posteriores. Exipto estivo continuamente gobernado, polo menos en parte, por faraóns nativos durante aproximadamente 2500 anos, ata que foi conquistado polo Reino de Kush a finais do século VIII a.C, cuxos gobernantes adoptaron para si mesmos a tradicional titulación faraónica.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Mazo, Santalla de Arxemil, Sarria
O Mazo é un lugar da parroquia de Santalla de Arxemil, no concello lugués de Sarria, na comarca de Sarria.
Michael Eugene Nicolas Majerus (13 de febreiro de 1954 – 27 de xaneiro de 2009) foi un xenetista británico e profesor de evolución na Universidade de Cambridge. Foi tamén un membro profesor no Clare College, Cambridge. Foi un entusiasta da teoría darwinista da evolución por selección natural e chegou a ser unha autoridae mundial no seu campo da bioloxía evolutiva dos insectos.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Tampereen Ilves é un club polideportivo da cidade de Tampere, Finlandia. Foi fundado o 10 de abril de 1931 por iniciativa de Niilo Tammisalo, que daquela era profesor no Tampereen Lyseo. No ano 2024 o club tiña equipos nas disciplinas de floorball, fútbol, fútbol sala, hóckey sobre xeo e ringette, aínda que no pasado contou con equipos de bandy, baloncesto, balonmán, birlos, fútbol americano e patinaxe artística sobre xeo.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
En química orgánica o carbonilo é un grupo funcional que consiste nun átomo de carbono cun dobre enlace cun átomo de osíxeno (C=O). A palabra carbonilo pode referirse tamén ao monóxido de carbono como ligando nun complexo inorgánico ou organometálico (por exemplo, níquel carbonilo); neste caso, o carbono ten un dobre enlace co osíxeno.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 208.237.
José Manuel Fernández de Labastida
José Manuel Fernández de Labastida y del Olmo, nado en Madrid o 10 de marzo de 1958, é un catedrático de universidade e investigador español. En 2024 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.
A renda básica universal (RUB), renda básica incondicional (RUB) ou renda do cidadán é unha forma de sistema de seguridade social na que todos os cidadáns ou residentes dun país reciben regularmente unha cantidade de diñeiro sen condicións. Con este sistema preténdese cubrir a toda a poboación cunha renda garantida independentemente das súas condicións laborais, económicas ou sociais. Unha renda que permite a supervivencia básica mes a mes, garantida polo Estado.
Bāy Bāy Ṭabariyya (árabe: باي باي طبريا) é un filme documental palestino de 2023 dirixido por Lina Soualem, e escrito por Soualem e Nadine Naous, en colaboración con Gladys Joujou. É unha coprodución entre Palestina, Francia, Bélxica e Qatar. O filme segue a Hiam Abbass, que abandona a súa aldea palestina de Deir Hanna na Baixa Galilea, Israel, para perseguir o seu soño de converterse en actriz, deixando atrás á súa nai, avoa e irmás.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Fedrelandet é un filme documental noruegués de 2023 escrito e dirixido por Margreth Olin. No filme, Olin segue ao seu pai de 85 anos durante un ano na contorna natural de Oldedalen en Vestland, onde creceu. O filme tivo a súa estrea mundial durante o festival de cinema documental CPH:DOX en Dinamarca o 18 de marzo de 2023, e nos cinemas de Noruega o 1 de setembro dese mesmo ano.
Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Enzo Anselmo Ferrari, nado en Módena o 18 de febreiro de 1898 [rexistrado o 20 de febreiro] e finado na mesma localidade o 14 de agosto de 1988, foi o fundador da Scuderia Ferrari e máis tarde da marca de automóbiles que leva o seu nome, Ferrari. Foi coñecido polos seguidores de Ferrari como Il nel.
Henry Bernard Davis Kettlewell (24 de febreiro de 1907 – 11 de maio de 1979) foi un xenetista, lepidopterista e médico británico, que realizou investigacións sobre a influencia do melanismo industrial na coloración da avelaíña Biston betularia, mostrando por que as avelaíñas son máis escuras en áreas contaminadas. Este experimento é citado como unha demostración clásica da selección natural en acción.
Nova Caledonia (/ˌkælɪˈdoʊniə/; en francés: Nouvelle-Calédonie) é unha colectividade sui generis da Francia de ultramar no suroeste do océano Pacífico, ao sur de Vanuatu, a uns 1210 km ao leste de Australia, e 17 000 km da Francia metropolitana, forma parte da República Francesa, e xa que logo da Unión Europea (UE). O arquipélago, que forma parte da subrexión Melanesia, inclúe a Grande Terre, as Illas da Lealdade, as Illas Chesterfield, o arquipélago Belep, a Illa dos Piñeiros e algúns illotes remotos. As illas Chesterfield están no Mar de Coral.
Os irmáns Juan e Jesús García Naveira foron dous betanceiros que, ó regresaren da emigración na Arxentina, realizaron numerosas obras sociais e culturais na súa vila natal, na que investiron boa parte da fortuna que reuniron alá, tanto individual como conxuntamente. Como mostra de agradecemento e recoñecemento, a cidade de Betanzos dedicoulles a praza principal da cidade. Eran fillos de labregos, que tiveron que emigrar para sobreviviren, desenvolvendo distintos traballos en Buenos Aires ata que crearon unha empresa dedicada á importación, Etchegaray, Arriarán y Cía.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Òscar Camps Gausachs, nado en Barcelona en 1963, é un rescatista, activista e empresario catalán, coñecido principalmente por ser o fundador e director da ONG barcelonesa Proactiva Open Arms. Foi nomeado Europeo do Ano 2019 pola revista estadounidense Reader's Digest en recoñecemento ao seu "gran labor humanitario, ao rescatar a máis de 59.000 migrantes desesperados das augas do Exeo e o Mediterráneo nos últimos tres anos e medio". Foi tamén galardoado co premio Catalán do Ano en 2015.
A galegofobia ou galaicofobia fai referencia á aversión non xustificada cara a Galicia, cara á cultura e lingua galegas e cara ao individuo galego e a súa identidade. Malia que o termo non aparece recollido en ningún dicionario de corte académico, trátase da denominación xenérica e popular para se referir a este fenómeno tanto na prensa coma no eido social. Así, a primeira constancia que se ten do seu uso é nun artigo de prensa asinado por Villar Ponte e datado en 1916.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Antonio Cánovas del Castillo, nado en Málaga o 8 de febreiro de 1828 e finado en Arrasate (Guipúscoa) o 8 de agosto de 1897, foi un político e historiador español coñecido principalmente polo seu apoio á Restauración borbónica de 1874 e por converterse no máximo dirixente dos conservadores no "sistema de quendas" por el establecido. Foi presidente do goberno español nos períodos 1874-1875, 1875-1879, 1879-1881, 1884-1885, 1890-1892 e 1895-1897.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Robert Fico (pronunciación eslovaca: [ˈfitsɔ]), nado en Topoľčany o 15 de setembro de 1964, é un político eslovaco, actual primeiro ministro de Eslovaquia desde outubro de 2023, cargo que tamén ocupou de 2006 a 2010 e de 2012 a 2018. É o líder do partido Dirección - Socialdemocracia (Smer-Sociálna Demokracia, SMER-SD) desde 1999. Electo por primeira vez ao Parlamento en 1992 (aínda que dentro de Checoslovaquia), despois foi nomeado membro do Consello de Europa.
Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha cidade do centro de España, na Meseta Sur, capital da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha. Cidade Real ten 74.014 habitantes segundo o censo do Instituto Nacional de Estadística do ano 2009. A cidade atópase a 628 msnm, e o termo municipal cobre 289,98 km².
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia] O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia] O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
Ahmed Salman Rushdie, (en hindi: अहमद सलमान रुश्दी; en urdú: احمد سلمان رشدی ) nado en Bombai o 19 de xuño de 1947, é un escritor e ensaísta británico. O seu estilo foi comparado co realismo máxico latinoamericano, e a maior parte das súas obras de ficción están ambientadas na India. As súas dúas novelas de maior sona son Midnight's Children e The Satanic Verses.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
As Neves é un filme galego de 2024 escrito e dirixido por Sonia Méndez. É un drama rodado en lingua galega e protagonizado por Andrea Varela, David Rodríguez Fernández, Antía Mariño e Lucía Veiga, xunto aos debutantes Xacobe Bruña Alonso, Irene Rodríguez Vence, Diego Caro, Santi Carmena Rico, Jenny Soto Romarís e Adriana Fernández Pazó. Estreouse de forma mundial no Festival de Málaga o 6 de marzo de 2024, e nos cines españois o 10 de maio de 2024, con distribución de Sideral Cinema.
Santalla de Arxemil é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 51 habitantes (22 homes e 29 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 68 habitantes.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O castro da Lanzada é un poboado castrexo orixinario do século VIII a.C.. Contén unha necrópole que foi utilizada ata os séculos III - IV d.C. Está situado na parroquia de Noalla (Sanxenxo), e asenta sobre a base dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada. No extremo máis occidental érguese a capela da Nosa Señora da Lanzada.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador galego, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito en 1939 ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973. Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo ultraconservador, católico e anticomunista.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Bassae (latín: Bassae, grego antigo: Βάσσαι - Bassai, significa "pequeno val nas rochas") é un sitio arqueolóxico en Oichalia,, un municipio na parte nororiental de Mesenia, Grecia. Na antigüidade clásica, formaba parte de Arcadia. Bassae atópase preto da aldea de Skliros, ao nodés de Figaleia, ao sur de Andritsaina e ao oeste de Megalópolis, Grecia.
Alessandro "Alex" Zanardi, nado o 23 de outubro de 1966, é un piloto de carreiras profesional italiano e paraciclista. Gañou o campionato CART en 1997 e 1998, e logrou 15 vitorias na serie. Tamén correu na Fórmula 1 de 1991 a 1994 e de novo en 1999, o seu mellor resultado foi un sexto posto no Gran Premio do Brasil de 1993.
A arola ou mexarela (Lutraria lutraria, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo pertencente á familia dos máctridos (Mactridae), de tamaño relativamente grande. Existe outra especie semellante, a Lutraria magna, que se caracteriza pola marxe dorsal curvada cara a dentro, e cuncha máis robusta e de cor parda sucia. Non adoita superar os 10 cm de lonxitude.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.