Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Samuel Langhorne Clemens, coñecido polo seu pseudónimo literario Mark Twain, nado na Florida, condado de Monroe, Missouri, o 30 de novembro de 1835 e finado en Redding, Connecticut, o 21 de abril de 1910, , foi un escritor, humorista, ensaísta, empresario, editor e conferenciante estadounidense. Foi eloxiado como "o maior humorista que deu Estados Unidos", e William Faulkner chamouno "o pai da literatura estadounidense". As súas novelas inclúen The Adventures of Tom Sawyer (As aventuras de Tom Sawyer) (1876) e a súa secuela, Adventures of Huckleberry Finn (As aventuras de Huckleberry Finn) (1884), sendo esta última chamada a miúdo a "Great American Novel" (Gran novela americana).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Un arcebispo (do grego αρχεπίσκοπος, archepiskopos: arche > primeiro, e epi-skopos > supervisor) é un membro pertencente á orde episcopal cristiá, pero goza dun status superior ao dos "simples" bispos; xeralmente están á fronte dunha diocese particularmente importante, xa sexa polo seu tamaño, a súa relevancia histórica ou por ámbalas dúas, chamada arquidiocese. Cando un bispo se converte en arcebispo non está sendo, de ningún modo, ordenado nin está recibindo ningún sacramento; en contraste (na maioría das igrexas de goberno episcopal) alguén que é ordenado bispo está sendo consagrado. Un arcebispo non ten, por forza, maior poder que un bispo; porén, están a cargo de dioceses máis prestixiosas.
Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Harry Potter e a pedra filosofal
Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo. Harry Potter e a pedra filosofal (en inglés: Harry Potter and the Philosopher's Stone) é unha novela de fantasía escrita pola autora británica J. K. Rowling. É a primeira novela da saga Harry Potter e a primeira novela de Rowling, e conta a historia de Harry Potter, un mozo meigo que descobre a súa herdanza máxica no seu undécimo aniversario, cando recibe unha carta de aceptación na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería.
Felipe González Márquez, nado en Sevilla o 5 de marzo de 1942, é un avogado, profesor universitario e político andaluz, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) dende 1974 até 1997 e terceiro presidente do Goberno de España dende a reinstauración da democracia, entre 1982 e 1996.
Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e finado en Madrid o 8 de decembro de 1994, foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial. Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O efecto de illa de calor urbana (ICU) consiste en que frecuentemente as áreas urbanas están significativamente máis quentes que as áreas rurais que as rodean, a pesar de que ambas están sometidas a un clima xeral igual. Ás veces, en vez de illa de calor urbana utilízase como termo máis xeral illa de calor, que se usa para referirse a calquera área, urbana ou non, que é relativamente máis cálida que os seus arredores, pero o feito é que as illas de calor xeralmente están en áreas alteradas polo ser humano, fundamentalmente en áreas urbanas. A diferenza de temperatura adoita ser maior pola noite que durante o día, e é máis aparente cando os ventos son débiles, baixo condicións de bloqueo, especialmente durante o verán e inverno.
Enténdese por literatura infantil aquela escrita pensando no público infantil como destinatario, máis o conxunto de textos literarios que a sociedade considerou aptos para os máis pequenos, pero que en orixe escribíronse pensando en lectores adultos (por exemplo As viaxes de Gulliver ou Platero e eu). Noutro sentido do termo, menos habitual, abrangue así mesmo as pezas literarias escritas polos propios nenos.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Advanced Encryption Standard (AES), tamén coñecido como Rijndael, é un esquema de cifrado por bloque adoptado como un estándar de encriptación polo goberno estadounidense, e esperase que sexa usado en todo o mundo, como tamén analizado exhaustivamente, como foi o caso do seu predecesor, o DES. Foi adoptado polo Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) como un FIPS (PUB 197) en novembro do 2001 despois de 5 anos do proceso de estandarización. O cifrado foi desenvolvido por dous criptologos Belgas, Joan Daemen e Vincent Rijmen, e enviado ó proceso de selección AES baixo o nome "Rijndael".
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Gabriel José de la Concordia García Márquez, máis coñecido como Gabriel García Márquez ( pronunciación ), ( escoitar), nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927 e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. Estudou dereito e xornalismo na Universidade Nacional de Colombia e iniciou as súas colaboracións xornalísticas no diario El Espectador. Foi coñecido como Gabo, ou Gabito, polos seus familiares e amigos (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así..
PNG (Portable Network Graphics) é un formato gráfico baseado nun algoritmo de compresión sen perda para bitmaps non suxeito a patentes. Este formato foi desenvolvido en boa parte para liquidar as deficiencias do formato GIF e permite almacenar imaxes cunha maior profundidade de cor e outros importantes datos. Soporta unha paleta de cores de 16 bits, varios niveis de transparencia e emprega compresión sen perda mediante o formato ZIP. É un estándar recomendado polo W3C e recoñecido como estándar ISO (ISO/IEC 15948:2003).
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 208.982.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Laocoonte e os seus fillos é un grupo escultórico grego de datación controvertida, considerada unha obra orixinal de comezos da era cristiá. A obra é dun tamaño algo maior ao natural, de 2,45 m de altura e está executada en mármore branco. Atópase no Museo Pío-Clementino pertencente aos Museos Vaticanos de Roma, e xunto ao Torso do Belvedere é o único orixinal grego do antiquarium.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
O Club Básquet Coruña, coñecido por motivos de patrocinio como Leyma Coruña, é un equipo de baloncesto profesional da cidade da Coruña. Fundouse en 1996 logo da unión do Clube Baloncesto Arteixo e o Club Baloncesto Ventorrillo da cidade herculina. En 2024 acadou o ascenso da Liga LEB á Liga ACB. Disputa os seus encontros como local no Pazo dos Deportes de Riazor, que conta con capacidade para 4 425 persoas.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais. En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres.
Vanja Milinković-Savić (en serbio: Вања Милинковић-Савић), nado en Ourense o 20 de febreiro de 1997, é un futbolista galego-serbio que xoga como porteiro no Torino da Serie A. É internacional coa selección serbia, coa que disputou o Mundial de 2022. É fillo do exfutbolista Nikola Milinković e irmán do tamén futbolista Sergej Milinković-Savić.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Bérgamo (Bèrghem en lombardo - Bergamo en italiano) é unha cidade de Italia, capital da provincia do mesmo nome, na rexión da Lombardía, uns 40 km ao nordeste de Milán. Ten 121.137 habitantes. A cidade está dividida en dúas partes diferenciadas: Città Alta (Sìta Ólta), o centro histórico cercado por unha muralla, e a Città Bassa (Sìta Bàsa), a parte moderna.
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea (bar-bar- semellante a bla-bla-), tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes. Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.