Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O xaxún no Islam (coñecido en árabe como sawm (صَوْم) ou en farsi como rūzeh (persa: روزه, ), é a práctica de absterse de comer, beber, fumar e de ter actividade sexual. Durante a mes santo islámico do ramadán, o sawm obsérvase entre o alborexar e o anoitecer, cando no solpor soa o adhan (chamada á oración). O ramadán é o noveno mes do calendario lunar musulmán e o xaxún é o cuarto dos cinco alicerces do islam.
Enrique Morente Cotelo, coñecido artisticamente como Enrique Morente, nado na cidade española de Granada o 25 de decembro de 1942 e finado en Madrid o 13 de decembro de 2010, foi un cantaor controvertido no flamenco. Despois duns comezos ortodoxos derivou cara ao experimentalismo, renovando as melodías do cante e colaborando con músicos de diversos estilos sen renunciar ás súas raíces nin ó cante flamenco máis tradicional. Malia as críticas do sector máis purista do público e da crítica, foi un dos cantaores flamencos máis influentes de finais do século XX e comezos do XXI, que non só innovou, senón que tamén creou tradición: as súas interpretacións foron recreadas por xente como Camarón de la Isla, Mayte Martín, Carmen Linares, Miguel Poveda, Segundo Falcón ou Arcángel.
Este artigo trata sobre a cantante, para a representación artística da Virxe María, véxase Madonna (arte). Madonna Louise Ciccone, nada en Bay City (Míchigan) o 16 de agosto de 1958, é unha cantante, compositora e produtora estadounidense, máis coñecida como Madonna. De ascendencia italiana e francocanadense, o seu estilo musical abrangue a música disco, pop, dance e electrónica.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Jason Statham, nado o 26 de xullo de 1967 en Shirebrook, Derbyshire, é un actor inglés, produtor, experto en artes marciais, e ex mergullador. É coñecido polos seus papeis de cine policial do director Guy Ritchie Lock, Stock and Two Smoking Barrels (1998), Snatch, cochos e diamantes (2000), e Revolver (2005). Tamén apareceu en películas como a triloxía do suspense de acción Transporter (2002-08), o filme de suspense The Italian Job (2003), a comedia de humor negro/filme de acción Crank (2006), o filme de acción War (2007), que coprotagonizou Jet Li, o suspense de acción e ciencia ficción Death Race (2008), o filme The Bank Job (2008), e a serie de comedias de acción Os Mercenarios (2010-14).
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Tun Dr. Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925 é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah. A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946, antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
A festa dos maios, tamén coñecida simplemente como os maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Ana de Mendoza de la Cerda y de Silva y Álvarez de Toledo, nada en Cifuentes o 29 de xuño de 1540 e finada en Pastrana o 2 de febreiro de 1592, foi unha nobre española que tivo os títulos de II duquesa de Francavilla, II princesa de Mélito, II condesa de Aliano e II marquesa de Algecilla por dereito propio, así como princesa de Éboli, duquesa de Estremera, duquesa de Pastrana e marquesa de Diano, polo seu matrimonio con Ruy Gómez de Silva, nobre portugués e valido do rei Filipe II de España, polo que é coñecida coloquialmente como a Princesa de Éboli.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Primeira división española de fútbol
O Campionato Nacional de Liga de Primeira División, máis coñecido como Primeira División e debido a motivos de patrocinio como LaLiga EA Sports, é a máxima categoría masculina da liga española de fútbol e a principal competición a nivel de clubs de España. É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.
Claudio Giráldez González, nado en Cans, no Porriño, o 24 de febreiro de 1988, é un exfutbolista e adestrador galego. Xogou de centrocampista e militou en varios equipos da Segunda División B e a Terceira División. Dende 2022 adestrou o Celta de Vigo B. En marzo de 2024, foi nomeado adestrador do Celta de Vigo, despois da destitución de Rafa Benítez.
A serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola fusión do Racing Club e o Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente na Segunda División tras conseguir o ascenso na tempada 2022/23. Entre os seus maiores logros conta con tres campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Antonio Lucio Vivaldi, nado en Venecia o 4 de marzo de 1678 e finado en Viena o 28 de xullo de 1741, foi un sacerdote e compositor véneto, coñecido como Il Prete Rosso (O Padre Roibo) por causa da súa cor de cabelo. Entre as súas obras destaca pola súa popularidade a Sinfonía nº 8, o que se coñece como as Catro estacións: Primavera, Verán, Outono e Inverno. Escribiu máis de 500 concertos (210 para violín ou violoncello só), 46 óperas, 73 sonatas.
Hércules de Alicante Club de Fútbol
O Hércules de Alicante Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: Hèrcules Club de Futbol) é un club de fútbol de España, da cidade de Alacant na Comunidade Valenciana. Fundouse en 1914 e federado en 1922, e actualmente milita na Segunda División de España.
Oman Air (árabe: الطيران العماني) é a aeroliña nacional de Omán. Ten a súa sede no aeroporto de Mascate en Seeb, e opera servizos de pasaxeiros regulares domésticos e internacionais, ademais de realizar voos chárter e servizos de aerotaxi rexionais. A súa principal base atópase tamén no aeroporto de Mascate.
Lando Norris, nado en Bristol o 13 de novembro de 1999, é un piloto de carreiras inglés e belga. Actualmente compite na Fórmula 1 con McLaren, correndo baixo bandeira británica. Gañou o Campionato de Fórmula MSA en 2015, e a Toyota Racing Series, Eurocup Formula Renault 2.0 e Fórmula Renault 2.0 Copa do Norte de Europa en 2016.
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico. Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O secuestro do barco Alakrana, obra de piratas somalís, produciuse o 3 de outubro de 2009, ben a 413 millas das costas do sur de Somalia segundo algunhas fontes, ben a 120 millas náuticas (dentro da ZEE de Somalia) segundo a Audiencia Nacional. No momento da abordaxe, o pesqueiro atopábase faenando fóra da zona protexida pola Operación Atalanta.
Unha sura (árabe: سُورَة sūrah, plural سُوَر suwar) é o nome que recibe cada unha das unidades nas que se divide o Corán e que adoita traducirse como capítulo en moitas linguas. Hai 114 suras no Corán, que se dividen en 6236 āyāt (singular āyah, versículos) As suras son de duración moi diferente; a menor (Al-Kawthar) conta con só tres versículos, mentres que a máis longa (Al-Baqara) contén 286. Segundo a tradición islámica, 86 das 114 suras clasifícanse como mecanas, reveladas a Mahoma na Meca, mentres que 28 son medinenses, reveladas despois da migración de Mahoma a Medina (Hijrah).
O ramadán (en árabe: رمضان, Ramaḍān), é o noveno mes do calendario musulmán, e é considerado pola comunidade musulmá de todo o mundo como o mes de xaxún para conmemorar a primeira revelación do Corán a Mahoma segundo as crenzas do islam. Esta celebración anual está considerada como un dos 5 Alicerces do islam. O mes dura uns 29 ou 30 días baseándose no avistamento da lúa crecente, seguindo as numerosas referencias compiladas no hadiz.
Crime de honra é unha forma de control social a través da ameaza ou a perpetración do asasinato dun membro da familia. O control (xeralmente dunha muller) utiliza a afirmación de que a vítima trouxo vergoña ou deshonra á familia, ou violou os principios dunha comunidade ou dunha relixión. Os motivos son variados: o divorcio ou separación do cónxuxe, negarse a un casamento arranxado, ter unha relación desaprobada pola familia, ter relacións sexuais fóra do matrimonio, ser vítima dunha violación, vestir de formas que se consideran inapropiadas, participar en relacións non heterosexuais ou renunciar a unha fe.
A "música dos países islámicos" pode referirse a música relixiosa, como se realiza nos servizos públicos islámicos ou devocións privadas, ou máis xeralmente ás tradicións musicais do mundo musulmán. O corazón clásico do islam é o Oriente Medio, África do norte, o Corno de África, África occidental, Irán, Asia Central e Asia meridional. Debido a que o islam é unha relixión multiétnica, a expresión musical dos seus seguidores é moi diversa.