Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Albania (en albanés, Shqipëri ou Shqipëria), oficialmente República de Albania (en albanés, Republika e Shqipërisë), é un país balcánico, situado nas costas do mar Adriático e do mar Xónico, no Mediterráneo. Comparte fronteiras con Montenegro ao noroeste, con Kosovo ao nordeste, coa Macedonia do Norte ao leste e con Grecia ao sur. Tirana é a súa capital e cidade máis poboada, seguida de Durrës, Vlorë e Shkodër.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.
A fluidización é unha operación unitaria pola cal unha corrente ascendente de fluído (líquido, gas ou ambos) é utilizada para suspender partículas sólidas, xeralmente para suspender un material granular. Dende un punto de vista macroscópico, a fase sólida (ou fase dispersa) compórtase como un fluído, de aí a orixe do termo fluidización. Ao conxunto de partículas fluidificadas denomínaselle tamén leito fluidificado.
Ricardo Iván Rodríguez Araya, nado en Zürich o 25 de agosto de 1992, é un futbolista suízo de orixe galega e chilena. Xoga habitualmente de lateral esquerdo, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar en ocasións noutras posicións como central, dobre pivote ou extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Torino FC da Serie A de Italia.
A teoría de conxuntos é a rama da lóxica matemática que estuda os conxuntos, que son coleccións de obxectos. Aínda que calquera tipo de obxecto pode coleccionarse nun conxunto, a teoría de conxuntos adóitase aplicar aos obxectos relevantes para as matemáticas. A linguaxe da teoría de conxuntos pode usarse nas definicións de practicamente todos os obxectos matemáticos.
A Eurocopa da UEFA de 2020 foi a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada, por mor do sesenta aniversario da UEFA, en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputouse do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A ecuación de Ergun, que foi creada polo enxeñeiro químico Sabri Ergun, é usada para o cálculo da perda de carga dun fluído ao circular a través dun leito poroso fixo, que non se encontra aínda fluidificado. Os leitos porosos teñen unha gran variedade de aplicacións na enxeñaría química, dende en operacións de separación ata en procesos químicos. Esta ecuación virá definida por dous sumandos, o primeiro sumando representa as pérdidas por fricción, e o segundo sumando representa as perdas de enerxía cinética.
En matemáticas, a pentación é a hiperoperación que lle segue á tetración e é anterior á hexación. Defínese como a iteración (repetición) de tetracións, tal e como a tetración é a iteración da potenciación. É unha operación binaria definida con dous números a e b, onde a é «tetrado» a si mesmo b veces.
Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do ser humano.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
As Redes Escarlata foron un colectivo de intervención sociocultural xurdido en Santiago de Compostela no mes de maio de 2001. No seu primeiro manifesto público presentáronse como organización de esquerdas pola independencia de Galicia e contra o neoliberalismo. O colectivo toma o seu nome do libro Bretaña, Esmeraldina, de Xosé Luís Méndez Ferrín.
A licenza MIT (ou licenza X11 ou MIT X) é unha licenza de software libre permisiva Esta licenza creárona avogados no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) fundamentándose na licenza BSD e facéndoa máis sinxela.. Como o MIT liberou diversas licenzas a Free Software Foundation refírese a esta licenza chamándoa Licenza X11. Dálle ese nome porque é a licenza do xestor gráfico X Window System.
A lingua cayuga (cuxo autoglotónimo é gayogo̱hó꞉nǫˀ) é unha lingua da familia iroquesa falada polo pobo cayuga. Pertence ao subgrupo iroqués do norte das linguas das "Cinco Nacións" e fálase na Reserva das Seis Nacións, Ontario, por unhas 240 persoas, e na reserva de Cattaraugus, no estado de Nova York, por menos de 10 persoas. A lingua cayuga atópase en perigo crítico de desaparecer, xa que só 115 persoas do pobo cayuga tiñan esta lingua como lingua nai segundo o censo canadense de 2021.
Selección feminina de hóckey sobre xeo de España
A selección feminina de hóckey sobre xeo de España é o equipo que representa a España nas competicións internacionais de hóckey sobre xeo en categoría feminina. En 2024, a IIHF publicou a clasificación mundial de seleccións, na que España ocupou o 24º posto, oito postos por riba da selección masculina. O equipo debutou en 2009 nun torneo amigable disputado en Cergy (Francia), e en competición oficial no Campionato do Mundo 2011 - Division V, no que finalizou na segunda posición.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Paisaxe adaptativa e paisaxe de fitness redirixen aquí. Unha paisaxe evolutiva (na literatura científica inglesa evolutionary landscape) é unha metáfora ou un construto usado para visualizar e pensar sobre o proceso da evolución (por exemplo, a selección natural e a deriva xenética) actuando sobre unha entidade biolóxica (por exemplo, un xene, proteína, poboación ou especie). Esta entidade pode considerarse que está movéndose a través dun espazo de busca.
The Washington Post é o maior e máis antigo xornal de Washington, D.C., a capital dos Estados Unidos. Gañou fama mundial a principios dos 70, pola súa investigación sobre o caso Watergate, conducida por Bob Woodward e Carl Bernstein, que desempeñou un papel importante na caída de Richard Nixon como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co New York Times, coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o Wall Street Journal, famoso no eido financeiro.
Tintín (/ˈtɪntɪn/; Francés: [tɛ̃tɛ̃]) é un personaxe de cómic protagonista titular de As aventuras de Tintín, a serie de cómics do debuxante belga Hergé. O personaxe creouse en 1929 e presentouse en Le Petit Vingtième, un suplemento xuvenil semanal do xornal belga Le Vingtième Siècle. Aparecendo como un mozo cunha cara redonda e un peiteado con topete, Tintín é representado como un reporteiro precoz e multitalentoso que percorre o mundo co seu can Milú.
Álvaro Tauchert Soler, nado en Sant Cugat del Vallès o 9 de xaneiro de 1991, coñecido artisticamente como Álvaro Soler, é un cantante e compositor hispano-alemán. Deuse a coñecer polo éxito do seu primeiro sinxelo, El mismo sol, no verán de 2015. Unha versión da canción, xunto a Jennifer Lopez, ocupou os primeiros postos das listas musicais de máis de 25 países de Europa e Latinoamérica.
María "Maruxa" Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 13 de maio de 1980, e Coralia Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1914 e finada na Coruña o 30 de xaneiro de 1983, foron unha parella de irmás coñecidas na súa cidade como As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto. Dende 1994 están representadas nunha célebre escultura situada no parque da Alameda. As dúas irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus paseos cotiás pola zona vella, durante as décadas de 1950 ata finais de 1970, vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
A Función de Thomae, chamada así en honra a Carl Johannes Thomae, tamén coñecida como a función das pipocas, a función gotas de choiva, a función das nubes numerables, a función modificada de Dirichlet, a función da regra, ou as estrelas sobre Babilonia (por John Horton Conway) é unha modificación da función de Dirichlet. O valor real da función f(x) defínese como segue: f ( x ) = { 1 q , se x ∈ Q | x = p q , q ∈ N , p ∈ Z ∧ mcd ( p , q ) 0 , se x ∈ R ∖ Q {\displaystyle f(x)={\begin{cases}{\frac {1}{q}},&{\text{se }}x\in \mathbb {Q} |x={\frac {p}{q}},q\in \mathbb {N} ,p\in \mathbb {Z} \land {\text{mcd}}(p,q)\\0,&{\text{se }}x\in \mathbb {R} \setminus \mathbb {Q} \end{cases}}} onde: ℚ é o conxunto dos números racionais ℕ é o conxunto dos números naturais ℤ é o conxunto dos números enteiros mcd é o máximo común divisor Se x = 0, tómase q = 1. Asumindo que o mcd(p, q) = 1 e q > 0 dá unha representación única do número racional (exemplo, excluíndo a representación de 2/4 como 1/2) facendo de f unha función ben definida.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
A lingua onondaga (cuxo autoglotónimo é Onoñdaʼgegáʼ nigaweñoʼdeñʼ; IPA: [onũdaʔɡeɡáʔ niɡawẽnoʔdẽʔ], literalmente "o onondaga é a nosa lingua") é unha lingua da familia iroquesa falada polo pobo onondaga, un dos pobos orixinarios que constituíron a Liga dos Iroqueses (Haudenosaunee). Esta lingua fálase nos Estados Unidos e no Canadá, principalmente na reserva do centro do estado de Nova York e preto de Brantford, Ontario.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.416.
José Luis Basanta Campos, nado na Fonsagrada o 5 de maio de 1924 e finado en Pontevedra o 20 de decembro de 2016, foi un químico galego coñecido polos seus traballos de investigación sobre as filigranas, ou marcas de auga do papel e no tocante á historia da reloxería e o estudo e catalogación dos reloxos de sol de Galicia.
Se Acabó la Fiesta (SALF) é unha agrupación de electores española fundada pola personalidade das redes sociais Alvise Pérez, antigo militante de Cidadáns e UPyD, así como delegado internacional da á xuvenil dos Liberal Demócratas no Reino Unido. Politicamente, SALF describiuse a si mesma como unha forza política anticorrupción, antisistema e liberal. Varios analistas políticos e medios de comunicación considérana unha agrupación populista de extrema dereita que compite con Vox.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
O Imperio Purépecha, tamén coñecido como Iréchikwa, foi unha entidade política do México precolombiano. O seu territorio abranguía aproximadamente a área xeográfica do actual estado mexicano de Michoacán, así como partes de Guanajuato, Guerrero e Xalisco. Durante a época da invasión española, era o segundo meirande estado de Mesoamérica.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón. Era o terceiro fillo home de Filipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.
Errenteria, tamén chamada Orereta, é un municipio situado no cuadrante nororiental de Guipúscoa, País Vasco, España a 7 km de Donostia, a 476 de Madrid e a 10 da fronteira con Francia. O termo municipal ten unha superficie de 31 km², limita ao norte con Lezo, ao oeste con Hernani, Astigarraga e o barrio donostiarra de Altza, ao sur e sueste coas localidades navarras de Arano e Goizueta respectivamente, ao leste con Oiartzun e ao nor-noroeste coa baía de Pasaia. Pertence á comarca de Donostialdea.
Bruce Frederick Joseph Springsteen, nado en Long Branch (Nova Jersey) o 23 de setembro de 1949, é un cantante, compositor e guitarrista estadounidense, alcumado "The Boss" (en galego, "O Xefe"). É coñecido amplamente pola súa música rock vinculada a letras poéticas e a sentimentos tradicionais americanos e relacionados particularmente co seu Estado de orixe, Nova Jersey. As gravacións de Springsteen, ao longo de tres décadas, tenderon a alternar entre o rock e outros traballos orientados cara ao folk, e tamén cara ao chamado heartland rock.
A calcaria (do latín calx, calcis , "cal") é unha rocha sedimentaria composta principalmente por carbonato cálcico (CaCO3), adoitando presentarse en forma de calcita, aínda que pode ser dolomita, aragonita. A súa natureza intrínseca xeralmente é heteroxénea, polo que este tipo de rocha contén a miúdo cantidades variables de silicio, así como de hematita, siderita, arxila, limo ou area.
O Arde Lucus (tamén escrito como Arde Lvcvs) é unha festa celebrada en Lugo a finais do mes de xuño que revive o pasado romano e castrexo da cidade amurallada e que xurdiu para conmemorar a declaración da Muralla coma Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Chegou a xuntar nas súas dúas últimas edicións preto dun millón de participantes. En 2017 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A condesa descalza (en inglés, The Barefoot Contessa) é un filme estadounidense de 1954 escrito e dirixido por Joseph L. Mankiewicz sobre a vida e os amores da ficticia sex symbol española Maria Vargas. Está protagonizada por Humphrey Bogart, Ava Gardner e Edmond O'Brien. Pola súa interpretación, O'Brien gañou o Óscar e o Globo de Ouro ao mellor actor secundario.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Luis Pérez Fernández, nado en Sevilla o 26 de febreiro de 1990, máis coñecido como Alvise Pérez, defínese como un analista e consultor político español. Exerceu como asesor parlamentario e xefe de gabinete no Parlamento Valenciano para o partido Cidadáns. A súa actividade céntrase maiormente na difusión de contidos a través de Internet, concretamente por Telegram e X, os cales a miúdo son considerados como loiadas. Isto levou á suspensión indefinida da súa actividade en X. Na actualidade, presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 como cabeza de lista da agrupación de electores «Se Acabó La Fiesta», sen programa electoral, non ocultando, segundo el, que a súa primeira intención é conseguir así o aforamento dos parlamentarios ante o Tribunal Supremo para dificultar polo menos dúas causas penais que ten pendentes. A súa agrupación obtivo 3 europarlamentarios o 9 de xuño.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja». A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982.
O pateiro ou patexo, Polybius henslowii Leach, 1820, é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos. É un cangrexo pequeno de cacho arredondado e patas aplanadas, sendo a única especie do xénero Polybius. É un bo nadador que se alimenta en augas abertas do nordés do océano Atlántico e o oeste do mar Mediterráneo.
Giorgia Meloni, nada o 15 de xaneiro de 1977 en Roma, é unha política italiana. Desde 2006 está rexistrada en Italia como xornalista independente na Asociación de Xornalistas. É presidenta do partido Fratelli d'Italia (FdI) desde 2014 e presidenta do partido Conservadores e Reformistas Europeos (ECR) desde setembro de 2020.