Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia. Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra".
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como Adif, é unha entidade pública empresarial dependente inicialmente do Ministerio de Fomento de España (hoxe Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana), que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación. Adif herdou a infraestrutura das extintas RENFE (2005) e FEVE (2013), polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de España. A data de 31 de decembro de 2015 administraba 15 384 quilómetros de vías e 1 903 estacións, 41 delas por Adif AV (alta velocidade).
Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928 é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna". Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica. Foi profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.
Kyōiku kanji, tamén coñecida coma Gakunenbetsu kanji haitōhyō, é unha lista de 1 026 kanji. Desenvolta polo Ministerio de Educación do Xapón, determina que kanji e lecturas asociadas deben aprender os estudantes das escolas primarias xaponesas, dende o primeiro grao ata o sexto. Malia estar deseñada para falantes nativos, adoita ser empregada tamén por estudantes de xaponés coma lingua estranxeira, para estruturar o seu estudo da escrita nipoa.
Xunta Xeral do Principado de Asturias
A Xunta Xeral do Principado de Asturias (Xunta Xeneral del Principáu d'Asturies en asturiano, Junta General del Principado de Asturias en castelán) é o órgano supremo de representación do pobo asturiano, segundo recolle o Estatuto de Autonomía de Asturias. Os seus membros son elixidos polos cidadáns de forma democrática nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias e desempeña o papel lexislativo. A función executiva é asignada a outro órgano que xorde do propio parlamento: o Goberno do Principado de Asturias.
Georgios Kyriacos Panayiotou, nado en Londres o 25 de xuño de 1963 e finado o 25 de decembro de 2016, coñecido profesionalmente como George Michael, foi un cantautor e produtor musical inglés. Michael acadou a fama nas décadas de 1980 e 1990 co estilo post-disco dance-pop. Tamén destacou como cantante de blue-eyed soul, malia que as súas cancións pertencen máis ó estilo musical do pop middle-of-the-road.
O Parlamento de Cantabria, denominado Asemblea Rexional de Cantabria (en castelán: Asamblea Regional de Cantabria) ata a reforma do estatuto de autonomía de 1998, é o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Cantabria. Os seus membros chámanse deputados e o seu cometido é o de representar os cidadáns cántabros. Son elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo, secreto e mediante circunscrición única que comprende toda a comunidade.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Ricardo Iván Rodríguez Araya, nado en Zürich o 25 de agosto de 1992, é un futbolista suízo de orixe galega e chilena. Xoga habitualmente de lateral esquerdo, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar en ocasións noutras posicións como central, dobre pivote ou extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Torino FC da Serie A de Italia.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O lamarckismo, tamén coñecido como herdanza lamarckista ou, nas súas versións modernas, neolamarckismo, é unha teoría da evolución baseada na noción de que un organismo pode pasar á súa descendencia características físicas que os proxenitores adquiriron por medio do seu uso ou desuso durante a súa vida. Por esta razón tamén se lle chamou herdanza dos caracteres adquiridos ou, máis recentemente, hedanza branda. Esta idea recibe o seu nome polo zoólogo francés da Ilustración Jean-Baptiste Lamarck (1744–1829), que incorporou a teoría da era clásica da herdanza branda á súa teoría da evolución como un suplemento do seu concepto de ortoxénese, unha tendencia cara á complexidade.
Sabri Ergun, nado en Gerede (Imperio Otomán) o 1 de marzo de 1918 e finado en Madison (Wisconsin) o 18 de febreiro de 2006, foi un enxeñeiro químico turco. É coñecido pola ecuación de Ergun, a cal expresa a caída de presión a través dun leito poroso, e que é amplamente usada no ámbito da enxeñaría química.
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Albania (en albanés, Shqipëri ou Shqipëria), oficialmente República de Albania (en albanés, Republika e Shqipërisë), é un país balcánico, situado nas costas do mar Adriático e do mar Xónico, no Mediterráneo. Comparte fronteiras con Montenegro ao noroeste, con Kosovo ao nordeste, coa Macedonia do Norte ao leste e con Grecia ao sur. Tirana é a súa capital e cidade máis poboada, seguida de Durrës, Vlorë e Shkodër.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Lista de episodios de O detective Conan
Esta é unha lista dos episodios de O detective Conan emitidos ata o de agora na Televisión de Galicia. No Xapón xa se produciron máis de 900 episodios. A serie emitiuse na TVG durante os anos 2006 e 2008, que estreou novos episodios diarios con certos paróns de descanso e chegou ata os 300 dobrados.
Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do ser humano.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Queens of the Stone Age (ás veces escrito como QotSA) é unha banda de stoner rock estadounidense formada despois da disolución de Kyuss en Palm Desert (California) no ano 1997. O único membro que permanece dende a súa fundación é o seu líder Josh Homme (voces, guitarra), e na actualidade conta tamén con Troy Van Leeuwen (guitarra, steel guitar), Michael Shuman (baixo) e Dean Fertita (teclado, guitarra, percusión, coros) e Jon Theodore (batería, percusión). Queens of the Stone Age desenvolveu un estilo de heavy rock orientado cara aos riffs de guitarra.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Adrián Barbón Rodríguez, nado en Llaviana o 4 de xaneiro de 1979, é un avogado e político asturiano, presidente do Principado de Asturias dende o 20 de xullo de 2019, e dende o 17 de setembro de 2017, secretario xeral da Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE). Anteriormente foi alcalde de Llaviana e presidente da Asociación de Comarcas Mineiras de España (ACOM).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
A enxeñaría química é a rama da enxeñaría na que se aplican os principios fundamentais da física, a química e a bioloxía para proxectar, construír e operar sistemas de conversión de materias químicas en produtos finais. As súas ramas principais son o control de procesos que, coma o seu nome di, controla os procesos químicos industriais, a enxeñería medioambiental, que trata os residuos sólidos, a contaminación medioambiental etc, e a biotecnoloxía, que se encarga de transformar xeneticamente os seres vivos en beneficio do home. É similar e en moitos aspectos equivalente á química industrial.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
Romanización McCune-Reischauer
A romanización McCune-Reischauer (en hangul, 매큔•라이샤워 표기법; romanización revisada do coreano, Maekyun Raisyaweo Pyogibeop; McCune-Reischauer, Maek'yun Raisyawǒ P'yogibǒp) é un dos dous sistemas máis utilizados de romanización da lingua coreana, xunto coa romanización revisada do coreano, que substituíu a McCune-Reischauer como sistema de romanización oficial de Corea do Sur no ano 2000. En Corea do Norte utilízase unha variante de McCune-Reischauer como sistema de romanización oficial. Este sistema foi creado en 1937 polos estadounidenses George McCune e Edwin Reischauer.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.525.
Redl ezredes (en alemán: Oberst Redl) é un filme húngaro de 1985 dirixido por István Szabó. A trama, ambientada no período anterior á primeira guerra mundial, segue o ascenso de Alfred Redl, un oficial no Imperio Austrohúngaro. Redl, de orixe humilde, ingresa na escola militar de neno e comeza unha ilustre carreira militar en virtude da súa lealdade á coroa.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A abeloura, milfurada, hipérico, ou herba de san Xoán(Hypericum perforatum), (en inglés, St. John's wort), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeloura.
Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Hungría presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1965. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas.
O Prone Lugo Asociacion Deportiva, antigamente coñecido por motivos de patrocinio como Azkar Lugo Fútbol Sala, é un equipo lucense de fútbol sala fundado en 1984. Cun importante crecemento na última metade dos 90 e moitos anos do equipo na máxima categoría, o fútbol sala transformouse nun deporte popular na cidade. Actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.
Shinova é unha banda de rock alternativo española orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A factorización ou descomposición de Cholesky é un método alxebraico de descomposición de matrices descuberto polo oficial militar francés e matemático André-Louis Cholesky. Cholesky faleceu polas feridas recibidas no campo de batalla o 31 de agosto de 1918 no norte de Francia. Despois da súa morte, un dos seus compañeiros oficiais, o comandante Benoit, publicou o método de Cholesky para calcular solucións ás ecuacións normais para algúns problemas de axuste de datos de mínimos cadrados en Note sur une méthode de résolution des équations normales provenant de l'application de la méthode des moindres carrés.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
As Illas Malveiras son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forman parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Pertencen ó concello de Vilagarcía de Arousa. Sitúanse a poñente da Illa de Cortegada e están formadas por dúas pequenas illas (Malveira Grande e Malveira Pequena) e un illote (Illa das Cabras); no seu conxunto suman 5,5 hectáreas de superficie.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Arthur Côrtes Verocai , nado en Rio de Janeiro o 17 de xuño de 1945 é un compositor destacado da escena folk-jazz brasileira. Pioneiro da música brasileira nos anos sesenta compuxo cancións e arranxos musicais para Marcos Valle, Jorge Ben, Ivan Lins o grupo progresivo O Terço (primer grupo de Vinicius Cantuária) e foi un destacado produtor musical para a TV Globo, contratado por Elis Regin.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
A Asemblea Nacional (en francés: Assemblée nationale) é a cámara baixa do Parlamento francés bicameral baixo a Quinta República, sendo a cámara alta o Senado. A súa función é debater, propoñer e reformar leis, tamén ten a función de controlar a acción do Goberno. Encóntrase no Palacio Borbón en París.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Tehran (/tɛəˈræn, -ˈrɑːn, ˌteɪ-/; persa: تهران Tehrân) é a cidade máis grande da provincia de Teherán e a capital de Irán. Cuns 9 millóns de habitantes na cidade e uns 16 millóns na área metropolitana do Gran Teherán, Teherán é a cidade máis poboada de Irán e da Asia Occidental, e ten a segunda maior área metropolitana do Oriente Próximo, despois do Cairo. Ocupa o posto 24 do mundo por poboación das áreas metropolitanas.
A mangueira (Mangifera indica) é unha árbore froiteira cuxos froitos son coñecidos como mangas. Estas árbores pertencen ao xénero Mangifera, que inclúe cerca de 35 especies de árbores da familia Anacardiaceae, nativas do sur e do sueste asiático desde o leste da India até as Filipinas, e introducidas no Brasil, en Angola, en Mozambique e noutros países tropicais. Esta especie é máis difundida de todas as existentes.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Un sector circular, ou simplemente sector (símbolo: ⌔ ), é a porción dun círculo encerrada por dous raios e un arco, sendo a área máis pequena coñecido como o sector menor e o maior é o sector maior . No diagrama, θ é o ángulo central, r {\displaystyle r} o raio do círculo, e L {\displaystyle L} é a lonxitude do arco do sector menor.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Fabian Lukas Schär, nado en Wil o 20 de decembro de 1991, é un futbolista suízo. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o Newcastle United. Debutou como futbolista no Wil da súa cidade natal, en cuxa canteira se formou, antes de pasar ao Basel, co que gañou tres Super Ligas suízas consecutivas.
O código binario reflectido ou código Gray, que recibe o seu nome en honra ao investigador Frank Gray, é un sistema de numeración binario no que dous números consecutivos difiren só nun dos seus díxitos. O código Gray foi deseñado orixinalmente para previr sinais ilegais (sinais falsos ou distorsionados na representación) dos switches electromecánicos, e actualmente emprégase para facilitar a corrección de erros nos sistemas de comunicacións, tales como algúns sistemas de televisión por cable e a televisión dixital terrestre.