Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
A lingua náhuatl (que deriva de nāhua-tl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), nāhua, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII d.C. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.
Albania (en albanés, Shqipëri ou Shqipëria), oficialmente República de Albania (en albanés, Republika e Shqipërisë), é un país balcánico, situado nas costas do mar Adriático e do mar Xónico, no Mediterráneo. Comparte fronteiras con Montenegro ao noroeste, con Kosovo ao nordeste, coa Macedonia do Norte ao leste e con Grecia ao sur. Tirana é a súa capital e cidade máis poboada, seguida de Durrës, Vlorë e Shkodër.
Teoría do holoxenoma da evolución
A teoría do holoxenoma da evolución é unha teoría que considera aos seres multicelulares individuais (animais, plantas etc.) xunto con todos os microbios dos que son hóspedes como unha comunidade ou "holobionte". Os xenomas do holobionte (xenomas do hospede multicelular máis os xenomas dos microorganismos simbiontes) constitúen en conxunto un "holoxenoma". Os holobiontes e os holoxenomas son entidades estruturais que substitúen a nomes menos apropiados usados no campo das simbioses hóspede-microbiota como o de superorganismo (é dicir, unha unidade social integrada composta de conespecíficos), órgano e metaxenoma.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
José Luis Mato Sanmartín, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o máximo rival histórico do Celta, o Deportivo da Coruña; así como o Real Madrid, co que gañou unha liga e unha Liga de Campións.
Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O teísmo (do grego theós, "deus") é a crenza na existencia dun ou varios deuses. En contraste co deísmo, o termo describe a concepción filosófica de deus do teísmo clásico ou dos deuses das relixións politeístas. O concepto contraponse co ateísmo, comunmente entendido como a negación da existencia de deus, e co non teísmo, que rexeita a idea dun deus creador ou absoluto, aínda que pode recoñecer entidades espirituais doutro tipo.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A abeloura, milfurada, hipérico, ou herba de san Xoán(Hypericum perforatum), (en inglés, St. John's wort), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeloura.
A teoría de conxuntos é a rama da lóxica matemática que estuda os conxuntos, que son coleccións de obxectos. Aínda que calquera tipo de obxecto pode coleccionarse nun conxunto, a teoría de conxuntos adóitase aplicar aos obxectos relevantes para as matemáticas. A linguaxe da teoría de conxuntos pode usarse nas definicións de practicamente todos os obxectos matemáticos.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia. Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.649.
A inmigración de coreanos en Micronesia refírese ao asentamento de coreanos en Micronesia como unha poboación significativa antes de segunda guerra mundial, cando a maioría da rexión foi gobernado como o Mandato dos Mares do Sur do Imperio do Xapón; por exemplo, en 1943 formaban o 7,3% da poboación de Palau. Porén, despois de que a zona pasase baixo o control dos Estados Unidos como Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, a maioría dos coreanos regresaron á súa terra natal. En 2013, uns sete mil expatriados e inmigrantes surcoreanos e coreano-americanos residían nas Marianas (Guam e as Illas Marianas do Norte), que permaneceron baixo control estadounidense, mentres que só uns douscentos expatriados surcoreanos residen nos países independentes de Micronesia.
Ence Enerxía e Celulosa (BME: ENCE) é unha empresa española dedicada á transformación de madeira procedente de cultivos forestais para uso industrial. A produción de pasta de papel -pasta de celulosa- das súas fábricas de Pontevedra (Galicia) e Navia (Asturias) convértea en líder europeo en fabricación de celulosa de eucalipto. Ademais, é a primeira empresa española en produción de enerxía renovable con biomasa agroforestal.
Fernando Castro Santos, nado en Lourido (Poio) o 20 de febreiro de 1952, é un exfutbolista e exadestrador galego. Pasou 22 anos vencellado ao Pontevedra, primeiro como xogador, na posición de defensa, e máis tarde como adestrador. É ademais unha das figuras máis importantes da historia do Compostela, ao que dirixiu entre 1989 e 1995, conseguindo tres ascensos nos seus primeiros cinco anos, subindo o equipo dende a Terceira ata a Primeira División.
Sicario é un filme estadounidense de suspense e acción de 2015 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Taylor Sheridan. Está protagonizado por Emily Blunt, Benicio del Toro e Josh Brolin. O filme conta a historia dunha axente do FBI que é recrutada por un grupo de traballo do goberno para derrocar ao líder dun poderoso e brutal cártel mexicano da droga.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A EuroLeague, tamén comunmente coñecida como Euroliga, é a actual máxima competición de clubs de baloncesto de Europa e está organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) dende o seu nacemento na tempada 2000-2001, substituíndo á extinta Copa de Europa de Baloncesto. Naquel entón, as asociacións de clubs españois, italianos e gregos impulsaron unha ruptura coa Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), organizadora da histórica Copa de Europa, para crear unha nova competición no marco da ULEB (que a xestiona mediante a empresa Euroleague S.L.) e, así, tentar obter maiores ingresos económicos. En novembro de 2004 comezou unha nova etapa para a Euroliga pois a ULEB e a FIBA resolveron as súas disputas.
Queen é unha banda británica de rock creada en Londres en 1970, trala ruptura do grupo Smile. Orixinalmente estivo formada por Freddie Mercury (voces, piano), Brian May (guitarra, voces), John Deacon (baixo) e Roger Taylor (batería, voces). Os seus primeiros traballos estaban influenciados polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal, pero gradualmente aventurouse cara a unha música máis convencional, incorporando diversos estilos ao seu son.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
O lagarto arnal, ou lagarto ferreño, Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon. É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca'), funcho, fiollo ou fieiteiro (Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
A Premier League, tamén coñecida no Reino Unido como The Premiership, é a máxima categoría da liga de clubs de fútbol de Inglaterra. Foi fundada en 1992, seguindo a decisión dos equipos da Football League First Division (até entón a máxima categoría da liga inglesa) de separarse da "Football League" para tomar vantaxe dun lucrativo trato de dereitos de televisión. A Premier League está actualmente constituída por vinte equipos en cada tempada, e un total de corenta e oito competiron nela ao longo dos anos, con todo, só seis equipos gañaron o título até o de agora: Arsenal, Blackburn Rovers, Chelsea, Leicester City, Manchester City e Manchester United.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Adaminte Makan Abu (en malayalam: ആദാമിന്റെ മകൻ അബു) é un filme indio de 2011 rodado en lingua malayalam e escrito, dirixido e coproducido por Salim Ahamed. Está protagonizado por Salim Kumar e Zarina Wahab, xunto con Mukesh, Kalabhavan Mani, Suraj Venjarammoodu e Nedumudi Venu nos papeis secundarios. A fotografía é obra de Madhu Ambat e a banda sonora foi composta por Ramesh Narayan e Isaac Thomas Kottukapally.
O Football League Championship (oficialmente Sky Bet Championship por motivos de patrocinio), tamén coñecida no Reino Unido como Championship, é a segunda máxima categoría de liga de clubs de fútbol de Inglaterra, tras a Premier League. O Football League Championship foi fundado na tempada 2004-05, sendo previamente coñecido coma Football League First Division.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.
Peepli Live (en hindi: पीपली लाइव) é un filme indio de 2010 escrito e dirixido por Anusha Rizvi, no seu debut como directora, e foi producido por Aamir Khan Productions. O filme é unha sátira que explora o fenómeno dos suicidios de granxeiros na India e a posterior resposta nos medios de comunicación e nos políticos. Está protagonizado por Omkar Das Manikpuri e Naseeruddin Shah, xunto con Raghubir Yadav, Nawazuddin Siddiqui, Shalini Vatsa e Malaika Shenoy.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
Unha pena é unha pedra de gran tamaño que sobresae na terra ou no mar de forma natural. Como topónimo pode referirse a: En Galiza Pena, parroquia do concello de Castroverde; Pena, lugar de dita parroquia; A Pena, parroquia do concello de Cenlle; A Pena, parroquia do concello de Negreira; A Pena, parroquia do concello de Sarria; A Pena, lugar de dita parroquia; A Pena, parroquia do concello de Xinzo de Limia; A Pena, lugar de dita parroquia; Soutelo da Pena, lugar de dita parroquia; Pena Folenche, parroquia do concello da Pobra de Trives; Pena Folenche, lugar de dita parroquia; Pena Petada, parroquia do concello da Pobra de Trives; Pena Petada, lugar de dita parroquia; Nocelo da Pena, parroquia do concello de Sarreaus; Nocelo da Pena, lugar de dita parroquia; San Vicente de Pena, parroquia do concello de Begonte; San Xoán de Pena, parroquia do concello de Lugo; Santalla de Pena, parroquia do concello de Begonte; Pena Grande, lugar de dita parroquia; Penamil, parroquia do concello de Navia de Suarna; Penamil, lugar de dita parroquia; Penarrubia, parroquia do concello de Baralla; Penarrubia, lugar de dita parroquia; Pena, lugar da parroquia de Aldixe, no concello de Abadín; Pena, lugar da parroquia de Brates, no concello de Boimorto; Pena, lugar da parroquia de San Pedro do Incio, no concello do Incio; Pena, lugar da parroquia de Fao, no concello de Touro; Pena, lugar da parroquia de Xuances, no concello de Xove; A Pena, lugar da parroquia de Cambás, no concello de Aranga; A Pena, lugar da parroquia de Cervás, no concello de Ares; A Pena, lugar da parroquia da Castañeda, no concello de Arzúa; A Pena, lugar da parroquia de Maroxo, no concello de Arzúa; A Pena, lugar da parroquia de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño, no concello de Arzúa; A Pena, lugar da parroquia de Penarrubia, no concello de Baralla; A Pena, lugar da parroquia de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros; A Pena, lugar da parroquia de San Fiz de Cerdeiras, no concello de Begonte; A Pena, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Boqueixón; A Pena, lugar da parroquia de Cela no concello de Bueu; A Pena, lugar da parroquia de Cambre, no concello de Cambre; A Pena, lugar da parroquia de Cela, no concello de Cambre; A Pena, lugar da parroquia de Sigrás, no concello de Cambre; A Pena, lugar da parroquia da Capela, no concello da Capela; A Pena, lugar da parroquia de Chouzán, no concello de Carballedo; A Pena, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo; A Pena, lugar da parroquia de Señorín no concello do Carballiño; A Pena, lugar da parroquia de Anfeoz no concello de Cartelle; A Pena, lugar da parroquia de Castro Caldelas no concello de Castro Caldelas; A Pena, lugar da parroquia de Bazar, no concello de Castro de Rei; A Pena, lugar da parroquia de Montoxo, no concello de Cedeira; A Pena, lugar da parroquia de Cenlle, no concello de Cenlle; A Pena, lugar da parroquia de Aguasantas no concello de Cerdedo-Cotobade; A Pena, lugar da parroquia de Cerdido, no concello de Cerdido; A Pena, lugar da parroquia de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo; A Pena, lugar da parroquia de Esmeriz, no concello de Chantada; A Pena, lugar da parroquia de San Fiz de Asma, no concello de Chantada; A Pena, lugar da parroquia de Casteláns no concello de Covelo; A Pena, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis; A Pena, lugar da parroquia do Ézaro, no concello de Dumbría; A Pena, lugar da parroquia de Riobó, no concello da Estrada; A Pena, lugar da parroquia de Vinseiro no concello da Estrada; A Pena, lugar da parroquia de Cotá, no concello de Friol; A Pena, lugar da parroquia de Prado, no concello de Friol; A Pena, lugar da parroquia de Trasmonte, no concello de Friol; A Pena, lugar da parroquia de Labrada, no concello de Guitiriz; A Pena, lugar da parroquia de Santa Cruz de Parga, no concello de Guitiriz; A Pena, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; A Pena, lugar da parroquia de Donsión no concello de Lalín; A Pena, lugar da parroquia de Xaxán no concello de Lalín; A Pena, lugar da parroquia de Montemaior, no concello da Laracha; A Pena, lugar da parroquia de Laxe, no concello de Laxe; A Pena, lugar da parroquia de Lourenzá, no concello de Lourenzá; A Pena, lugar da parroquia de San Xurxo de Lourenzá, no concello de Lourenzá; A Pena, lugar da parroquia de Calde, no concello de Lugo; A Pena, lugar da parroquia de San Xoán de Pena, no concello de Lugo; A Pena, lugar da parroquia de Vilachá de Mera, no concello de Lugo; A Pena, lugar da parroquia de San Martiño de Manzaneda no concello de Manzaneda; A Pena, lugar da parroquia de San Xián de Marín, no concello de Marín; A Pena, lugar da parroquia de Meira, no concello de Meira; A Pena, lugar da parroquia de Folladela, no concello de Melide; A Pena, lugar da parroquia de Orois, no concello de Melide; A Pena, lugar da parroquia de Vitiriz, no concello de Melide; A Pena, lugar da parroquia de Vilasobroso no concello de Mondariz; A Pena, lugar da parroquia de Seoane, no concello de Monforte de Lemos; A Pena, lugar da parroquia de Valverde, no concello de Monforte de Lemos; A Pena, lugar da parroquia da Vide, no concello de Monforte de Lemos; A Pena, lugar da parroquia de Vilamarín, no concello de Monforte de Lemos; A Pena, lugar da parroquia de Trasancos, no concello de Narón; A Pena, lugar da parroquia de Batalláns no concello das Neves; A Pena, lugar da parroquia da Carballeira no concello de Nogueira de Ramuín; A Pena, lugar da parroquia de Oroso, no concello de Oroso; A Pena, lugar da parroquia de Couzadoiro, no concello de Ortigueira; A Pena, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira; A Pena, lugar da parroquia de Mondoi, no concello de Oza-Cesuras; A Pena, lugar da parroquia da Regueira, no concello de Oza-Cesuras; A Pena, lugar da parroquia de Trasanquelos, no concello de Oza-Cesuras; A Pena, lugar da parroquia de Obre, no concello de Paderne; A Pena, lugar da parroquia de Padrenda no concello de Padrenda; A Pena, lugar da parroquia de Quindimil, no concello de Palas de Rei; A Pena, lugar da parroquia de Siós, no concello de Pantón; A Pena, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Pantón; A Pena, lugar da parroquia de Vilamelle, no concello de Pantón; A Pena, lugar da parroquia de Chandrexa no concello de Parada de Sil; A Pena, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello de Paradela; A Pena, lugar da parroquia de Saldanxe, no concello da Pastoriza; A Pena, lugar da parroquia de Vián, no concello da Pastoriza; A Pena, lugar da parroquia de Vilariño no concello do Pereiro de Aguiar; A Pena, lugar da parroquia de Pastor, no concello do Pino; A Pena, lugar da parroquia de San Martín de Lúa, no concello de Pol; A Pena, lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello de San Sadurniño; A Pena, lugar da parroquia de Aríns, no concello de Santiago de Compostela; A Pena, lugar da parroquia de Pezobre, no concello de Santiso; A Pena, lugar da parroquia de Santiso, no concello de Santiso; A Pena, lugar da parroquia de Belante, no concello de Sarria; A Pena, lugar da parroquia de Santalla de Arxemil, no concello de Sarria; A Pena, lugar da parroquia da Cova, no concello do Saviñao; A Pena, lugar da parroquia de Sobreda, no concello do Saviñao; A Pena, lugar da parroquia de Vilaesteva, no concello do Saviñao; A Pena, lugar da parroquia de Breixa no concello de Silleda; A Pena, lugar da parroquia de Cortegada no concello de Silleda; A Pena, lugar da parroquia de Saídres no concello de Silleda; A Pena, lugar da parroquia de Gundivós, no concello de Sober; A Pena, lugar da parroquia de San Martiño de Anllo, no concello de Sober; A Pena, lugar da parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Toques; A Pena, lugar da parroquia de Ferreira, no concello do Valadouro; A Pena, lugar da parroquia de Moucide, no concello do Valadouro; A Pena, lugar da parroquia de Lago, no concello de Valdoviño; A Pena, lugar da parroquia de Valdoviño, no concello de Valdoviño; A Pena, lugar da parroquia de Vilarrube, no concello de Valdoviño; A Pena, lugar da parroquia de Cabanas, no concello do Vicedo; A Pena, lugar da parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo; A Pena, lugar da parroquia de Beade no concello de Vigo; A Pena, lugar da parroquia de Besexos no concello de Vila de Cruces; A Pena, lugar da parroquia de Camanzo no concello de Vila de Cruces; A Pena, lugar da parroquia de Carbia no concello de Vila de Cruces; A Pena, lugar da parroquia de Arealonga no concello de Vilagarcía de Arousa; A Pena, lugar da parroquia de Alba, no concello de Vilalba; A Pena, lugar da parroquia de Tardade, no concello de Vilalba; A Pena, lugar da parroquia de Reádegos no concello de Vilamarín; A Pena, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Vilasantar; A Pena, lugar da parroquia de Chavín, no concello de Viveiro; A Pena, lugar da parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro; A Pena, lugar da parroquia de Candamil, no concello de Xermade; A Pena, lugar da parroquia de Cazás, no concello de Xermade; A Pena, lugar da parroquia de Miraz, no concello de Xermade; A Pena, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Xermade; A Pena, lugar da parroquia de Roupar, no concello de Xermade; A Pena, lugar da parroquia de Xermade, no concello de Xermade; A Pena, lugar da parroquia da Graña, no concello de Xunqueira de Ambía; Pena Abelleira, lugar da parroquia de Noal, no concello de Porto do Son; A Pena Barreira, lugar da parroquia de Curantes, no concello da Estrada; A Pena Branca, lugar da parroquia das Negradas, no concello de Guitiriz A Pena Branca, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón; Pena Corveira, lugar da parroquia de Castro de Rei de Lemos, no concello de Paradela; Pena Corveira, lugar da parroquia de Pousada, no concello da Pastoriza; Pena Cova, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; A Pena da Eirexa, lugar da parroquia de Vilarmaior, no concello de Vilarmaior; A Pena da Galiña, lugar da parroquia de Ferreira de Negral, no concello de Palas de Rei; A Pena da Leira, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras; Pena da Meda, lugar da parroquia de Igrexafeita, no concello de San Sadurniño; A Pena da Merla, lugar da parroquia de Carteire, no concello de Palas de Rei; A Pena da Mula, lugar da parroquia de Piúgos, no concello de Lugo; Pena da Nogueira, lugar da parroquia de Marentes, no concello de Negueira de Muñiz; Pena da Revolta, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Pena da Revolta, lugar da parroquia do Aparral, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Pena da Salsa, lugar da parroquia de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros; A Pena da Seara, lugar da parroquia do Cebreiro, no concello de Pedrafita do Cebreiro; A Pena da Vexiga, lugar da parroquia de Andavao, no concello de Boimorto; A Pena da Xelgaiz, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras; A Pena de Abaixo, lugar da parroquia de Cerdido no concello de Cerdido; A Pena de Abaixo, lugar da parroquia de Rubín no concello da Estrada; A Pena de Abaixo, lugar da parroquia de Garabás no concello de Maside; A Pena de Arca, lugar da parroquia de Cazás, no concello de Xermade; Pena de Arriba, lugar da parroquia de Troáns, no concello de Cuntis; A Pena de Arriba, lugar da parroquia de Rubín no concello da Estrada; A Pena de Arriba, lugar da parroquia de Garabás no concello de Maside; A Pena de Cabanas, lugar da parroquia de Cabanas, no concello de Cabanas; Pena de Cabras, lugar da parroquia de Santiago de Acevo, no concello de Ribeira de Piquín; Pena de Corvos, lugar da parroquia de Momán, no concello de Xermade; Pena de Eiriz, lugar da parroquia de Recemel, no concello das Somozas; A Pena de Eiriz, lugar da parroquia de Seoane, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Pena de Embade, lugar da parroquia de Castro, no concello de Narón; A Pena de Irís, lugar da parroquia de Irís, no concello de Cabanas; Pena de Loureiro, lugar da parroquia de Bascuas, no concello de Vila de Cruces; A Pena de Martín, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza-Cesuras; Pena de Miro, lugar da parroquia de Vilaescura, no concello de Sober; A Pena de Proendos, lugar da parroquia de Proendos, no concello de Sober; A Pena de Riba, lugar da parroquia de San Pedro de Ancorados, no concello da Estrada; A Pena de Roldán, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; Pena de Vilabar, lugar da parroquia de Troáns, no concello de Cuntis; Pena do Boi, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño; Pena do Boi Louro, lugar da parroquia de Augas Santas, no concello de Palas de Rei; Pena do Camiño, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Silleda; A Pena do Carro, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa; Pena do Chao, lugar da parroquia de Viñoás, no concello de Nogueira de Ramuín; A Pena do Corvo, lugar da parroquia de Armentón, no concello de Arteixo; A Pena do Couso, lugar da parroquia de Santa Marta de Meilán, no concello de Riotorto; A Pena do Couto, lugar da parroquia de San Fiz de Asma, no concello de Chantada; Pena do Curro, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez; Pena do Curro, lugar da parroquia da Torre, no concello de Vilalba; A Pena do Foxo, lugar da parroquia de Agar, no concello da Estrada; A Pena do Golpe, lugar da parroquia do Pereiro, no concello de Alfoz; A Pena do Leito, lugar da parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, no concello de Guitiriz; A Pena do Millo, lugar da parroquia de Goente, no concello das Pontes de García Rodríguez; Pena do Mouriscón, lugar da parroquia de Ambosores, no concello de Muras; A Pena do Muíño, lugar da parroquia de Carlín, no concello de Friol; Pena do Pazo, lugar da parroquia de Seixas, no concello das Somozas; Pena do Souto, lugar da parroquia do Navallo, no concello de Riós; A Pena do Tizón, lugar da parroquia de Goente, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Pena do Traste, lugar da parroquia de Ribadeume, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Pena do Vilar, lugar da parroquia de Veiga, no concello de Ortigueira; A Pena dos Diñeiros, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello de Guitiriz; A Pena Fachada, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; Pena Forcada, lugar da parroquia de Tarrío, no concello de Monterroso; A Pena Forcada, lugar da parroquia de Andavao, no concello de Boimorto; A Pena Grande, lugar da parroquia da Capela, no concello da Capela; A Pena Grande, lugar da parroquia de Silán, no concello de Muras; A Pena Grande, lugar da parroquia de Grixalba, no concello de Sobrado; A Pena Grande, lugar da parroquia de Carballido, no concello de Vilalba; A Pena Grande, lugar da parroquia de Goimil, no concello de Vilarmaior; Pena Monteira, lugar da parroquia de Rodieiros, no concello de Boimorto; A Pena Moscosa, lugar da parroquia de Trasparga, no concello de Guitiriz; A Pena Mosqueira, lugar da parroquia das Oiras, no concello de Alfoz; A Pena Moura, lugar da parroquia de Bóveda, no concello de Begonte; A Pena Moura, lugar da parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo; Pena Mouril, lugar da parroquia de Mosteiro de Devesa, no concello de Palas de Rei; Pena Oubiña, lugar da parroquia de Cambre, no concello de Cambre; Pena Parda, lugar da parroquia de Marzán, no concello de Monterroso; A Pena Parda, lugar da parroquia de San Xiao de Narón, no concello de Narón; A Pena Parda, lugar da parroquia de Burgás, no concello de Xermade; Pena Piñeiro, lugar da parroquia de Curbián, no concello de Palas de Rei; Pena Porreira, lugar da parroquia de Vilavella, no concello das Pontes de García Rodríguez; Pena Quente, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; Pena Redonda, lugar da parroquia de Budián, no concello do Valadouro; A Pena Redonda, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Guitiriz; A Pena Vaqueira,, lugar da parroquia de Roupar, no concello de Xermade; Pena Verde, lugar da parroquia de Rebordondo, no concello de Cualedro; O Alto da Pena, lugar da parroquia de Prado, no concello de Lalín; A Bouza da Pena, lugar da parroquia de Barallobre, no concello de Fene; A Bouza da Pena, lugar da parroquia de Maniños, no concello de Fene; Cal da Pena, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Vilalba; O Campo da Pena, lugar da parroquia das Negradas, no concello de Guitiriz; O Campo da Pena, lugar da parroquia de Mourence, no concello de Vilalba; Porta da Pena, lugar da parroquia de Viladonelle, no concello de Neda; Porto da Pena, lugar da parroquia de Santa Cruz de Moeche, no concello de Moeche; Outeiro das Penas, lugar da parroquia de Cesantes, no concello de Redondela; Chan de Pena, lugar da parroquia de Lousada, no concello de Pedrafita do Cebreiro; Outeiro de Pena, lugar da parroquia de Francos, no concello de Paradela; Piúgos de Pena, lugar da parroquia de Piúgos, no concello de Lugo; Trala Pena, lugar da parroquia das Grañas do Sor, no concello de Mañón; Penabade, lugar da parroquia de Ourol, no concello de Ourol; Penabelá, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza-Cesuras; Penabico, lugar da parroquia de Santa Cruz de Parga, no concello de Guitiriz; Penaboa, lugar da parroquia de Furco, no concello de Carballedo; Penaboa de Abaixo, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira; Penaboa de Arriba, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira; Penaboi, lugar da parroquia de Paradela, no concello de Meis; Penacastrelo, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño; Penacerveira, lugar da parroquia de Zanfoga, no concello de Pedrafita do Cebreiro; Penachaíña, lugar da parroquia de Cabreiros, no concello de Xermade; Penacova, lugar da parroquia de Remesar, no concello de Bóveda; Penacova, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Melide; Penacova, lugar da parroquia de Navallos, no concello da Ribeira de Piquín; Penadagra, lugar da parroquia de Siador, no concello de Silleda; Penadaguia, lugar da parroquia de San Román de Montoxo, no concello de Cedeira; Penadedra, lugar da parroquia de San Fiz de Paz, no concello de Outeiro de Rei; Penadexo, lugar da parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón; Penadiz, lugar da parroquia de Arnuíde, no concello de Vilar de Barrio; Penadobico, lugar da parroquia de Cerdido, no concello de Cerdido; Penadouro, lugar da parroquia de Guláns, no concello de Ponteareas; Penadrade, lugar da parroquia de Recemel, no concello das Somozas; Penadrade, lugar da parroquia da Torre, no concello de Vilalba; Penaflor, lugar da parroquia de Torneiros, no concello de Allariz; Penagateira, lugar da parroquia de Bravos, no concello de Ourol; Penagudín, lugar da parroquia de San Pedro de Losón, no concello de Vila de Cruces; Penagundín, lugar da parroquia do Meire, no concello de Melide; Penahedrá, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; Penairada, lugar da parroquia do Veral, no concello de Lugo; Penalba, lugar da parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, no concello de Forcarei; Penalba, lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar; Penalba, lugar da parroquia de Viñoás, no concello de Nogueira de Ramuín; Penalba, lugar da parroquia de San Xes, no concello de Paderne de Allariz; Penalobeira, lugar da parroquia de Agar, no concello da Estrada; Penalonga, lugar da parroquia de Covas, no concello dos Blancos; Penalonga, lugar da parroquia de Meirol, no concello de Mondariz; Penalonga, lugar da parroquia de Igrexafeita, no concello de San Sadurniño; Penalta, lugar da parroquia de Arcos da Condesa, no concello de Caldas de Reis; Penalta, lugar da parroquia de Mourillós, no concello de Celanova; Penalta, lugar da parroquia de Briallos, no concello de Portas; Penalta, lugar da parroquia de Graba, no concello de Silleda; Penamá, lugar da parroquia de San Martiño de Pazó, no concello de Allariz; Penamá, lugar da parroquia do Pao, no concello de Gomesende; Penamaior, lugar da parroquia de San Martín de Suarna, no concello da Fonsagrada; Penamaría, lugar da parroquia da Trapa, no concello da Fonsagrada; Penamazada, lugar da parroquia de Valonga, no concello de Pol; Pename, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda; Penamoa, lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña; Penapicada, lugar da parroquia de Loiba, no concello de Ortigueira; Penaporrín, lugar da parroquia de Loimil, no concello da Estrada; Penaposta, lugar da parroquia de Santiso, no concello de Santiso; Penaquente, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira; Penarada, lugar da parroquia de Ouzande, no concello da Estrada; Penarredonda, lugar da parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Penarredonda, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba; Penarrubia, lugar da parroquia de Fisteus no concello de Curtis; Penarrubia, lugar da parroquia de Orbazai no concello de Lugo; Penasedoira, lugar da parroquia de San Mamede do Carballal no concello de Palas de Rei; Penaseixo, lugar da parroquia de Bravos no concello de Ourol; Penaserra, lugar da parroquia da Samarugo, no concello de Vilalba.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.