Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A tumba de Vix, túmulo de Vix ou túmulo da Dama de Vix, é unha tumba principesca das chamadas de carro que apareceu ao escavar a necrópole dun oppidum da cultura de Hallstatt situado xunto á cidade francesa de Vix, no norte de Borgoña, Francia. Forma parte dun importante conxunto prehistórico dos períodos celtas da cultura de Hallstatt e de La Téne, que inclúe un importante asentamento fortificado e varios túmulos.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Jean-Luc Mélenchon, nado en Tánxer o 19 de agosto de 1951, é un político francés, eurodeputado e co-presidente do Partido de Esquerda. Electo local de Massy e logo do departamento de Essonne a partir de 1983, foi elixido senador de Essonne en 1986 e reelixido en 1995 e 2004. Foi despois elixido eurodeputado na Circunscrición do Suroeste de París en 2009, baixo a bandexa da Fronte de Esquerda, que comprende o Partido Comunista Francés, o Partido de Esquerda e Esquerda Unitaria.
Philosophie zoologique (Filosofia zoolóxica), cuxo título completo era Philosophie zoologique ou exposition des considérations relatives à l'histoire naturelle des animaux, é un libro publicado en 1809 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck, no cal se esboza a súa teoría da evolución predarwinista, parte da cal se denomina agora lamarckismo. No libro, Lamarck expón dúas supostas leis que permitirían ás especies animais adquirir crcterísticas baixo a influencia do ambiente. A primeira lei di que o uso e desuso dunha estrutura corporal causaría o crecemento ou diminución, respectivamente, de dita estrutura co paso das xeracións.
A Ilíada (/i'liaða/; en grego antigo: Ἰλιάς, romanizado: Iliás; "[un poema] sobre Ilión (Troia)") é un dos dous principais poemas épicos da Grecia antiga, atribuídos a Homero, así coma unha das obras literarias máis antigas lidas aínda por audiencias modernas. Do mesmo xeito que coa Odisea, o poema divídese en 24 cantos, habendo sido escrito en hexámetro dactílico e contendo, na súa versión máis amplamente aceptada, 15 693 versos. O poema, ambientado ás beiras da fin da guerra de Troia, relata eventos significativos das derradeiras semanas do asedio á cidade de Troia, por unha coalición de estados gregos micénicos, que durou dez anos.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Iugoslavia (/iuɣos'laβja/; lit. "Terra dos eslavos do sur"; en serbocorata: Jugoslavija ou Југославија [juɡǒslaːʋija]; en esloveno: Jugoslavija [juɡɔˈslàːʋija]; en macedonio: Југославија [juɡɔˈsɫavija]) foi un estado situado na península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Fundouse en 1918, após a primeira guerra mundial, baixo o nome de Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, a partir do Reino de Serbia e do Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios.
O Reino de Dahomey foi un reino africano (localizado dentro da área do actual Benín) que existiu dende 1600 até 1894, cando o último rei, Béhanzin, foi derrotado polos franceses, e o país foi anexionado ó imperio colonial francés. Dahomey desenvolveuse na chaira de Abomey a partir do pobo fon a comezos do século XVII e converteuse nun poder rexional no século XVIII mediante a conquista de cidades importantes na costa Atlántica. Durante os século XVIII e XIX, o Reino de Dahomey foi un importante estado na súa rexión, deixando de ser estado tributario do Imperio de Oyo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
O Papamoscas, Santa Comba, Santa Comba
O Papamoscas é un lugar da parroquia de Santa Comba, no concello coruñés de Santa Comba, na comarca do Xallas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Giuseppe Chierchia, nado en Pompei o 14 de agosto de 1952 e finado o 6 de xullo de 2024, foi un cantautor italiano, coñecido artisticamente como Pino D'Angiò. Gañou sona por algunhas cancións pop durante a década de 1980. O seu meirande éxito foi a canción "Ma quale idea", grazas ao cal se fixo moi popular tanto en Italia coma no estranxeiro, especialmente nos territorios do Estado español, onde o tema permaneceu no hit parade durante catorce semanas de 1981.
Edward Christopher "Ed" Sheeran, nado en Halifax (West Yorkshire) o 17 de febreiro de 1991, é un cantautor inglés. Firmou un contrato coa discográfica Asylum / Atlantic Records. Sheeran saltou á fama no mes de xuño de 2011, cando o seu primeiro single "The A Team" debutou nas listas británicas co número 3.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.935.
Troyes é unha cidade do nordeste de Francia, capital do departamento de Aube (10), xunto ó Sena. "A cidade en forma de tapón de campo" (vista dende o ceo, é impresionante, coas súas árbores e canais debuxando o dito "tapón" a unhas 53 hectáreas do centro histórico), "o máis fermoso conxunto medieval de Francia". E aquí temos o secreto dos arqueólogos, que "as casas medievais" de Troyes son "case todas renacentistas" porque, tras o incendio xeral de 1524, os habitantes reconstruíron as súas casas "ó xeito de antes".
James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán. Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Y tu mamá también é un filme mexicano de 2001 dirixido por Alfonso Cuarón e escrito por Cuarón e o seu irmán Carlos. Conta a historia de dous mozos adolescentes que comezan unha viaxe polas estradas en compaña dunha muller. Está protagonizado polos actores mexicanos Diego Luna e Gael García Bernal e pola actriz española Maribel Verdú.
Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ao norte cos municipios de Lousame e Rois, ao oeste con Boiro, ao leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ao sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
As amazonas de Dahomey ou mino (que quere dicir "as nosas nais") foron unha unidade militar composta completamente por mulleres fon do antigo Reino de Dahomey, na actual República de Benín, que durou até finais do século XIX. Foron chamadas así polos europeos e os historiadores por mor da súa semellanza coas míticas amazonas da antiga Anatolia e o mar Negro.
Manu Chao, nado como José-Manuel Thomas Arthur Chao o 21 de xuño de 1961 é un músico e compositor francés, de familia galega. É coñecido por cantar en varias linguas como francés, español, inglés, italiano, árabe, galego e portugués, e ocasionalmente noutras linguas. Chao comezou a súa carreira musical en París, tocando con grupos como Hot Pants e Los Carayos, que combinaba gran variedade de linguas e estilos musicais.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e en 2023, Cristiano Ronaldo deixou de mutuo acordo o Manchester United da Premier League inglesa e asinou con o Al-Nassr FC na Saudi Professional League. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación de masas.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A Internacional (L'Internationale en francés) é a canción socialista máis famosa, adoptada tamén polos anarquistas e comunistas, unha das cancións máis coñecidas internacionalmente, ademais do himno dos traballadores de todo o mundo. A letra orixinal é de Eugène Pottier en 1871 e música de Pierre Degeyter en 1888.
Eugenio Espinosa de los Monteros
[[enuso}} Eugenio Espinosa de los Monteros e Bermejillo, nado en Madrid o 28 de outubro de 1880 e finado na mesma cidade o 16 de febreiro de 1954, foi un militar e diplomático español. Oficial de Estado Maior, chegou a dirixir a Escola Superior de Guerra de Madrid en varias ocasións. Tras o golpe de estado e o posterior estalido da Guerra civil española fuxiu á zona sublevada, onde ocupou diversos postos políticos e militares.
Jordan Bardella, nado en Drancy (Illa de Francia), o 13 de setembro de 1995, é un político francés militante da Agrupación Nacional. Militante das mocidades da Fronte Nacional dende 2012, é Conselleiro Rexional da Illa de Francia dende 2015, eurodeputado dende 2019, é o presidente de Agrupación Nacional dende o 5 de novembro de 2022. Estreito colaborador de Marine Le Pen, liderou Agrupación Nacional nas eleccións lexislativas de 2024 co obxectivo do ser o primeiro ministro.
Selección de baloncesto de España
A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente. A Selección española está considerada, a 1 de marzo de 2022, a segunda mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só está a selección dos Estados Unidos. A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais. Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012). O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
Arde Bogotá é un grupo musical español de rock alternativo formado en Cartaxena, Murcia, en 2017. Está formado por Antonio García, Dani Sánchez, Pepe Esteban e José Ángel Mercader. A súa música foi definida como de produción coidada e intensidades sonoras potentes, con letras a miúdo incisivas e unha gran carga de forza e sentimento.
A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1300 militantes[cando?] e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez -un dos cofundadores do partido- de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977 ata 2008.
A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego. A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Wayback Machine (pronunciado [ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.
Marion Anne Perrine Le Pen, nada en Neuilly-sur-Seine, Francia, o 5 de agosto de 1968, popularmente coñecida como Marine Le Pen, é unha avogada e política francesa, presidenta da Agrupación Nacional, candidata por este partido ás eleccións presidenciais de 2012 e 2017. É filla do anterior presidente da Fronte Nacional, Jean-Marie Le Pen. Dende xullo de 2004 é eurodeputada á vez que conselleira rexional da rexión francesa Norte-Paso de Calais dende marzo de 2010.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.