Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Lo que escondían sus ojos é unha miniserie de televisión baseada na novela homónima de Nieves Herrero Cerezo, que recrea unha historia de amor entre o ministro franquista Ramón Serrano Suñer e a Marquesa de Llanzol, que se converteu nun escándalo nos círculos sociais máis exclusivos da sociedade do momento e que non chegou a transcender á opinión pública. Producida por Mediaset España para a cadea española Telecinco que foi emitida entre o 22 de novembro e o 20 de decembro de 2016 e está protagonizada por Blanca Suárez e Rubén Cortada.
Ramón Serrano Suñer, nado en Cartaxena o 12 de setembro de 1901 e finado en Madrid o 1 de setembro de 2003, foi un político e avogado español, coñecido polo seu papel durante a Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Durante a Segunda República foi deputado nas Cortes republicanas. Neses anos mantivo contactos con numerosas personalidades políticas da época, como José Antonio Primo de Rivera ou José María Gil Robles, líder da CEDA. Tras o estalido da Guerra Civil foi detido e encarcerado, aínda que conseguiría escapar á zona sublevada.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Os análogos de ácido nucleico son compostos que son análogos (estruturalmente similares) aos ARNs e ADNs que aparecen na Natureza, que se usan en medicina e investigación en bioloxía molecular. Os ácidos nucleicos son cadeas de nucleótidos, que están compostos por tres partes: un esqueleto molecular formado por fosfato e un azucre pentosa, que pode ser ribosa ou desoxirribosa, ao que están nucleobases. Un análogo pode ter calquera destas tres partes alterada.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A ansiedade (do latín anxietas, 'angustia, aflición'), ansia ou nerviosismo, é unha resposta emocional ou conxunto de respostas que engloban aspectos subxectivos ou cognitivos de carácter displacenteiro, aspectos corporais ou fisiolóxicos caracterizados por un alto grao de activación do sistema periférico, aspectos observables ou motores que acostuman implicar comportamentos pouco axustados e escasamente adaptativos. É unha característica biolóxica do ser humano, que antecede momentos de perigo real ou imaxinario, marcada por sensacións corporais desagradables tales como unha sensación de baleiro no estómago, corazón batendo rápido, medo intenso, aperto no tórax, transpiración etc A ansiedade ten unha función moi importante relacionada coa supervivencia, canda o medo, a ira, a tristeza ou a felicidade. Actualmente estímase que un 20,5% ou máis da poboación mundial sofre algún tipo de trastorno de ansiedade, xeralmente sen sabelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Rocco e os seus irmáns (italiano: Rocco e i suoi fratelli) é un filme franco-italiano de 1960 dirixido por Luchino Visconti e protagonizado por Alain Delon, Annie Girardot, Renato Salvatori, Katina Paxinou, Roger Hanin, Paolo Stoppa e Claudia Cardinale, nun dos seus primeiros papeis. Ambientado no Milán de 1960, conta a historia dunha familia migrante do sur de Italia e a súa desintegración na sociedade do norte industrial.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Un dialecto é a modalidade que presenta unha lingua determinada nun territorio ou grupo social concreto. Débese distinguir dialecto de sociolecto (o sociolecto é unha variante da lingua falada por un determinado estrato social), do de lingua padrón, da xerga e do argot. O dialecto de prestixio ou dialecto estándar é o que se emprega nas situacións formais, e polo tanto, úsase como idioma oficial e é o que se ensina en ámbitos educativos.
Romy Schneider, nada en Viena o 23 de setembro de 1938 e finada en París o 29 de maio de 1982, foi unha actriz austríaca que tamén posuía a cidadanía francesa. Os seus pais eran Wolf Albach-Retty e Magda Schneider, quen traballou con ela nalgunhas películas. Realizou unha interesante carreira artística e dúas veces recibiu o premio César á mellor actriz.
Wikipedia é unha enciclopedia en liña baseada nun wiki multilingüe e de contido libre editado e mantido por unha comunidade de editores, a cal comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión en lingua inglesa. Pouco despois, creáronse edicións en linguas diferentes do inglés: as edicións en alemán e o catalán foron creadas o 16 de marzo, a edición en francés o 23 de marzo, e a sueca creouse o 23 de maio.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.822.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas
A igrexa de San Salvador de Vilar de Donas é a igrexa parroquial de Vilar de Donas, parroquia do concello lugués de Palas de Rei, polo que transita o Camiño Francés a Santiago. Foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1931. Orixinariamente foi unha igrexa monástica.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
En matemáticas, e en particular na teoría da medida, unha función medible é unha función entre os conxuntos subxacentes de dous espazos medíbeis que preserva a estrutura dos espazos: a preimaxe de calquera conxunto medíbel é medíbel. Isto é en analoxía directa coa definición de que unha función continua entre espazos topolóxicos preserva a estrutura topolóxica: a preimaxe de calquera conxunto aberto é aberto. Na análise real, utilízanse funcións medíbeis na definición da integral de Lebesgue.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Disturbio 77 é un grupo de punk nado en Vigo a mediados dos 90. É un grupo feito en Sonoro Terapia. Durou cinco anos, nos que gravaron unha maqueta "No te salgas del rebanho", un cd "Vuelven otra vez", participaron no recompilatorio galego "Estado de sitio" con cinco temas inéditos, e un último cd publicado postmortem titulado "Escupiendo flemas y alterando el sistema", no que tamén se inclúen os cinco temas do "Estado de sitio".
National Center for Biotechnology Information
O National Center for Biotechnology Information (NCBI), en galego Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica, forma parte da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos (National Library of Medicine), unha rama dos Institutos Nacionais de Saúde (National Institutes of Health ou NIH). Está localizado en Bethesda, Maryland e foi fundado o 4 de novembro de 1988 coa misión de ser unha importante fonte de información de bioloxía molecular.
Chámase lúa azul (tradución do inglés blue moon) á segunda lúa chea ocorrida durante un mesmo mes do calendario gregoriano (o usado habitualmente en Occidente), o que acontece aproximadamente cada tres anos. Orixinalmente o termo referíase ao cuarto plenilunio dunha estación calquera do ano. O fenómeno «lúa azul» cobrou popularidade cando se produciu dúas veces no mesmo ano (xaneiro e marzo) de 1999.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
LGBT, ou LGTB, é o acrónimo de "Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans". O termo agrupa ás persoas coas orientacións sexuais e identidades de xénero relativas a estas catro verbas, mais tamén pode chegar a referirse a calquera persoa que non sexa heterosexual, heterorromántica ou cisxénero. Existen outras variantes, coma LGBTQ, que engade unha nova letra para as persoas que se identifican coma queer, ou que están cuestionando a súa identidade sexual ou de xénero, mentres que, LGBTA e LGBTI, por exemplo, engaden outra diferente para representar ás persoas asexuais e intersexuais, respectivamente.
O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul. O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite.
Corea do Norte nos Xogos Olímpicos
Corea do Norte participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos de 1964. O Comité Olímpico Nacional de Corea do Norte foi creado en 1953 e recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1957.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A China competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos baixo o nome da República Popular da China en 1952, nos Xogos de Verán en Helsinqui, Finlandia, aínda que só chegou a tempo para participar nun único evento. Ese ano, o Comité Olímpico Internacional (COI) permitiu á República Popular da China e á Repúblic da China (que se localizou en Taiwán despois da guerra civil chinesa) que competisen, aínda que a última retirouse posteriormente como protesta. Por mor da disputa polo status político da China, a República Popular non participou nos Xogos Olímpicos até os Xogos Olímpicos de Inverno de 1980, nos Estados Unidos de América.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Paleobiology Database (Base de datos paleobiolóxica) é unha fonte de información en liña para a distribución e clasificación de animais, plantas e microorganismos fósiles. Foi fundada no ano 2000 pola Fundación Nacional de Ciencias e o Consello de Investigación Australiano (Australian Research Council). Desde o 2000 até o 2012 foi a sede do National Center for Ecological Analysis and Synthesis, un centro interdisciplinar de investigación coa colaboración da Universidade de California.
Luis Rodríguez Vaz, nado na Fraira (Traseirexa, Vilardevós) o 7 de febreiro de 1942, é un ex-militar e ex-adestrador de fútbol galego. Acadou o grao de tenente coronel do Exército, antes de abandonar a carreira militar para se centrar no fútbol. Desenvolveu case toda a súa carreira en Galicia, dirixindo durante 35 anos a Escola Galega de Adestradores e adestrando a maioría de grandes clubs galegos da súa época como o Deportivo da Coruña, o Racing de Ferrol, o Compostela, o Endesa As Pontes, o Lugo e o Ourense.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra: A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.
Malpica de Bergantiños é un concello galego da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co océano Atlántico polo oeste e o norte. Segundo o INE no ano 2016 tiña unha poboación de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012, 6.102 no 2011, 6.178 no 2010).
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.