Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A vela é un deporte que forma parte do programa oficial olímpico dende os Xogos Olímpicos de 1900 realizados en París (Francia). Ausente na edición de 1904 disputada en Saint Louis (nos Estados Unidos de América), a partir daquel momento sempre formou parte da competición. Ao longo dos anos foi cambiando o formato das probas así como as clases de embarcacións que formaron parte do programa.
Santa Lucía (UK: /sənt luːˈsiːə, -ˈluːʃə/, US: /seɪnt ˈluːʃə/; francés: Sainte-Lucie) é un pequeno país insular das Indias Occidentais no leste do mar Caribe no límite co océano Atlántico. A illa chamábase anteriormente Iyonola, o nome dado á illa polos nativos arauacos, e máis tarde Hewanorra, o nome dado á illa polos nativos caribes, dous pobos amerindios separados. Parte das Illas de Barlovento das Antillas Menores, está situada ao norte/nordés da illa de San Vicente, ao noroeste de Barbados e ao sur da Martinica.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 e outros dous bronces nos Campionatos do Mundo en Pista Cuberta. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
IP é un acrónimo do inglés "Internet Protocol" (ou protocolo de Internet), que é un protocolo usado entre dúas máquinas en rede para encamiñamento dos datos. Os datos nunha rede IP envíanse en bloques referidos como paquetes ou datagramas (os termos son basicamente sinónimos no IP, sendo usados para os datos en diferentes lugares nas capas IP). En particular, no IP ningunha definición é necesaria antes de que o host tente enviar paquetes para un host co cal non se comunicou previamente.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Carolina María Marín Martín, nada en Huelva o 15 de xuño de 1993, é unha xogadora de bádminton española. Foi campioa olímpica, tres veces campioa do mundo, catro veces campioa de Europa e número un do mundo individual segundo a BWF, mantendo o posto durante un récord de 66 semanas. Amplamente considrada unha das mellores deportistas femininas no circuíto do bádminton, ten a distinción de recibir algunha medalla en case todos os torneos da BWF, ademais de lograr ouros consecutivos nos Xogos Olímpicos, o campionato do mundo e o campionato de Europa.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Campionato de Europa de Fútbol da UEFA 2024, máis coñecido coma Eurocopa de Fútbol 2024 ou Euro 2024, foi a décimo sétima edición do Campionato Europeo da UEFA, torneo internacional de fútbol cuadrienal organizado pola UEFA para os equipos nacionais masculinos das súas asociacións membros. Alemaña foi o país anfitrión do campionato, que tivo lugar entre o 14 de xuño até o 14 de xullo de 2024. O torneo contou coa participación de 24 equipos, con Xeorxia facendo o seu debut no campionato.
William McDougall (/məkˈduːɡəl/), nado o 22 de xuño de 1871, finado o 28 de novembro de 1938, foi un psicólogo británico, profesor do University College de Londres, Universidade de Oxford, Universidade Harvard e Universidade Duke e membro da Royal Society. Escribiu varios libros de texto influíntes, e foi importante no desenvolvemento da teoría do instinto e a psicoloxía social no mundo anglofalante. McDougall foi un opositor ao condutismo e posicionouse en parte fóra da corrente principal do desenvolvemento do pensamento psicolóxico angloamericano na primeira metade do século XX; pero o seu traballo era coñecido e respectado polas persoas leigas.
Los Planetas é un grupo granadino de música pop fundado en 1993. Recollen a influencia de grupos estadounidenses de guitarras como os Mercury Rev da primeira época, ou os británicos Spacemen 3 e Joy Division, así como da música tradicional andaluza (flamenco). No ano 2010 participaron no Festival do Norte.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo. Os Xogos Olímpicos (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés), ou olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Paula Ginzo Arantes, nada en Santoña o 16 de febreiro de 1998, é unha xogadora de baloncesto galega, que xoga na posición de pívote no Club Baloncesto Jairis, da Liga Feminina. É internacional coa selección española, coa que participou en dous Campionatos de Europa (conseguindo unha prata en 2023) e nos Xogos Olímpicos de 2024.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
María José Martínez Patiño, nada en Vigo o 10 de xullo de 1961, é unha deportista e exatleta galega, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra da Universidade de Vigo, e membro da Comisión de Bioética do Comité Olímpico Internacional (COI). Especialista en carreiras de valos, a súa expulsión do Equipo Olímpico español en 1986 por "non pasar" as probas de verificación do sexo supuxo un importante punto de inflexión na historia deste tipo de probas nas competicións deportivas. Martínez Patiño foi suspendida despois dunha competición que puido servirlle para clasificarse para os Xogos Olímpicos de Seúl 1988.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O lobo (Canis lupus) é o maior membro en liberdade pertencente á familia dos cánidos. É un supervivente da idade de xeo orixinada durante o Plistoceno superior, hai uns 300.000 anos. A súa secuencia de ADN e máis os estudos sobre deriva xenética indican que o lobo comparte un devanceiro común co can doméstico (Canis lupus familiaris), sendo o seu parente máis achegado, malia ser esta afirmación rexeitada por algúns expertos, que sinalan grandes diferenzas no tocante á súa morfoloxía e comportamento.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Raymond Pearl, nado o 3 de xuño de 1879, finado o 17 de novembro de 1940, foi un biólogo estadounidense, considerado como un dos fundadores da bioxerontoloxía. Desenvolveu a maior parte da súa carreira na Universidade Johns Hopkins en Baltimore. Pearl foi un escritor prolífico de libros académicos e artigos, así como un comprometido divulgador e comunicador da ciencia.
Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland), é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.575.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Yulimar del Valle Rojas Rodríguez, nada en Caracas o 21 de outubro de 1995, é unha atleta venezolana especializada en triplo salto. Foi campioa nesta disciplina nos Xogos Olímpicos de Toquio en 2021 cunha marca de 15,67 (marca do mundo) e bicampioa mundial en 2017 e 2019. En 2020 foi elixida a mellor atleta feminina do ano poa Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (World Athletics).
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística. Segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo e unha das grandes atletas de todos os tempos. Comăneci foi unha das primeiras alumnas do adestrador Béla Károlyi.
Jennifer Joanna Aniston, nada no barrio de Sherman Oaks, nos Ánxeles (California) o 11 de febreiro do 1969, é unha actriz estadounidense de cinema e mais de televisión. Comezou a súa carreira na década dos 90 acadando sona internacional pola interpretación do personaxe Rachel Green da popular sitcom Friends; grazas ó devandito papel gañou un Premio Emmy, un Globo de Ouro e mais un Premio do Sindicato de Actores. É protagonista de varios filmes de Hollywood, e a pesar de que a maioría dos seus papeis veñen sendo comedias -Bruce Almighty, Office Space, Corre o rumor...- e comedias románticas -Along Came Polly, The Break-Up-, tamén actuou en filmes doutros xéneros, como a comedia de terror Leprechaun, o filme de suspense e crime Derailed e o drama musical Rock Star.
Ola! Sodes benvidas/os a miña páxina de usuaria Estou motivada para aprender a editar contidos, colaborar e compartir e intercambiar saberes e erros que nos axuden a mellorar a comunidade e o coñecemento libre e accesible para todas as persoas O meu interese principal é acurtar a fenda de xénero na Galipedia, facendo entradas de mulleres e as súas aportacións á sociedade. Agora tecendo redes co grupo de traballo Traduki, xuntando editoras en diversas lingüas para aumentar o número de biografías de mulleres.
Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A República e Cantón de Neuchâtel (/reˈpuβlika̝ ɛ kanˈtoŋ de newt͡ʃaˈtɛl/; en francés: République et Canton de Neuchâtel [ʁe.py.blik e kɑ̃.tɔ̃ də nɘʃatel]), ou tan só cantón de Neuchâtel, é un dos vinte e seis cantóns que forman a Confederación Suíza. Forma parte da gran rexión de Espace Mittelland, que comprende tamén os cantóns de Berna, Friburgo, Xura e Soleura. A súa capital e cidade máis poboada é a vila homónima de Neuchâtel.
A literatura erótica é un xénero literario no cal os textos se relacionan, directa ou indirectamente, co erotismo e o sexo. En ocasións pódese referir tamén á literatura pornográfica se as escenas sexuais son realmente moi explícitas, aínda que normalmente segue considerándose dentro do erotismo. Dentro deste xénero poden atoparse habitualmente novelas de ficción de contido erótico, historias curtas ou contos, poesía, obras de teatro, memorias e manuais de sexo.
A Operación Entebbe foi unha misión de rescate de reféns levada a cabo polas Forzas de Defensa de Israel (FDI) no Aeroporto de Entebbe, en Uganda, o 4 de xullo de 1976. Unha semana antes, o 27 de xuño, unha aeronave de Air France con 248 pasaxeiros foi secuestrada por terroristas palestinos e simpatizantes, tomando rumbo a Entebbe, cerca de Kampala, a capital de Uganda. Pouco despois da aterraxe todos os pasaxeiros non xudeus foron liberados, quedando retidas noventa e catro persoas, a maioría israelís e os doce membros da tripulación de Air France.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
A casa de Trastámara foi unha dinastía real comezada por Henrique II de Castela. Os seus membros reinaron na coroa de Castela de 1369 até 1504, en Aragón de 1412 até 1516, en Navarra de 1425 até 1479 e en Nápoles de 1458 até 1501. A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que ostentara antes Henrique.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano, actual presidente de Venezuela. Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de Relacións Exteriores (2006–2013) e vicepresidente executivo de Venezuela (2012–2013). Como vicepresidente, Maduro asumiu as funcións administrativas e económicas de Venezuela durante a doenza do presidente Hugo Chávez.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Low é un álbum do artista británico David Bowie, editado o 14 de xaneiro de 1977. Foi co-producido por Bowie e Tony Visconti, e considérase un dos seus discos máis influentes. Low foi o primeiro da "Berlin Trilogy", unha serie de colaboracións con Brian Eno (a pesar de que álbum está gravado principalmente en Francia e só mesturado en Berlín).
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra elevada sobre unha columna, habitualmente con unha ou varias imaxes, asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores[Cómpre referencia]). O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Olga Valentinovna Korbut, nada en Hrodna o 16 de maio de 1955 é unha ex-ximnasta belarusa. Foi seleccionada aos 11 anos na escola deportiva do goberno. Alcumada o "pardal de Minsk", gañou catro medallas de ouro e dúas de prata nos Xogos Olímpicos, nos que competiu en 1972 e 1976, para o equipo da Unión Soviética, e foi a primeira seleccionada para o International Gymnastics Hall of Fame en 1988.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os II Xogos Olímpicos da Era Moderna realizáronse en 1900, en París, Francia, terra natal do seu creador, o Barón Pierre de Coubertin. Infelizmente, por cuestións políticas, os Xogos foron integrados na Exposición Universal de París, unha gran feira mundial de comercio realizada por Francia na época, e por ter sido diluídos ó longo de máis de cinco meses, entre o 14 de maio e o 28 de outubro, non tiveron ningunha relevancia, sendo unanimemente considerados un fracaso. Oficialmente, en Francia, as xogos foron bautizados como Concurso Internacional de Exercicios Físicos e de Deportes, e os participantes chegaron a imaxinar todo menos que participaban nunha celebración deportiva, tantas eran as actividades paralelas nas artes e no comercio ofrecidas pola feira.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
Lista de medallistas olímpicos galegos
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil, que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden chegar a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados e tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
Salma Celeste Paralluelo Ayingono, nada en Zaragoza o 13 de novembro de 2003, filla de pai español de orixe catalá e nai ecuatoguineana, é unha futbolista e exvelocista española que xoga como extremo esquerda no Fútbol Club Barcelona da Liga F (liga feminina) e na selección feminina de fútbol de España. Foi campioa feminina Sub-17 e sub-20 da UEFA. a dúas veces medalla de ouro no Festival Olímpico da Xuventude Europea en atletismo.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A estatística é unha colección de métodos que axudan a describir, resumir, interpretar e analizar datos. As conclusións tiradas dos datos son vitais en ámbitos tan diversos coma a investigación, a administración ou os negocios. Independentemente do campo onde se estea aplicando, é importante que a recollida de datos se faga dun xeito que permita a súa análise.