Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Jaime Ramón Mercader del Río Hernández, nado o 7 de febreiro de 1914 en Barcelona e finado o 18 de outubro de 1978 na Habana, foi un militar e político catalán. Militante do Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) participou na guerra civil española durante a cal ingresou nos Servizos Secretos Soviéticos. Infiltrado nos círculos trotskistas en París, durante o tempo en que Iosif Stalin era gobernante da Unión Soviética, a NKVD stalinista asignoulle a misión de asasinar a Lev Trotski previo pago de medio millón de dólares, feito polo que pasaría á historia.
A Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, en chinés 中華人民共和國香港特別行政區 é unha rexión chinesa formada por unha península e varias illas, entre elas a illa de Hong Kong, no Mar da China Meridional, no delta do Río das Perlas, xunto á provincia de Guangdong. Ata 1997 foi colonia do Reino Unido. O nome da illa de Hong Kong (chinés: 香港), significa literalmente "porto fragrante" ou "porto do recendo".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
WordPress é un sistema de xestión de contidos orientado inicialmente á creación de bitácoras, ou blogues/blogs, (sitios web actualizados periodicamente e con orde cronolóxica descendente). Está estruturado en PHP, usa como xestor de base de datos MySQL, baixo licenza GPL, e foi fundado por Matt Mullenweg.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Un ficheiro ou arquivo informático é un conxunto de información que se almacena nalgún medio de escritura que permita ser lido ou accedido por unha computadora. Un arquivo é identificado por un nome e a descrición do cartafol ou directorio que o contén. Os arquivos informáticos chámanse así porque son os equivalentes dixitais dos arquivos en cartóns, papel ou microfichas da contorna de oficina tradicional.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha caixoneira é un móbel que está composto na súa totalidade por caixóns que se utilizan para gardar roupa, xoguetes ou outros aveños. As caixoneiras son móbeis moi ben aproveitados pois destinan a maior parte do espazo dispoñíbel á súa función principal que é a de conter obxectos. Polo xeral, están formadas por unha estrutura sinxela de madeira ou aglomerado de marco estreito, cuxa única función é a de conter un alto número de caixóns.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Valgrande-Pajares é unha estación de esquí situada na Cordilleira Cantábrica, no concello de Ḷḷena, no Principado de Asturias. Está situada no alto do porto de Payares, no límite da comunidade asturiana coa provincia de León, a 60 km de Oviedo e León, 75 km de Xixón e 90 km de Avilés. Foi remodelada recentemente, mellorando os seus servizos e ampliando a superficie esquiable, permitindo a práctica de esquí alpino, esquí de fondo e snowboard.
As combinacións son un concepto en matemáticas, máis concretamente en combinatoria, que describe as diferentes formas de escoller un determinado número de obxectos a partir dun conxunto dun determinado tamaño, cando os obxectos son discerníbeis e non importa a orde na que se colocan ou listan os obxectos. O nome completo, aínda que pouco empregado, é combinación sen repetición de n elementos tomados de k en k. Noutras palabras, as combinacións de tamaño k dun conxunto E de cardinal n son os subconxuntos de E que teñen tamaño k.
O dálmata é unha lingua romance extinta, antigamente falada na rexión croata de Dalmacia, estendéndose cara ao sur até Kotor, na actual Montenegro. O nome provén da tribo prerromana da familia lingüística iliria, os Dalmatae. O dialecto dálmata de Ragusa foi a lingua oficial da República de Ragusa, aínda que na súa maioría os seus habitantes falaban croata ou italiano.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Refraneiro galego sobre o viño
A adega cheira ó viño que ten . A auga de febreiro derrama o viño . A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan .
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 213.106.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
Cómpre non confundir coa galleta tradicional francesa: macaron. Os macarróns (do italiano maccheroni, e este do grego: μακαρώνεια, canto mortuorio, comida funeraria. ) son un tipo de pasta alimenticia elaborada con fariña triga, en forma de tubiño pequeno, no que se inclúen tipos con feituras, longuras e grosores diversos.
Lev Trotski nado en Ianovka (Ucraína) o 7 de novembro de 1879 e finado en Coyacán (México) o 21 de agosto de 1940, foi un intelectual marxista e revolucionario bolxevique. O seu nome en ucraíno é Лев Давидович Троцький, que pode ser transliterado como Lev Davidóvitch Trótskii. Mais o seu verdadeiro apelido de familia era Bronstein (Бронштейн).
Oasis foi unha banda británica de rock formada en Manchester no ano 1991. Nos seus comezos estaba formada por Liam Gallagher (vocalista), Paul Arthurs (guitarrista), Paul McGuigan (baixista) e Tony McCarroll (batería), e tocaban baixo o nome de The Rain. Mudaron o seu nome a Oasis cando, invitado polo seu irmán máis novo, entra no grupo Noel Gallagher, converténdose en líder, guitarrista principal e compositor da banda.
O castro de Monte Mozinho, tamén coñecido como Cidade Morta de Penafiel, é un asentamento fortificado do século I a.C. situado no municipio de Penafiel, na subrexión do Támega do distrito portugués do Porto. Trátase dun dos maiores asentamentos da cultura castrexa e posteriormente da romana no noroeste de Portugal.
Santa María de Castro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.302 habitantes (1.103 homes e 1.199 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.537 habitantes. Un dos principais lugares desta parroquia, e do mesmo concello, é Cabo de Cruz, onde se celebra desde hai anos, o 16 de agosto, unha festa de exaltación do mexillón.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Allied é un filme británico-estadounidense de 2016 dirixido por Robert Zemeckis e escrito por Steven Knight. Está protagonizado por Brad Pitt, como un oficial de intelixencia canadense, e Marion Cotillard como unha loitadora da Resistencia francesa que se namora del durante unha misión en Casablanca. Jared Harris, Simon McBurney e Lizzy Caplan forman parte do elenco.
O vixía no centeo (título orixinal en inglés: The Catcher in the Rye) é unha novela de J. D. Salinger publicada en 1951. No seu momento provocou numerosas controversias nos Estados Unidos de América pola súa linguaxe provocadora e por falar con claridade da sexualidade e a ansiedade adolescentes. O seu protagonista, Holden Caulfield, converteuse nunha icona da rebeldía adolescente.
O Gran Premio de Italia de 2024 (coñecido oficialmente como o Formula 1 Pirelli Gran Premio d'Italia 2024) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 1 de setembro de 2024 no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia. Foi a décimo sexta carreira do campionato de 2024. O noventa e catro Gran Premio de Italia e o septuaxésimo cuarto Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
O campo da aprendizaxe estatística refírese ás ferramentas matemáticas empregadas para predicir ou estimar un resultado basándose nunha serie de entradas; é dicir, obter output a partir de datos considerados input. Estas ferramentas considéranse supervisadas ou non-supervisadas segundo a disposición do output (nunha aprendizaxe estatística non-supervisada trátase de obter relacións e estructurar os datos, pois non se dispón de output para clasificalos). Cando os datos sometidos a análise involucran variables continuas ou cuantitativas, é común referirse ás técnicas de aprendizaxe estatística como ferramentas de regresión.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Realpolitik é un sistema de políticas ou principios baseado en consideracións prácticas e realistas ou posibilistas, máis que morais ou ideolóxicas. O termo provén do alemán, literalmente "política real" ou "realista". A realpolitik é coñecida por dar prioridade á eficacia e a vantaxe estratéxica sobre os principios ideolóxicos ou éticos.
Un cisma é a división ou separación dunha relixión ou dun grupo ou comunidade. Por antonomasia, fálase do Gran Cisma de occidente para referirse á ruptura do ano 1054 e á do período comprendido entre 1378 e 1417. Un cismático é unha persoa que crea ou inicia un cisma nunha organización ou o membro dunha organización cismática.
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.
No ámbito das relacións internacionais, unha esfera de influencia é unha área ou rexión sobre a que un Estado ou organización ten unha influencia cultural, económica, militar ou política significativa. Aínda que pode haber unha alianza formal ou outras obrigas de tratado entre o influenciado e o influenciador, tales acordos formais non son necesarios e a influencia pode ser a miúdo un exemplo máis de soft power. Así mesmo, unha alianza formal non significa necesariamente que un país estea dentro da esfera de influencia doutro.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O proxecto do Metro de Santander atópase dentro do Plan de Mobilidade Sostible, foi presentado en novembro de 2006 e o seu período de desenvolvemento transcorrerá de 2007 a 2013. Este transporte unirá o centro da cidade con varios puntos da periferia e estará formado por metro e tranvía, contando en principio cunhas catro liñas. O futuro transporte metropolitano xa ten en funcionamento a liña 5: un funicular que salva o desnivel existente entre a rúa Río de la Pila e o campo de fútbol do Regimiento con paradas en Río de la Pila, rúa San Sebastián, Prado San Roque e Paseo do General Dávila.
Véxase tamén O muíño na cultura popular galega A seguir recóllense os refráns que fan alusión ó pan, sexa pantrigo ou pan de centeo, pero tamén ó trigo, a fariña, o forno, ós panadeiros, etc. Debe terse en conta que en ocasións se utiliza o nome de pan para designar outros gran, como o centeo, e mesmo o cereal aínda no campo. A anguía en empanada e a lamprea escabechada .
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
O Óscar á mellor actriz é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles. Entrégase a unha actriz que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado polo gañador do Óscar ao mellor actor na edición anterior.