Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A praia dos afogados é un filme galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero, adaptación da obra A praia dos afogados de Domingo Villar. Foi estreado o 10 de outubro de 2015 en 110 salas de España, 20 delas en Galicia, nunha versión dobre, en galego e en castelán. Está protagonizado por Carmelo Gómez, que interpreta o detective Leo Caldas, Pedro Alonso no papel de Valverde, e Luis Zahera como Arias.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Ali ibn al-Husayn al-Iṣfahani ( árabe: أبو الفرج الأصفهاني ), tamén coñecido como Abul-Faraj (forma completa: Abū al-Faraj ʿAlī ibn al-Ḥusayn ibn Muḥammad ibn Aḥmad ibn al-Ḥaytham al-Umawī al-Iṣfahānī) nado ca. 897 en Isfahán e finado ca. 967 en Bagdad, foi un escritor, historiador, xenealoxista, poeta, musicólogo e escribano de orixe árabe-quraysh que viviu principalmente en Bagdad.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A 1,4-benzoquinona, comunmente coñecida como para-quinona, é un composto químico coa fórmula C6H4O2. En estado puro forma cristais amarelos brillantes cun cheiro característico irritante, que lembra o do cloro, lixivia e plástico quente ou formaldehido. Este composto cun anel de seis membros é o derivado oxidado da 1,4-hidroquinona.
Un polinomio é unha expresión matemática formada por indeterminados (tamén chamados variables) e coeficientes, que implica só as operacións de suma, resta, multiplicación e potencias enteiras positivas das variables. Un exemplo de polinomio dun único x indeterminado é x2 − 4x + 7. Un exemplo con tres variables é x3 + 2xyz2 − yz + 1.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2024 será a 75ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
En mineraloxía, o diamante (do grego antigo αδάμας, adámas, que significa invencible ou inalterable) é un alótropo do carbono onde os átomos de carbono están dispostos nunha variante da estrutura cristalina cúbica centrada na cara denominada "rede de diamante". É a segunda forma máis estable do carbono, despois do grafito; porén, a taxa de conversión de diamante a grafito é desprezable a condicións ambientais. Ten renome especificamente como un material con características físicas superlativas, moitas das cales derivan do forte enlace covalente entre os seus átomos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Wayback Machine (pronunciado [ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.
A chave ou xogo da chave ou deporte da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Desde 2023 está incluída como modalidade federativa dentro da categoría deportes autóctonos: chave e billarda. Desde esta iniciativa varios partidos foron televisados na TVG. Existen moitas modalidades de chave na Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Olga Valentinovna Korbut, nada en Hrodna o 16 de maio de 1955 é unha ex-ximnasta belarusa. Foi seleccionada aos 11 anos na escola deportiva do goberno. Alcumada o "pardal de Minsk", gañou catro medallas de ouro e dúas de prata nos Xogos Olímpicos, nos que competiu en 1972 e 1976, para o equipo da Unión Soviética, e foi a primeira seleccionada para o International Gymnastics Hall of Fame en 1988.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Domingo Villar Vázquez, nado en Vigo o 6 de marzo de 1971 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 2022, foi un premiado escritor galego de novela negra. Creador do personaxe do inspector Leo Caldas, protagonista dunha triloxía composta por Ollos de auga (2006), A praia dos afogados (2009) e O último barco (2019). Os seus libros foron traducidos a máis de quince linguas.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Biblioteca Nacional de Francia
A Biblioteca nacional de Francia (en francés: Bibliothèque nationale de France), coñecida polo acrónimo BnF e chamada tamén Biblioteca Nacional de París, é unha das bibliotecas máis importantes de Francia e do mundo. Ten o estatuto de estabelecemento público. As súas actividades desenvólvense en diferentes sedes, sendo François Mitterrand a principal, situada no barrio de Tolbiac, na beira sur de París.
David Michael Navarro, nado en Santa Monica (California) o 7 de xullo de 1967, é un guitarrista estadounidense que tocou en bandas famosas de rock como Jane's Addiction e Red Hot Chili Peppers. Na actualidade Navarro é membro de The Panic Channel xunto cos compañeiros en Jane's Addiction Stephen Perkins e Chris Chaney. O cantante Steve Issacs tamén forma parte desta banda.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 213.674.
Tyne e Wear é un condado metropolitano do Reino Unido, situado na rexión nordeste de Inglaterra. Ocupa unha área de 538 km², cunha poboación estimada en 2010 de 1,119.600 habitantes. Está composto por 5 distritos urbanos, e non existe unha sede do goberno, pois cada distrito funciona de xeito autónomo, polo que este condado non ten ningún funcionamento administrativo como tal, senón tan só unha presenza xeográfica no conxunto dos condados británicos.
O Vákner é unha figura mitolóxica galega que designa o ser que o peregrino armenio Mártir (ou Mártiros), bispo de Arzendjan, atopou no seu camiño a Fisterra (1491), e que se converteu nun símbolo da peregrinación Xacobea a Fisterra, Galicia. Trátase dun animal fantástico que adoita adoptar a forma dun enorme lobishome.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Cumaribo é un concello de Colombia que forma parte do departamento de Vichada. A súa xurisdición ten unha extensión de 65.193 km², o que o converte no meirande concello de Colombia, tan extenso como Sri Lanka. De feito, é máis grande que 125 países do mundo, e máis extenso ca 28 departamentos de Colombia.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Puerto Carreño é un concello e cidade de Colombia, capital do departamento de Vichada. É recoñecido como destino para o turismo sustentable, un punto de encontro de organizacións non gobernamentais, un centro cultural indíxena e o principal porto fluvial do país no río Orinoco. A cidade tamén é coñecida pola súa cultura llanera (música, roupa, modismos e danza), semellante á do nordeste de Colombia e do interior de Venezuela.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.