Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Heinrich "Henry" Emil Charles Wenck, nado o 10 de marzo de 1851 en Aarhus e finado o 3 de febreiro de 1936 en Charlottenlund, foi un arquitecto danés, o arquitecto xefe dos ferrocarrís estatais daneses, o Danske Statsbaner (DSB), entre 1894 e 1921. Deseñou arredor de 150 edificios ferroviarios, entre eles a Estación Central de de Copenhague e máis as estacións da Kystbanen, exemplo do seu estilo romántico nacionalista e historicista. Tamén foi acuarelista e dende 1903 profesor titular na Real Academia de Belas Artes de Dinamarca.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O Baix Segura (cooficialmente en castelán: Vega Baja del Segura) é unha comarca situada no sur da provincia de Alacant, no límite coa Rexión de Murcia. A súa capital e cidade máis importante historicamente é Orihuela, cidade que se atopa na chaira dentro do meirande concello da comarca e segundo en poboación, con 77 414 habitantes (INE 2019). A cidade de Torrevieja, situada na costa, é a primeira en poboación con 83 337 habitantes (INE 2019).
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
As células nais neurais (que abreviaremos como CNN, que nas súas siglas en inglés sería NSC, de neural stem cell) son células multipotentes que se autorrenovan encargadas de xerar primeiramente as células proxenitoras gliais radiais que á súa vez xeran as neuronas e a glía do sistema nervioso de todos os animais durante o desenvolvemento embrionario. Algunhas células nais proxenitoras neurais persisten en rexións moi restrinxidas no cerebro dos vertebrados adultos e continúan producindo neuronas durante toda a vida. As diferenzas no tamaño do sistema nervioso central están entre as distincións máis importantes entre as especies e, deste modo, as mutacións nos xenes que regulan o tamaño do cerebro están entre os impulsores máis importantes da evolución dos vertebrados.
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
A participación de Portugal na Reconquista comezou coa fundación do condado portucalense en 868 e continuou con avances e retiradas durante 381 anos ata 1249, cando foron tomadas as últimas cidades aínda baixo poder musulmán no Algarve. Portugal debe a súa orixe e forma xeográfica actual a este longo proceso. As fases iniciais da Reconquista en Portugal estiveron marcadas pola participación da alta nobreza, no norte, pero a medida que a fronteira foi empuxada cara ao sur, a iniciativa das conquistas pasou á media e baixa nobreza, ás milicias do concello e aos cabaleiros-viláns, máis dispostos a ausentarse en longas campañas.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Los Planetas é un grupo granadino de música pop fundado en 1993. Recollen a influencia de grupos estadounidenses de guitarras como os Mercury Rev da primeira época, ou os británicos Spacemen 3 e Joy Division, así como da música tradicional andaluza (flamenco). No ano 2010 participaron no Festival do Norte.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Arde Bogotá é un grupo musical español de rock alternativo formado en Cartaxena, Murcia, en 2017. Está formado por Antonio García, Dani Sánchez, Pepe Esteban e José Ángel Mercader. A súa música foi definida como de produción coidada e intensidades sonoras potentes, con letras a miúdo incisivas e unha gran carga de forza e sentimento.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Franz Josef de Hohenlohe-Schillingsfürst
Franz Josef de Hohenlohe-Schillingsfürst, nado o 6 de xuño de 1894 en Graz e finado o 3 de xaneiro de 1970 en Schillingsfürst, foi un nobre e xenealoxista alemán que fundou a Genealogische Handbuch des in Bayern immatrikulierten Adels e publicou varios tratados xenealóxicos. Despois da morte do seu pai, foi xefe da Casa de Hohenlohe-Schillingsfürst de 1940 a 1970 e dende entón utilizou o título de Príncipe de Hohenlohe-Schillingsfürst.
A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB. En 1987 disputouse a primeira edición en categoría feminina, que gañou o Círculo Mercantil, aínda que a competición feminina non se estabilizou ata mediados da década de 1990.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Hildegart Rodríguez Carballeira
Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Con tres anos escribía e con oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de Dereito con 17 anos e foi membro activa do PSOE e despois do Partido Republicano Democrático Federal.
Nicholas Jerry Jonas, máis coñecido como Nick Jonas, é un cantor, actor, compositor e modelo estadounidense. É coñecido por ser un dos integrantes da banda xuvenil Jonas Brothers formada por el e os seus irmáns Kevin Jonas e Joe Jonas. A súa carreira como actor comeza en 2008 no filme canadense Camp Rock.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Catherine Élise "Cate" Blanchett, nada o 14 de maio de 1969 en Melbourne, é unha actriz australiana. Acadou a fama internacional polo seu papel de Sabela I de Inglaterra no filme de 1998 Elizabeth. Blanchett interpreta a raíña elfa Galadriel na triloxía de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring, The Lord of the Rings: The Two Towers e The Lord of the Rings: The Return of the King dende o 2001 ata o 2003, e retomará o mesmo papel en Hobbit.
As Bahamas (/bəˈhɑːməz/), oficialmente a Commonwealth das Bahamas (Mancomunidade das Bahamas), é un país independente dentro do Arquipélago das Lucaias das Indias Occidentais no Atlántico. Ocupa o 97% da superficie terrestre do arquipélago Lucayan e alberga o 88% da poboación do arquipélago. O estado arquipeláxico está formado por máis de 3.000 illas, caios e illotes (24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2.000 penedas e escollos) no océano Atlántico, está situado ao norte de Cuba e ao noroeste da illa de Hispaniola (dividida entre Haití e a República Dominicana) e as Illas Turcas e Caicos, ao sueste do Estado norteamericano de Florida, e ao leste dos Caios de Florida.
Javier Ángel Encinas Bardem, máis coñecido simplemente como Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Líbano (árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata o sur, mentres que Chipre se atopa ao oeste, atravesando o mar Mediterráneo. A súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 214.040.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Canas ao vento (italiano: Canne al vento) é unha novela de Grazia Deledda. Foi publicada por primeira vez entre o 12 de xaneiro e o 27 de abril de 1913 na revista L'Illustrazione Italiana; uns meses máis tarde, saíu do prelo a obra completa, na editorial Treves de Milán. Trátase do libro máis coñecido da escritora sarda, gañadora do premio Nobel de Literatura en 1926.
Gorka Landaburu Illarramendi, nado en París, Francia, o 11 de outubro de 1951, é un xornalista vasco. Traballou en diversos medios de comunicación e é director e vicepresidente do consello editor do semanario Cambio 16 e tamén da revista Aldaketa Hamasei. É irmán do tamén xornalista Ander Landaburu, director do xornal El País no País Vasco.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Ponte da Rocha, Conxo, Santiago de Compostela
A Ponte da Rocha é un lugar da parroquia de Conxo, no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago.
Dictionnaire des guérilleros et résistants antifranquistes
1936-1975 Los de la Sierra. Dictionnaire des guérilleros et résistants antifranquistes é unha enciclopedia en liña que reúne perfís biográficos de activistas antifranquistas. Creouse en 2006 da man do historiador libertario Antonio Téllez Solá en colaboración con Rolf Dupuy do Centro Internacional de Investigación sobre o Anarquismo de Marsella.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
As Neves é un filme galego de 2024 escrito e dirixido por Sonia Méndez. É un drama rodado en lingua galega e protagonizado por Andrea Varela, David Rodríguez Fernández, Antía Mariño e Lucía Veiga, xunto aos debutantes Xacobe Bruña Alonso, Irene Rodríguez Vence, Diego Caro, Santi Carmena Rico, Jenny Soto Romarís e Adriana Fernández Pazó. Estreouse de forma mundial no Festival de Málaga o 6 de marzo de 2024, e nos cines españois o 10 de maio de 2024, con distribución de Sideral Cinema.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Felis silvestris é unha especie de mamífero carnívoro da suborde dos feliformes, familia dos félidos e subfamilia dos felinos, unha das integradas no xénero Felis, que habitan en Eurasia e África, e que é coñecida vulgarmente como gato bravo, gato fero, gato do monte, gato montés, gato salvaxe, ou gato silvestre. Ten varias subespecies, entre elas o gato montés europeo (Felis silvestris silvestris) e o gato montés africano (Felis silvestris lybica). Pode hibridarse cos gatos domésticos que foron abandonados na natureza e que volveron ao estado salvaxe.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.