Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
Un lobishome, tamén coñecido como licántropo (do grego: λύκος, «lobo», e άνθρωπος, «humano»), é, nas mitoloxías, lendas e folclores, principalmente da civilización europea, un humano que posúe a capacidade de transformarse, parcial ou totalmente, nun lobo ou nunha criatura antropomorfa próxima a este. Esta transformación pode deberse a varias causas, coma unha imprecación ou ritual voluntario, ou, máis recentemente, pola mordedela ou rabuñada dun lobo ou licántropo. Adoita activarse durante as noites de lúa chea, condenando ao lobishome a vagar coma un lobo ata a mañá.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Fernando Torcal Cabadas, nado en Madrid o 16 de febreiro de 1940 e finado en Cesena o 15 de febreiro de 2000, foi un representante e promotor de fútbol español. Actuou como intermediario en fichaxes de destacados futbolistas da súa época e foi o principal artífice do éxito dos torneos amigables de verán en España, levando a organización de case todos eles, como o Teresa Herrera, o Ramón de Carranza ou o Joan Gamper.
O éuscaro ou vasco (euskara en éuscaro) é a lingua tradicional do pobo vasco. Na actualidade fálase no territorio coñecido como Euskal Herria. Comprende Euskadi e o norte de Navarra (que conforman Hegoalde) e as rexións de Baixa Navarra/Nafarroa Beherea, Lapurdi e Zuberoa, no departamento francés de Pireneos Atlánticos (o que é coñecido como Iparralde.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Louis Braille, nado en Coupvray, a 40 km de París, o 4 de xaneiro de 1809 e finado o 6 de xaneiro de 1852 en París, foi un profesor francés famoso pola invención do sistema de escrita para cegos que tamén se chama braille. Ensinou Matemáticas e Música entre outras materias. Pola súa orixe, o seu nome debe pronunciarse con elle e non con ele como se escoita ás veces.
Soul é un filme estadounidense de animación de 2020, producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Foi dirixido por Pete Docter e codirixido por Kemp Powers, e está protagonizado polas voces de Jamie Foxx, Tina Fey, Graham Norton, Rachel House, Alice Braga, Richard Ayoade, Phylicia Rashad, Donnell Rawlings, Questlove e Angela Bassett.
ASCII é o acrónimo de American Standard Code for Information Interchange (Código Estándar Americano para o Intercambio de Información). É un conxunto de códigos para o computador que serven para representar cifras, letras, puntuación e outros caracteres. A definición dos valores ASCII para os caracteres xurdiu en 1961 e un dos seus inventores foi Robert W. Bemer.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 214.237.
En química orgánica, un substituínte é un átomo ou grupo de átomos que substitúe a un ou máis átomos nunha molécula, converténdose dese xeito nun resto ou residuo na nova molécula resultante. (En química orgánica e bioquímica, os termos substituínte e grupo funcional, así como cadea lateral e grupo colgante -ou pendente-, son usados de forma case indistinta para describir as ramas nunha estrutura química parental, aínda que se fan certas distincións na química dos polímeros. Nos polímeros, as cadeas laterais proxéctanse desde a estrutura da cadea principal ou columna vertebral da molécula.
O Manual de Estilo de Chicago (CMS) é un libro de estilo moi reputado para o inglés americano, que regulamenta cuestións de estilo, preparación dos manuscritos e, en menor medida, uso. (Obsérvese que no mundo da publicación, estilo significa puntuación, uso de cursivas e negras, maiúsculas, táboas etc., non estilo de prosa). De feito, debido ás súas análises agudas de cuestións moi intricadas da puntuación e o uso, utilízano as editoriais de todos os países anglófonos e recibe cada vez máis consideración como fonte de autoridade pola comunidade de editores en lingua inglesa en xeral.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Claudia Sheinbaum Pardo, nada en Cidade de México o 24 de xuño de 1962, é unha política, científica, activista e escritora mexicana quen é a presidenta electa de México, a primeira muller e a primeira persoa de orixe xudía en ser elixida para o cargo. Como membro do partido de esquerda Movemento de Rexeneración Nacional (Morena), anteriormente foi xefa de Goberno de Cidade de México dende 2018 a 2023. Foi secretaria de Medio Ambiente do Distrito Federal de 2000 a 2006, durante a administración encabezada por Andrés Manuel López Obrador e xefa delegacional en Tlalpan de 2015 a 2017.
Mickey Mouse Clubhouse é unha serie de televisión estadounidense de animación para nenos. Producida por Disney Television Animation, a serie foi creada polo veterano de Disney Bobs Gannaway. Os seus 125 emitíronse orixinalmente dende o 5 de maio de 2006 até o 6 de novembro de 2016 a través de Disney Channel, no espazo infantil Playhouse Disney (posteriormente Disney Junior), converténdose na serie orixinal de máis longa duración que se emitiu no bloque.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
O Líbano (árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata o sur, mentres que Chipre se atopa ao oeste, atravesando o mar Mediterráneo. A súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Francisco Javier Gómez Noya, coñecido indistintamente como Javier ou Xavier Gómez Noya, nado en Basilea (Suíza) o 25 de marzo de 1983, é un triatleta galego, o máis laureado da historia deste deporte. Entre o seu longo palmarés conta con cinco títulos de campión mundial (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015), unha prata olímpica (Londres 2012), tres títulos da Copa do Mundo (2006, 2007 e 2008) e catro títulos de campión de Europa (2007, 2009, 2012 e 2016). Foi tamén campión do mundo de tríatlon de longa distancia (2019), campión de Europa de media distancia (2013), dúas veces campión do mundo de Medio Ironman (2014 e 2017), campión do mundo de tríatlon Xterra (2012) e subcampión do mundo de tríatlon de velocidade (2011).
Cándido Gómez Álvarez, máis coñecido como Candi, nado no Porriño o 14 de maio de 1928 e finado en Granada o 2 de setembro de 2024, foi un futbolista e dirixente de fútbol galego, que xogaba como gardameta. Desenvolveu toda a súa carreira entre a Primeira e a Segunda División, destacando especialmente no Granada, club co que disputou 199 partidos oficiais e do que, trala súa retirada, foi presidente ata en cinco ocasións entre 1967 e 1997.
A Frente de Liberación Popular (FLP), máis coñecido por FELIPE, foi unha organización política clandestina antifranquista que actuou en España entre 1958 e 1969. A maioría dos seus integrantes proviñan das formacións estudantís clandestinas das universidades, tiña o seu modelo nas concepcións políticas próximas ao socialismo democrático radical de corte occidental, así como a movementos cristiáns de base. Apoiaba tamén os movementos emerxentes do Terceiro Mundo, quedaron fortemente influídos polo triunfo de Fidel Castro e criticaba o intervencionismo soviético en Hungría ou Checoslovaquia.
Tomás Domínguez Arévalo, nado en Madrid o 26 de setembro de 1882 e finado en Villafranca, Navarra o 10 de agosto de 1952, foi un nobre e político español de ideoloxía carlista tradicionalista máis coñecido polo seu título nobiliario de conde de Rodezno. Ademais, foi XII Marqués de San Martín, Grande de España e V Conde de Valdellano, cabaleiro da Orde Soberana Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, Rodas e Malta, cabaleiro das Reais Maestranzas de Cabalería de Zaragoza e Sevilla, fillo predilecto de Navarra, presidente da Xunta Suprema Tradicionalista, deputado a Cortes por Aoiz, senador do Reino pola provincia de Navarra, ministro de Xustiza do primeiro goberno de Franco, académico da Real Academia da Historia, escritor e xenealoxista así como un dos máis representativos dirixentes do tradicionalismo carlista. Tamén ocupou os cargos de vicepresidente da Deputación de Navarra, conselleiro nacional do Movemento e procurador das Cortes durante as primeiras lexislaturas do franquismo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O cine de animación é aquel no que se usan maioritariamente técnicas de animación. O cine de imaxe real rexistra imaxes reais en movemento continuo, descompoñéndoas nun número discreto de imaxes por segundo. No cine de animación non existe movemento real que rexistrar, senón que se producen as imaxes individualmente e unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento.
A fala de Estremadura, tamén coñecida como fala de Xálima, fala dos tres lugares ou valego, galego estremeño ou galego do Val do Ellas polos partidarios da teoría sobre a relación entre a fala e a lingua galega, é unha variedade lingüística galego-portuguesa falada nos concellos de San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, no Val de Xálima, no noroeste da provincia de Cáceres, en Estremadura. Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito , a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe, pero non todos pensan da mesma forma, algúns pensan que é unha lingua diferenciada do galego pero o galego é a máis próxima. O Ethnologue recólleo como unha lingua e dálle o seu propio código ISO 639-3, fax, non obstante a maioría dos investigadores evitaron darlle a denominación de lingua.
Paleobiology Database (Base de datos paleobiolóxica) é unha fonte de información en liña para a distribución e clasificación de animais, plantas e microorganismos fósiles. Foi fundada no ano 2000 pola Fundación Nacional de Ciencias e o Consello de Investigación Australiano (Australian Research Council). Desde o 2000 até o 2012 foi a sede do National Center for Ecological Analysis and Synthesis, un centro interdisciplinar de investigación coa colaboración da Universidade de California.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A moeda celta de Gran Bretaña abrangue a variedade de obxectos premonetais e moedas que se utilizaron aproximadamente entre o 200 a.C. e o 60 d.C. na illa de Gran Bretaña. As primeiras manifestacións deste diñeiro consistían en diversas formas de barras de ferro. Pola súa banda, as primeiras moedas importáronse en grandes cantidades en torno ao ano 150 a.C., en tanto que as cuñaxes nacionais comezaron arredor do ano 100 a.C. A produción de moeda celta terminou en gran parte coa conquista romana de Britania, primeiro coa invasión de Claudio en 43 d.C. e despois coa derrota de Boudica en 60 ou 61 d.C. É probable que se producisen moedas fundidas durante algúns anos, en maior medida nos arredores do sitio arqueolóxico de Hengistbury Head, en Dorset, Inglaterra.
O Rin (Rhein en alemán, Rhin en francés, Rijn en neerlandés, Rain en retorrománico) é un dos ríos máis longos e importantes de Europa sendo a vía fluvial máis utilizada da Unión Europea (UE). Con unha lonxitude de 1230 km (14° máis longo de Europa), é navegable nun tramo de 883 km entre Basilea (Suíza) e o seu delta no mar do Norte. O seu caudal medio é de 2100 m³/s, e forma un delta común co río Mosa.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
O Rei de Bahrain (árabe: ملك البحرين: ) é o monarca e xefe de Estado de Bahrain. Entre 1783 e 1971, o monarca de Bahrain gobernaba co título de Hakim, e, entre 1971 a 2002, co título de Emir. O 14 de febreiro de 2002, o entón Emir de Bahrain, Hamad bin Isa Al Khalifa, declarou Bahrain un reino e proclamouse o primeiro rei.
Real Expedición Filantrópica da Vacina
A Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis-Salvany ou Expedición Balmis en referencia ao médico alacantino Francisco Xavier Balmis, foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e que durou desde o 30 de novembro de 1803 até 1806. O seu obxectivo era nun principio que a vacina da varíola chegase a cada recuncho do daquela Imperio Español (América, Filipinas e outras illas do Pacífico), xa que a alta mortaldade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos. O rei Carlos IV apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo de todo o imperio, xa que a súa propia filla a Infanta María Luísa sufrira tamén a enfermidade.
A Matanza de Atocha de 1977 foi un atentado terrorista cometido por extremistas de dereita no centro de Madrid a noite do 24 de xaneiro de 1977, no marco do chamado terrorismo tardofranquista. Cinco sindicalistas foron asasinados, marcando a transición española iniciada trala morte do ditador Francisco Franco. Un comando ultradereitista penetrou nun despacho de avogados en dereito laboral de Comisións Obreiras e militantes do Partido Comunista de España, situado no número 55 da rúa de Atocha, abrindo fogo contra os alí presentes, matando a cinco persoas e deixando catro feridos.
O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.
O Forte de Vitoria Grande é un forte do século da cidade española de Melilla. Está situado na Avenida Cándido Lobeira, dentro do conxunto dos Fortes das Vitorias, do Cuarto Recinto Fortificado de Melilla A Vella, que forma parte do Conxunto Histórico Artístico da Cidade de Melilla, un Ben de Interese Cultural.
Estampa Popular Galega (EPG) foi un grupo de artistas gravadores galegos antifranquistas creado en 1968 e activo ata 1970. Os seus principais organizadores foron Reimundo Patiño, Xavier Pousa e Elvira Martínez, colaborando tamén habitualmente Xaime Quessada e Enrique Ortiz. Outros dos máis de vinte artistas que participaron nas súas exposicións foron Bea Rey, Tino Grandío, Laxeiro, Rivas Briones e Xulio Maside.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.