Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Ángela Banzas, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1982, é unha escritora galega en lingua castelá. Finalista do Premio Planeta 2025 por El color de la lluvia. Trátase dun drama histórico que conta unha historia de segredos familiares protagonizada por unha nena nada na posguerra e criada polos seus avós na Galicia rural.
Cangas, ou Cangas do Morrazo (á espera da oficialización da forma Cangas de Morrazo), é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Adolfo Prego de Oliver Domínguez
Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.
Unha arteríola é un vaso sanguíneo de pequeno tamaño da microcirculación que sae e se ramifica dunha arteria e chega aos capilares. As arteríolas teñen paredes musculares (xeralmente só dúas capas de células musculares lisas, ás veces unha) e son o primeiro lugar de resistencia vascular. O maior cambio na presión arterial e da velocidade do sangue ocorre na transición entre as arteríolas e os capilares.
Kwame Nkrumah, nado o 21 de setembro de 1909 en Costa de Ouro (hoxe Ghana) e finado o 27 de abril de 1972 en Bucarest, Romanía, foi un político, filósofo panafricanista e revolucionario ghanés, líder anticolonial, antineocolonial e anti-imperialista de África tamén coñecido como Francis Nwia-Kofi Ngoloma. Foi primeiro ministro de Costa de Ouro entre 1952 e 1957 cando gañou a independencia do Reino Unido. Tamén foi primeiro ministro e presidente de Ghana entre 1957 e 1966.
Luis García Montero, nado en Granada o 4 de decembro de 1958, é un poeta e crítico literario español, ensaísta, catedrático de Literatura Española na Universidade de Granada. Pertence á xeración dos oitenta ou postnovísimos dentro da corrente denominada poesía da experiencia. É director do Instituto Cervantes desde 2018.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Amaia Montero Saldías, nada en Irún (Guipúscoa) o 26 de agosto de 1976, é unha cantante española de pop e baladas. Deuse a coñecer como vocalista do grupo donostiarra La Oreja de Van Gogh en decembro de 1996. O 19 de novembro de 2007 anunciou a súa retirada do grupo para iniciar unha carreira en solitario.
Chester Charles Bennington, nado en Phoenix (Arizona) o 20 de marzo de 1976 e finado nos Ánxeles o 20 de xullo de 2017, foi o vocalista da banda estadounidense de nu metal, Linkin Park. No ano 2013, tras a expulsión de Scott Weiland, Bennington converteuse tamén no vocalista da banda Stone Temple Pilots.
Unha vénula é unha vea moi pequena que forma parte da microcirculación que permite que o sangue retorne desde a rede de capilares para drenar no sistema venoso por medio de veas cada vez máis grandes. As vénulas poscapilares son as veas máis pequenas, cun diámetro de entre 10 e 30 micrómetros (μm). Cando as veas poscapilares incrementan o seu diámetro ata os 50 μm poden incorporar músculo liso e denomínanse vénulas musculares.
Mamani é un apelido de orixe andina vinculado principalmente á lingua e cultura aimará. Etimoloxicamente, atribúeselle o significado de «falcón» ou «ave de rapina» en aimará. É un dos apelidos indíxenas máis frecuentes no altiplano andino, con máxima presenza en Bolivia e distribución relevante en Perú, e o norte de Arxentina e Chile.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
David Bustamante Hoyos, nado en San Vicente de la Barquera (Cantabria) o 25 de marzo de 1982, é un cantante español. Participou na primeira edición do concurso Operación Triunfo, quedando en terceira posición. Ata a data vendeu máis de 2.000.000 copias dos seus oito discos editados e ofreceu máis de 800 concertos.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 227.082.
Artur é un nome propio masculino galego. De orixe celta, o seu significado é "Gardián da osa", referíndose á constelación, malia poder tamén ser interpretado noutras ocasións coma "oso forte" ou "oso nobre". O Rei Artur é un personaxe moi soado da literatura europea, especialmente na inglesa, mais popular tamén na galega pola influencia céltica; e que tamén pode ser atopado na literatura latina; onde aparece coma o monarca ideal, tanto na guerra como na paz, polos seus valores como estratego da armada inglesa.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Non confundir con "néboda", de nome científico Potentilla erecta A nébeda ou calaminta (Calamintha nepeta (L.) Savi 1798) é unha especie botánica herbácea perenne. É un membro da familia das mentas, e é usada en Galicia para cocer coas castañas e facelas máis dixestíbeis. Tamén é común na cociña italiana onde lle chaman mentuccia, nipitella ou nepitella.
Eleccións municipais en Cangas
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Cangas dende 1979.
Catedral de Notre-Dame de París
Este artigo trata sobre a sé parisiense, para a novela véxase: Notre-Dame de París. A Notre-Dame de París, coñecida como Notre-Dame, é a catedral da arquidiocese católica de París. Notre-Dame de París non é a meirande das catedrais francesas, mais é, sen dúbida unha das máis importantes da arquitectura dese país.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O Premio Planeta de novela é un certame de novela concedido desde 1952 pola editorial Planeta cunha contía inicial de 40.000 pesetas e creado por José Manuel Lara Hernández. Desde 1974, tamén se premia o finalista. Fállase o 15 de outubro, festividade de Santa Teresa (nome da esposa de José Manuel Lara) e, dende 2021, o premio está dotado cun millón de euros o que o converte no premio literario mellor dotado, mesmo, que o Premio Nobel de Literatura.
Das cousas de Ramón Lamote é unha obra de narrativa de Paco Martín, publicada en galego en 1985. É unha obra fundacional que supón a introdución na literatura xuvenil galega na corrente do realismo máxico de herdanza cunqueirá, un dos grandes éxitos de vendas da literatura galega, e especialmente o best-séller da literatura infantil e xuvenil feita en Galiza. Ademais, o libro foi incluído nas reputadas listaxes do IBBY Honour List (1986) e mais do White Ravens (1988); así mesmo o autor foi recoñecido co Premio O Barco de Vapor en 1984, o Premio Antón Losada Diéguez en 1985 e o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España de 1986 grazas a este título, que máis de 20 anos despois, en 2008, tivo unha continuación, coa saída ao mercado de Das novas cousas de Ramón Lamote, tamén ilustrado por Xan Balboa e publicado por Galaxia.
At The Drive-In é unha banda de post-hardcore formada en El Paso, Texas, e que estivo activa entre os anos 1993 e 2001. Os seus membros foron: Cedric Bixler (voz, percusión e sintetizadores), Omar Rodríguez-López (guitarra e voz) Jim Ward (guitarra, voz, teclados e percusión), Paul Hinojos (baixo) e Tony Hajjar (batería). A comezos do ano 2012 a banda anunciou unha reunión para realizar varios concertos.
Santa Mariña de Castrelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (73 mulleres e 63 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 51 homes e 45 mulleres.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
El hombre que teje é unha curtametraxe documental paraguaia de 2018, dirixida por Armando Aquino, que aborda as historias e lendas relacionadas á tradición do ñandutí a partir da documentación e investigacións do folclorista e antropólogo Gustavo González Riquelme. O material audiovisual foi guionizado por Eduardo Subeldía e producido polo medio de comunicación Kultural.com por iniciativa do complexo Villa Morra Suites. Foi declarado «de interese turístico nacional» pola Secretaría Nacional de Turismo do Paraguai.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Un político ou unha política, é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.
Teresa de Ávila, tamén chamada Tareixa de Ávila ou Tareixa de Xesús, nada como Teresa de Cepeda y Ahumada, naceu en Ávila o 28 de marzo de 1515 e finou en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582. Foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Fundou a Orde dos Carmelitas Descalzos.
José María Benegas Haddad, coñecido como «Txiki» Benegas, nado en Caracas o 25 de xullo de 1948 e finado en Madrid o 25 de agosto de 2015, foi un político e avogado español. Membro do Partido Socialista de Euskadi integrado no Partido Socialista Obrero Español. Licenciado en Dereito, foi deputado no Congreso dos Deputados desde 1977, obtendo a última vez o escano en 2011 por Biscaia.
Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) é unha banda de rap metal e funk metal formada nos Ánxeles no ano 1991. Estivo formada durante toda a súa traxectoria por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
When Johnny Comes Marching Home
"When Johnny Comes Marching Home" é unha canción popular da Guerra Civil Estadounidense, que expresa a morriña da xente polos seus amigos e familiares combatentes na guerra. A canción refírese a un capitán de artillaría lixeira, John O`Rourke, do exército da unión.
Alternativa dos Veciños é un partido político que actuou ao longo da súa historia no concello de Oleiros. A partir das eleccións de 2015 iniciou un proceso de ampliación coa presentación de candidaturas nos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo o que lle permitu entrar na Deputación da Coruña. Nos anos seguintes o partido aumentou as agrupacións locais, e así tras as eleccións de 2019 fíxose coa alcaldía do concello de Carral e entrou nos gobernos locais de Bergondo e Sada.
Pratos combinados é unha serie de televisión que foi emitida por TVG en Galicia dende o 1 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Os realizadores da serie decidiron finalizala nese ano, despois de 14 temporadas. Emitíase os Mércores pola noite na TVG. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión galega xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.