Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Para o nirmatrelvir combinado co ritonavir (vendido co nome comercial Paxlovid), ver Paxlovid O ritonavir, vendido co nome comercial Norvir, é un medicamento antirretroviral usado xunto con outros mdicamentos para tratar o VIH/SIDA. Este tratamento combinado denomínase terapia antirretoviral altamente activa (HAART polas súas siglas en inglés). O ritonavir é un inhibidor da protease, aínda que agora serve principalmente para potenciar outros inhibidores da protease. Pode tamén utilizarse en combinación con outros medicamentos para tratar a hepatite C e a COVID-19.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Sarxento (sarx. ou Sxto.) é un grao militar intermedio entre as clases de tropa e a oficialidade, que pertence, segundo o país e exército, a estas mesmas clases de tropa ou a unha escala denominada suboficiais. Algúns corpos de policía e forzas de seguridade tamén adoptaron este grao, como cadros de mando intermedio.
Three Billboards Outside Ebbing, Missouri
Three Billboards Outside Ebbing, Missouri é un filme británico-estadounidense de 2017 escrito, dirixido e producido por Martin McDonagh. Está protagonizado por Frances McDormand, que interpreta unha nai que publica uns anuncios nuns carteis da estrada para chamar a atención sobre o asasinato sen resolver da súa filla. Woody Harrelson, Sam Rockwell, John Hawkes e Peter Dinklage aparecen nos papeis secundarios.
Byung-Chul Han (en coreano: 한병철), nado en Seúl en 1959, é un filósofo e ensaísta surcoreano. É experto en estudos culturais e docente da Universität der Künste (Universidade das Artes) de Berlín. Escribe en lingua alemá e está considerado como un dos filósofos máis salientables do pensamento contemporáneo pola súa crítica ó capitalismo, a sociedade do traballo, a tecnoloxía e a hipertransparencia.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
Albert Einstein, ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e finado en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia. Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
William Alexander Chilton , nado en Menphis, Tennessee o 28 de decembro de 1950 e finado o 17 de marzo de 2010 en Nova Orleáns, Luisiana, foi un cantautor, guitarrista e produtor norteamericano. Compositor destacado no power pop americano, foi principalmente coñecido por ser membro das bandas de rock The Box Tops e Big Star.
Ágatha Ruiz de la Prada y Sentmenat, XII marquesa de Castelldosrius, XXIX baronesa de Santa Pau e Grande de España, nada en Madrid o 22 de xullo de 1960, é unha deseñadora de roupa española. Estudou na Escola de Artes e Técnicas da Moda de Barcelona. Comezou a súa carreira como deseñadora en 1981, cando presentou a súa primeira colección en Local, un Centro de Deseño.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017, sumando ata o de agora 319 semanas como número un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2025
O Campionato Mundial de Fórmula Un da FIA de 2025 é un campionato de carreiras de automobilismo para coches de Fórmula 1 e a 76ª edición do Campionato Mundial de Fórmula 1. Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o organismo reitor do automobilismo internacional, como a máxima categoría de competición para coches de carreiras de rodas abertas. O campionato dispútase en vinte e catro Grandes Premios que se celebran en todo o mundo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego, que xoga na demarcación de dianteiro no Celta de Vigo. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no club vigués, sendo o xogador con máis partidos na súa historia (534), así como o seu máximo goleador histórico (217 goles). Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
O escándalo (en inglés: Bombshell) é un filme estadounidense-canadense de 2019 dirixido por Jay Roach e escrito por Charles Randolph. Está protagonizado por Charlize Theron, Nicole Kidman e Margot Robbie, e baséase nos feitos reais que lles ocorreron ás mulleres de Fox News, que expuxeron ao CEO da canle, Roger Ailes, e acusárono de acoso sexual. John Lithgow, Kate McKinnon, Connie Britton, Malcolm McDowell e Allison Janney compoñen o resto do elenco principal.
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
Carreira Pedestre Popular de Santiago
A Carreira Pedestre Popular de Santiago é unha carreira de atletismo que se leva a cabo na cidade galega de Santiago de Compostela dende o ano 1978 cada último domingo de mes de outubro. Conta cun percorrido duns 12 quilómetros para a categoría absoluta e arredor de sete para a categoría escolar.
Os mongois (en mongol: Монголчууд, Mongolchuud, ᠮᠣᠩᠭ᠋ᠣᠯᠴᠤᠳ) son un grupo étnico de Asia central e oriental nativo de Mongolia e na rexión autónoma chinesa de Mongolia Interior. Tamén hai minorías noutras rexións da China (Xinjiang), así como en Rusia. Os mongois pertencentes ós subgrupos buriato e calmuco viven na República dos Buriatos e República dos Calmucos respectivamente.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Presidente do Goberno de España
O presidente do Goberno de España é o xefe do Goberno de dito país europeo. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, e tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo rei Filipe VI perante o cal toma xuramento. As funcións do presidente do Goberno están establecidas na Constitución española nos artigos 97 ao 116.
Santiago de Bravos é unha parroquia do concello lugués de Ourol. Tiña 208 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 104 homes e 104 mulleres. O que supón unha diminución de 33 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 241 habitantes (123 homes e 118 mulleres), tamén 33 menos que en 2006.
A vaxina (do latín vagīna, "vaíña") é un conduto fibromuscular elástico, que forma parte dos órganos xenitais internos da muller –xa que logo, parte do aparato reprodutor feminino–. Nas femias dos mamíferos, esténdese desde o vestíbulo vaxinal até o cérvix uterino. A vulva e a vaxina, dúas estruturas anatómicas diferentes que non deben confundirse, son os órganos da copulación nos mamíferos.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O Romanticismo foi un movemento artístico e ideolóxico que se orixinou en Alemaña e no Reino Unido a finais do século XVIII como unha reacción contra o racionalismo da Ilustración e o Neoclasicismo, dándolle preponderancia ó sentimento e a unha serie de valores humanos como a liberdade, o irracionalismo e a particularidade do individuo. O Romanticismo apareceu como consecuencia das loitas políticas, ideolóxicas e sociais que se estaban a dar no continente europeo, baixo un contexto de revolucións liberais e conquistas territoriais por parte do imperio napoleónico, que unidos a un desexo de liberdade contribuíron á aparición dun sentimento patriótico e nacionalista en Europa. Ademais, en medio das violentas tensións xeradas pola nova clase ascendente da burguesía e a decadente nobreza desenvolveuse o proceso de consolidación das grandes nacionalidades europeas.
Un Youtubeiro ou YouTuber, tamén coñecido como personalidade de YouTube, famoso de YouTube ou creador de contido de YouTube, é un tipo de famosos e videógrafos de Internet que gañou popularidade no sitio para compartir vídeos de YouTube. Ás veces, as redes apoian a estas celebridades. Algunhas personalidades de YouTube teñen patrocinadores corporativos que pagan por colocar produtos nos seus clips ou producir anuncios en liña.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul. O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite.
A obsidiana é unha rocha ígnea cunha composición química de silicatos alumínicos e unha grande porcentaxe (máis do 70%) de óxidos silicios. A súa composición é parella ao do granito e á da riolita. A obsidiana non é cristalina, senón un vidro, un vidro volcánico, e aínda que non é un mineral, ás veces clasifícase como un mineraloide.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
A Corporación Espacial Estatal "Roscosmos" (ruso: Государственная корпорация по космической деятельности «Роскосмос»), coñecida de xeito sinxelo como Roscosmos (ruso: Роскосмос), é unha empresa estatal da Federación Rusa responsable dos voos espaciais, incluíndo o programa de cosmonáutica e a investigación aeroespacial. A sede de Roscosmos atópase en Moscova, mentres que o centro espacial principal de Control da Misión está en Koroliov. O Centro de Entrenamento de Cosmonautas Gagarin está na Cidade das Estrelas, tamén no óblast de Moscova.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia: