Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O feísmo, tamén coñecido coma maltrato da paisaxe, é un termo acuñado en Galiza para referirse a unha problemática específica galega, xa que os expertos sosteñen que o fenómeno remata nas fronteiras con Portugal, Asturias e Castela e León. O concepto serve para designar un estilo arquitectónico ou urbanístico de trazos esteticamente discutíbeis. Trátase de construcións humanas que degradan o contorno e que chocan de fronte cos canons estéticos propios do lugar, e foi definido coma "un desleixo xeneralizado que impera en boa parte das construcións do país e que se fai especialmente patente no medio rural e naquelas zonas que sofren os estragos da especulación urbanística".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A biomagnificación, tamén chamada bioamplificación ou magnificación biolóxica, é o incremento da concentración dunha substancia, por exemplo un pesticida, nos tecidos dos organismos conforme vamos ascendendo de nivel trófico nunha cadea trófica. Este incremento pode ocorrer como resultado de: Persistencia da substancia.– A substancia non pode ser degradada polos procesos ambientais ou faino moi lentamente. Bioenerxética da cadea trófica.– A concentración da substancia increméntase progresivamente a medida que ascendemos de nivel trófico pola forma de alimentarse dos animais.
O Muutos.art foi un centro expositivo aberto en Tampere (Finlandia) entre o 14 de xuño e o 31 de agosto de 2024. No centro expuxéronse máis de 50 obras de arte espaciais de case medio centenar de artistas, parellas de artistas e grupos de traballo. Ademais da exposición principal nos dous andares superiores do inmoble, houbo varias exposicións temporais ao longo do verán en dúas pequenas galerías da planta baixa, así como obradoiros, visitas guiadas e graffiti nos muros exteriores do edificio.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes femininos galegos máis comúns
A continuación detállase unha lista dos nomes femininos galegos máis comúns en Galicia segundo datos do Instituto Galego de Estatística.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña o 25 de setembro de 1897 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003, é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco. En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
The Legend of Zelda: Ocarina of Time
The Legend of Zelda: Ocarina of Time é un videoxogo de acción, aventura e rol. É o primeiro da saga de The Legend of Zelda con gráficos 3D e lanzado para Nintendo 64. Foi citado en repetidas ocasións como un dos mellores videoxogos de tódolos tempos.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Huawei Technologies Co. Ltd. (pronunciado /ˈhwɑːˌweɪ/) en (chinés simplificado: 華為技術有限公司, pinyin: Huáwei Jíshu Yǒuxiàn Gōngsī), ten a súa sede principal en Shenzhen, Guangdong, República Popular da China, é o maior fabricante de equipamento de redes e telecomunicacións na China, e un dos líderes mundiais nesta industria.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por Internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
George Grosz, de nome real Georg Ehrenfried Groß, nado en Berlín, o 26 de xullo de 1893, finado en Berlín Oeste, o 6 de xullo de 1959, foi un pintor alemán nacionalizado estadounidense. Foi un membro destacado do movemento dadaísta de Berlín e da Nova Obxectividade durante a súa etapa na República de Weimar, antes de emigrar aos Estados Unidos en 1933.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar e o máis próximo ao Sol. O igual que Venus, Mercurio orbita o Sol dentro da órbita terrestre como un planeta inferior, e a súa distancia aparente o Sol visto desde a Terra nunca supera os 28°. Esta proximidade ao Sol fai que o planeta só poida verse preto do horizonte occidental despois da posta de sol ou do horizonte oriental antes da saída do sol, normalmente no crepúsculo.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
William Patrick Corgan Jr., nado o 17 de marzo de 1967 en Elk Grove Village (Illinois), é un músico e poeta estadounidense, coñecido por ser o líder, cantante, guitarrista e único membro permanente da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Fundou o grupo Zwan despois da separación de The Smashing Pumpkins no ano 2000, pero este tivo unha curta vida e só editou o álbum Mary Star of the Sea. No ano 2004 publicou o libro de poemas Blinking with Fists, e ao ano seguinte o disco en solitario TheFutureEmbrace.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega. Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf (Alemaña), co tema «Que me quiten lo bailao». Foi a primeira galega en facelo por España e obtivo o 23º posto, con 50 puntos.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.887.
A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).
Cristóbal Ricardo Montoro Romero, nado en Cambil (Xaén) o 28 de xullo de 1950, é un político español, ministro de Facenda e Administracións públicas entre 2011 e 2018. Entre 2000 e 2004 foi tamén ministro de Facenda no goberno de Aznar, e foi membro do Parlamento Europeo e da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República da China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2 685 357 habitantes en 2001). Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), á beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708.
Spirit: Stallion of the Cimarron
Spirit: Stallion of the Cimarron é un filme de animación estadounidense dirixido por Kelly Asbury e Lorna Cook que se estreou no 2002.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O Panteón de Roma ou Panteón de Agripa (en italiano: Il Pantheon) é un edificio relixioso da Roma antiga que, en orixe, foi un templo consagrado a todas as divindades da relixión antiga, e que foi transformado nunha igrexa cristiá no século VII. Foi reconvertido en igrexa cristiá no 608 e adicado á Virxe polo que hoxe é denominado, propiamente, como Basílica de Santa María ad Mártires, aínda que, o seu nome coloquial é Santa María Rotonda. Así, a praza fronte á edificación denomínase Piazza della Rotonda e dá nome a un distrito da cidade. É o único monumento do mundo antigo grecorromano que chegou até os nosos días practicamente intacto e é a arquitectura da Roma antiga que mellor conservada está; de feito, o seu uso foi continuo dende que se construíu.