Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún agasallo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Turku (en finés [ˈturku] (AFI), escoitar) ou Åbo (en sueco [ˈoːbu] (AFI), escoitar), fundada no século XIII, é a cidade máis antiga de Finlandia e a quinta en poboación, con 174.868 habitantes (no ano 2005). A cidade de Turku atópase na boca do río Aurajoki no suroeste do país, é a capital da rexión da Finlandia Propia e constitúe a terceira área urbana do país cunha área metropolitana de 270.000 habitantes. A cidade posúe unha das maiores poboacións suecofalantes do país.
Luanda (antigamente São Paulo de Loanda) é a capital e a cidade máis grande de Angola. Situada sobre a costa atlántica, Luanda é o principal porto do país. En 2014 tiña unha poboación de 8.2 millóns de habitantes, convertíndoa na terceira cidade máis grande de fala portuguesa no mundo, só por detrás de São Paulo e Río de Xaneiro, tamén é a 19º cidade máis poboada de África.
A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para o cultivo da terra co fin de plantas útiles ao home, particularmente para a súa alimentación. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforman o medio natural e hábitats. A agricultura foi o desenvolvemento clave no xurdimento da civilización humana sedentaria, mediante a cal o cultivo de especies domesticadas creou excedentes de alimentos que permitiron ás persoas vivir agrupadas nun mesmo poboado.
Guangxi (en chinés: 广西; pinyin: Guǎngxī) oficialmente Rexión Autónoma de Guangxi Zhuang (en chinés: 广西壮族自治区), é unha provincia do sur da China limitando con Vietnam (concretamente coa rexión vietnamita de Tonkín). En 1958, converteuse en rexión autónoma, un territorio con privilexios especiais creados especificamente para os habitantes da rexión, do pobo zhuang. A súa situación, nas áreas montañosas do sur da China, constituíu o límite da cultura e da civilización chinesas ó longo da historia.
Vi ,editor de texto, orixinalmente escrito por Bill Joy no 1976, tomando recursos de ed e ex, dous editores de texto deficientes para UNIX, que trataban de crear e editar ficheiros, de alí, a creación de "vi". Hai unha versión mellorada chamada Vim, pero Vi é un editor de texto que se atopa en (case) todos os sistema de tipo Unix, de forma que coñecer a forma de usalo é unha axuda ante operacións de emerxencia en diversos sistemas operativos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Navarra (en éuscaro: Nafarroa, en castelán: Navarra), oficialmente Comunidade Foral de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Foru Komunitatea, en castelán: Comunidad Foral de Navarra), é unha comunidade foral uniprovincial de España, ademais dunha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Situada no extremo norte da Península Ibérica, limita ao norte co departamento dos Pireneos Atlánticos en Francia, ao leste coas provincias aragonesas de Huesca e Zaragoza, ao sur coa Rioxa e ao oeste coas provincias vascas de Guipúscoa e Áraba. Está formada por 272 concellos, un deles, Petilla de Aragón, formado por dous exclaves na provincia de Zaragoza.
Ningxia (en chinés: 宁夏; xiao'erjing: نٍ ﺷﯿَا ﺧُﻮِ ذُﻮْ ذِ جِ ﺛُﻮْ), oficialmente Rexión Autónoma Hui de Ningxia, é unha rexión autónoma da República Popular da China que se atopa no noroeste do país. Antigamente unha provincia da China, Ningxia foi incorporada a Gansu en 1954, pero foi separada en 1958 e constituída como rexión autónoma para o pobo hui, un dos 56 grupos étnicos oficialmente recoñecidos pola China. O vinte por cento da poboación hui da China vive en Ningxia.
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
O sonar (do inglés SONAR, acrónimo de Sound Navigation And Ranging, ‘navegación por son‘) é unha técnica que usa a propagación do son baixo a auga (principalmente) para navegar, comunicarse ou detectar outros buques. Dous tipos de tecnoloxía comparten o nome "sonar": o sonar pasivo esencialmente escoita o son feito por outros navíos e o sonar "activo" que emite os pulsos de sons para a escoita dos ecos. O sonar pode usarse como medio de localización acústica, funcionando de forma similar ao Radar, coa diferenza de que en lugar de emitir sinais de radio empréganse impulsos sonoros e magnéticos.
Nairobi é a capital e a maior cidade de Kenya. O nome deriva da frase en lingua masai Enkare Nairobi, que significa 'lugar de augas frías', en referencia ao río Nairobi, que discorre pola cidade. Segundo o censo de 2019, tiña unha poboación de 4 397 073 habitantes, mentres que a área metropolitana contaba cunha poboación estimada en 2022 de 10,8 millóns de persoas.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
Niue (/ˈnjuːeɪ/, /niːˈjuːeɪ/) é un país insular no océano Pacífico Sur, 2400 km ao nordés de Nova Zelandia. A superficie terrestre de Niue é duns 261 km² e a súa poboación, predominantemente polinesios, era duns 1.600 habitantes en 2016 (1.937, poboación estimada en 2021). Niue está situada nun triángulo entre Tonga, Samoa e as Illas Cook e está composto pola illa homónima e polo Arrecife Antiope.
En Vigo celébrase con nome de Reconquista de Vigo unha sublevación popular que se encadra na Guerra da Independencia española. A Reconquista é o nome co que se coñece tradicionalmente ao proceso histórico por medio do cal os reinos cristiáns do norte da Península Ibérica van conquistar progresivamente o Al-Andalus. Considérase que comeza no 722 coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa Batalla de Covadonga e vai finalizar no 1492 coa conquista do Reino de Granada.
BioWare é unha empresa canadense fundada en 1995 dedicada ao desenvolvemento de videoxogos. É famosa por desenvolver videoxogos de rol occidental para PC moi exitosos como as sagas Neverwinter Nights, Baldur's Gate, Dragon Age, Star Wars: Knights of the Old Republic e Mass Effect. A compañía foi fundada por Casey Hudson, David Gaider, Ray Muzyka e Greg Zeschuk.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Henan (en chinés 河南, en pinyin Hénán) é unha provincia da República Popular da China, localizada no centro do país. É o berce da civilización chinesa con 3 000 anos de historia rexistrada, e permaneceu como centro cultural, político e económico ata hai aproximadamente mil anos. Entre os seus tesouros artísticos salientan as ruínas da capital da dinastía Shang, Yin Xu, e o mosteiro Shaolin.
Leicester é unha cidade de Inglaterra, capital do condado de Leicestershire, e unha das cidades máis importantes da provincia das Midlands do Leste. A súa poboación é de 305.700 habitantes (441.213 no total da súa área urbana), o que significa que é a 10ª cidade máis grande do Reino Unido. Conserva salientables ruínas da época romana, cando o pobo se chamaba Ratae Corieltauvorum.
Tournai (en alemán Dornick; en latín Tornacum; en neerlandés Doornik) é unha cidade francófona de Bélxica situada na rexión valoa, cabeceira de distrito na provincia de Hainaut e sede de bispado. Tournai é unha das cidades máis antigas de Bélxica, xunto con Arlon e Tongres. Tivo un papel histórico, económico e cultural importante no Condado de Flandres durante a Idade Media e o Renacemento.
Utah é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión das Montañas Rochosas. É un dos máis importantes centros de transporte e de telecomunicacións do Oeste americano. A capital e maior cidade de Utah é Salt Lake City e na súa rexión metropolitana vive máis do 60% da poboación do Estado.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
Seinen (青年) é unha palabra xaponesa que se podería traducir como "home novo" e que aquí é utilizada para referirse a unha categoría de manga ou anime que ten por albo un público masculino adulto, normalmente entre os 18 e 40 anos. O seu equivalente feminino é o josei. A variedade de estilos e de temáticas tratadas neste tipo de banda deseñada son moi amplos (podendo ir desde o máis vangardista ao porno), mais ten como característica común o feito de que, a diferenza do manga shōnen, aborda as diferentes temáticas dunha maneira máis seria e adulta, podendo chegar nalgún momento a ter unha linguaxe máis violenta e crúa.
Litecoin (LTC ou Ł, moeda leve) é unha criptomoeda do tipo par con par, que é ó mesmo tempo unha moeda e un sistema de pagos baseada nunha rede de datos totalmente descentralizada, xa que non posúe ningunha autoridade ou control principal. O seu proxecto foi inspirado no proxecto bitcoin, co cal comparte varios aspectos, diferenciándose no xeito en como se procesan os bloques de datos, que, no caso da moeda litecoin, faise de maneira máis sinxela e con menor consumo de recursos.
Bath é unha cidade do suroeste de Inglaterra, no condado de Somerset, coñecida polos seus balnearios termais alimentados por tres mananciais. Os primeiros documentos históricos en relación coa cidade, datan de época romana e fan referencia aos seus mananciais. O primeiro templo levantado no manancial das augas termais construírono os celtas.
Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia. Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York.
Unha casa (do latín casa) é unha construción destinada a vivenda, construída a fin de ser habitada polos seres humanos, polo xeral por unha unidade familiar e/ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia. A casa, formada polo teito e as paredes que pechan un recinto, serve para refuxiarse da choiva, o vento, o frío e a calor ou outras inclemencias meteorolóxicas así como de posibles intrusos humanos ou animais. Unha vivenda unifamiliar, que pode ser illada ou apegada a outras casas similares compartindo as paredes medianeiras ou formando fileiras máis ou menos longas nas rúas da maior parte das cidades e pobos.
Hades (/ˈades/; en grego antigo: ᾍδης, romanizado: Hā́idēs [háːi̯dεːs], máis tarde [háːdεːs]), na mitoloxía e relixión da Grecia antiga, é o deus dos finados e rei do inframundo, do cal o seu nome se tornou sinónimo. A palabra facía referencia en Homero só ao deus; sendo o xenitivo ᾍιδού Haidou un elisión para designar localización: ‘[a casa/dominio] de Hades’. Finalmente tamén o nominativo chegou a designar a morada dos mortos.
TELNET (Telecommunication Network) é un protocolo de rede usado en Internet ou en conexións de redes de área local LAN . O documento STD 8 do IETF (vexa RFC 854 e RFC 855) establece: "o propósito do protocolo TELNET é prover dunha comunicación binaria de propósito xeral, bidireccional, de 8 bits". Telnet é tamén o nome do programa informático que utiliza o usuario do protocolo de rede Telnet.
Orkut foi unha rede social propiedade de Google, creada o 19 de xaneiro de 2004 co obxectivo de dotar os usuarios dunha ferramenta para crear novas amizades e manter relacións sociais. O seu nome procede do xefe dos desenvolvedores do proxecto Orkut Büyükkokten, enxeñeiro turco de Google. Na súa creación pensouse no mercado norteamericano e nun principio foi unha rede fundamentalmente anglófona coa maioría dos seus membros procedentes dos Estados Unidos.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio. Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico.
Alagoas é un estado brasileiro situado na Rexión Nordeste. Ten como límites: Pernambuco (N e NO); Sergipe (S); Baía (SO); e o océano Atlántico (E). Ocupa unha área de 27.767 km² (equivalente en tamaño a Albania) e tiña uns 2 827 856 habitantes segundo o Censo 2000 (poboación equivalente á de Galiza).
Hiroshima, ás veces tamén escrito Hiroxima ou Hiróxima, (広島市, ひろしまし; Hiroshima-shi) é unha cidade xaponesa, capital da prefectura de Hiroshima, na rexión de Chūgoku. En 2003, a cidade contaba cunha poboación estimada de 1 136 684 persoas e unha densidade de poboación de 1.532,44 hab./km². A súa superficie total é de 741,75 km².
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
Bangkok, coñecida oficialmente en tailandés como Krung Thep Maha Nakhon e coloquialmente como Krung Thep, é a capital e meirande cidade de Tailandia. A cidade abrangue 1.568,7 km2 e está localizada na ribeira leste do río Chao Phraya, preto do Golfo de Tailandia. Posúe unha poboación de 10 millóns de habitantes segundo datos de 2024, é dicir, o 13% da poboación do país.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia] O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia] O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O Skagerrak (Skagerack, Skagerak) é un estreito entre o sur da Noruega, o Bohuslän sueco e o noroeste da Xutlandia dinamarquesa. Une o Kattegat e o mar do Norte dunha banda e o mar Báltico, pasando por Öresund, da outra. Cunha superficie de aproximadamente 32 000 km², forma un rectángulo de 240 km de lonxitude por 130–145 km de largura, delimitado ao oeste pola liña Lindesnes (Noruega) — Hanstholn (Dinamarca) e ao leste pola liña Pater-Nosterskären (Suecia) — Grenen (cabo setentrional de Dinamarca).
Vodafone é unha empresa británica de telecomunicacións que opera en 30 países directamente e noutros 40 como asociada. É o segundo operador de telecomunicacións mundial, tiña en decembro de 2011 máis de 439 millóns de clientes. En España mercou o operador Airtel para despois empregar o nome de Vodafone.
Almada é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito de Setúbal, rexión de Lisboa e subrexión da Península de Setúbal, con preto de 174 030 habitantes (2011). É sede dun pequeno mais densamente poboado municipio con 70,21 km² de área. O concello limita ó leste co municipio do Seixal, ao sur con Sesimbra, ó oeste co océano Atlántico, e ao norte e nordeste co estuario do Texo, fronte aos municipios de Lisboa e Oeiras.
Bloemfontein (do afrikaans e neerlandés: a fonte de Bloem (flor) ou fonte de flores) é unha das tres capitais de Suráfrica, xunto con Pretoria e Cidade do Cabo. Bloemfontein é a capital xudicial de Suráfrica, así como tamén a capital da Provincia do Estado Libre. O nome sesotho da cidade é Mangaung, que significa "o lugar onde moran os guepardos".
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Este artigo trata sobre unha vila, para o froito véxase artigo pexego. Pavia (en italiano Pavia) é unha cidade do suroeste da Lombardía, no norte de Italia, é cruzada polo río Ticino (durante a época romana chamábase Ticinum), un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital da provincia de Pavia e en 2001 contaba con 71.074 habitantes.
Pforzheim é unha cidade no sur de Alemaña, no estado de Baden-Württemberg. A cidade atópase no val do río Enz, no norte da Selva Negra, e ten 122.247 habitantes (2015). É coñecida tamén como a Cidade do Ouro (Goldstadt) debido a que foi durante moito tempo o centro da industria de xoias e reloxos en Alemaña.
A Honda Motor Co., Ltd. (本田技研工業株式会社, Honda Giken Kogyo Kabushiki Kaisha) é unha das máis importantes corporación multinacional xaponesa coñecida principalmente como un fabricante de automóbiles e motocicletas do mundo. Fundada por Soichiro Honda, un rapaz soñador e realizador que dende a infancia mostrábase un visionario de seu tempo.
Campobasso (Campuasce, pronunciado /kambəw'aʃ:ə/, no dialecto campobassano) é a cidade capital da rexión de Molise e da provincia homónima, en Italia. Nunha área de 55 km² posúe unha poboación duns 50.995 habitantes (2010). Ten lindes cos concellos de: Busso, Campodipietra, Castropignano, Ferrazzano, Matrice (CB), Mirabello Sannitico, Oratino, Ripalimosani, San Giovanni in Galdo e Vinchiaturo.
Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria. A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).
A das sapindales (Sapindales) é unha orde de plantas anxiospermas ou Magnoliophyta (plantas con flores), dicotiledóneas (ou Magnoliopsida), xeneticamente próxima á orde das rosales que, nas clasificacións actuais, inclúe, entre as familias máis coñecidas, a das rutáceas, que comprende, entre outras especies, ás dos cítricos.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.