Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc. O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos. Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.
Vientiane (/viˌɛntiˈɑːn/, Francés: [vjɛ̃tjan]; laosiano: ວຽງຈັນ, laosiano: Viangchan, tailandés: เวียงจันทน์) é a capital e a cidade máis grande de República Popular Democrática Laos. Aséntase na marxe esquerda do río Mekong, que serve de fronteira fluvial con Tailandia. As súas coordenadas son 17°58' de latitude norte, 102°36' de lonxitude leste.
O golf é un deporte de precisión, que ten como obxectivo introducir unha bóla nos buracos que están distribuídos no campo co menor número de golpes, empregando para cada tipo de golpe un pau dun conxunto de paus lixeiramente diferentes entre eles, xa que a cabeza do pau ten graos distintos, igual que as varas teñen lonxitudes distintas. A menor número de graos maior lonxitude da vara e polo tanto máis distancia. Como máximo poden levarse 14 paus.
Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, o que recibe o nome de stiacciato, é dicir, relevo aplanado ou esmagado. O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446.
Katowice [katɔˈvʲit͡sɛ]: (checo: Katovice, alemán: Kattowitz) é unha cidade da rexión de Silesia, no sur de Polonia, sobre os ríos Kłodnica e Rawa (os afluentes do Oder e do Vístula). Katowice está situado nas terras da alta Silesia, aproximadamente a 50 quilómetros do Silesian Beskids (a parte dos Cárpatos) e aproximadamente a 100 quilómetros do sistema montañoso dos Sudetes (Chequia). Katowice foi a capital do Voivodato de Silesia dende a súa formación en 1999.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Ocre (do latín ojra, e este do grego ὤχρα, ojra, de ὠχρός, ojros, ‘amarelo’) é o nome da cor amarela escura ou amarela tirando a vermella típica da arxila da cor do óxido de ferro e de distintas tonalidades que adoita adoita ser amarelada, alaranxada ou avermellada. «Ocre» é tamén a denominación da cor dos minerais terrosos amarelados produto da oxidación de menas metalíferas onde non intervén o ferro, como o ocre de antimonio, de bismuto ou de níquel. O ocre tense empregado tradicionalmente como pigmento para pintura artística e para pintura corporal, e o seu uso remóntase á Prehistoria.
Biblioteca (do grego βιβλιοθήκη, composto de βιβλίον, "libro", e θήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico en que se gardan libros. Por extensión, o termo biblioteca aplícase tamén a un conxunto de libros, ou ao moble onde se colocan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais etc) ou dixitalizadas e almacenadas noutros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas.
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e finado o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da RSSF de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Solanum L. é un xénero de plantas da familia Solanaceae, descrito por vez primeira por Carl von Linné en 1753. O grupo inclúei moitas especies de plantas perennes arbustivas ou rubideiras. A maioría das especies de Solanum son velenosas, mais o grupo inclúe algúns dos vexetais máis esenciais da alimentación humana como a pataca, o tomate ou a berinxela.
Bratislava (ata 1919: Prešporok en eslovaco, Pressburg en alemán, Pozsony en húngaro, Požun en croata) é a capital e maior cidade de Eslovaquia. Ten 432.864 habitantes (2018) e queda á beira do Danubio, preto das fronteiras con Austria e Hungría. Áchase a uns 60 km de Viena, o que converte a estas cidades nas capitais de país máis próximas do mundo.
Stuttgart (en suabo: Schduagert) é a capital do Estado alemán Baden-Württemberg. Con preto de 600.000 habitantes, Stuttgart é a cidade máis grande deste Estado e a sexta de Alemaña. En Stuttgart atópase o parlamento do seu Bundesland e o goberno federal, así como outras autoridades políticas e da administración federal.
Montana (en inglés: Montana; en cheyenne: Ho'honáéšé'e) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión dos Estados das Montañas Rochosas, no Pacífico Noroeste. É o cuarto maior Estado americano en área, e o terceiro maior dos 48 Estados contiguos. Só Alasca, Texas e California son maiores.
Burundi, oficialmente República de Burundi (en kirundi: Republika y'u Burundi, pronunciado /buˈɾundi/; en francés: République du Burundi, pronunciado /byˈʁyndi/), é unha pequena nación de África Oriental, que carece de saída ao mar. Está rodeada por Ruanda, a República Democrática do Congo e Tanzania. Parte do a fronteira occidental limita co lago Tanganica.
O zen (en chinés: 禪, pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende a China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste ó Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.
Chicago é a cidade máis poboada do estado estadounidense de Illinois, así como dos estados da rexión xeográfica do Medio Oeste. Cunha poboación de 2 746 388 habitantes, segundo datos de 2020, é a terceira cidade máis poboada dos Estados Unidos de América, despois de Nova York e Os Ánxeles. A súa área metropolitana posúe máis de 9 millóns de habitantes.
Michelangelo Merisi da Caravaggio, nado en Milán o 28 de setembro de 1571 e finado o 18 de xullo de 1610, foi un pintor italiano activo en Roma, Nápoles, Malta e Sicilia entre 1593 e 1610, foi o primeiro gran representante da escola barroca. É coñecido como Caravaggio, que é o nome do pobo lombardo onde naceu.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
Bonn, ás veces escrito en galego Bon, é unha cidade do oeste de Alemaña, situada no Land do Renania do Norte-Westfalia. Ten unha poboación de 331.885 habitantes (estimación de 2021). Foi capital da Alemaña do Oeste desde 1949 a 1990, logo foi sede do goberno alemán ata o 1998, cando se iniciou a transferencia de parte das oficinas administrativas para Berlín.
O radar ( pronunciación ), do inglés Radio Detection And Ranging (Detección e Telemetría por Radio), é un dispositivo que permite detectar obxectos a longas distancias. O radar emite ondas electromagnéticas que son reflectidas por obxectos distantes. A detección das ondas reflectidas, permite determinar a localización do obxecto.
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai).
Alfabeto (chegou dende o latín, mais procede do grego alphabetos, -ou, formado a partir das dúas primeiras letras, alpha e beta) denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas. Ten unha orde fixa, que se emprega por exemplo para a ordenación en dicionarios, enciclopedias ou glosarios en papel, ou en listas de cousas.
Utah é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión das Montañas Rochosas. É un dos máis importantes centros de transporte e de telecomunicacións do Oeste americano. A capital e maior cidade de Utah é Salt Lake City e na súa rexión metropolitana vive máis do 60% da poboación do Estado.
Mulhouse é unha cidade francesa do departamento do Alto Rin, na Alsacia, situada preto das fronteiras con Alemaña e Suíza. A súa poboación é de 111.156 habitantes (2009). Considerada unha das primeiras cidades industrializadas de Francia, nela sobresaen as industrias química, eléctrica, mecánica e automobilística (grupo PSA).
Urartu (en urartiano: Biainili, armenio: Ուրարտու, Արարատյան Թագավորություն) é a denominación en asirio dun reino da antigüidade centrado en torno á zona do lago Van que coincide coa Armenia histórica, actual Anatolia oriental. A lingua escrita que empregaba a elite política coñécese como urartiano, e aparece en inscricións cuneiformes en Armenia e no leste da actual Turquía. Porén, descoñécese a lingua que falaban os pobos de Urartu no momento da existencia do reino, mais hai evidencia lingüística de contacto entre o proto-armenio e o idioma urartiano nunha data temperá (nalgún momento entre o III e o II milenio a.C.), acontecendo con anterioridade á creación de Urartu como reino.
Os gadiformes (Gadiformes), ou anacantinos (Anacanthini), son unha orde de peixes osteíctios teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como as pescadas, os bacallaus, as fanecas ou as pescadas. Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno medio, na metade do terciario.
York é unha cidade do norte da Inglaterra, situada na confluencia dos ríos Ouse e Foss, no condado de North Yorkshire. Trátase dunha das máis antigas cidades inglesas, sendo fundada no 71 d.C. como Eboracum polos romanos. Entre o 190 e o 192 d.C. tornouse a capital principal do Imperio Romano ao gobernar desde ela o emperador Septimus Severus.
Bergen é a segunda cidade máis grande de Noruega. A cidade atópase situada na costa suroeste do país, no condado de Hordaland, cuxo centro está situado entre un grupo de montañas coñecidas como de Syv Fjell ("As Sete Montañas"). A poboación da cidade era de 242.854 habitantes a 1 de abril de 2006, segundo o Instituto Nacional de Estatística de Noruega (Statistisk sentralbyrå).
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa. A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista.
Emilio José de Dios Merino, máis coñecido como Emilio de Dios, nado o 29 de outubro de 1971 en Xixón, Asturias, é un director deportivo español, que tras formar parte do Sporting de Gijón, o Racing de Santander e o Club Deportivo Lugo, onde substituíu no cargo a Toni Otero, actualmente está sen equipo.
Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos. Foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.
Tilburg é un municipio e unha cidade situada da provincia do Brabante do Norte, no sur dos Países Baixos. O municipio inclúe a propia Tilburg, e as vilas contiguas de Berkel-Enschot e Udenhout. Cunha poboación de 203.482 habitantes en 2008, Tilburg é a sétima cidade máis poboada dos Países Baixos, e a segunda do Brabante do Norte, só por detrás de Eindhoven.
Kyoto (xaponés: 京都市, きょうとし, Kyōto-shi) ou tamén Quioto, é unha cidade xaponesa da prefectura de Kyoto. Esta cidade foi a capital do Imperio do Xapón e actualmente é a capital da provincia homónima e a maior cidade da área metropolitana de Osaca-Kobe-Kyoto. Kyoto foi en tempos pasados coñecida en Occidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").
François-Marie Arouet, nado en París o 21 de novembro de 1694 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1778, foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés, máis coñecido co pseudónimo de Voltaire. Voltaire destacou no século XVIII e ocupou un lugar particular na memoria colectiva dos franceses. Con el, iníciase a figura do intelectual comprometido ao servizo da verdade, da xustiza e da liberdade de pensamento.
Prince Rogers Nelson, nado en Minneapolis (Minnesota) o 7 de xuño de 1958 e finado en Chanhassen (Minnesota) o 21 de abril de 2016, foi un cantante, compositor e instrumentista de pop, rock e funk estadounidense. Ademais do seu nome, Prince, usaba outros alcumes, entre eles «The Symbol» ou «O artista anteriormente coñecido como Prince». Durante a década de 1980 foi un dos artistas máis importantes e innovadores, sempre próximo á psicodelia.
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
Nokia é un fabricante de teléfonos móbiles finlandés, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea. Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a Internet por banda larga, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux. Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos.
Allium é o xénero das cebolas, allos, allos porros, ceboliños, chalotas e allos bravos. O cheiro é característico de todo o xénero mais non todos os membros posúen ese sabor forte. Existen arredor de 1.250 especies neste xénero, aínda que o número non é pacífico, porque Allium é taxonomicamente difícil e son numerosas as especies fronteirizas discutidas.
Os sesquiterpenos son os terpenos de 15 carbonos, formados por tres unidades de isopreno (ou un monoterpeno e medio ; o prefixo sesqui significa 'un e medio'). Se conteñen modificacións como rearranxos e oxidacións que introducen átomos de oxíxeno, reciben o nome de sesquiterpenoides. Poden ser moléculas lineais ou ciclicas.
Nunavut (en inuktitut: ᓄᓇᕗᑦ, que significa A nosa terra), é o maior e máis recente dos Territorios Autónomos do Canadá, situado ao nordés do país, entre Groenlandia (ao leste), Manitoba (ao sur), e os Territorios do Noroeste (ao oeste), territorio do que se separou oficialmente o 1 de abril de 1999, de acordo cos lindeiros fixados previamente en 1993. Desde 1996, ano en que se produciron disturbios entre o exército canadense e varios pobos inuit, como os oka, ipperwash e nativos de Gusafsen Lake, empezábase a advertir a arela destes pobos inuit por lograr unha maior autonomía para o territorio. Tras a recomendación que facía un informe da Comisión Real do Canadá sobre a conveniencia de conceder maior autonomía aos pobos aborixes do Canadá, esta chegou de forma efectiva a mediados de 1999.
Perl é unha linguaxe de programación deseñada por Larry Wall e creada en 1987. Perl toma características da linguaxe C, da linguaxe interpretada shell (sh), AWK, sede, Lisp e, nun grao inferior, moitas outras linguaxes de programación. Estruturalmente, Perl baséase nun estilo de bloques como os do C ou AWK, e foi amplamente adoptado pola súa destreza no procesado de texto e por non ter ningunha das limitacións das outras linguaxes de script.
Minnesota é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na rexión do Medio Oeste (Midwest). É o duodécimo (12º) maior estado dos Estados Unidos, cunha superficie de 225.365 km². O estado de Minnesota foi constituído a partir da metade oriental do territorio de Minnesota, e foi o 32º estado en ser admitido na Unión, en 1858.
Melbourne (/ˈmɛlbərn/) é unha cidade australiana, a segunda cidade do país en poboación, despois de Sydney, con aproximadamente 3,6 millóns de habitantes na súa área metropolitana. O centro histórico, a Cidade de Melbourne, ten tan só 69.670 habitantes (segundo datos do censo de 2001). A cidade é a capital e a maior cidade do estado australiano de Victoria.
Lithocarpus é un xénero de plantas pertencente á familia das fagáceas. A lista de Kew acepta que o xénro conta con 334 especies, aínda que algúns autores atribúenlle só 100, todas elas nativas do suroeste de Asia, coa única excepción de Lithocarpus densiflorus, que é propia do oeste de Norteamérica (Oregón e California). Na bibliografía internacional estas especies son coñecidas co nome vulgar de carballos de pedra.
A oneworld é a terceira maior alianza de aeroliñas do mundo, tras a Star Alliance e a SkyTeam Alliance. Baseada en Vancouver, Canadá, oneworld foi creada oficialmente en febreiro de 1999, pero xa en setembro de 1998 American Airlines, British Airways, Iberia, Canadian Airlines, Cathay Pacific e Qantas anunciaban a súa intención de formar unha alianza entre si. As compañías aéreas integrantes da alianza e as súas afiliadas desfrutan dun alto grao de cooperación entre si, alcanzando máis de 600 destinos nuns 135 países.
O acrónimo S/PDIF ou S/P-DIF (Formato de Interface Dixital Sony/Philips, Sony/Philips Digital Interface Format), coñecido tamén tecnicamente polo seu código segundo a Comisión Electrotécnica Internacional, IEC 958 type II, parte da IEC-60958, consiste nun protocolo a nivel de hardware para a transmisión de sinais dixitais modulados en PCM entre dispositivos e compoñentes estereofónicos. S/PDIF é unha versión do protocolo estándar AES/EBU adaptada para aplicacións comerciais, presentando pequenas diferenzas que o fan máis económico de o construír.
Soo (曽於市, そおし, Soo-shi) é un concello da prefectura de Kagoshima no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kyūshū e ó leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Ōsumi, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 390,39 km², a poboación é de 32.849 habitantes (2021) e ten unha densidade de poboación de 84,2 h/km².
Xunzi (en chinés: 荀子; pinyin: Xúnzǐ; Wade-Giles: Hsün2-tzu3; tradución: “Mestre Xun”), tamén coñecido como Xun Kuang (en chinés tradicional: 荀況; en chinés simplificado: 荀况; pinyin: Xún Kuàng; Wade-Giles: Hsün2 K'uang4), nado no estado de Zhao arredor de 310 ou 314 a.C. e finado no estado de Chu arredor de 235 ou 217 a.C., foi un filósofo e escritor confucianista chinés que viviu durante o período dos Reinos Combatentes e contribuíu ás Cen escolas de pensamento. Un libro coñecido como o Xunzi é atribuído tradicionalmente ao autor. As súas obras sobreviviron nunha condición excelente, e foron unha grande influencia na formación das doutrinas oficiais estatais da dinastía Han, mais esta influencia minguou durante a dinastía Tang en relación coa de Mencio.