Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
A historia de Estonia forma parte da historia de Europa. O primeiro asentamento humano no que hoxe é Estonia produciuse hai entre 13.000 e 11.000 anos, despois de que fundise o xeo da última glaciación, e os sinais da primeira poboación permanente na rexión datan do ano -9000. A poboación orixinaria medieval de Estonia foi un dos derradeiros pobos pagáns de Europa en adoptar o cristianismo logo das Cruzadas do Norte no século XIII. Despois de que os cruzados conquistasen a zona en 1227, o norte de Estonia foi gobernado inicialmente polo rei de Dinamarca (ata 1345), e ata 1559 pola Orde Teutónica, e polos estados eclesiásticos do Sacro Imperio Romano Xermánico, que dende 1418 ata 1562 abranguía toda Estonia, formando unha parte da Confederación Livoniana.
O Día das Galegas nas Letras é unha celebración organizada pola plataforma de crítica literaria A Sega que honra anualmente a mulleres que contribuíron de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular como "Señora das Letras". Comezou a organizarse no ano 2014. Naceu en contraposición do Día das Letras Galegas, ao seren homes a maioría das persoas homenaxeadas nesa celebración.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
Kosovo (en albanés, Kosova ou Kosovë; en serbio, Косово), oficialmente República de Kosovo (en albanés, Republika e Kosovës; en serbio, Република Косово), é un estado parcialmente recoñecido situado no centro da península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Kosovo declarou unilateralmente a súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008, e dende entón, obtivo o recoñecemento diplomático como estado soberano por parte de 101 estados membros da ONU. Limita con Serbia ao norte e ao leste, con Macedonia do Norte ao sueste, con Albania ao suroeste e con Montenegro ao noroeste. Abrangue unha superficie de 10 980 km2 e posúe unha poboación estimada de 1 806 279 (2022).
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un actor, director e guionista de cinema galego. En 2010 gañou o Premio Fipresci do Festival Internacional de Cine de Cannes polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes polo seu traballo en Mimosas e, en 2019, foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas tres primeiras películas en Cannes.
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
A biorremediación refírese en senso amplo a calquera proceso no que se emprega un sistema biolóxico (normalmente bacterias, microalgas, fungos no caso da micorremediación e plantas no caso da fitorremediación), vivo ou morto, para eliminar contaminantes ambientais do aire, auga, solo, fume de chemineas, efluentes industriais etc., en situacións naturais ou artificiais. A capacidade natural dos organismos para adsorber, acumular e degradar os contaminantes comúns ou novos motivou o uso de recursos biolóxicos no tratamento do ambiente contaminado. En comparación cos métodos de tratamento fisicoquímico convencional, a biorremediación pode ofrecer vantaxes, xa que pretende ser sustentable, ecoamigable, barata e escalable.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Leo Beenhakker, nado en Rotterdam o 2 de agosto de 1942) é un exadestrador de fútbol neerlandés. Nos seus máis de 40 anos de adestrador dirixiu numerosos clubs e seleccións de diferentes países. No seu país natal gañou tres veces a Eredivisie, co Ajax e co Feyenoord, mentres que co Real Madrid conquistou tres ligas españolas consecutivas, así como unha Copa do Rei.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2025, 71 autores (13 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 63 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Patricia López Andrés, máis coñecida como Patri López, nada en Melide o 29 de novembro do 2000, é unha deportista galega multidisciplinar. Xogou ao fútbol como lateral dereito no Deportivo da Coruña. Antes de centrarse no fútbol foi campioa do mundo en idade escolar de kick boxing en dúas modalidades (semi contact e light contact), campioa de España infantil en loita olímpica e campioa de España infantil de esgrima.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A batalla da Liña Tannenberg (alemán: Die Schlacht um die Tannenbergstellung; ruso: Битва за линию «Танненберг») ou batalla dos Montes Azuis (estoniano: Sinimägede lahing) foi un enfrontamento militar entre o Destacamento do Exército Narwa alemán e a Fronte de Leningrado soviética. As dúas unidades loitaron polo estratéxico istmo de Narva dende o 25 de xullo ata o 10 de agosto de 1944. A batalla loitouse na Fronte Oriental durante a Segunda guerra mundial.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
Euclides (en grego antigo: Εὐκλείδης / Eukleídês), ás veces chamado Euclides de Alexandría para distinguilo de Euclides de Mégara, (floruit o 300 a.C.), foi un matemático e xeómetra grego. Considerado como "o pai da xeometría". coñéceselle principalmente polo tratado Elementos, que estableceu os fundamentos da xeometría que dominaron en gran parte este campo até principios do século XIX. O seu sistema, agora denominado como xeometría euclidiana, incluía innovacións en combinación cunha síntese de teorías de matemáticos gregos anteriores, como Eudoxo de Cnido, Hipócrates de Quíos, Tales e Teeteto.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Guerra da Independencia de Mozambique
A Guerra da Independencia de Mozambique, tamén coñecida (en Mozambique) como Loita Armada de Liberación Nacional, ben como Guerra Colonial Portuguesa foi un conflito armado entre as forzas da guerrilla da FRELIMO (Frente de Libertação de Moçambique) e as Forzas Armadas de Portugal. Oficialmente, a guerra iniciouse o 25 de setembro de 1964, cun ataque ao posto administrativo de Chai no daquela distrito (actualmente provincia) de Cabo Delgado, e terminou cun alto o fogo o 8 de setembro de 1974, resultando nunha independencia negociada en 1975. Ao longo dos seus catro séculos de presenza en territorio africano, a primeira vez que Portugal tivo que enfrontarse a guerras de independencia, e forzas de guerrilla, foi en 1961, na Guerra de Independencia de Angola.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Rangers Football Club é un club de fútbol da localidade de Glasgow (Escocia) que adoita ser chamado Glasgow Rangers inda que oficialmente ese nome non o posúa ningún equipo de fútbol. Este costume de darlle esta denominación a puxeron ben de moda os comentaristas ingleses dos partidos de fútbol que falaban do Glasgow Rangers para tentar face-la diferenciación con respecto ó Queens Park Rangers londiniense. Tamén ten denominacións alternativas coma os alcumes "The Gers" que non deixaría de se-la abreviación de The Rangers, "Light Blues" pola cor da súa camisola e "The Teddy Bears" pola rima que isto fai con Rangers.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas. Funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de televisión. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 220.409.
Michael Faraday, nado en Newington (Londres) o 22 de setembro de 1791 e finado en Hampton Court o 25 de agosto de 1867, foi un químico e físico inglés, que contribuíu ao estudo do electromagnetismo e da electroquímica. Os seus principais descubrimentos inclúen a indución electromagnética, diamagnetismo e a electrólise. Malia a escasa educación formal recibida, Faraday é un dos científicos máis influentes da historia.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Lista de etimoloxías dos concellos de Galicia
Nesta páxina recóllense as seccións de Toponimia que analizan a etimoloxía dos nomes dos concellos de Galicia. Para outras localidades, que deberían estar agrupadas na Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía, esta información aparecerá nos seus respectivos artigos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Alacant (en valenciano: Alacant; en castelán: Alicante, as dúas denominacións cooficiais) é unha cidade e un concello do Comunidade Valenciana, capital da comarca do Alacantí e da provincia de Alacant. Situada na costa mediterránea, conta cunha poboación de 338.577 habitantes (2022), e é a segunda cidade da comunidade tras Valencia. Forma unha conurbación de máis de 430.000 habitantes con Sant Vicent del Raspeig, Sant Joan d'Alacant, Mutxamel e El Campello.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
María Aránzazu «Arancha» González Laya, nada en Donostia o 22 de maio de 1969, é unha xurista vasca, ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España. Foi directora executiva do Centro de Comercio Internacional (ITC) e subsecretaria xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU).
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Kaja Kallas (pronunciado kaia kallas en estoniano) nada o 18 de xuño de 1977 en Talín (RSS de Estonia, Unión Soviética) é unha política estoniana que exerceu como primeira ministra de Estonia de 2021 a 2024, ata o seu nomeamento como Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, e vicepresidenta da Comisión Europea, no gabinete presidido por Ursula von der Leyen. Kallas foi líder do Partido Reformista de Estonia de 2018 a 2024, membro do Riigikogu de 2011 a 2014 e de 2019 a 2021. Tamén foi deputada no Parlamento Europeo por Estonia de 2014 a 2018, e o segue sendo en 2025 pertencendo ao grupo da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (ALDE).