Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Este artigo trata dos medicamentos contra o ardor de estómago que neutralizan os ácidos; non confundir coa terapia de protectores do estómago que reduce a produción de ácidos polo estómago cun inhibidor da bomba de protóns ou un antagonista do receptor H2. Un antiácido é unha substancia que neutraliza a acidez estomacal e utilízase para aliviar a ardentía ou ardor de estómago, a indixestión, ou o malestar de estómago. Algúns antiácidos utilizáronse no tratamento do estrinximento e a diarrea.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
Kosovo (en albanés, Kosova ou Kosovë; en serbio, Косово), oficialmente República de Kosovo (en albanés, Republika e Kosovës; en serbio, Република Косово), é un estado parcialmente recoñecido situado no centro da península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Kosovo declarou unilateralmente a súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008, e dende entón, obtivo o recoñecemento diplomático como estado soberano por parte de 101 estados membros da ONU. Limita con Serbia ao norte e ao leste, con Macedonia do Norte ao sueste, con Albania ao suroeste e con Montenegro ao noroeste. Abrangue unha superficie de 10 980 km2 e posúe unha poboación estimada de 1 806 279 (2022).
O Cason (pronunciado Casón) foi un cargueiro panameño que o 5 de decembro de 1987, mentres navegaba fronte ás costas galegas, sufriu un accidente por mor dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco terminou varando nas costas de Fisterra, na punta do Castelo da praia do Rostro, e morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.
Estatuto de autonomía de Galicia de 1936
O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, pero que non chegou a ser aprobado en Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por mor da guerra civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda. O proceso autonómico galego foi protagonizado nun primeiro momento polos republicanos da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), entre eles os nacionalistas Villar Ponte e Lois Peña Novo . A ORGA foi sempre maioritaria nas comisións redactoras, nas Asembleas etc.
Estonia é un pequeno país con amplas masas forestais que se atopa no mar Báltico. Forma parte da rexión siberiana terrestre do eido paleártico, no atlántico norte temperado. Fitoxeograficamente, Estonia divídese entre as rexións de Europa Central e Europa do Leste da Rexión Circumboreal dentro do Reino Holártico.
Rodrigo Cuevas González, nado en Oviedo en 1985, é un artista multidisciplinar, cantante, compositor, acordeonista, DJ e presentador de televisión asturiano. Na súa música e espectáculos, incorpora bases electrónicas á música tradicional, e viste vestimenta rural mesturada cun estilo cabaré e pin-up.
A Ponte da Rocha, Conxo, Santiago de Compostela
A Ponte da Rocha é un lugar da parroquia de Conxo, no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Premio Antón Losada Diéguez é un certame literario convocado de forma anual polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense. Creouse no ano 1985, cando se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antón Losada Diéguez. Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Esta é unha lista dos gobernadores civís da Coruña, tomando como punto de arranque a reforma territorial implementada por Javier de Burgos no Real Decreto do 30 de novembro de 1833. O posto de Gobernador civil inicialmente recibiu os nome de Subdelegado de Fomento, Xefe Superior Político, Xefe Político e mesmo Gobernador Civil durante os primeiros anos. A partir de 1836 empregouse unicamente a denominación de Xefe político, ata que quedou fixado en 1847 co nome de Gobernador Civil.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 220.456.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Folga estudantil pola vivenda de 09/04/2025
O día 9 de abril de 2025 decorreu unha xornada de paro académico polo dereito á vivenda no ensino medio, profesional e universitario de Galiza. A xornada de folga veu acompañada dunha mobilización en Santiago de Compostela, e foi lanzada o día 24 de marzo por tres entidades: Fervenza, Erguer e a asemblea de Traballo Social.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Edificio principal da Universidade de Tartu
O edificio principal da Universidade de Tartu (en estoniano: Tartu Ülikooli peahoone) é un edificio da Universidade de Tartu. Este edificio é un dos exemplos máis salientables de estilo clásico en Estonia.
Emma Goldman, nada en Kaunas (daquela, chamada Kovno), Imperio ruso, o 27 de xuño de 1869 e finada en Toronto (Canadá) o 14 de maio de 1940, foi unha anarquista de orixe lituana-asquenací que foi coñecida polos seus textos e discursos feministas e polos seus testemuños sobre a Revolución Rusa. Tivo un papel fundamental no desenvolvemento da filosofía anarquista da primeira metade do século XX en América do Norte e Europa e introduciu ideas feministas no pensamento anarquista. De orixe lituana, en 1885 emigrou a Nova York onde coñeceu o anarquismo, o que adoptou como ideoloxía trala revolta de Haymarket.
Gran Premio de Bahrain de 2025
O Gran Premio de Bahrain de 2025 (oficialmente Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2025) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 13 de abril de 2025. Disputouse no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain.
A lingua grega (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, e en grego antigo: Ἑλληνική, hellēnikḗ) é unha lingua indoeuropea, que constitúe unha rama helénica independente dentro da familia de linguas indoeuropeas. É orixinaria de Grecia, Chipre, Italia (en Calabria e Salento), o sur de Albania e outras rexións dos Balcáns, o Cáucaso, a costa do mar Negro, Asia Menor e o Mediterráneo oriental. Ten a historia documentada máis longa de calquera lingua indoeuropea, a cal abrangue 3 400 anos de rexistro escrito.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Josefa Rodríguez Porca "Sefa", nada en Irixoa cara a 1962, é unha militante independentista galega, que foi membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. O 2 de febreiro de 1989, liderou a primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal, pola cal foi condenado pola Audiencia Nacional a 84 anos de cadea.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Declaración de Soberanía de Estonia
A Declaración de Soberanía de Estonia (en estoniano: Deklaratsioon Eesti NSV suveräänsusest) emitiuse o 16 de novembro de 1988 durante a Revolución Cantada na República Socialista Soviética de Estonia. A declaración afirmou a soberanía de Estonia e a supremacía das leis estonianas sobre as leis da Unión Soviética. O recentemente elixido parlamento de Estonia tamén reclamou todos os recursos naturais: terras, augas interiores, bosques, xacementos minerais e medios de produción industrial, agricultura, construción, bancos estatais, transportes, servizos municipais, etc.
Unha película de Minecraft (en inglés: A Minecraft Movie) é un filme estadounidense de aventuras, comedia e acción do ano 2025 baseado no videoxogo do mesmo nome da empresa sueca Mojang Studios que é producida por Legendary Pictures, Mojang Studios e Vertigo Entertainment, e distribuida por Warner Bros, está dirixido por Jared Hess, a partir dun guión escrito por Chris Bowman e Hubbel Palmer, e producido por Jill Messick, Lydia Winters, Mary Parent, Jon Berg, Vu Bui, Jason Momoa, Cale Boyter, Roy Lee, Torfi Frans Olafsson, Danielle Brooks, Emma Myers, Jennifer Coolidge, Ricky Guillart, Kate McKinnon e Jemaine Clement. A película está protagonizada por Jack Black como Steve xunto con Momoa.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
PDF (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila etc empregando un programa lector apropiado. O fundamental deste formato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice. O lector máis coñecido é o Adobe Reader.
En matemáticas, unha fracción continua é unha expresión obtida mediante un proceso iterativo de representar un número como a suma da súa parte enteira e o recíproco doutro número, e escribir este outro número como a suma da súa parte enteira e outra recíproca, e así continuadamente. Todos os números enteiros da secuencia, agás o primeiro, deben ser positivos. Os enteiros a i {\displaystyle a_{i}} chámanse coeficientes ou termos da fracción continua.
Johann Wilhelm Krause (arquitecto)
Johann Wilhelm Krause, nado en Dziećmorowice o 19 de xuño de 1757 e finado en Tartu o 22 de agosto de 1828, foi un arquitecto alemán do Baltico. A súa obra máis salientable foi o deseño do edificio principal da Universidade de Tartu.
O leonés (llionés ou llïonés) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do subgrupo lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano. Tradicionalmente designouse co nome 'leonés' o dominio lingüístico todo. Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominio, e tamén unha parte importante dos escritores leoneses que escriben nos seus dialectos propios adaptando as normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Héctor Xil ou Xosepe Vega pero non existe unha norma común leonesa.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Chámase xardineiro ou xardineira á persoa que ten por ocupación o coidado e mantemento dos xardíns. Entre as ocupacións dos xardineiros atópanse a conservación de sementes ou bulbos dentro do sementeiro; o cultivo de flores e plantas ata que teñan a idade suficiente para ser transplantadas etc. Estas primeiras actividades adoitan realizarse baixo cuberto, no invernadoiro, pero tamén poden realizarse en terreos habilitados no exterior.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Siemens AG (en alemán pronunciado [ˈziːməns], pronúnciase "simens") é unha empresa multinacional formada por un conxunto de empresas que traballan no campo da enxeñería eléctrica, electrónica, telecomunicacións, equipamento enerxético, automoción, equipamento médico e iluminación, así como en servizos especializados en diversos campos industriais, o transporte e as telecomunicacións. A súa sede central está en Berlín e Múnic. A empresa opera en 190 países e practicamente en tódolos sectores tecnolóxicos e industriais.
Euclides (en grego antigo: Εὐκλείδης / Eukleídês), ás veces chamado Euclides de Alexandría para distinguilo de Euclides de Mégara, (floruit o 300 a.C.), foi un matemático e xeómetra grego. Considerado como "o pai da xeometría". coñéceselle principalmente polo tratado Elementos, que estableceu os fundamentos da xeometría que dominaron en gran parte este campo até principios do século XIX. O seu sistema, agora denominado como xeometría euclidiana, incluía innovacións en combinación cunha síntese de teorías de matemáticos gregos anteriores, como Eudoxo de Cnido, Hipócrates de Quíos, Tales e Teeteto.
A abrótega, abrótea ou gamota (Asphodelus albus) é unha planta perenne da familia das liliáceas, moi empregada como planta de xardín, nativa do centro sur de Europa. Pode chegar ata o metro de altura, aínda que habitualmente tan só chega a 50 cm. As follas con forma de espada nacen na base da planta; as flores vanse xuntando a medida que se ascende polo talo ata chegar á cima na que están en acios ou amoreadas.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista.
Edvard Munch, nado en Løten o 12 de decembro de 1863 e finado en Ekely o 23 de xaneiro de 1944, foi un pintor e gravador noruegués expresionista. As súas evocativas obras sobre a angustia influenciaron profundamente o expresionismo alemán aos comezos do século XX. O berro (1893; orixinalmente titulado Desesperación), é a súa obra máis coñecida e considerada coma unha icona da angustia existencial. Como en moitas das súas obras realizou numerosas versións.
O Estadio Municipal de Butarque é un estadio de fútbol situado na localidade de Leganés (Comunidade de Madrid). Neste campo o principal equipo da cidade, o Club Deportivo Leganés, disputa os seus encontros como local. O nome do campo vén pola patroa da localidade, a nosa Señora de Butarque, e comezou a construírse entre 1997 e 1998 coa intención de substituír o antigo estadio, o Luís Rodríguez de Miguel, en cuxo terreo asentaríase posteriormente a Praza Maior de Leganés.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas. Funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de televisión. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son.