Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A orella (do diminutivo latino de auris, auricula) ( pronunciación ) é a parte visible do órgano do sentido do oído, e está formada polo pavillón auricular ou pavillón auditivo externo que, canda o conduto auditivo externo, constitúe o chamado oído externo. É unha estrutura cartilaxinosa (composta por cartilaxe e pel) que ten como función captar as vibracións sonoras e dirixilas cara ao interior do oído. Moitos animais son capaces de mover a vontade o pavillón auricular cara a dirección da que procede o son (por exemplo, os cans).
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
O termo Río pode referirse a: Un río é un curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, neste caso denomínase afluente. Como topónimo, pode referirse a: En Galiza Acevedo do Río, antigo concello da comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense, que se integrou no concello de Celanova; San Xoán de Río, concello da comarca da Terra de Trives; San Xoán de Río, parroquia de dito concello; Riotorto, concello da comarca de Meira. Riotorto, parroquia de dito concello; Río, parroquia do concello de Láncara; Río, lugar de dita parroquia; Río, parroquia do concello de Rodeiro; O Río, parroquia do concello de Vilamarín; O Río, lugar de dita parroquia; Río Barba, parroquia do concello do Vicedo; Río Caldo, parroquia do concello de Lobios; Río de Porto, parroquia do concello de Negueira de Muñiz; Río da Raseda, lugar de dita parroquia; Acevedo do Río, parroquia do concello de Celanova; San Mamede do Río, parroquia do concello de Portomarín; San Mamede do Río, lugar de dita parroquia; San Pedro de Río, parroquia do concello da Fonsagrada; Monterrío, lugar de dita parroquia; Rioaveso, parroquia do concello de Cospeito; Rioaveso, parroquia do concello de Vilalba; Riobó, parroquia do concello da Cabana de Bergantiños; Riobó, lugar de dita parroquia; Riobó, parroquia do concello da Estrada; Riobó, parroquia do concello de Rodeiro; Riocereixa, parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro; Riocereixa de Abaixo, lugar de dita parroquia; Riocereixa de Arriba, lugar de dita parroquia; Riodolas, parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras; Riodolas, lugar de dita parroquia; Riofrío, parroquia do concello de Mondariz; Riomao, parroquia do concello da Veiga; Riomao, lugar de dita parroquia; Riomol, parroquia do concello de Castroverde; Riomol, lugar de dita parroquia; Rioseco, parroquia do concello de Calvos de Randín; Rioseco, lugar de dita parroquia; Churío, parroquia do concello de Irixoa; Tarrío, parroquia do concello de Monterroso; Tarrío de Buxergos, lugar de dita parroquia; Río, lugar da parroquia de Ventosa, no concello de Agolada; Río, lugar da parroquia de Areas, no concello de Antas de Ulla; Río, lugar da parroquia de Mercurín, no concello de Boimorto; Río, lugar da parroquia do Castro, no concello de Cervantes; Río, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Chantada; Río, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada; Río, lugar da parroquia de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz; Río, lugar da parroquia de Entrambasaugas, no concello de Guntín; Río, lugar da parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello do Incio; Río, lugar da parroquia de Marcelle, no concello de Monforte de Lemos; Río, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Monforte de Lemos; Río, lugar da parroquia de Folgueiras, no concello de Navia de Suarna; Río, lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Ribadeo; Río, lugar da parroquia de Maside, no concello de Sarria; Río, lugar da parroquia de Ortoá, no concello de Sarria; Río, lugar da parroquia de Xestoso, no concello de Silleda; O Río, lugar da parroquia da Castañeda, no concello de Arzúa; O Río, lugar da parroquia de Baredo, no concello de Baiona; O Río, lugar da parroquia de Baíña, no concello de Baiona; O Río, lugar da parroquia de Ouces, no concello de Bergondo; O Río, lugar da parroquia de Andavao, no concello de Boimorto; O Río, lugar da parroquia de Martín, no concello de Bóveda; O Río, lugar da parroquia de Cela, no concello de Bueu; O Río, lugar da parroquia de Sofán, no concello de Carballo; O Río, lugar da parroquia de Santa Tegra de Abeleda, no concello de Castro Caldelas; O Río, lugar da parroquia de Cerdido, no concello de Cerdido; O Río, lugar da parroquia de Santa Mariña de Albán, no concello de Coles; O Río, lugar da parroquia de Traba, no concello de Coristanco; O Río, lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña; O Río, lugar da parroquia de Curtis, no concello da Curtis; O Río, lugar da parroquia de Agar, no concello da Estrada; O Río, lugar da parroquia de Riobó, no concello da Estrada; O Río, lugar da parroquia de Pardesoa, no concello de Forcarei; O Río, lugar da parroquia de Anafreita, no concello de Friol; O Río, lugar da parroquia de Vilaza, no concello de Gondomar; O Río, lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo; O Río, lugar da parroquia de Cabrui, no concello de Mesía; O Río, lugar da parroquia de Gullade, no concello de Monforte de Lemos; O Río, lugar da parroquia de Saiáns, no concello de Moraña; O Río, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Oleiros; O Río, lugar da parroquia de Barbos, no concello de Ortigueira; O Río, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira; O Río, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira; O Río, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira; O Río, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira; O Río, lugar da parroquia de Mosteiro, no concello de Outeiro de Rei; O Río, lugar da parroquia da Torre, no concello do Páramo; O Río, lugar da parroquia de Tabagón, no concello do Rosal; O Río, lugar da parroquia de Cabreira, no concello de Salvaterra de Miño; O Río, lugar da parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea; O Río, lugar da parroquia de Trabada, no concello de Trabada; O Río, lugar da parroquia de Coruxo, no concello de Vigo; O Río, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Vilaboa; O Río, lugar da parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro; Río Cabreiro, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro, no concello do Valadouro; Río Caínzos, lugar da parroquia de Vilaframil, no concello de Ribadeo; Río Calvo, lugar da parroquia de Begonte, no concello de Begonte; Río Castro, lugar da parroquia de Limodre, no concello de Fene; Río Covo, lugar da parroquia de Cervo, no concello de Cervo; O Río Covo, lugar da parroquia de Oia, no concello de Oia; Río da Cruz, lugar da parroquia de Landoi, no concello de Cariño; Río da Loba, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Oleiros; O Río da Lousa, lugar da parroquia de Sedes, no concello de Narón; O Río da Ucha, lugar da parroquia de Corvillón, no concello de Cambados; O Río da Veiga, lugar da parroquia de Santalla de Vilausende, no concello de Ribadeo; Río da Vila, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche; O Río da Vila, lugar da parroquia de Meaño, no concello de Meaño; Río das Donas, lugar da parroquia das Oiras, no concello de Alfoz; Río de Abaixo, lugar da parroquia de Redemuíños, no concello de Quintela de Leirado; Río de Ameneiros, lugar da parroquia da Capela, no concello de Toques; O Río de Antelo, lugar da parroquia de Bértoa, no concello de Carballo; Río de Arriba, lugar da parroquia de Redemuíños, no concello de Quintela de Leirado; Río de Augeiro, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira; Río de Bangos, lugar da parroquia de San Martín de Arroxo, no concello da Fonsagrada; Río de Bañobre, lugar da parroquia de Perbes, no concello de Miño; Río de Bexo, lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas, no concello de Aranga; Río de Bois, lugar da parroquia de Parada dos Montes, no concello da Pobra do Brollón; O Río de Busto, lugar da parroquia de San Martín de Neira de Rei, no concello de Baralla; Río de Camba, lugar da parroquia de San Cristovo do Az, no concello de Rodeiro; Río de Campos, lugar da parroquia de Bogo, no concello da Pontenova; Río de Castro, lugar da parroquia de Fonteo, no concello de Baleira; Río de Cereixedo, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes; Río de Cestos, lugar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal; O Río de Cortes, lugar da parroquia do Val, no concello de Narón; O Río de Loenzo, lugar da parroquia de Bértoa, no concello de Carballo; O Río de Ourol, lugar da parroquia de Ourol, no concello de Ourol; O Río de Ove, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo; Río de Quintas, lugar da parroquia de Elviña, no concello da Coruña; O Río de Ramos, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo; Río de Sabugo, lugar da parroquia de Carballido, no concello da Fonsagrada; Río de Toxos, lugar da parroquia de San Martín de Arroxo, no concello da Fonsagrada; O Río de Va, lugar da parroquia de Vilanova de Santiso, no concello de Malpica de Bergantiños; Río do Barco, lugar da parroquia do Ézaro, no concello de Dumbría; O Río do Cabalo, lugar da parroquia de Nigrán, no concello de Nigrán; Río do Campo, lugar da parroquia de Maianca, no concello de Oleiros; O Río do Couto, lugar da parroquia de Pedroso, no concello de Narón; O Río do Cura, lugar da parroquia da Ponte do Porto, no concello de Camariñas; O Río do Forno, lugar da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán; Río do Foxo, lugar da parroquia de Valdoviño, no concello de Valdoviño; O Río do Porto, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia; Río dos Sapos, lugar da parroquia de Matalobos, no concello da Estrada; O Río Grande, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira; O Río Lérez, lugar da parroquia de Posmarcos, no concello da Pobra do Caramiñal; O Río Morto, lugar da parroquia do Caramiñal, no concello da Pobra do Caramiñal; Río Mouro, lugar da parroquia de Poio, no concello de Poio; Río Pedroso, lugar da parroquia da Laxe, no concello de Chantada; Río Pedroso, lugar da parroquia de Magazos, no concello de Viveiro; Río Pequeno, lugar da parroquia de Oubiña, no concello de Cambados; O Río Pequeno, lugar da parroquia de Castrofeito, no concello do Pino; O Río Pequeno, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo; O Río Pequeno, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira; Río Sandeu, lugar da parroquia de Limodre, no concello de Fene; O Río Tenorio, lugar da parroquia de Tenorio, no concello de Cerdedo-Cotobade; Río Trabada, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; O Río Vello, lugar da parroquia de Arzúa, no concello de Arzúa; Alén do Río, lugar da parroquia de Buciños, no concello de Carballedo; Arriba do Río, lugar da parroquia das Oiras, no concello de Alfoz; A Banda do Río, lugar da parroquia de Poio, no concello de Poio; Banda ó Río, lugar da parroquia de Castro, no concello de Boiro; Banda ó Río, lugar da parroquia do Caramiñal, no concello da Pobra do Caramiñal; Beira do Río, lugar da parroquia do Burgo, no concello de Muras; A Beira do Río, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; A Beira do Río, lugar da parroquia de Lindín, no concello de Mondoñedo; A Beira do Río, lugar da parroquia de Santa María Maior, no concello de Mondoñedo; A Beira do Río, lugar da parroquia da Aguarda, no concello da Pastoriza; A Beira do Río, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; O Camiño do Río, lugar da parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello de Malpica de Bergantiños; O Campo do Río, lugar da parroquia de Franza, no concello de Mugardos; O Campo do Río, lugar da parroquia de Arabexo, no concello de Val do Dubra; Casal do Río, lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola; Casal do Río, lugar da parroquia de Paradela, no concello de Meis; O Casal do Río, lugar da parroquia de Tomeza, no concello de Pontevedra; As Casas do Río, lugar da parroquia de San Pedro de Cervantes, no concello de Cervantes; As Casas do Río, lugar da parroquia de Son, no concello de Navia de Suarna; Chao do Río, lugar da parroquia de Reis, no concello de Teo; Covas do Río, lugar da parroquia de Zarracós, no concello da Merca; O Cruceiro do Río, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia; Godás do Río, lugar da parroquia de Longoseiros, no concello do Carballiño; A Lama do Río, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; Lombo do Río, lugar da parroquia de Vilapedre, no concello de Vilalba; O Marco do Río, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior; Mira do Río, lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, no concello de Coles; O Monte do Río, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros; Pacio do Río, lugar da parroquia de Rubián, no concello de Bóveda; Parte ó Río, lugar da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira; O Pazo do Río, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros; Pinar do Río, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Oleiros; A Ponte de Río Maior, lugar da parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son; A Porta do Río, lugar da parroquia de Cervás, no concello de Ares; Porto do Río, lugar da parroquia de Baroncelle, no concello de Abadín; Porto do Río, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; Porto do Río, lugar da parroquia de Carballido, no concello de Alfoz; Porto do Río, lugar da parroquia do Burgo, no concello de Muras; Porto do Río, lugar da parroquia de Valcarría, no concello de Viveiro; O Porto do Río, lugar da parroquia de Anllóns, no concello de Ponteceso; O Porto do Río, lugar da parroquia do Cadramón, no concello do Valadouro; O Porto do Río, lugar da parroquia de Fontecarmoa, no concello de Vilagarcía de Arousa; Pumar do Río, lugar da parroquia de Cures, no concello de Boiro; A Ribeira do Río, lugar da parroquia de Moreira, no concello de Ponteareas; A Seara do Río, lugar da parroquia da Carballeira, no concello de Nogueira de Ramuín; O Souto do Río, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense; Tras do Río, lugar da parroquia de Albán, no concello de Coles; Tras do Río, lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, no concello de Coles; Tras do Río, lugar da parroquia de Barallobre, no concello de Fene; Tras do Río, lugar da parroquia de Traba, no concello de Laxe; Tras do Río, lugar da parroquia de Loiba, no concello de Ortigueira; Tras do Río, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira; Tras do Río, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez; Tras do Río, lugar da parroquia de Romai, no concello de Portas; Tras do Río, lugar da parroquia de Baión, no concello de Vilanova de Arousa; A Venda do Río, lugar da parroquia de Santiago da Rabeda, no concello de Taboadela; Vila do Río, lugar da parroquia de San Román de Montoxo, no concello de Cedeira; Vilar do Río, lugar da parroquia de Bendoiro, no concello de Lalín; Vilarello do Río, lugar da parroquia de Vilarello, no concello de Cervantes; Vilariño do Río, lugar da parroquia de Armariz, no concello de Xunqueira de Ambía; Riobó, lugar da parroquia de Osmo, no concello de Cenlle; Riobó, lugar da parroquia de Santa María de Alta, no concello de Lugo; Riobó, lugar da parroquia de Laro, no concello de Silleda; Riobó, lugar da parroquia de Negreiros, no concello de Silleda; Riobó, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño; Riobó, lugar da parroquia de Prado, no concello de Vilar de Barrio; Riocabe, lugar da parroquia de Moura, no concello de Nogueira de Ramuín; Riocabo, lugar da parroquia de Meira, no concello de Meira; Riocabo, lugar da parroquia de San Vicente de Paradela, no concello de Paradela; Riocabo, lugar da parroquia de Santa Cristina de Paradela, no concello de Paradela; Riocaldo, lugar da parroquia de Illán, no concello de Begonte; Riocalvo, lugar da parroquia de Negreiros, no concello de Silleda; Riocasás, lugar da parroquia de Goá, no concello de Cospeito; Riocortiñas, lugar da parroquia de Maceira, no concello de Covelo; Riocovo, lugar da parroquia de Baamonde, no concello de Begonte; Riocovo, lugar da parroquia do Barreiro, no concello de Melide; Riocovo, lugar da parroquia de Marcelle, no concello de Monforte de Lemos; Riocovo, lugar da parroquia de Anca, no concello de Neda; Riodama, lugar da parroquia de Samieira, no concello de Poio; Riodarco, lugar da parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá; Riodebodas, lugar da parroquia de San Xes, no concello de Paderne de Allariz; Riodosos, lugar da parroquia de Mougás, no concello de Oia; Rioforcado, lugar da parroquia da Barqueira, no concello de Cerdido; Riolimpo, lugar da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño; Riolongo, lugar da parroquia de Ombre, no concello de Pontedeume; Riomaior, lugar da parroquia de Lubre, no concello de Bergondo; Riomaior, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Muros; Riomaior, lugar da parroquia de Senra, no concello de Ortigueira; Riomaior, lugar da parroquia de Quintá de Lor, no concello de Quiroga; Riomaior, lugar da parroquia de Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa; Riomao, lugar da parroquia de Loimil, no concello da Estrada; Riomao, lugar da parroquia de Torea, no concello de Muros; Riomao, lugar da parroquia de Torés, no concello das Nogais; Riomao, lugar da parroquia de Lavadores, no concello de Vigo; O Riomao, lugar da parroquia de Cabral, no concello de Vigo; Riomouro, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Vilalba; O Riomouro, lugar da parroquia de Coristanco, no concello de Coristanco; Riomuíños, lugar da parroquia de Vilamane, no concello de Becerreá; Rionaval, lugar da parroquia de Vilapún, no concello de Cervantes; Rioseco, lugar da parroquia de Campelo, no concello do Corgo; Rioseco, lugar da parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, no concello de Guitiriz; Rioseco, lugar da parroquia de Santa Xiá de Monfero, no concello de Monfero; Rioseco, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras; Rioseco, lugar da parroquia de Aro, no concello de Negreira; Rioseco, lugar da parroquia de Figueiroá, no concello de Paderne de Allariz; Rioseco, lugar da parroquia de Vilela, no concello de Taboada; Riosubil, lugar da parroquia de San Martín de Neira de Rei, no concello de Baralla; Riotinto, lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo; Riotorto, lugar da parroquia de San Pedro de Neiro, no concello da Fonsagrada; Riotorto, lugar da parroquia do Buriz, no concello de Guitiriz; Riotorto, lugar da parroquia de Cabovilaño, no concello da Laracha; Riotorto, lugar da parroquia de Torás, no concello da Laracha; Riotorto, lugar da parroquia de Nosa Señora da O, no concello de Muxía; Riotorto, lugar da parroquia de Cores, no concello de Ponteceso; Riovao, lugar da parroquia de Sada, no concello de Sada; Riovello, lugar da parroquia da Barqueira, no concello de Cerdido; Riovello, lugar da parroquia de San Xoán de Moeche, no concello de Moeche; Rioxoán, lugar da parroquia de Valonga, no concello de Pol; Augarrío, lugar da parroquia de Dorneda, no concello de Oleiros; Augarrío, lugar da parroquia da Laxe, no concello do Valadouro; Augarrío, lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba; Camporrío, lugar da parroquia da Parte, no concello de Monforte de Lemos; Cardorrío, lugar da parroquia de Pedornes, no concello de Oia; Casarío, lugar da parroquia de Tibiás, no concello do Pereiro de Aguiar; O Casarío, lugar da parroquia de Vilameá de Ramirás, no concello de Ramirás; Coirío, lugar da parroquia de Conforto, no concello da Pontenova; Curío, lugar da parroquia de Boebre, no concello de Pontedeume; Eilarrío, lugar da parroquia de San Tomé de Cancelada, no concello de Cervantes; Ferrío, lugar da parroquia de Dumbría, no concello de Dumbría; Gandarío, lugar da parroquia de Ouces, no concello de Bergondo; Lamarrío, lugar da parroquia de Tortes, no concello de Becerreá; Lendorrío, lugar da parroquia de Vilameñe, no concello de Taboada; Mirío, lugar da parroquia de Castelo de Pallares, no concello de Guntín; Queixomarío, lugar da parroquia de Pacios, no concello do Incio; O Señorío, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz; O Señorío, lugar da parroquia de Churío, no concello de Irixoa; O Señorío, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Mazaricos; Sorrío, lugar da parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello de Malpica de Bergantiños; Tarrío, lugar da parroquia de Bugallido, no concello de Ames; Tarrío, lugar da parroquia de Vilabade, no concello de Castroverde; Tarrío, lugar da parroquia de Dimo, no concello de Catoira; Tarrío, lugar da parroquia de San Fiz de Asma, no concello de Chantada; Tarrío, lugar da parroquia de Culleredo, no concello de Culleredo; Tarrío, lugar da parroquia de Laíño, no concello de Dodro; Tarrío, lugar da parroquia de Santa Cristina de Vea, no concello da Estrada; Tarrío, lugar da parroquia de Perlío, no concello de Fene; Tarrío, lugar da parroquia de Papucín, no concello de Frades; Tarrío, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso; Tarrío, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Oleiros; Tarrío, lugar da parroquia de Mandaio, no concello de Oza-Cesuras; Tarrío, lugar da parroquia de Cruces, no concello de Padrón; Tarrío, lugar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal; Tarrío, lugar da parroquia de Combarro, no concello de Poio; Tarrío, lugar da parroquia de Samieira, no concello de Poio; Tarrío, lugar da parroquia de Romai, no concello de Portas; Tarrío, lugar da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son; Tarrío, lugar da parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son; Tarrío, lugar da parroquia do Carballal, no concello de Santiago de Compostela; Tarrío, lugar da parroquia de Freán, no concello do Saviñao; Tarrío, lugar da parroquia de Recesende, no concello de Teo; Tarrío, lugar da parroquia de Bama, no concello de Touro; Tarrío, lugar da parroquia de Beseño, no concello de Touro; Tarrío, lugar da parroquia de Restande, no concello de Trazo; Tarrío, lugar da parroquia de Xavestre, no concello de Trazo; Tarrío, lugar da parroquia de Coruxo, no concello de Vigo; Tarrío, lugar da parroquia de Goiriz, no concello de Vilalba; Tarrío, lugar da parroquia de Caleiro, no concello de Vilanova de Arousa; O Tarrío, lugar da parroquia de Xubial, no concello de Melide; Tourío, lugar da parroquia de Queixas, no concello de Cerceda; Tralorrío, lugar da parroquia de Mercurín, no concello de Ordes; Tralorrío, lugar da parroquia de Eiras, no concello de San Amaro; Turío, lugar da parroquia de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar; Vilaserío, lugar da parroquia de Bugallido, no concello de Negreira.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político ditatorial que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos Caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na guerra colonial.
Unha micromatriz de anticorpos (antibody microarray), tamén chamada matriz de anticorpos ou microarranxo de anticorpos, é unha forma específica de micromatriz de proteínas. Nesta tecnoloxía un conxunto de anticorpos capturados son situados e fixados nunha superficie solida, como un cristal, plástico, membrana ou chip de silicio, para detectar a interacción entre o anticorpo e o seu antíxeno diana. As micromatrices de anticorpos adoitan usarse para detectar a expresión de proteínas de varios biofluídos, como o soro e plasma sanguíneos ou lisados de células ou tecidos.
Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios, coñecido como Simón Bolívar ( pronunciación ), e tamén coloquialmente por El Libertador, nado en Caracas o 24 de xullo de 1783 e finado en Santa Marta (Colombia) o 17 de decembro de 1830, foi un líder político e militar venezolano que levou, a independizarse do Imperio español, aos que hoxe son os estados de Venezuela, Colombia, Ecuador, e Panamá, axudou tamén a consolidar a independencia do Perú, e aprobou o recoñecemento de Bolivia como república. Liderou as campañas que deron a independencia a varias nacións americanas, ademais foi fundador da Gran Colombia. Tamén foi lexislador e redactor de constitucións, ambientalista e xurista.
Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936 e finado o 21 de abril de 2025 no Vaticano, foi o 266º papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013 ata o seu falecemento.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 220.819.
Bieito XVI (en latín, Benedictus PP. XVI), nado co nome de Joseph Ratzinger en Marktl am Inn (Baviera) o 16 de abril de 1927 e finado no Vaticano o 31 de decembro de 2022, foi o 265º Papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 19 de abril de 2005 ata o 28 de febreiro de 2013 permanecendo como papa emérito desde entón até o seu falecemento. En 1981 Xoán Paulo II nomeouno prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende 1993, e en 2002 accedeu ao posto de deán do Colexio de Cardeais. Foi un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II. O 11 de febreiro de 2013 anunciou a súa decisión de renunciar ao seu posto, que se fixo efectiva o día 28.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
Declaración de Independencia de Estonia
A Declaración de Independencia de Estonia, formalmente titulada Manifesto aos Pobos de Estonia (en estoniano: Manifest Eestimaa rahvastele), é o documento fundacional que estableceu a República democrática independente de Estonia en 1918. Emitida a raíz do colapso do Imperio Ruso na Revolución de 1917, a I Guerra Mundial, a ocupación bolxevique de Estonia e a declaración do golpe de estado alemán durante a I Guerra Mundial. A soberanía nacional de Estonia e o compromiso coa gobernanza democrática.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Viljandi (en alemán: Fellin, en letón: Vīlande, en polaco: Felin e en sueco: Fellin) é unha cidade e concello do sur de Estonia cunha poboación de 17 255 habitantes en 2024. É a capital do condado de Viljandi e sitúase xeograficamente entre dúas grandes cidades de Estonia, Pärnu e Tartu. A cidade mencionouse por primeira vez en 1283, tras serlle concedida a súa carta de cidade por Wilhelm von Endorpe.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920 e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Pío XII (en latín, Pius PP. XII), nado Eugenio María Giuseppe Giovanni Pacelli en Roma o 2 de marzo de 1876 e finado en Castelgandolfo o 9 de outubro de 1958, foi o 260º papa da Igrexa católica e soberano do Estado da Cidade do Vaticano entre o 2 de marzo de 1939 e a súa morte. Foi declarado Venerable o 19 de decembro de 2009 por Bieito XVI. Anteriormente á súa elección como Papa, Pacelli desempeñou as funcións de Secretario da Congregación de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios, nuncio papal en diferentes países de Europa, e Cardeal Secretario de Estado, cargo no que culminou varios concordatos internacionais con estados europeos e americanos, como o Concordato Imperial (en alemán, Reichskonkordat) coa Alemaña nazi. O seu pontificado durante a segunda guerra mundial é un dos máis controvertidos da época contemporánea, principalmente no referido ao coñecemento e encubrimento dos crimes e o antisemitismo do réxime nazi.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
O alimento é calquera substancia consumida para proporcionar apoio nutricional a un ser vivo. Os alimentos adoitan ser de orixe vexetal, animal ou fúngico e conteñen nutrientes esenciais, como carbohidratos, graxas, proteínas, vitaminas ou minerais. A substancia é inxerida por un organismo e asimilada polas células do organismo para proporcionar enerxía, manter a vida.
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra elevada sobre unha columna, habitualmente con unha ou varias imaxes, asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza, teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas públicas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña, onde se levantan algúns moi espectaculares chamados calvarios, con moitísimas figuras), Alemaña e Gran Bretaña.
O PWHL Vancouver é un futuro equipo da Professional Women's Hockey League (PWHL) con sede na cidade de Vancouver (Columbia Británica, Canadá). Fundado o 23 de abril de 2025, o PWHL Vancouver converteuse no primeiro equipo de expansión da liga norteamericana e comezará a xogar na tempada 2025-26. O equipo xogará os seus partidos como local no Pacific Coliseum, un pavillón con capacidade para 16 281 persoas.
Este artigo trata sobre o xogo tradicional infantil, para o peixe gadiforme véxase Mariola (peixe). A mariola, peletre ou patefa é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.
«Grândola, Vila Morena» é unha canción composta e cantada por Zeca Afonso, escollida polo Movimento das Forças Armadas (MFA) para ser o segundo sinal para o comezo da Revolución dos caraveis. Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e sería censurada polo réxime Salazarista por ser unha canción asociada ao comunismo.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Belén Esteban Menéndez, nada en Madrid o 9 de novembro de 1973, é unha colaboradora de varios programas de televisión e un personaxe dos medios de España. O seu salto aos medios de comunicación produciuse trala ruptura da súa relación sentimental co toureiro Jesulín de Ubrique, do que ten unha filla, Andrea. As disputas públicas co toureiro e a súa familia a mantiveron constantentemente no candeeiro: exclusivas en revistas do corazón e programas de televisión, romances con sona nos medios e portadas en revistas fundamentaron dende entón a súa presenza nos medios de comunicación.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2025, 71 autores (13 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 63 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O MS Estonia, un transbordador-cruceiro construído en 1980 afundiuse o mércores 28 de setembro de 1994, entre as 00:50 e a 1:50 (UTC 2) aproximadamente mentres o barco cruzaba o mar Báltico, en ruta dende Talín, Estonia, ata Estocolmo, Suecia. O naufraxio foi un dos peores desastres marítimos do século XX. É un dos naufraxios en tempos de paz con máis vítimas mortais dun barco europeo, despois do Titanic en 1912 e do Empress of Ireland en 1914, e o naufraxio en tempos de paz con máis mortes producido en augas europeas, con 852 (de 989) vidas perdidas.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
Patrick Johnston (político estadounidense)
Patrick Johnston, nado en San Francisco (California) o 3 de setembro de 1946, é un político estadounidense. Exerceu como membro da Asemblea Estatal de California desde 1981 até 1991 e do Senado Estatal de California desde 1991 até 2000, representando o Condado de San Joaquin.