Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Este artigo refírese ao grupo empresarial Sargadelos. Para outros significados, vexa Sargadelos O Grupo Sargadelos é unha sociedade limitada que ten como principal accionista a empresa Cerámicas do Castro S.L. desde 1949. Actualmente, a sociedade Sargadelos ten dúas plantas de produción cuns 245 empregados.
José Miguel Conejo Torres, nado en Madrid, o 30 de abril de 1980, máis coñecido como Leiva, é un músico e cantautor español de pop rock. Entre 2001 e 2011 formou parte xunto a Rubén Pozo da banda de pop rock Pereza, coa que gravou 6 discos. Tras a disolución do grupo, iniciou unha carreira en solitario na que leva 4 discos gravados.
Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro. Usou os pseudónimos Cego Zago, Ollarnovo, S.F. Ollarnovo, Xoán Mazaricos, Santiago Fernández, Xalo.
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra civil fuxiu a Buenos Aires.
Patricia López Andrés, máis coñecida como Patri López, nada en Melide o 29 de novembro do 2000, é unha deportista galega multidisciplinar. Xogou ao fútbol como lateral dereito no Deportivo da Coruña. Antes de centrarse no fútbol foi campioa do mundo en idade escolar de kick boxing en dúas modalidades (semi contact e light contact), campioa de España infantil en loita olímpica e campioa de España infantil de esgrima.
Spider-Man: Homecoming é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Jon Watts. É un filme de superheroes de Marvel Comics sobre a personaxe de Spider-Man, coproducido por Columbia Pictures e Marvel Studios, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É o segundo "reboot" de Spider-Man e o décimo sexto filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU).
O clima é o conxunto de condicións meteorolóxicas medias a longo prazo, calculadas xeralmente nun período de 30 anos. Máis rigorosamente, o clima é a variabilidade media das variables meteorolóxica nun tempo que abarca desde meses ata millóns de anos. Algunhas das variables meteorolóxicas que se miden habitualmente son a temperatura do aire, a humidade relativa do aire, a presión atmosférica, o vento e as precipitacións.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Constitución de Estonia (en estoniano: Eesti Vabariigi põhiseadus) é a lei fundamental da República de Estonia e estabelece a organización estatal como unha república democrática onde o poder supremo reside nos seus cidadáns. A primeira Constitución foi adoptada pola libremente elixida Asemblea Constituínte de Estonia o 15 de xuño de 1920 e entrou en vigor o 21 de decembro de 1920. Fortemente emendada o 24 de xaneiro de 1934, logo do referendo de 1933, a segunda constitución entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1938.
Unión de Escritores de Estonia
A Unión de Escritores de Estonia (en estoniano: Eesti Kirjanike Liit, abreviatura EWU) é un sindicato ou asociación profesional de escritores, tradutores e críticos literarios de Estonia.
Tiago Splitter Beims, nado o 1 de xaneiro de 1985 en Blumenau, Santa Catarina, é un ex-xogador profesional brasileiro de baloncesto. Actualmente traballa como adestrador de desenvolvemento de xogadores para os Brooklyn NewDrafteado polos San Antonio Spurs en 2007, gañou co equipo texano o títulos de campión en 2014. Splitter xogou durante varios anos na liga ACB, onde foi dúas veces campión de liga.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O río Pedja (en estoniano: Pedja jõgi) é o cuarto río máis longo de Estonia. A súa fonte atópase preto de Simuna, nas ladeiras meridionais do outeiro de Pandivere. O río discorre durante 122 km ao longo dos condados de Lääne-Viru, Jõgeva e Tartu antes de unirse ao río Emajõgi ao nordeste do lago Võrtsjärv.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
María Aránzazu «Arancha» González Laya, nada en Donostia o 22 de maio de 1969, é unha xurista vasca, ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España. Foi directora executiva do Centro de Comercio Internacional (ITC) e subsecretaria xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU).
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
Columna da Vitoria da Guerra de Independencia
A Cruz da Liberdade e a Columna da Vitoria da Guerra de Independencia (en estoniano: Vabadussõja võidusammas) é un monumento que se atopa na praza da Liberdade, en Talín, Estonia. Foi inaugurada o 23 de xuño de 2009 como monumento conmemorativo para os caídos durante a guerra de independencia de Estonia. A columna mide 23,5 m de altura e consta de 143 placas de vidro.
Ocupación alemá de Estonia durante a primeira guerra mundial
Estonia estivo baixo ocupación militar do Imperio Alemán (en estoniano: Saksa okupatsioon Eestis) durante as etapas máis tardías da primeira guerra mundial. Entre o 11 e o 21 de outubro de 1917, o Exército Imperial Alemán ocupou o arquipélago Moonsund, incluíndo as illas máis grandes de Saaremaa (Ösel), Hiiumaa (Dagö) e Muhu (Moon). Os combates en Estonia cesaron mentres se celebraban as negociacións sobre o tratado de Brest-Litovsk.
Iztaccíhuatl (do nahuatl "Iztac", branco/a e "cíhuatl", muller) é unha montaña de México, a terceira máis alta do país despois do Pico de Orizaba (5.610 m) e o Popocatépetl (5.452 m). Segundo a mitoloxía azteca, trátase dunha princesa que se converteu en deidade. A silueta de Iztaccíhuatl, que case sempre está cuberta de neve, ten a forma dunha muller deitada co cabelo estendido para o lado oposto do seu corpo.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Enrique Fernando Flórez de Setién Huidobro y Velasco, nado en Villadiego, Burgos, o 21 de xullo de 1702 e finado en Madrid o 5 de maio de 1773, foi un relixioso agostiño e catedrático español da época da Ilustración, salientable como historiador, numismático, xeógrafo, epigrafista, paleógrafo, bibliógrafo, tradutor e arqueólogo. Ingresou en 1719 na Orde de Santo Agostiño. Estudou en Valladolid e en Salamanca, e doutorouse en Teoloxía en 1729 na Universidade de Alcalá.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
O Premio Antón Losada Diéguez é un certame literario convocado de forma anual polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense. Creouse no ano 1985, cando se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antón Losada Diéguez. Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais.
Assassin's Creed é un videoxogo de acción e aventura lanzado para PlayStation 3, Xbox 360 e PC en novembro de 2007. Dende a súa saída ao mercado, Assassin's Creed vendeu 3,38 millóns segundo Vgchartz. En abril de 2008 lanzouse unha versión de Microsoft Windows titulada Assassin's Creed: Director's Cut Edition que contén contido adicional.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que naceu en 2020 coa intención de representar todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A nudez na arte refírese á nudez en tódalas disciplinas artísticas, incluídas composicións vernáculas e históricas. A nudez na arte reflectiu polo xeral - aínda que con algunhas excepcións - os estándares sociais para a estética e a moralidade na época en que se realizou a pintura, escultura ou máis recentemente a fotografía. Desde épocas prehistóricas, as representacións do corpo espido foron un tema central da arte.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Educación secundaria obrigatoria
A educación secundaria obrigatoria (ESO) é o nivel educativo en ensino medio en España, obrigado dende a implantación da LOGSE a comezos dos anos noventa.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A irrumación, (tamén coñecida como irrumatio, ou polo coloquialismo de foder a cara) é unha forma de sexo oral na que un home empuxa o seu pene na boca doutra persoa, en contraste coa felación onde o membro viril está sendo activamente excitado por vía oral por un felador. A diferenza radica principalmente en quen toma a parte activa. Por extensión, irrumación tamén pode referirse á técnica sexual de meter o pene entre as coxas dunha parella (sexo intercrural).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Valle de Cuelgamuros, anteriormente Valle de los Caídos, é un monumento funerario situado na serra de Guadarrama, no municipio de San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid. Foi construído por prisioneiros republicanos da guerra civil española entre os anos 1940 e 1958. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da guerra civil (a partir da década dos 50, xa que anteriormente só eran enterrados os afíns ao réxime franquista), moitos deles trasladados dende outros puntos de España, onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.