Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Lion, orixinalmente titulado A Long Way Home, é un filme australiano-estadounidense de drama dirixido por Garth Davis e escrito por Luke Davies, baseado no libro de non ficción A Long Way Home de Saroo Brierley. É protagonizado por Dev Patel, Rooney Mara, David Wenham e Nicole Kidman. Foi estreado mundialmente o 10 de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Toronto 2016.
A Internacional (L'Internationale en francés) é a canción socialista máis famosa, adoptada tamén polos anarquistas e comunistas, unha das cancións máis coñecidas internacionalmente, ademais do himno dos traballadores de todo o mundo. A letra orixinal é de Eugène Pottier en 1871 e música de Pierre Degeyter en 1888.
A festa dos maios, tamén coñecida simplemente como os maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Alexander Grothendieck, nado en Berlín, Estado Libre de Prusia o 28 de marzo de 1928 e finado en Saint-Girons, Ariège o 13 de novembro de 2014, foi un matemático apátrida, nacionalizado francés nos anos 1980. Durante a segunda metade do século XX levou a cabo un extraordinario proceso de unificación da aritmética, a xeometría alxébrica e a topoloxía, dando grande impulso ao desenvolvemento destas tres ramas fundamentais da matemática.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O Bo Pastor de Castiñeiras é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.410 habitantes (738 mulleres e 672 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.500 habitantes. Nesta parroquia está a praia da Ameixida.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
A unidade imaxinaria ou número imaxinario unidade (i) é unha constante matemática que é unha solución da ecuación cadrática x2 + 1 = 0. Aínda que non hai número real ningún con esta propiedade i pode usarse para estender os números reais ao que se chama números complexos, usando suma e multiplicación cos números reais e i. Un exemplo simple do uso de i nun número complexo é 2 + 3i.
Neurospora é un xénero de fungos ascomicetos. O nome do xénero, que significa "espora nervio", fai referencia ás características estriacións que teñen as súas esporas, que lembran axóns de nervios. A especie mellor coñecida deste xénero é Neurospora crassa, un organismo modelo de uso común en bioloxía.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 27 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Guerra de Corea, que se desenvolveu entre o 25 de xuño de 1950 e o 27 de xullo de 1953, foi un conflito bélico na península de Corea que enfrontou a Corea do Norte (República Popular Democrática de Corea) e a Corea do Sur (República de Corea), amais dos seus respectivos aliados. A Corea do Norte foi apoiada pola República Popular da China e pola Unión Soviética, mentres que a Corea do Sur recibiu axuda do Comando das Nacións Unidas, liderado polos Estados Unidos. Os combates remataron en 1953 cun armisticio, mais sen tratado de paz, o que deu lugar ao conflito actual coreano.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Organización das Nacións Unidas
A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a segunda guerra mundial. A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2025, 71 autores (13 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 63 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
Selección negativa (selección natural)
Na selección natural, a selección negativa ou selección purificante é a eliminación selectiva de alelos que son daniños (deletéreos). Isto pode ter como resultado unha selección estabilizante por medio da purga de polimorfismos xenéticos daniños que se orixinan por mutacións aleatorias. A purga de alelos daniños pode conseguirse no nivel da xenética de poboacións, sendo a unidade de selección unha soa mutación puntual.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
Red Eléctrica de España (REE) é unha empresa española con sede en Madrid dedicada á xestión da infraestrutura eléctrica de alta tensión de España. REE foi fundada en 1985 en aplicación da lei 49/1984, de 26 de decembro. Foi a primeira empresa do mundo dedicada en exclusividade ao transporte e xestión do sistema eléctrico.
The Ugly Duckling (filme de 1939)
The Ugly Duckling é unha curtametraxe clásica de animación de 1939 por Walt Disney, baseada no conto de fadas "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen. O filme foi dirixido por Jack Cutting e Clyde Geronimi, e foi estreado nos cines o 7 de abril de 1939. A música foi composta por Albert Hay Malotte, que non foi acreditado no filme.
O Levantamento do 2 de maio foi un alzamento de carácter popular e militar que tivo lugar en Madrid en 1808 contra os ocupantes franceses, que se saldou cuns fusilamentos masivos por parte das tropas napoleónicas no día seguinte. Neste contexto revolucionario xorden, entre maio e xuño, Xuntas en moitas capitais de provincia de España, cada unha cos seus exércitos, os seus depósitos de armas e de provisións e coas súas finanzas. O afrancesamento do Consello de Castela, que aceptou nun primeiro momento o mandato de Napoleón Bonaparte, provocou conflitos ideolóxicos coas Xuntas, cuxo poder aumentaba á par do apoio do pobo, até que, finalmente, o Consello debeu resignarse a que foran estas, máis numerosas, as que ostentaran a soberanía.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Laapataa Ladies (en hindi: लापता लेडीज) é un filme indio de 2023 rodado en lingua hindi e dirixido por Kiran Rao. Foi producido por Rao, Aamir Khan e Jyoti Deshpande. Está protagonizado por Nitanshi Goel, Pratibha Ranta, Sparsh Shrivastava, Chhaya Kadam e Ravi Kishan, e conta a historia de dúas novas noivas acabadas de casar que se intercambian durante un paseo en tren ata as casas do seu marido.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O capitalismo é unha orde ou sistema social e económico que se atopa en constante movemento, derivado do usufruto da propiedade privada sobre o capital como ferramenta de produción, que se atopa maiormente constituído por relacións empresariais vinculadas ás actividades de investimento e obtención de beneficios, así como de relacións laborais tanto autónomas como asalariadas subordinadas a fins mercantis. Máis especificamente o capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. No capitalismo, os individuos e as empresas usualmente representadas polos mesmos, levan a cabo a produción de bens e servizos de forma privada e interdependiente, dependendo así dun mercado de consumo para a obtención de recursos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Pío XII (en latín, Pius PP. XII), nado Eugenio María Giuseppe Giovanni Pacelli en Roma o 2 de marzo de 1876 e finado en Castelgandolfo o 9 de outubro de 1958, foi o 260º papa da Igrexa católica e soberano do Estado da Cidade do Vaticano entre o 2 de marzo de 1939 e a súa morte. Foi declarado Venerable o 19 de decembro de 2009 por Bieito XVI. Anteriormente á súa elección como Papa, Pacelli desempeñou as funcións de Secretario da Congregación de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios, nuncio papal en diferentes países de Europa, e Cardeal Secretario de Estado, cargo no que culminou varios concordatos internacionais con estados europeos e americanos, como o Concordato Imperial (en alemán, Reichskonkordat) coa Alemaña nazi. O seu pontificado durante a segunda guerra mundial é un dos máis controvertidos da época contemporánea, principalmente no referido ao coñecemento e encubrimento dos crimes e o antisemitismo do réxime nazi.
Central Unitaria de Traballadores
A Central Unitaria de Traballadores/as, CUT, é un sindicato galego creado o 4 de decembro de 1998. O Congreso fundacional celebrouse en Vigo o 19 de abril de 1999. Defínese como un sindicato de clase, que ten como obxectivo a defensa dos intereses de clase de todos os traballadores e traballadoras de Galicia.
O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social radical que chama á oposición e abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas non desexables, innecesarias e nocivas. Os tipos de autoridade rexeitados inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado), industrial (o especismo) ou calquera outra forma de opresión e explotación. Do mesmo xeito, o anarquismo pretende abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación, mediante consenso, de todas as persoas), así coma as súas principais ferramentas de coerción e violencia, para conseguir acabar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.
Galeatro é unha compañía galega de teatro creada en Carballo en 2015, especializada en espectáculos dirixidos ao público familiar e adulto. Fundada por Tone Martínez e Alba Bermúdez, a compañía ten como obxectivo achegar as artes escénicas aos máis pequenos e pequenas mediante propostas orixinais promovendo valores como a igualdade, o respecto pola tradición e a oralidade como ferramenta de comunicación e transmisión cultural.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorbio: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorbio: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Apagamento eléctrico na Península Ibérica de 2025
O 28 de abril de 2025, ás 12:33 p.m. (CEST), produciuse un importante apagamento eléctrico a través da Península Ibérica e partes do suroeste de Francia, afectando especificamente a Andorra, Portugal, España e o sur de Francia. O corte de enerxía provocou dificultades nas comunicacións, sistemas de transporte e sectores esenciais como hospitais e servizos de emerxencia.
Maio na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de maio na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Inclúese algún refrán relativo á Ascensión, festividade que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección. Pode caer no mes de maio ou a principios de xuño.
A Banda de Poi foi un grupo galaico-portugués de rock, formado por Tonhito de Poi en 2005 e disolto en 2007. En 2013 volveu para unha serie de concertos con novos membros no grupo, e tras varios anos de silencio volveu a actuar novamente en 2017. Durante a súa carreira a banda publicou unicamente un álbum de estudio, Mór (2005).
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Fernando II de Aragón e V de Castela
Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).
Un campo magnético é unha descrición matemática da influencia magnética das correntes eléctricas e dos materiais magnéticos. O campo magnético en calquera punto está especificado por dous valores, a dirección e a magnitude; de tal forma que é un campo vectorial. Especificamente, o campo magnético é un vector axial, como o son os momentos mecánicos e os campos rotacionais.
A lingua náhuatl (que deriva de nāhua-tl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), nāhua, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Antonio Fernández del Riego, nado en Vilanova (Lourenzá) o 14 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 5 de maio de 2008, foi un químico, farmacéutico e oceanógrafo galego, ademais de investigador e afeccionado á xeoloxía e á arqueoloxía prehistórica. Licenciado en Farmacia, foi catedrático de Química na Escola de Peritos Industriais (Enxeñería Técnica Industrial) de Vigo e oceanógrafo no Instituto Español de Oceanografía de Vigo.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Azerbaidján. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.
Este artigo refírese ao grupo empresarial Sargadelos. Para outros significados, vexa Sargadelos O Grupo Sargadelos é unha sociedade limitada que ten como principal accionista a empresa Cerámicas do Castro S.L. desde 1949. Actualmente, a sociedade Sargadelos ten dúas plantas de produción cuns 245 empregados.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Un nucleósido é base nitroxenada (pode ser unha pirimidina ou unha purina) unida por un enlace covalente (enlace N-glucósidico entre o carbono 1 da pentosa e o nitróxeno ) na base púrica e o 1 na base pirimidínica) a un azucre de 5 átomos (pentosa) de carbono, ribosa ou desoxirribosa. Exemplos de nucleósidos son a citidina, uridina, adenosina, guanosina, timidina e a inosina. Os nucleósidos poden combinarse cun grupo fosfórico (ácido fosfórico: H3PO4)mediante determinadas quinases da célula, producindo nucleótidos, que son os compoñentes moleculares básicos do ADN e o ARN. Os nucleósidos poden ser de dous tipos, dependendo da pentosa que conteñan: Ribonucleósidos: a pentosa é a ribosa.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio. Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Xeorxia, Estados Unidos de América
Xeorxia é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión Sur do país. Xeorxia é o maior estado do país en superficie ao leste do río Mississippi, desde que Virxinia Occidental se separou de Virxinia en 1863. O crecemento da poboación de Xeorxia é un dos máis altos do país nos últimos tempos.