Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O antimentalismo é unha das características da escola de Yale, cuxo representante máis coñecido é Leonard Bloomfield, e que representa en lingüística o aspecto extremo do positivismo. Bloomfield formula dúas hipóteses sobre o sentido: Para poder definir o emprego que os falantes fan das palabras, sería precisa unha descrición "científica" completa dos seus referentes; Poderíase entón describir o sentido de todas as palabras nos mesmos termos. Isto constituiría un obxectivo afastado e fora do dominio da lingüística.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2025, 71 autores (13 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 63 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
A non-disxunción ou non disxunción é un erro que se produce durante a separación dos cromosomas na división celular que consiste en que os cromosomas homólogos ou as cromátides irmás non conseguen separarse da maneira axeitada durante a mitose ou meiose. Hai tres formas de non-disxunción: un par de cromosomas homólogos non se separan na meiose I, un par de cromátides irmás no se separan na meiose II, e un par de cromátides irmás no se separan na mitose. Como resultado da non-disxunción orixínanse células fillas cun número anormal de cromosomas (aneuploidía).
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
España no Festival de Eurovisión
España participa, ininterrompidamente, no Festival da Canción de Eurovisión desde 1961. Nesa primeira participación quedou en novena posición coa canción "Estando contigo" de Conchita Bautista. Desde 1999, España forma parte do "Big Four" xunto a Alemaña, Francia e o Reino Unido, ampliado con Italia en 2011 e denominado "Big Five".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Jannik Sinner, nado o 16 de agosto de 2001 en San Candido,[Cómpre referencia] é un tenista italiano, profesional desde 2018. En novembro de 2020, gañou o torneo de Sofía aos 19 anos e converteuse no primeiro xogador nacido século XXI en gañar un título ATP e o italiano máis novo titulado na era Open . En 2023, gañou o seu primeiro título importante no Masters de Toronto .
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín, Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Copa do Sar é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos. Recibe o nome polo río Sar e nela participan equipos das comarcas do Sar, A Barbanza, Santiago, Ordes, Tabeirós- Terra de Montes, Caldas, Deza, Noia, Arzúa e Terra de Melide. O campión de 2023 é a SR Calo, tras eliminar a: Flavia SD en penaltis (2[4]-2[3]).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha república (do latín: res publica = cousa pública) é unha forma de goberno no que o poder reside no pobo, e o goberno está gobernado por líderes electos en sufraxio universal por un tempo determinado conforme á lei, no canto de ser herdado ou nomeado (por exemplo, mediante a herdanza ou mandato divino). Nos tempos modernos a definición de república tamén se limita normalmente a un goberno que non ten un monarca ou calquera outra forma hereditaria de xefatura. A miúdo, as monarquías e as repúblicas descríbense como conceptos mutuamente exclusivos.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un actor, director e guionista de cinema galego. En 2010 gañou o Premio Fipresci do Festival Internacional de Cine de Cannes polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes polo seu traballo en Mimosas e, en 2019, foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas tres primeiras películas en Cannes.
Antón Luís Santamarina Fernández, nado en San Martín de Suarna (A Fonsagrada) o 18 de febreiro de 1942, é un lingüista galego, catedrático de filoloxía románica na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega. É un experto en lexicografía recoñecido internacionalmente.
A provincia é unha división territorial de España, de acordo coa Constitución española. En España hai 50 provincias, que, xunto coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e algunhas posesións insulares menores -que non están suxeitas á división provincial por depender directamente da administración central-, comprenden a totalidade do territorio español.
José Alberto Mujica Cordano, nado en Montevideo o 20 de maio de 1935 e finado o 13 de maio de 2025 na mesma cidade, foi un agricultor e político uruguaio. Foi o cuadraxésimo presidente do Uruguai entre 2010 e 2015. Con pasado guerrilleiro, pois fora membro do Movemento Nacional de Liberación-Tupamaros, iniciouse na carreira política e foi escollido deputado e senador.
Unha palabra é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (agás nos casos en que se usa apóstrofo ou guión), é dicir é a unidade formada por un ou varios fonemas, illable e dotada de significado. En moitos idiomas, a noción do que constitúe unha "palabra" pódese entenderse principalmente como parte da aprendizaxe do sistema de escritura. É o caso da lingua inglesa e da maioría das linguas escritas con alfabetos derivados dos antigos alfabetos latinos ou gregos.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Ottawa Charge (en francés Charge d'Ottawa) é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Otava (Ontario, Canadá), que compite na Professional Women's Hockey League (PWHL), sendo unha das seis franquía fundadoras da competición. O equipo fundouse o 29 de agosto de 2023 co nome PWHL Ottawa. Dende o seu debut na PWHL está dirixido pola adestradora canadense Carla MacLeod.
Os cloroplastos (do grego, chloros "verde", e plastes, "forma" ou "entidade") son orgánulos citoplasmáticos da célula encargados de realizar a fotosíntese en organismos eucariontes. Atópanse nas follas das plantas e mais en organismos protistas fotosintéticos. Os cloroplastos capturan a enerxía lumínica para conservaren enerxía libre en forma de ATP e reduciren o NADP+ a NADPH a través dun conxunto de procesos complexos chamado fotosíntese.
Unión Europea de Radiodifusión
A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública.
Enténdese por satélite artificial calquera dos obxectos postos en órbita periódica arredor da Terra de xeito artificial (pola nosa especie). Os obxectivos son variados e van dende os fins científicos ou tecnolóxicos ós militares. Agora ben, se o definimos dende un punto de vista rigoroso, un satélite artificial é un obxecto non tripulado posto en órbita arredor da Terra, quedando fóra desta definición os foguetes lanzadores como as cápsulas tripuladas ou de carga, os transbordadores espaciais e mailas estacións orbitais.
James Augustine Aloysius Joyce, nado en Rathgar, actualmente un barrio de Dublín, o 2 de febreiro de 1882 e finado en Zürich (Suíza) o 13 de xaneiro de 1941, foi un novelista, escritor de relatos curtos, poeta, profesor e crítico literario irlandés. Contribuíu ao movemento das vangardas do modernismo e está considerado como un dos autores de maior influencia e relevancia do século XX. A súa obra máis coñecida é Ulises (1922), unha obra emblemática na que fai unha correspondencia con cada episodio da Odisea de Homero usando unha gran variedade de estilos literarios, entre os que destaca o seu afamado monólogo interior. Outras obras ben coñecidas de Joyce son o volume de contos Dublineses (1914), e as novelas Retrato do artista cando novo (1916), e Finnegans wake (1939).
Gala Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Gala Murguía, nada en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1964, foi a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía e tivo un papel importante na apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, xa que foi clave na reconstrución da vida familiar na Casa da Matanza.
Sir William Ramsay, nado en Glasgow o 2 de outubro de 1852 e finado en High Wycombe (Buckinghamshire) en 1916, foi un químico británico que recibiu o Premio Nobel de Química de 1904 polas súas investigacións acerca dos gases nobres. Xunto co físico John William Strutt, foi o descubridor do gas argon.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O gavial (Gavialis gangeticus), ás veces chamado na literatura gavial do Ganxes ou indio, é unha especie de crocodiliano da familia Gavialidae, e única especie viva do seu xénero, nativa da parte norte do subcontinente indio. A poboación silvestre global de gaviais estímase en tan só 235 individuos, que están ameazados pola perda dos hábitats de ribeira dos ríos, a diminución dos recursos de peixes e por quedar atrapados nas redes de pesca. Como a súa poboación diminuíu drasticamente nos últimos 70 anos, o gavial está hoxe considerado unha especie en perigo crítico na Lista vermella da IUCN. O gavial é un dos crocodilianos vivos máis longos, xa que chega a medir ata 6,25 m, aínda que este é o límite extremo superior, e un adulto medio adoita medir de 3,5 a 4,.5 m de lonxitude.
Etiopía (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país situado na parte centroriental de África, no chamado Corno de África. Limita ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao oeste co Sudán e co Sudán do Sur. En 2017 tiña unha poboación estimada de máis de 94 millóns de habitantes, que o converten no segundo país máis poboado de África despois de Nixeria.
O Mar Caspio é a masa de auga pechada máis grande do mundo, a miúdo descrita como o lago máis grande do mundo ou un mar en toda regra. É unha conca endorreica situada entre Europa e Asia: ao leste do Cáucaso, ao oeste da ampla estepa da Asia Central, ao sur das fértiles chairas do sur de Rusia na Europa Oriental e ao norte da montañosa meseta iraniana da Asia Occidental. Ten unha superficie de 371 000 km2 (excluída a lagoa altamente salina de Kara Bogaz Gol, ao leste), unha superficie aproximadamente igual á de Xapón, cun volume de 78 200 km3 con características comúns tanto cos mares como cos lagos.
Unha estrela (do latín: stella) é un esferoide luminoso que mantén a súa forma debido á súa propia gravidade. A estrela máis próxima á Terra é o Sol. Outras estrelas son visibles a simple vista desde a Terra durante a noite, aparecendo como unha diversidade de puntos luminosos aparentemente fixos no ceo debido á súa inmensa distancia da mesma.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
O IPv6 é a versión 6 do protocolo IP. O IPv6 ten como obxectivo substituír o patrón anterior, o IPv4, que só soporta preto de 4.000 millóns ( 4 x 109) de enderezos, en canto que o IPv6 soporta 3.4 x 1038 enderezos. O esgotamento de todos os enderezos IPv4 delegados pola ICANN no RIR ó que pertence Europa (RIPE NCC) produciuse en novembro do 2019. Porén, isto non implicou o seu desuso.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Festival de Eurovisión (en inglés Eurovision Song Contest; en francés Concours Eurovision de la Chanson) é un festival da canción televisado, creado en 1956 de carácter anual e con participantes de numerosos países europeos, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión. A representación dos diversos países escóllena as canles de televisión pública. O Festival retransmítese por televisión e radio en toda Europa.
A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Califato Abbásida (en árabe: ﻋﺒﺎﺳﻴﻮﻦ ʿAbbāsiyyūn) é o nome da terceira dinastía de califas árabes, que reinou de 750 a 1258 sobre un imperio musulmán con capital en Bagdad (e, durante algúns decenios, na cidade de Samarra), no actual Iraq. Foi fundada en 750 por As Saffah, bisneto do tío paterno do profeta Mahoma, Muttalib ibn Abd al-Manaf, tamén coñecido por Abbas, de quen tomaron o seu nome. Dise que este converteuse á relixión predicada polo seu sobriño nunha data imprecisa, que os detratores da dinastía sitúan na tarde inmediatamente anterior á conquista (fatḥ) da Meca por parte dos musulmáns (630).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Hermisende é un concello das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos falantes de galego fóra do territorio da comunidade autónoma de Galicia. O xentilicio é «hermisendeiro».
A trisomía X, tamén coñecida como síndrome triplo X, síndrome XXX, e caracterizada por presentar un cariotipo 47,XXX, é un trastorno cromosómico aneuploide humano no cal unha muller ten unha copia extra do cromosoma X. Isto crea un cariotipo XXX con 47 cromosomas en vez do XX normal de 46 cromosomas. É relativamente común e ocorre nunha de cada 1.000 mulleres, pero raramente chega a ser diagnosticada; menos do 10 % das persoas con esta condición saben que a teñen. Os síntomas que ás veces aparecen son leves.
Xosé Antonio Mauro Ferreiro Suárez, nado en Noia en 1738 e finado en Hermisende (Zamora) en 1830, foi un escultor galego. Está considerado unha figura prestixiosa da arte escultórico do neoclasicismo galego do século XIX. Foi autor de innumerables imaxes relixiosas, moitas delas presentes en igrexas compostelás.
En bioloxía, principalmente na anatomía, un órgano é un conxunto de tecidos que evolucionaron para executar unha determinada función vital. Algúns órganos comúns aos vertebrados son o corazón, o cerebro, o estómago etc. Nas plantas "superiores", os órganos principais son a raíz, o caule, as follas, as flores e os froitos.
O telugu (en telugu: tĕlugu / తెలుగు) é unha lingua do estado de Andhra Pradesh na India. Neste estado é a lingua oficial, e tamén se fala en Ianaon (unión territorial de Pondichery), na parte central do territorio tamil, ao leste de Carnataca, en Maharastra e en Orissa. Existe unha grande diáspora telugu en Birmania, en Malaisia, na Illa Mauricio, en Arabia Saudita, nos emiratos do Golfo, na República de Suráfrica, nas Illas Fiji, en América do Norte, no Reino Unido e en Francia.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 221.336.
Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura. Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
O aguacate é unha árbore (Persea americana) nativa de América Central e México coñecida polos seus froitos comestíbeis graxos de igual nome. É unha árbore de gran porte, pasando dos trinta metros de altura; unha árbore adulta pode producir máis dun cento de froitos, dos que se coñecen máis de 500 variedades. Na actualidade ademais da súa zona de orixe cultívase no sur de España, Israel, Suráfrica, Perú, norte de Chile, Vietnam, Indonesia, Australia, Nova Zelandia, Estados Unidos, Filipinas, República Dominicana e Malaisia.
Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.
O Ilves Naiset, ou simplemente Ilves, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, sendo un dos equipos fundadores da competición e o único que disputou todas as edicións da mesma. Logo de ter empregado distintas pistas da cidade, na década de 1980 o equipo xogou na pista de xeo de Koulukatu, e dende 1989 xoga os seus partidos como local no Tesoman jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 500 persoas.
Ontoloxía (do grego to ón 'o que ten ser' e logos 'pensamento'), é a ciencia ou estudo do ser. Habitualmente considérase que a ontoloxía é unha parte da metafísica, que se subdivide en ontoloxía (estudo do ser como propiedade común a todos os entes) e teoloxía (estudo específico do ser do ente supremo, Deus).
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.