Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Edward Christopher "Ed" Sheeran, nado en Halifax (West Yorkshire) o 17 de febreiro de 1991, é un cantautor inglés. Firmou un contrato coa discográfica Asylum / Atlantic Records. Sheeran saltou á fama no mes de xuño de 2011, cando o seu primeiro single "The A Team" debutou nas listas británicas co número 3.
Percebelleira, Santa María de Fóra de Baiona, Baiona
A Percebelleira é un lugar da parroquia de Santa María de Fóra de Baiona no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 400 habitantes (187 homes e 213 mulleres).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A tetrasomía X, tamén coñecida como 48,XXXX, é un trastorno cromosómico aneuploide no cal unha muller ten catro copias, en vez das dúas normais, do cromosoma X. Está asociado con discapacidade intelectual de diversa gravidade, características faciais "rudas", defectos cardíacos e anomalías esqueléticas, como o aumento de estatura, clinodactilia (dedo maimiño curvado) e sinostose radiocubital (fusión dos ósos longos do anebrazo). A tetrasomía X é unha condición rara, con poucos casos recoñecidos medicamente; estimase que ocorre cunha frcuencia dun caso de cada 50.000 femias nacidas. O trastorno ten unha ampla variedade de síntomas, con fenotipos (presentacións) que van desde leves a graves.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorbio: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorbio: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC é unha plataforma que defende o máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Enrique Macías Virgós, exdecano da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, escribiu unha carta ao director de La Voz de Galicia na que afirma que a decisión se interpreta no sentido de que as matemáticas non importan e que ignora o valor estratéxico das matemáticas puras, que son a base da educación STEM e un eixo transversal de toda ciencia.
Alfonso Gordaliza Ramos, nado en Villafrades de Campos no 1961, é un matemático español, presidente do Comité Español de Matemáticas e catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Valladolid. A súa traxectoria académica e investigadora está centrada na aplicación de métodos estadísticos robustos e técnicas de recorte, con especial énfase na súa aplicación á análise de datos complexos. Desde 1999 é alcalde de Villafrades de Campos.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
O castelán andino (tamén coñecido en Arxentina como norteño, en Colombia como pastuso e en Perú e Ecuador como español serrano) é unha variedade do castelán falado nos Andes centrais, dende o suroccidente de Colombia pasando pola rexión andina de Ecuador, o Perú, o occidente de Bolivia, até o noroeste da Arxentina e a puna de Chile. Ten influencias do castelán clásico, que é máis evidente nas cidades, mentres que nas áreas rurais e parte das cidades, existe influencia do quechua, do aimará e doutras linguas orixinarias.
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra elevada sobre unha columna, habitualmente con unha ou varias imaxes, asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza, teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas públicas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña, onde se levantan algúns moi espectaculares chamados calvarios, con moitísimas figuras), Alemaña e Gran Bretaña.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
La Grande y Felicísima Armada foi o nome que lle deu Filipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra durante a Guerra anglo-española de 1585-1604 e máis coñecida comunmente polo nome que lle deron despectivamente os ingleses como Armada Invencible. O envío por parte de Filipe II desta frota, coa intención de invadir e controlar a política exterior inglesa (principalmente no referente á piratería e a guerra de Flandres), supuxo o comezo das hostilidades dunha guerra na que finalmente España conseguiu que Inglaterra solicitase a paz e asinase un tratado favorable aos intereses da monarquía hispánica en Londres (1604). No entanto, esta campaña naval considérase unha derrota española, tanto pola perda de navíos debida ás inclemencias meteorolóxicas, como pola épica loita entre os dous titáns que impediu o desembarco de 30.000 homes nas costas inglesas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas
A Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas é unha sociedade encargada de representar o profesorado de matemáticas en España. Inclúe como membros as diversas sociedades de educación matemática do país.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 221.972.
José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira[Cómpre referencia] o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita «me echaron droja en el Cola Cao». Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte.
Xunta Suprema do Reino de Galicia
A Xunta Suprema do Reino de Galicia foi unha institución vixente en 1808 no marco da guerra da Independencia española para cubrir a ausencia de poder tralo apresamento do rei Fernando VII. A Idade Contemporánea ábrese en Galicia coa epopea da guerra da Independencia, na que todo o país se converteu nunha guerrilla contra o invasor francés. A Igrexa entregouse en favor da loita; os clérigos colgaron hábitos e sotanas e empuñaron as armas, e os que por idade (ou pola súa pusilanimidade) quedaron na retagarda, apoiárona desde púlpitos e confesionarios. Os fidalgos, que se consideraban señores naturais dos seus súbditos campesiños, en poucas ocasións como nesta puideron exercer un liderado que lles permitise consolidar o prestixio das familias: os pazos foron cuarteis e almacéns onde os campesiños encontraban, desta vez, de todo, desde armas e municións até prórrogas para o pagamento das rendas.
Escaseza de profesorado de matemáticas en España
A escaseza de profesorado de matemáticas en España fai referencia á escaseza crónica de profesorado cualificado nesta materia.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Literatura galega do Rexurdimento
O Rexurdimento foi un movemento social, literario e intelectual, localizado no tempo na segunda metade do século XIX. Vería o seu inicio este período da literatura galega en 1863, coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, porén, habería que situalo en 1890 coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas. Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardiamente.
Henrique Eduardo Passaláqua de Gouveia e Melo, nado en Quelimane (Mozambique) o 21 de novembro de 1960, é un militar e político portugués. Almirante da Mariña portuguesa, foi xefe do Estado Maior da Armada e membro do Estado Maior das Forzas Armadas de Portugal, e é candidato nas eleccións á Presidencia da República Portuguesa do ano 2026.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Rishi Sunak, nado o 12 de maio de 1980, é un político británico que foi primeiro ministro do Reino Unido e líder do Partido Conservador de 2022 a 2024. Tras a súa derrota fronte ao Partido Laborista de Keir Starmer nas eleccións xerais de 2024, converteuse en líder da oposición, cargo que desempeñou de xullo a novembro de 2024. Anteriormente ocupou dous postos no gabinete con Boris Johnson, e posteriormente como ministro de Facenda de 2020 a 2022.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Augsburgo (en alemán: Augsburg; en latín: Augusta Vindelicorum) é unha cidade no sur do estado alemán da Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital e sede de administración da Suabia. Ten 295.830 habitantes (31 dec.2020) dese modo é a terceira maior cidade da Baviera, despois de Múnic e Nuremberg, na súa área metropolitana ten uns 885.000 habitantes. Augsburgo é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).
Sir Lewis Carl Davidson Hamilton, nado o 7 de xaneiro de 1985 en Tewin, Hertfordshire, Inglaterra, Reino Unido, é un piloto británico de automobilismo, fillo de nai británica e pai das Illas das Antillas, que compite na Fórmula 1 para Mercedes. Hamilton gañou un récord conxunto de sete Títulos do Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula 1—empatado con Michael Schumacher—e posúe o récord de máis vitorias 105, pole positions (104), e podios (202), entre outros. Nado e criado en Stevenage, Hamilton comezou a súa carreira no karting aos seis anos, gañando varios títulos nacionais e atraendo a atención de Ron Dennis, que o fichou para o McLaren-Mercedes Young Driver Programme en 1998.
Un motor de arrinque é un dispositivo que se utiliza para virar un motor de combustión interna para iniciar o funcionamento deste pola súa propia potencia. Os motores de arrinque poden ser eléctricos, pneumáticos, hidráulicos, ou ser de combustión interna de pequeno tamaño para, por exemplo, motores moi grandes, ou motores diésel en maquinaria agrícola ou de escavación. Os motores de combustión interna son sistemas de retroalimentación que, unha vez arrincados, dependen da inercia de cada ciclo para iniciar o seguinte.
Rexurdimento (do verbo rexurdir formado sobre xurdir que procede do termo latino surgere 'erguer') é o nome co que se coñece o século XIX (ou a segunda metade do mesmo) na historia de Galiza e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e mais Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010). Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.
Roberto Ignacio Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros.
Giralda é o nome que recibe o campanario da Catedral de Santa María da cidade de Sevilla, en Andalucía (España). Os dous terzos inferiores da torre corresponden ao alminar da antiga mesquita da cidade, de finais do século XII, na época almohade, mentres que o terzo superior é un remate engadido en época cristiá para albergar as campás. Na súa cúspide áchase unha bóla chamada tinaja sobre a cal álzase o Giraldillo, estatua que fai as funcións de catavento e que foi a escultura en bronce máis grande do Renacemento europeo.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
En física, a enerxía (do grego antigo ἐνέργεια enérgeia, ‘actividade’ ‘operación’; de ἐνεργóς energós, ‘forza de acción’ o ‘forza de traballo’) é todo aquilo que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo motor, caldeira, refrixerador, altofalante, lámpada) ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os músculos) etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola física sen definición.
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.
O divino sainete, subtitulado Poema en oito cantos, é unha obra de Manuel Curros Enríquez aparecida en agosto de 1888. É un longo poema de carácter satírico-burlesco ("ladrade, mordede, ride" indicará Curros referíndose a función dos versos da súa obra). Composto por 512 unidades de versos octosílabos con rima consonante, que parodia tanto unha das obras cume da literatura occidental, A divina comedia de Dante Alighieri, coma a obra Mi romería de Emilia Pardo Bazán, compilación de textos publicados en El Imparcial nos que relata a súa viaxe a Roma entre 1887 e 1888.
Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 8 de xaneiro de 1870 e finado en París o 16 de marzo de 1930, foi un militar e político español que o 13 de setembro de 1923 encabezou un golpe de estado que, co apoio de Afonso XIII, deu paso á súa ditadura entre 1923 e 1930 de corte conservador e autoritario. Mantívose no poder até o 28 de xaneiro de 1930, cando se viu obrigado a dimitir ante o escaso apoio popular e a perda de confianza do rei Afonso XIII. Tivo seis fillos, entre os que destacan José Antonio Primo de Rivera, fundador e líder de Falanxe, e Pilar Primo de Rivera, presidenta da Sección Femenina.