Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Preity G Zinta, nada en Shimla o 31 de xaneiro de 1975, é unha actriz e empresaria india, coñecida intérprete de Bollywood. O seu xeito de actuar e o tipo de personaxes que interpreta contribuíu a modificar a percepción das heroinas dentro do cinema hindi e polo éxito que logrou en moitos dos filmes nos que actuou consagrouse como unha das actrices máis importantes do cinema indio actual.
Ola mundo é un programa informático que simplemente imprime o texto «Ola mundo!» nun dispositivo de saída, xeralmente un monitor. Habitualmente o programa úsase como introdución ao estudo dunha linguaxe de programación e constitúe un típico primeiro exercicio, fundamental dende o punto de vista didáctico. Nalgunhas linguaxes, configurar un conxunto de ferramentas básicas completo dende cero ata compilar e executar pequenos programas envolve unha cantidade de traballo substancial, e por isto polo que se usa como un programa moi simple para probar un novo conxunto de ferramentas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Cristóbal Ricardo Montoro Romero, nado en Cambil (Xaén) o 28 de xullo de 1950, é un político español, ministro de Facenda e Administracións públicas entre 2011 e 2018. Entre 2000 e 2004 foi tamén ministro de Facenda no goberno de Aznar, e foi membro do Parlamento Europeo e da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
En química, a volatilidade é unha propiedade material que describe a facilidade que ten unha substancia para vaporizarse. A unha temperatura e presión dadas, unha substancia con alta volatilidade é máis probable que exista en forma de vapor, mentres que unha substancia con baixa volatilidade é máis probable que sexa líquida ou sólida. A volatilidade pode tamén describir a tendencia dun vapor a condensarse pasando a líquido ou sólido; as substancias menos volátiles condensan máis facilmente a partir de vapor que as moi volátiles.
Markoosie Patsauq (en inuktitut: ᒫᑯᓯ ᐸᑦᓴᐅᖅ), nado en Inukjuak (Nunavik, Quebec) o 24 de maio de 1941 e finado ibídem o 8 de marzo de 2020, foi un escritor inuk. É coñecido por ser o autor de Harpoon of the Hunter (en inuktitut: ᐊᖑᓇᓱᑦᑎᐅᑉ ᓇᐅᒃᑯᑎᖓ), a primeira novela publicada en lingua inuktitut novel; a novela foi escrita máis tarde, pero publicada antes (1970), que Sanaaq de Mitiarjuk Nappaaluk.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Rocío Vázquez, coñecida artisticamente como Diva Satánica, nada na Coruña o 25 de xuño de 1988, é unha música galega, recoñecida principalmente por ser a vocalista dos conxuntos musicais de metal extremo BLOODHUNTER e How We End, supergrupo europeo formado por membros de outros conxuntos como Evanescence, Primal Fear o Amaranthe. Tamén foi vocalista da banda brasileira de thrash metal Nervosa e da banda española de metalcore Outreach. Diva Satánica acadou un maior recoñecemento tras a súa participación na edición de 2017 do programa de televisión La Voz, onde interpretou a canción Sweet Dreams de Eurythmics usando voces guturais.
Q1 Tower é un rañaceos situado en Gold Coast, Australia. Cos seus 323 metros e 80 plantas é o edificio residencial máis alto do mundo, superando o 21st Century Tower de Dubai e o segundo rañaceos máis alto de todo o Hemisferio Sur, por detrás de el, aínda en construción, Costa Center, en Santiago de Chile. Foi deseñado por Atelier e a súa forma estivo inspirada polo facho dos Xogos Olímpicos de Sydney 2000 e pola Sydney Opera House.
No eido da estética, o sublime (do latín sublīmis: elevado, exaltado) é a calidade da grandeza, sexa física, moral, intelectual, metafísica, estética, espiritual ou artística. O termo refírese, en concreto, a unha grandeza para alén de calquera posibilidade de cálculo, medida ou imitación. Así, designa unha calidade de extrema amplitude ou forza, que transcende á beleza.
James Buchanan Duke, nado en Durham, Carolina do Norte, o 23 de decembro de 1856 e finado en Nova York o 10 de outubro de 1925, foi un industrial estadounidense do tabaco e a electricidade, coñecido pola introdución da fabricación e venda do cigarro moderno e pola súa implicación na Universidade Duke.
Unha árbore senlleira na lexislación galega é unha árbore autóctona ou importada que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, rareza, beleza, significación histórica, cultural ou científica etc.) é considerada reliquia botánica. Coa súa declaración, son obxecto de protección, concédeselle garantía de respecto comunitario e foméntase o seu valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. A figura de "árbore senlleira" é similar a figuras de protección doutras autonomías españolas e doutros estados europeos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Lucas Vázquez Iglesias, nado en Curtis o 1 de xullo de 1991, é un futbolista galego, que xoga de extremo dereito e lateral dereito. É o futbolista galego máis laureado de todos os tempos a nivel colectivo cun total de 23 títulos, todos co Real Madrid, entre eles catro ligas, cinco Ligas de Campións, catro Mundiais de Clubs e unha Copa Intercontinental da FIFA. Tras comezar a súa formación futbolística no CCD Curtis e no Ural CF, ingresou na canteira do Real Madrid en 2007. Pasou polos distintos equipos xuvenís do club branco e polos seus dous filiais, logrando o ascenso a Segunda división co Real Madrid Castilla en 2012.
Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
Camila, nada en Londres (Inglaterra) o 17 de xullo de 1947, é a raíña consorte do Reino Unido e doutros catorce estados independentes que forman a Commonwealth of Nations, debido ao seu matrimonio co rei Carlos III do Reino Unido. O seu nome de pía é Camilla Rosemary Shand, mais de 1973 a 1995, adoptou o apelido Parker Bowles, debido ao seu primeiro matrimonio co oficial militar Andrew Parker Bowles, co que tivo dous fillos. Logo de casar con Carlos III, entre 2005 e 2022, preferiu empregar o título de duquesa de Cornualla, e non o de princesa de Gales, malia a poder usalo por dereito.
Lady Marmalade (Moulin Rouge!)
«Lady Marmalade» é unha versión de 2001 dunha canción escrita por Labelle en 1975. Foi interpretada por Christina Aguilera, Lil' Kim, Mýa e Pink para a banda sonora da película Moulin Rouge!. Esta versión, escrita por Bob Crewe, Kenny Nolan e Lil' Kim (quen escribiu o seu propio fragmento mais non recibiu créditos por iso), foi producida por Missy Elliott e Rockwilder.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
O Concello de Ourense encárgase de gobernar a cidade e o municipio de Ourense, capital da provincia galega homónima. Está presidido polo alcalde ou alcaldesa, elixido democraticamente por sufraxio universal dende 1979. Tras as Eleccións municipais de España de 2023, os partidos Democracia Ourensana, PP, PSOE e BNG obtiveron representación parlamentaria.
Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela
O Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela é un galardón creado en homenaxe ao médico, escritor e alcalde da Estrada Manuel Reimóndez Portela. Outórgase anualmente na Estrada ao mellor traballo ou serie de traballos publicados en lingua galega, en calquera dos medios de comunicación escritos.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
As aves na cultura popular galega
A presenza das aves na cultura popular galega, sexa en forma de vocabulario que as utiliza como metáfora, de ditos que recollen o seu aspecto ou comportamento, de refráns, cantigas ou contos, é moi ampla, como non pode resultar estraño. Así, as diferentes aves, domésticas ou non, serven como prognósticos meteorolóxicos (Cando chían os biluricos, moita auga e moito frío), como agoiros de boa ou mala sorte (como o canto do moucho nas inmediacións da casa familiar), como remedios medicinais (como queimar plumas de perdiz para aliviar as dores do parto), describen comportamentos da xente (ser unha laberca) ou son a base de multitude de lendas (como a do chasco e o pimpín co gallo da Fuxida a Exipto). Obviamente, estas manifestacións culturais non pretenden unha exactitude biolóxica, como tampouco o pretende calquera outra expresión da cultura popular, senón que nacen da observación no campo (acertada ou non, coherente ou non) e se van estendendo -e modificando- mediante a transmisión oral.
A relocalización do Alto Ártico (en inuktitut: ᖁᑦᑎᒃᑐᒥᐅᑦᑕ ᓅᑕᐅᓂᖏᑦ; Quttiktumut nuutauningit) produciuse durante a Guerra fría na década de 1950, cando 92 inuit, ás veces chamados exiliados do Alto Ártico, foron trasladados polo Goberno do Canadá baixo o primeiro ministro liberal Louis St. Laurent ao Alto Ártico. Considérase amplamente que a migración forzada foi implementada polo goberno canadense para afirmar a súa soberanía no arquipélago ártico (que fora obxecto de reclamacións territoriais disputadas) mediante o uso de "bandeiras humanas".
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos. Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial.
Felix Baumgartner, nado en Salzburgo, Austria o 20 de abril de 1969 é un exparacaidista militar e saltador BASE austríaco. É coñecido polas manobras especialmente perigosas que realizou durante a súa carreira. Baumgartner pasou algún tempo no exército austríaco, onde fixo paracaidismo, incluíndo adestramento de aterraxe en zonas pequenas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 224.887.
Mosteiro de San Xerome de Cotalba
O Mosteiro de San Xerónimo de Cotalba, é un edificio conventual de estilo gótico-renacentista construído entre os séculos XIV e XVIII que se localiza no termo municipal de Alfauir, na Provincia de Valencia, Comunidade Valenciana.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Os histiocitos son células que forman parte do sistema fagocítico mononuclear (tamén chamado sistema reticuloendotelial). O sistema fagocítico mononuclear forma parte do sistema inmunitario do organismo. Os histiocitos son macrófagos residentes nos tecidos ("histo-" = "tecido", e "-cito" = "célula"), que interveñen en caso de infección, polo que se consideran macrófagos tisulares ou células dendríticas.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A lei de Santos é unha serie de televisión galega producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia dende o 1 de novembro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Monti Castiñeiras, no papel de Santos, un criminal bastante hábil que adoita saír impune dos seus delitos, que recibiu 3 medallas ao mérito civil e acostuma ser o líder dos golpes ou “traballos nos que se mete”. Esta serie deriva de Serramoura.
Brandon Sanderson, nado en Lincoln, Nebrasca, o 19 de decembro de 1975, é un autor estadounidense de fantasía épica e ciencia ficción. É máis coñecido polo universo ficticio Cosmere, no cal se desenvolven a maioría das súas novelas de fantasía como a saga Mistborn e The Stormlight Archive. Tamén é coñecido por acabar a saga de alta fantasía de Robert Jordan The Wheel of Time.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Serxio María Rodríguez Álvarez
Serxio María Rodríguez Álvarez, nado en Ourense en 1996, é un politicólogo e historiador galego. Dende setembro de 2024 é profesor de Ciencia Política no departamento de Ciencia Política e da Administración, Socioloxía e Filosofía da Universidade de Vigo. Os seus traballos de investigación céntranse no eido da historia política e a historia do pensamento.
Baviera (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte de Alemaña. A súa capital é Múnic.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Miguel Anxo Bastos Boubeta, nado na Bouciña (Lavadores, Vigo) o 12 de agosto de 1967, é un profesor universitario, economista, politicólogo e conferenciante galego, coñecido pola súa defensa das teses do liberalismo económico e, especificamente, da escola austríaca. É considerado por moitos[quen?] como un dos principais defensores do anarcocapitalismo e do paleolibertarismo no ámbito académico español, tanto ibérico como americano.
Unió Democràtica de Catalunya (UDC) foi un partido político catalán de ideoloxía nacionalista e democristiá que estivo integrado xunto con Convergència Democràtica de Catalunya na federación Convergència i Unió (CiU) ata a súa ruptura no ano 2015. O seu presidente e principal líder é desde 1987 Josep Antoni Duran i Lleida. O secretario xeral é Ramon Espadaler.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Mitiarjuk Attasie Nappaaluk (en inuktitut: ᒥᑎᐊᕐᔪᒃ ᐊᑦᑕᓯ ᓇᑉᐹᓗᒃ), nada en Kangiqsujuaq en 1931 e finada ibídem o 30 de abril de 2007, foi unha autora, educadora e escultora inuk. É recoñecida por escribir Sanaaq, unha das primeiras novelas publicadas en lingua inuktitut. Nappaaluk traduciu libros ao inuktitut e contribuíu a un dos primeiros dicionarios inuktitut.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición.
Pedro Manuel Arias Veira, coñecido como Pedro Arias e ás veces Pedro Arias Veira, nado na Coruña o 5 de maio de 1949 e finado o 2 de maio de 2025, foi un economista e político galego de varias formacións. Cunha destacada traxectoria no eido universitario e na vida pública de Galicia, combinou a docencia co activismo social e político, así como a participación en faladoiros; foi ademais autor de varios ensaios sobre economía e pensamento político contemporáneo.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.