Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda, unidas ámbalas dúas polo corredor que forma o río Arnoia. No século X era unha rexión medieval histórica, coñecida como Maceda da Limia. Na actualidade, o norte da comarca pertence a paraxe natural da Ribeira Sacra.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. Segundo o padrón municipal, en 2022 tiña 495 habitantes (854 en 2003). Concello eminentemente gandeiro e agrícola, a día de hoxe está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
Arrombacoches é o apelativo dado a un individuo, xeralmente non regulamentado, que por norma[Cómpre referencia] utiliza a coacción para conseguir remuneración polos servizos prestados no estacionamento, na limpeza ou na protección dun vehículo automóbil. Ten habido diversas controversias pola extorsión encuberta á que someten ós condutores, con roubos ou estragos a aqueles que non queren pagar a adealla.
Eleccións municipais en Maceda
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Maceda dende 1979.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
O corrupión de Baltimore (Icterus galbula) é unha pequena ave ictérida que vive en América do Norte, Central e do Sur. A denominación "de Baltimore" desta ave fai referencia á semellanza das cores do macho coas do escudo de armas de Lord Baltimore do século XVIII, que tamén forman parte da bandeira de Maryland e da cidade de Baltimore. As observacións de hibridacións entre o corrupión de Baltimore e o corrupión máis occidental Icterus bullockii, fixeron que ambos fosen clasificados na mesma especie de 1973 a 1995.
Jugoslovenska Radiotelevizija ou JRT (en galego:Radiotelevisión iugoslava) foi o ente público de radiodifusión da República Federal Socialista de Iugoslavia, ata a súa desaparición en 1992. O ente estaba conformado pola unión dos distintos entes de radio e televisión subnacionais (tanto repúblicas como provincias autónomas) que en conxunto conformaban a federación iugoslava: A JRT foi un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, ademais de ser o único estado socialista pertencente a esta organización. Entre as actividades do ente, cabo destacar a realización do Jugovizija, concurso no cal, as distintas radiodifusoras que conformaban o ente, presentaban as súas cancións, para logo, escoller a que representaría a Iugoslavia no Festival da Canción de Eurovisión.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Este artigo trata sobre o actor e autor teatral, para o narrador galego véxase Manuel Lourenzo González. Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943, e finado na Coruña o 10 de agosto de 2025, foi un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
O gabián tesoira (Elanoides forficatus) é unha ave de presa da subfamilia Perninae que se reproduce desde o sur dos Estados Unidos ao leste do Perú e norte da Arxentina. É a única especie do xénero Elanoides. A maioría dos exemplares que se reproducen en América do Norte e Central pasan o inverno en América do Sur, onde a especie é residente todo o ano.
Olga Mikhajlovna Genkina (en ruso: О́льга Миха́йловна Ге́нкина), nada o 22 de outubro de 1881 en Kaluga e falecida o 16 de novembro de 1905 en Ivánovo, foi unha militante revolucionaria comunista, afiliada ao Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia coñecida pola súa participación na Revolución de 1905 e como vítima dun brutal asasinato a mans de militantes fascistas.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 225.895.
O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia. Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias, cans de salvamento ou en competicións deportivas como o canicross e o agility. É unha das catro razas de cans autóctonas de Galicia, xunto co guicho, o perdigueiro e o podengo galego.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Jorge González-Redondo Serrano
Jorge González-Redondo Serrano, nado cara a 1892 e finado en Mondoñedo o 7 de abril de 1953, foi un comerciante e político galego.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
As Perseidas, popularmente coñecidas como as Bágoas de San Lourenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 12 de agosto con Taxa Horaria Zenital (THZ) 100, o que a converte na terceira maior chuvia do ano e fai que máis das 3/4 partes dos meteoritos observados esa noite sexan Perseidas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Aida Bao Pena, nada en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1990, é unha xornalista galega de radio e televisión. Ten dirixido e presentado os informativos da fin de semana na Cadea SER, incluíndo Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Ademais, colaborou co diario El País mediante a videocolumna semanal Notas de voz en la terraza e é profesora no Máster de Xornalismo UAM - El País.