Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Eusebio Poncela Aprea, nado en Madrid o 15 de setembro de 1947 e finado no Escorial (Madrid) o 27 de agosto de 2025, foi un actor, produtor e guionista español. Forxado no teatro do final do franquismo, o seu traballo en series de éxito e a súa vinculación co cine de autor convérteno nun dos actores máis representativos da Transición e dos primeiros anos da democracia. En Galiza rodou Os gozos e as sombras e Continental.
Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda, unidas ámbalas dúas polo corredor que forma o río Arnoia. No século X era unha rexión medieval histórica, coñecida como Maceda da Limia. Na actualidade, o norte da comarca pertence a paraxe natural da Ribeira Sacra.
Ramón Nonato, nado en Portell (comarca da Segarra, pertencente á diocese de Solsona) no ano 1204 e finado en Cardona en 1240, foi un relixioso mercedario, e un santo catalán da igrexa católica. O seu sobrenome Nonnatus (latín, "non nado") derívase do feito de que naceu por medio dunha cesárea, morrendo a súa nai no parto. É o santo patrón dos partos, parteiras, nenos e embarazadas.
Gregorio López Irasuegui, nado en Bilbao en 1946 e finado en 1988 foi un loitador contra o franquismo vasco. Integrouse en ETA na década de 1960. Foi detido xunto con Xabier Izko de la Iglesia, en Pamplona o 5 de xaneiro de 1969, cando ambos estaban preparando para ceibar da prisión de Pamplona á súa esposa, Arantxa Arruti, que estaba detida daquela.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003, é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco. En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Isack Alexandre Hadjar (en árabe: إسحاق حجار, i.zak a.d͡ʒaʁ, nado o 28 de setembro de 2004) é un piloto de carreiras francés alxerino, que pilotara para Red Bull en 2025. Nado e criado en París no seo dunha familia alxerina, Hadjar comezou a competir en karting aos sete anos. Despois de debutar nas carreiras de automóbiles deportivos no Ginetta Junior Winter Series, Hadjar comezou nas fórmulas junior en 2019.
Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é unha república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004. Segundo a lei internacional, a illa de Chipre no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes.
O Colectivo As Vacas Fracas é un colectivo artístico multidisciplinar, constituído en Ribadeo por un grupo de persoas novas en 2021. Xurdiu ante a necesidade de crear de forma colectiva e atopar un espazo no que levantar a voz, expresarse e compartir. O ámbito territorial da asociación é Ribadeo, comarca da Mariña lucense e arredores.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Verónica Fernández de Echegaray, máis coñecida como Verónica Echegui, nada en Madrid o 16 de xuño de 1983 e finada na mesma cidade o 24 de agosto de 2025, foi unha actriz española que se deu a coñecer por protagonizar a película Yo soy la Juani (2006), pola que recibiu un nomeamento aos Premios Goya á mellor actriz revelación. Posteriormente, recibiu nomeamentos como mellor intérprete feminina protagonista por El patio de mi cárcel (2008) e Katmandú, un espejo en el cielo (2011), ademais da mellor intérprete feminina de repartición por Explota Explota (2020).
Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Como pintor destaca polos seus cadros costumistas de tema galego, como Comida de voda en Bergantiños. Foi tamén moi solicitado como retratista, chegando a executar varios retratos de Afonso XIII. Desde o punto de vista técnico afastouse das vangardas e mantivo unha gran preocupación pola precisión formal, moi en especial na reprodución da indumentaria e da expresión dos rostros.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A olaría de Bonxe aséntase en Outeiro de Rei (provincia de Lugo), onde no século XIX e ata mediados do XX boa parte dos fogares dispuñan de cadanseu obradoiro. As pezas teñen cor crema cun ton máis alaranxado de seren vitrificadas. Adoitan levar unha decoración pintada con barro branco en forma de fita con medias lúas que as caracteriza.
Cast Away é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Robert Zemeckis. Está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a un empregado de FedEx que loita por sobrevivir nunha illa deserta no medio do enorme océano Pacífico despois de que o seu avión se estrelase. O filme recolle os seus intentos por sobrevivir na illa facendo uso dos restos do cargamento do avión.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Antón Hipólito Alonso Ríos, nado en Camporrapado (Cortegada, Silleda) o 15 de agosto de 1887 e finado en Buenos Aires o 12 de outubro de 1980, foi un mestre, escritor, líder agrarista e político galego que presidiu o Consello de Galiza. Durante os tres anos que durou a Guerra civil fíxose pasar polo “Siñor Afranio” e foi mendigo, traballou nas colleitas e foi criado de casa. Conseguiu sobrevivir asemade que foi vendo como os seus amigos e compañeiros foron apresados, torturados e asasinados.
Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez, nado na Coruña o 14 de marzo de 1852 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1926, foi un mestre, xornalista, dramaturgo e escritor do Rexurdimento, en lingua galega e lingua castelá, de ideoloxía galeguista, considerado o iniciador do teatro contemporáneo galego. Presidiu a Escola Rexional de Declamación que iniciou a súa andaina en 1903 coa estrea da obra ¡Filla...!, comedia dramática de costumes galegos en verso (que fora publicada en 1892), do propio Salinas. Participou na Cova Céltica e fundou a Revista Gallega.
Don Quixote da Mancha (en castelán: Don Quijote de la Mancha), é unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título de O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (en castelán: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada da literatura española e unha das principais da literatura universal. En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título de Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha.
A primeira guerra mundial (en adiante IGM), tamén coñecida como a Gran Guerra, foi un conflito bélico do século XX. Desenvolveuse entre o verán do 1914 e o outono de 1918 e involucrou uns trinta países, polo que se considera o primeiro conflito global da historia, malia estar centrado, fundamentalmente, en Europa. A teor do número de mobilizados (sesenta e cinco millóns de soldados) e falecidos, calculado en vinte millóns de persoas entre soldados e civís, é o segundo maior enfrontamento armado da historia, só por detrás da Segunda guerra mundial. A guerra enfrontou a dúas grandes alianzas: o bando aliado contra as potencias centrais.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O Festival de la Luz é un evento musical de carácter solidario e festivo, organizado por iniciativa de Luz Casal e coa colaboración do seu concello natal, Boimorto. O encontro celébrase na parroquia de Andavao no verán (finais de agosto) nunha contorna natural da Galiza interior, e ten unha duración de tres días. A recadación íntegra dóase para actividades sociais.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.333.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Mount Holyoke College é unha universidade privada situada en South Hadley, Massachusetts, Estados Unidos. Foi a máis antiga institución de ensino superior dos Estados Unidos para mulleres o primeiro membro das Seven Sisters (en galego: Sete Irmás), as primeiras universidades dos Estados Unidos fundadas exclusivamente para mulleres, e serviu de modelo para varias outras universidades. A escola foi fundada en 1837 por Mary Lyon como o Seminario Feminino Mount Holyoke.
A masturbación é a estimulación dos órganos xenitais e das zonas eróxenas co obxecto da obtención de pracer sexual, podendo alcanzar, ou non, o orgasmo. Pode ir acompañada de fantasías de natureza erótica. Xeralmente a masturbación considérase unha práctica sexual solitaria, se ben tamén se pode realizar sobre os xenitais doutra persoa, como ocorre na masturbación mutua.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
André Cebrián, nado en Santiago de Compostela en 1986, é un músico galego, frautista solista da Scottish Chamber Orchestra desde 2020 e participante nos principais festivais de música de cámara europeos. Como solista convidado de frauta, actúa periodicamente en orquestras como a Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Castela León, Orquesta da Comunidade de Madrid, Dresden Staatskapelle, Scottish Chamber, Georgian Sinfonietta, a Filharmonia Zabrzańska ou na Orquestra de Cámara Galega, entre outras.
Miguel Anxo Bastos Boubeta, nado na Bouciña (Lavadores, Vigo) o 12 de agosto de 1967, é un profesor universitario, economista, politicólogo e conferenciante galego, coñecido pola súa defensa das teses do liberalismo económico e, especificamente, da escola austríaca. É considerado por moitos[quen?] como un dos principais defensores do anarcocapitalismo e do paleolibertarismo no ámbito académico español, tanto ibérico como americano.
Wayback Machine (pronunciado [ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".