Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O edificio Castromil, coñecido previamente como café Quiqui-Bar, en Santiago de Compostela, foi un edificio de estilo modernista derrubado no ano 1975 que estaba situado na antiga praza de García Prieto, hoxe praza de Galicia. Foi o arquitecto coruñés Rafael González Villar quen o proxectou en 1922 e Antonio Alfonso Viana quen coordinou a obra en 1926. Os seus promotores foron os socios composteláns Manuel Ramallo Gómez e Ángel Gontán Sánchez, co propósito de destinalo a café-bar e restaurante.
O parasitismo de posta, parasitismo de niñada ou parasitismo de crianza é unha clase de parasitismo e un comportamento practicado por algúns animais (os parasitos de posta) que consiste en que utilizan a outros (os hóspedes) para que, sen sabelo, críen os seus fillos. Esta estratexia obsérvase en aves, insectos e peixes. O parasito de posta ou niñada manipula un hóspede que pode ser doutra especie ou mesmo da propia, para que críe os seus polos como se fosen fillos seus, xeralmente utilizando o mimetismo de ovos, no cal os ovos do parasito parécense moito aos ovos do hóspede.
Atentados do 11 de setembro de 2001
Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Thomas Alva Edison, nado en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange (Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu numerosos dispositivos en campos como a xeración de enerxía eléctrica, a comunicación de masas, a gravación de sons e a cinematografía. Estes inventos, que inclúen o fonógrafo, a cámara cinematográfica e as primeiras versións da lámpada eléctrica, tiveron un impacto xeneralizado no mundo industrializado moderno. Estableceu o primeiro laboratorio de investigación industrial.
O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.
Lawrence Joseph Ellison, máis coñecido como Larry Ellison, nado en Nova York o 17 de agosto de 1944, é un empresario estadounidense, cofundador e CEO de Oracle Corporation. En marzo de 2016, Forbes clasifícao como a quinta persoa máis rica do planeta cun patrimonio neto estimado de 50.000 millóns de dólares. En 2022, cun patrimonio neto de 101.000 millóns de dólares, ocupou o cuarto lugar na lista anual de Forbes dos 400 estadounidenses máis ricos.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Livro da montaría de João I de Portugal
O Livro da montaria é un tratado de caza do século XV en forma de códice redactado na corte do rei portugués João I de Portugal entre 1415 e 1433. Trata a caza do xabaril e constitúe unha das obras máis notábeis do século XV en lingua portuguesa. Consta de tres libros organizados en 70 capítulos nos que se abordan, desde os beneficios da práctica da montaría ata os coidados dos cans, o papel dos mozos e monteiros e as tácticas e estratexias a seguir na caza mesma.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.632.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Bouba Pandeireteiras é un grupo de música galega integrado por mulleres que se adica á recuperación e difusión da música tradicional galega, en especial á das pandeireteiras. A súa proposta pretende dar voz as cancións que tradicionalmente cantaban as mulleres en Galicia, mostrando como a música pode ser unha ferramenta de transición e resistencia cultural e social.
O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10 % -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).
Martin Heidegger, nado en Messkirch (Baden-Württemberg) o 26 de setembro de 1889 e finado en Friburgo o 26 de maio de 1976, foi un filósofo alemán. Esta considerado o pensador e o filósofo alemán máis importante do século XX. Aínda que o seu traballo influíu sobre todo na fenomenoloxía e na filosofía europea contemporánea, tivo igualmente influencia máis aló desta, en campos como a arquitectura, a crítica literaria, a teoloxía e as ciencias cognitivas. Nos seus comezos foi discípulo de Edmund Husserl, estivo inmerso no proxecto fenomenolóxico do seu mestre e o seu interese centrouse rapidamente na pregunta polo sentido do ser.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Nicole Denise Cucco, nada en Rosario (Santa Fe) o 25 de agosto de 2000, é unha cantante e compositora arxentina máis coñecida como Nicki Nicole. En 2019 saltou á fama co sinxelo «Wapo traketero», logrando millóns de reproducións en YouTube nun curto período de tempo, despois de ser publicado. A canción converteuse nun fenómeno viral e entrou na listaxe Argentina Hot 100 de Billboard.
Santo Estevo de Abelleira é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Muros, na comarca de Muros. Segundo o INE, en 2024 tiña 464 habitantes (234 homes e 230 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 647 habitantes e un aumento de 12 habitantes en comparación co anterior ano na serie.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Trasar de Carballo, Cartelos, Carballedo
Trasar de Carballo é un lugar da parroquia de Cartelos, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2017 tiña 38 habitantes, en 2018 33 e en 2020 28 (14 homes e 14 mulleres).
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Iván Espinosa de los Monteros y de Simón, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1971, é un promotor inmobiliario e político español, vicesecretario de Relacións Internacionais do partido político Vox. É deputado da XIII e XIV lexislatura das Cortes Xerais, onde exerce de voceiro do Grupo Parlamentario de Vox no Congreso dos Deputados.
A clasificación dos virus é o proceso de darlle nome aos virus e situalos nun sistema taxonómico. De xeito similar aos sistemas de clasificación utilizados para os organismos celulares, a clasificación dos virus está sometida a diversas propostas e debates en marcha. Isto débese principalmente á natureza pseudoviva dos virus, que son partículas non vivas pero con algunhas características químicas similares ás dos organismos vivos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Phantom Band foi unha banda musical formada en 1980 en Colonia (Alemaña Occidental) de krautrock polirítmico con influencias da música africana e latina. A banda creárona dous integrantes da banda, xa reference to krautrock, CAN o batería Jaki Liebezeit e o baixista Rosko Gee. O conxunto estivo composto por seis músicos durante os anos 80, a banda publicou o álbum de culto Freedom of Speech (Sky Records) en 1981.
Junts per Catalunya (partido político)
Junts per Catalunya (abreviado Junts ou JxCat) é un partido político de ideoloxía independentista catalá e apostas transversais mediante o enfrontamento unilateral coa España democrática e a internacionalización do conflito catalán. A fundación deste partido foi a iniciativa do expresidente catalán Carles Puigdemont xunto con varios membros da coalición homónima Junts per Catalunya (tanto de CNxR -por exemplo, Jordi Sánchez e Elsa Artadi- como do PDeCAT -Jordi Turull, Josep Rull, Joaquim Forn, entre outros— e exmembros de ERC —Toni Comín, Josep Costa, Eusebi Campdepadrós, entre outros) co fin de reestruturar este espazo baixo un partido político unificado, que aspira a ser a "corrente central do catalanismo" baixo un claro "liderado". O seu proceso congresual comezou en xullo de 2020 (a pesar de ter sido rexistrado no Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior en xullo de 2018) e non debe confundirse coa coalición Junts per Catalunya.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.