Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
María Carmen González Quintela
María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Placa Luminosa é unha banda brasileira da tendencia do soul, pop e Música Popular Brasileira con letras en portugués formada orixinalmente por catro brasilianos Jessé Florentino Santos (vocalista), Ari Nascimento (baixista), Ribah Nascimento (guitarrista) e Luizão (batería) mudados a São Paulo en xaneiro de 1975 para integrar a banda "Corrente de Força", proxecto musical paulistano formado por Pique Riverte que deixaba a banda "Casa das Máquinas". O "Corrente de Força" abriu shows para Os Mutantes, tocou con Chrystian, nome artístico de José Pereira da Silva Neto- popular músico brasileiro con letras en inglés - e fixeron unha pequena xira con Archie Bell & the Drells, banda americana de R&B nalgunhas cidades do interior paulista e na capital. Ao final do ano de 1976, Ari, Ribah, Jessé e Luizão, resolven deixar o "Corrente de Força" para formar "Placa Luminosa" en xaneiro de 1977.
A AC-413 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Ordes e Carballo; atravesa os concellos de Ordes, Cerceda, Tordoia e Carballo. Ten unha lonxitude de 27,38 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa DP-5903 no oeste de Ordes e finaliza nun cruzamento coa DP-1905 en Carballo.
Antía Chamosa Dacasa, nada en Pontevedra o 7 de outubro de 1999, é unha atleta galega que compite en marcha. Foi campioa de España nos 10.000 metros marcha en 2020 e dos 35 km en 2025, e gañou unha medalla de bronce no Campionato de Europa Sub-23 de Atletismo de 2021, na proba de 20 km marcha. É irmá do tamén atleta Daniel Chamosa.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Xabier Alonso Olano, máis coñecido como Xabi Alonso, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 25 de novembro de 1981, é un exfutbolista e adestrador vasco. Dende outubro de 2022 adestra o Bayer Leverkusen da Bundesliga. Xogaba na posición de centrocampista e foi 114 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.
Ángel Ramiro Rebolo Rodríguez, nado en Lugo o 22 de xuño de 1975, é un ex xogador e profesional de baloncesto galego. Cunha altura de 1,74 m, xogaba na posición de base. Chegou a debutar na Liga ACB con 15 anos da man do Club Baloncesto Breogán, foi no seu momento o xogador máis novo da historia en debutar na Liga ACB, sendo actualmente o segundo só superado por Ricky Rubio.
Atentados do 11 de setembro de 2001
Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia.
Conxunto arqueolóxico de Tarraco
O conxunto arqueolóxico de Tarraco é un ben declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. Inclúe un total de catorce monumentos romanos da cidade de Tarragona e da comarca do Tarragonès. Tarraco foi recoñecida como Patrimonio da Humanidade porque o conxunto ten unha importancia excepcional no desenvolvemento da planificación e deseño urbano romano e serviu de modelo para as capitais de provincia do resto do mundo e porque ofrece un testemuño elocuente e inigualable dunha significativa etapa na historia das terras mediterráneas na Antigüidade.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Valeria Raquel Mazza, nada en Rosario o 17 de febreiro de 1972, é unha supermodelo e empresaria arxentina. Mazza acadou o éxito na década de 1990 e converteuse nun nome coñecido despois de aparecer na portada do número de baño de Sports Illustrated de 1996 xunto con Tyra Banks. Mazza traballou con deseñadores como Gianni Versace e Roberto Cavalli.
Incautación de moedas do Museo Arqueolóxico Nacional de España
A incautación de moedas do Museo Arqueolóxico Nacional de España foi a requisición da colección de moedas de ouro do Museo Arqueolóxico Nacional, así como doutras pezas, entre elas o coñecido como Tesouro dos Quimbayas, realizada entre o 4 e o 5 de novembro de 1936, ordenada en plena guerra civil española polo Goberno da Segunda República Española, cando parecía que Madrid estaba a piques de caer nas mans do bando sublevado encabezado polo xeneral Franco e o Goberno republicano se trasladara a Valencia. A requisición foi realizada a punta de pistola, segundo as testemuñas presenciais, pola Garda Nacional Republicana —nome naquela época da Garda Civil— e por milicianos, cumprindo as ordes do Goberno, sen que se realizase rexistro documental ningún. Transferida en circunstancias pouco claras do Ministerio de Instrución Pública ao Ministerio de Facenda, en 1939 a colección íntegra pasou a formar parte do tesouro do iate Vita, que fretara o dirixente socialista Juan Negrín, do cal se apoderou Indalecio Prieto á súa chegada a México, e cuxo destino xamais se aclarou.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Qwen (familia de modelos de linguaxe)
Qwen é unha familia de modelos de linguaxe a grande escala desenvolvidos por Alibaba Cloud.
Camilo Nogueira Román, nado o 22 de novembro de 1936 na parroquia e -daquela- concello de Lavadores (hoxe integrado no de Vigo) é un enxeñeiro e economista galego, máis coñecido pola súa faceta política, historicamente vinculada a partidos nacionalistas galegos de esquerda e desde 1994 ao Bloque Nacionalista Galego (BNG).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Igrexa de San Pedro de Castro de Laza
A igrexa de San Pedro é a igrexa da parroquia do Castro de Laza, do concello de ourensán de Laza, na comarca de Verín.
O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Praza do Pobo (人民广场 en caracteres tradicionais chineses) é unha gran praza urbana situada no centro de Xangai, no distrito de Huangpu, preto da Rúa de Nanjing. A Praza do Pobo atópase no territorio da antiga concesión británica, e no seu lugar había un hipódromo desde 1861. Tras a creación da República Popular China en 1949, foi transformada nun espazo recreativo de acceso público.
Kotlin (linguaxe de programación)
Kotlin (/ˈkɒtlɪn/) é unha linguaxe de programación de alto nivel multiplataforma, de tipado estático, e de propósito xeral con inferencia de tipos. Kotlin está deseñado para interoperar totalmente con Java, e a versión JVM da biblioteca estándar de Kotlin depende da biblioteca de clases de Java, pero a inferencia de tipos permite que a súa sintaxe sexa máis concisa. Kotlin está dirixido principalmente á JVM, pero tamén compila en JavaScript (por exemplo, para aplicacións web frontend que usan React) ou código nativo a través de LLVM (por exemplo, para aplicación nativas de iOS que comparten lóxica empresarial con aplicacións de Android).
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.649.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).