Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
A serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
O Alto da Groba é un monte situado entre as parroquia de Belesar (Baiona) e Mougás (Oia). Ten 662 metros de altura, e é o pico de máis alto da serra da Groba. Forma parte do sendeiro de gran percorrido GR58, máis coñecido como o Sendeiro das Greas pola gran cantidade de cabalos ceibes que viven na zona.
Bilbao (en éuscaro: Bilbo) é unha cidade e concello situado ao norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Atópase situada na comarca do Gran Bilbao e é atravesada polo río Nervión, que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría. No ano 2017 tiña unha poboación de 345 110 habitantes e unha extensión de 41,26 km², cunha densidade da poboación de 8 300 hab./km².
A fermentación é un proceso metabólico anaeróbico (non usa o osíxeno) de oxidación-redución de substancias orgánicas do que se extrae enerxía por medio de fosforilacións a nivel de substrato, usando como aceptores finais de electróns moléculas internas da célula, xeralmente compostos orgánicos. A diferenza da respiración, na fermentación non se usan aceptores externos como o osíxeno, nin funciona unha cadea de transporte electrónico ou a fosforilación oxidativa. Os coencimas necesarios para a fermentación reoxídanse nas reaccións finais da vía e non na cadea de transporte electrónico como na respiración.
A bioloxía é a ciencia que estuda a vida e, en particular, as características e comportamento dos organismos, a orixe de especies e individuos, e o xeito en que estes interactúan entre si e co seu ambiente. A bioloxía abrangue un espectro amplo de áreas académicas consideradas frecuentemente disciplinas independentes, mais que, no seu conxunto, estudan a vida ás máis variadas escalas. Os cinco temas fundamentais na bioloxía son a célula como unidade básica da vida, os xenes como base da herdanza, a evolución como motor da diversidade biolóxica, a transformación da enerxía para o mantemento dos procesos vitais e o mantemento da estabilidade interna (homeostase).
O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein.
Unha cronoespecie é unha especie derivada dun padrón de desenvolvemento secuencial que implica cambios continuos e uniformes desde unha forma ancestral extinta nunha escala evolutiva. A secuencia de alteracións finalmente produce unha poboación que é fisicamente, morfoloxicamente, e/ou xeneticamente distinta dos seus antepasados orixinais. Ao longo do cambio, hai unha soa especie na liñaxe en calquera momento do tempo, o que é o oposto dos casos nos que a evolución diverxente produce especies contemporáneas cun antepasado común.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Atopáronse restos de polo menos 230 anfiteatros romanos amplamente esparexidos pola área do Imperio Romano. Trátase de grandes espazos ao aire libre, circulares ou ovais, con asentos elevados de 360 graos, que non se deben confundir cos teatros máis comúns, que son estruturas semicirculares. Non obstante, hai varios edificios que tiveron un uso combinado como teatro e anfiteatro, especialmente en Europa occidental.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A Igrexa católica, tamén coñecida como Igrexa católica romana, é a maior denominación relixiosa cristiá con máis de 1.200 millóns de fieis. Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por Xesús e os Doce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo Colexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza.
El Agricultor foi unha publicación periódica de ideoloxía agrarista editada pola "Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto" e a "Unión Agrícola y Pecuaria de Villaodrid y Villameá". Coñeceu dúas épocas. A primeira, como "revista mensual de agricultura", cun total de 113 entregas, estendeuse de xullo de 1907 a decembro de 1916.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A lingua inglesa ou inglés (ˈɪŋɡlɪʃ) é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
O latín (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas, e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da Península Itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium). Adquiriu grande importancia coa expansión de Roma, e foi lingua oficial do Imperio romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).
O aerénquima ou parénquima aerífero ou lagoas (lacunae), é unha modificación do parénquima que forma un tecido esponxoso que crea espazos ou canles de aire nas follas, talos e raíces dalgunhas plantas, o cal permite realizar o intercambio de gases entre o talo e a raíz. As canles cheas de cavidades de aire (ver imaxe á dereita) proporcionan unha vía interna de baixa resistencia para o intercambio de gases como o oxíxeno, dióxido de carbono e etileno entre a parte da planta que está por riba do nivel da auga e os tecidos mergullados. O aerénquima é tamén moi común en plantas acuáticas e de zonas húmidas que deben crecer en solos hipóxicos.
A Open Archives Initiative ou OAI (en galego: Iniciativa de Arquivos Abertos) é unha organización que busca desenvolver e promover estándares de interoperabilidade co obxectivo de facilitar o intercambio de contidos e información dixitais. Está financiada pola Digital Library Federation, a Coalition for Networked Information e a National Science Foundation.
O turco ( Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con entre 80 e 90 millóns de falantes. É a lingua nacional de Turquía e a República Turca do Norte de Chipre. Existen comunidades de falantes en Iraq, Siria, Alemaña, Austria, Bulgaria, Macedonia do Norte, Grecia e o no Cáucaso, así como noutras partes de Europa e Asia central.
As devastacións de Osorio é o nome co que se coñece a orde do rei de España, Filipe III, ao gobernador da Española (nese entón Antonio de Osorio) de despoboar a parte occidental da illa para trasladala cara á parte próxima de Santo Domingo entre 1605 e 1606 como forma de aniquilar o contrabando na zona. Coa poboación desprazada, fundáronse os novos municipios de Monte Plata e Bayaguana.Tan importante chegou a ser o contrabando na Española que a comezos do século XVII a maior parte da súa produción era adquirida por franceses, ingleses e holandeses e, en menor medida, portugueses, os cales atracaban os seus barcos o máis lonxe posíbel da cidade de Santo Domingo, onde se asentaba a burocracia real. As zonas preferidas eran o norte e a occidental, cos portos de Puerto Plata, Monte Cristi, Bayajá e La Yaguana, onde o comercio ilegal chegou a ter un carácter regular coa anuencia e complicidade das propias autoridades locais.
Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro. Usou os pseudónimos Cego Zago, Ollarnovo, S.F. Ollarnovo, Xoán Mazaricos, Santiago Fernández e Xalo.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio (Leiro) o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente. No ano 2001 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
A fotosíntese (do grego φώτο foto, 'luz' e σύνθεσις synthesis, 'composición') é o proceso no que as plantas, cianobacterias e outras bacterias e algas macroscópicas, todas elas seres autótrofos, transforman enerxía luminosa en enerxía química procesando o dióxido de carbono (CO2), auga (H2O) e minerais en compostos orgánicos e osíxeno gasoso (O2). A través do proceso aqueles producen o seu propio alimento, constituído esencialmente por azucres, como a glicosa (C6H12O6), de onde obteñen enerxía e carbono, aínda que tamén necesitan elementos químicos procedentes de sales minerais absorbidos polas raíces. Coa fotosíntese iníciase toda a cadea trófica.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.607.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Diccionario da literatura galega
O Diccionario da literatura galega —publicado en catro tomos— é un dicionario en lingua galega. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega Dolores Vilavedra, contando con autores e autoras como Helena González Fernández e Ana Belén Fortes, entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro.
Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2024 tiña 29.031 habitantes, dos cales 14.047 eran varóns e 14.984 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,31 hab./km².
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de suspense policial que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018. Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.
Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, talvez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto rango da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
O Perú (en quechua e en aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado ao norte por Ecuador e por Colombia; ao leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e ao sur e oeste polo océano Pacífico. Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variadas como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica. No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a.
Blanco Amor / Celso Emilio Ferreiro (Fonoteca 92)
A vixésimo sexta casete da colección Fonoteca 92 é un EP que recolle unha descrición biográfica de Blanco Amor e Celso Emilio Ferreiro, presentado por Isabel Freire Barraza, inclúe ademais gravacións con fragmentos da propia voz dos autores pertencentes ó Arquivo Sonoro de Galicia, proporcionadas por Carlos Laíño, RNE en Vigo e Afonso Vázquez-Monxardín, foi publicado en 1992 pola Editorial Compostela de El Correo Gallego.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O alfabeto grego é o alfabeto utilizado para escribir o grego desde finais do século IX a.C. e comezos do século VIII a.C. Deriva do alfabeto fenicio e foi a primeira escrita da historia en ter letras distintas para as vogais e para as consoantes. Dente o século IV a.C., o alfabeto euclidiano, de vinte e catro letras converteuse no estándar e é a versión que aínda se emprega para escribir o grego na actualidade. As formas maiúsculas e minúsculas das 24 letras son: Α α, Β β, Γ γ, Δ δ, Ε ε, Ζ ζ, Η η, Θ θ, Ι ι, Κ κ, Λ λ, Μ μ, Ν ν, Ξ ξ, Ο ο, Π π, Ρ ρ, Σ σ ς, Τ τ, Υ υ, Φ φ, Χ χ, Ψ ψ, Ω ω En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...).