Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Groenlandia ou Grenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao océano Ártico e ao norte do océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación. Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca.
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano e presidente de Venezuela dende 2013 ata a súa captura en 2026. Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de relacións exteriores (2006 - 2013) e vicepresidente de Venezuela (2012 - 2013) baixo a presidencia de Hugo Chávez.
Maribor (en alemán Marburg an der Drau, en italiano Maribor ou Marburgo) é unha cidade de 110.000 habitantes de Eslovenia, segundo centro máis poboada do país despois da capital Liubliana. Está situada á beira do río Drava, no punto no que se encontran os montes Pohorje, o val do Drava e a chaira do Drava e os outeiros do Kozjansko e do Slovenske gorice.
Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.
Biafra foi o nome que tomou a rexión sueste da Nixeria ao proclamar a súa independencia o 30 de maio de 1967. A rexión foi novamente incorporada a Nixeria o 15 de xaneiro de 1970. No intre da súa constitución, o estado biafreño ocupaba uns 76.400 km² e estaba habitado por uns 13 millóns de persoas, a metade deles pertencentes á etnia ibo (tamén coñecidos como igbos e iboleses).
Riga (en letón: Rīga, [riːɡa] (AFI), escoitar) é a capital de Letonia, está situada na costa do Mar Báltico nas ribeiras da desembocadura do río Daugava. Riga é a segunda maior cidade dos Países Bálticos. O centro histórico de Riga está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a cidade caracterízase pola súa arquitectura Art Nouveau, comparable a de cidades como Viena, San Petersburgo ou Barcelona.
Venezuela, oficialmente República Bolivariana de Venezuela, é un país federal suramericano, limitado ao norte polo mar Caribe, ao leste polo océano Atlántico e pola Güiana, ao sur polo Brasil e ao oeste por Colombia. O país, alén da porción continental, inclúe tamén un número elevado de illas nas Pequenas Antillas que constitúen dúas divisións administrativas diferentes: o estado de Nova Esparta e as Dependencias Federais. Ten fronteira marítima cos territorios autónomos neerlandeses de Aruba, e das Antillas Neerlandesas, e tamén con Trinidad e Tobago.
Armenia (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental, está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Azerbaidján ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur. A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa.
Zermatt, antigamente en francés, Praborgne, é unha comuna do distrito de Visp, situada no cantón de Valais en Suíza. Ten unha poboación durante todo o ano duns 5.800 habitantes e está clasificada coma cidade pola Oficina Federal de Estatística de Suíza (FSO). Atópase no extremo superior do val de Mattertal a unha altura de 1.620 metros, ao pé dos picos máis altos de Suíza.
Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.
Eastman Kodak Company é unha compañía multinacional dedicada ao deseño, produción e comercialización de equipamento fotográfico. A actual empresa ten a súa antecedente na Eastman Dry Plate Company fundada polo inventor George Eastman e o home de negocios Henry Strong en 1881. Ten a súa sede na cidade de Rochester, no estado de Nova York, nos Estados Unidos.
Sony Corporation (ソニー株式会社 ,Sonī Kabushiki Gaisha) é unha empresa multinacional orixinaria do Xapón e con sede en Minato, Tokyo. É unha das maiores empresas de electrónica cuns ingresos superiores aos 90 mil millóns de dólares (datos de 2008). Forma parte das empresas líderes na fabricación de manufacturas eléctricas coma vídeo, telecomunicacións, videoconsolas e tecnoloxías da información.
Este artigo trata sobre a froita, para a planta véxase bananeira. A banana ou plátano é o froito en forma de baga oblonga e arqueada da bananeira ou plataneiro, de polpa fareluda e pel grosa, sen sementes e comestíbel. O froito é variable en tamaño, cor e firmeza, pero adoita ser alongado e curvado, cunha carne suave rica en amidón cuberta cunha casca , que pode ser verde, amarela, vermella, roxa ou marrón cando está madura.
Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como PlayStore.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
Zahir-ud-din Mohammad Babur (en persa: بابر, transliterado Bābur, en turco: Babür Han), coñecido como Babur, Babar, Baber ou Bābor, nado en Andijon o 16 de febreiro de 1483 e finado en Agra o 26 de decembro de 1530, foi un emperador e fundador do Imperio Mogol da India. Era descendente do conquistador turco-mongol Tamerlán. Foi autor das súas memorías e de varias poesías.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
Palikir é unha cidade con preto de 4.600 habitantes, é a capital dos Estados Federados de Micronesia no océano Pacífico occidental des 1989. Forma parte do moito máis grande municipio de Sokehs, que tiña unha poboación de 7.000, habitantes no 2009 nunha nación cunha poboación total de 106.487 habitantes. Sitúase no lado do noroeste da illa de Pohnpei (poboación 33.000 habitantes), unha alta illa volcánica rodeada por un arrecife coralino.
Chicago é a cidade máis poboada do estado estadounidense de Illinois, así como dos estados da rexión xeográfica do Medio Oeste. Cunha poboación de 2 746 388 habitantes, segundo datos de 2020, é a terceira cidade máis poboada dos Estados Unidos de América, despois de Nova York e Os Ánxeles. A súa área metropolitana posúe máis de 9 millóns de habitantes.
A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal. Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner, todos mortos durante a segunda guerra mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Minnesota é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na rexión do Medio Oeste (Midwest). É o duodécimo (12º) maior estado dos Estados Unidos, cunha superficie de 225.365 km². O estado de Minnesota foi constituído a partir da metade oriental do territorio de Minnesota, e foi o 32º estado en ser admitido na Unión, en 1858.
Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia. Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York.
En botánica, chámase antera á parte na que remata un estame. A palabra procede do grego anteros, que significa florecido, aludindo a que a presenza visible das anteras sinala o punto álxido da antese (floración). Nas anxiospermas cada estame adoita fundamentarse nun pé chamado filamento e unha antera, suxeita lateralmente ao extremo do filamento.
Eswatini, antes de 2018 Suacilandia, ou Swazilandia, oficialmente Reino de eSwatini (en suazi: Umbuso weSwatini; en inglés desde 2018: Kingdom of Eswatini), é un pequeno país sen saída ao mar no sur de África (un dos máis pequenos do continente), situado nas ladeiras orientais dos Montes Drakensberg, entre Suráfrica ao oeste e Mozambique ao leste. Recibe o seu nome da tribo suazi, unha etnia bantú. Debido en parte á alta taxa de infección de VIH/SIDA, o país ten a esperanza de vida máis baixa do mundo: 32,62 anos.
Nayarit, oficialmente Estado Libre e Soberano de Nayarit, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. Divídese en 20 concellos e a súa capital é a cidade de Tepic. Limita cos estados de Sinaloa polo noroeste, Durango polo norte, Zacatecas polo nordeste e Xalisco polo sur.
Devon (Dewnens en córnico) é un condado situado na rexión do Suroeste de Inglaterra, que limita con Cornualla ao oeste e con Dorset e Somerset ao leste. O nome Devonshire utilizouse durante un tempo aínda que na actualidade caeu en desuso e utilízase só para algúns nomes oficiais como o de Duque de Devonshire. A súa capital é Exeter.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
Myanmar, oficialmente República da Unión de Myanmar (en birmano: ပြည်ထောင်စုသမ္မတ မြန်မာနိုင်ငံတော် Pyidaunzu Thanmăda Myăma Nainngandaw), anteriormente coñecido como Birmania, é un país do Sueste asiático. Ten fronteira común coa India e Bangladesh polo oeste, con Laos e Tailandia polo leste e coa China polo norte e o nordeste. Polo sur, arredor dun terzo do perímetro total de Myanmar (de 5 876 km) forma unha liña costeira ininterrompida de 1 930 km ó longo do golfo de Bengala e o mar de Andaman.
Inlandsis ou manto de xeo (palabra de orixe danés) é a denominación correspondente a todo gran campo glaciar do tipo chamado xeo continental localizado en latitudes elevadas e con extensións realmente continentais (máis dun millón de km²). Na actualidade os dous grandes inlandsis son a calota de xeo que recobre a maior parte da Antártida e o que recobre a maior parte de Groenlandia.
O Eifel (AFI:ˈaɪ̯fl̩), (en luxemburgués Äifel) é unha cadea montañosa de escasa altitude e orixe volcánica situada, en case a súa totalidade, no oeste de Alemaña, ao sur de Colonia. Ocupa partes dos Länder de Renania do Norte-Westfalia (o suroeste) e de Renania-Palatinado (o noroeste), e tamén o leste de Bélxica (onde están as comunidades de fala alemá deste país) e o leste de Luxemburgo. Forma parte do Macizo Xistoso Renano, e na súa parte norte se encontra o Parque Nacional Eifel.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Montana (en inglés: Montana; en cheyenne: Ho'honáéšé'e) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión dos Estados das Montañas Rochosas, no Pacífico Noroeste. É o cuarto maior Estado americano en área, e o terceiro maior dos 48 Estados contiguos. Só Alasca, Texas e California son maiores.
Bonaire (/bɒnˈɛər/; neerlandés: Bonaire, pronunciado [boːˈnɛːr(ə)] ( ); papiamento: Boneiru) é un municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada illa de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao. Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao.
Bath é unha cidade do suroeste de Inglaterra, no condado de Somerset, coñecida polos seus balnearios termais alimentados por tres mananciais. Os primeiros documentos históricos en relación coa cidade, datan de época romana e fan referencia aos seus mananciais. O primeiro templo levantado no manancial das augas termais construírono os celtas.
O yaoi (en xaponés: やおい), abreviatura de yama-nashi ochi-nashi imi-nashi (sen clímax, sen resolución, sen sentido), é un subxénero do manga e anime. A característica principal dun manga ou serie yaoi é o amor entre personaxes masculinos. O xénero adoita estar englobado dentro do shōjo, manga orientado a rapazas, por estar enfocado principalmente a un público feminino.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Pordenone (Pordenon en friulano e véneto pordenonés) é un comuna de Italia de 51.512 habitantes (2009), capital da provincia homónima de Pordenone, na rexión do Friúl-Venecia Xulia. Ten unha área de 38,23 km² e ten lindes cos concellos de Azzano Decimo, Cordenons, Fiume Veneto, Pasiano di Pordenone, Porcia, Prata di Pordenone, Roveredo in Piano, San Quirino e Zoppola.
A masa é unha propiedade dos obxectos físicos que, basicamente, mide a cantidade de materia. É un concepto central na mecánica clásica e disciplinas afíns, expresando a magnitude que, para un corpo determinado, indica a proporción entre forza e aceleración. No Sistema Internacional de Unidades mídese en quilogramos.
Rotterdam (en neerlandés: Rotterdam, [ɾɔtər'dɑm] (AFI), escoitar) é unha cidade do oeste dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Meridional, preto da Haia e a uns 30 km do mar. É a segunda cidade máis poboada do país despois de Ámsterdam, cunha poboación de 635 389 habitantes. Forma xunto a cidade da Haia unha área metropolitana que acada os 2,3 millóns de habitantes.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
Fokker foi un fabricante aeronáutico neerlandés chamado así polo seu fundador, Anthony Fokker. A compañía operou baixo varios nomes, creándose en 1912 en Schwerin, Alemaña, e trasladandose aos Países Baixos en 1919. Durante o seu período máis exitoso, nos anos 20 e 30 do século XX, dominou o mercado da aviación civil.
Este artigo trata sobre a cidade alemá, para o artigo sobre o estado tamén alemán véxase Estado de Bremen. Bremen (en alemán pronunciado [ˈbʁeːmən]) é unha cidade situada no noroeste de Alemaña. Forma, canda o porto de Bremerhaven (60 km ao NO), a Cidade Libre Hanseática de Bremen ou Estado de Bremen, un dos 16 estados federados que conforman Alemaña, do cal é a capital.
O tempo é a sucesión das cousas considerada como un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais, como os ciclos do Sol, da Lúa, das estacións etc., ou convencionais, como as horas, minutos, segundos etc., e que, xunto co espazo, serve de medio de referencia fundamental para localizar as existencias, fenómenos ou acontecementos. Comunmente o tempo é o concepto que permite comprender a mudanza, a transformación. Nesta liña é así mesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de pasado, presente e futuro.
Cuxhaven (en baixo saxón: Cuxhoben) é unha cidade na desembocadura do Elba no Mar do Norte. É sede do distrito homónimo na Baixa Saxonia e unha gran cidade segundo a Lei de Constitución Municipal da Baixa Saxonia. Despois de Wilhelmshaven e Emden, é a terceira cidade maior na costa da Baixa Saxonia e o maior balneario de talasoterapia alemán.
O Parque Nacional Uluṟu-Kata Tjuṯa é unha área protexida no Territorio do Norte de Australia. O parque é a localización tanto de Uluru (en pitjantjatjara: Uluṟu) tamén coñecido como Ayers Rock, como de Kata Tjuta. Uluru é unha gran formación rochosa de arenito na parte sur do Territorio do Norte, no centro de Australia.
O rugby é un deporte de contacto orixinario de Inglaterra no cal se enfrontan dous equipos nun terreo de xogo rectangular co obxectivo de anotar puntos cun balón ovalado. Os puntos poden acadarse pousando o balón coas mans na zona de ensaio rival ou pasando o balón co pé entre dous paus. Existen varias modalidades de rugby que se diferencian principalmente pola cantidade de xogadores que compoñen cada equipo, chamándoselle rugby en Galicia ó rugby union por ser a única disciplina con practicantes, equipos, competicións e federación na comunidade autónoma.
Shandong é unha provincia costeira da República Popular da China, situada no leste do país, ó sur do río Amarelo, e bañada polas augas do mar Amarelo. O seu nome significa literalmente leste das montañas, pola presenza das montañas Taihang no oeste da provincia. Trátase da provincia chinesa máis poboada, con máis de 95 millóns de habitantes.
Esta páxina trata sobre a serie, para o artigo sobre o protagonista véxase Naruto Uzumaki. Naruto (ナルト) é unha serie manga creada por Masashi Kishimoto, máis tarde levada ao anime, sobre un ninja adolescente chamado Naruto. O manga apareceu publicado por vez primeira por Shūeisha en 1999 no número 43 da revista Shōnen Jump no Xapón.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
Heilongjiang é unha provincia da República Popular da China, situada no nordés do país, cuxa capital é a cidade de Harbin. O seu nome significa literalmente río do dragón negro, que é a forma chinesa de referirse ó río Amur. Este río separa a Heilongjiang de Rusia na fronteira setentrional da provincia.