Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.
Vera Ivanovna Zasulich (en ruso: Ве́ра Ива́новна Засу́лич), nada en Mikhailovka (provincia de Smolensk) o 27 de xulloxul./ 8 de agosto de 1849greg. e finada en Petrogrado o 8 de maio de 1919, foi unha escritora e revolucionaria marxista, membro fundador do Grupo para a Emancipación do Traballo. Nada nunha familia nobre empobrecida, frecuentou durante os seus estudos en Petrogrado os ambientes revolucionarios estudantís.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Roberto Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no Benfica, da Primeira División de Portugal. É irmán xemelgo bivitelino de Bruno Di Benedetto e irmán máis novo de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Augas escuras (en inglés: Dark Waters) é un filme estadounidense de 2019, de suspense xudicial, dirixido por Todd Haynes e con guión de Mario Correa e Matthew Michael Carnahan. A historia dramatiza o caso que enfrontou a un avogado corporativo, Robert Bilott, contra a empresa industrial química DuPont despois de que eles contaminasen unha cidade con refugallos químicos. Está protagoniza por Mark Ruffalo como Bilott, xunto con Anne Hathaway, Tim Robbins, Bill Camp, Victor Garber, Mare Winningham, William Jackson Harper e Bill Pullman.
Antonio Miranda-Altamirano González, nado en Parada de Amoeiro o 2 de xuño de 1860 e finado en Ourense o 3 de decembro de 1932, foi un propietario rural e político galego, alcalde de Amoeiro en varias etapas durante a Restauración. Membro dunha destacada familia fidalga da comarca, exerceu unha notable influencia na vida política, económica e social do municipio durante as primeiras décadas do século XX, converténdose nun dos principais representantes do conservadorismo local.
O termo orde pode referirse a: Arquitectura Orde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta. Bioloxía Orde, determinado nivel de clasificación taxonómica. Dereito Orde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Carlo Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 31 de maio de 1996, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no FC Porto, do Campionato Portugués. É irmán máis vello dos xemelgos bivitelinos Bruno e Roberto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936 e finado en Brión o 8 de outubro de 2026, foi un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.
Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.
A vasoconstrición é o estreitamento do calibre dos vasos sanguíneos resultante da contracción da súa parede muscular, en concreto nas arterias grandes e nas pequenas arteríolas. O proceso é o oposto á vasodilatación, ou ensanchamento dos vasos. A vasoconstrición é especialmente importante para controlar as hemorraxias e reducir a perda aguda de sangue.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Reiki, do xaponés reiki (霊気 ou レイキ, poder espiritual, atmosfera misteriosa) é unha práctica pseudocientífica considerada como medicina complementaria e alternativa (CAM),, é dicir, non científica, que afirma tratar de lograr a curación ou equilibrio do paciente a través da imposición das mans do practicante, canalizando certa suposta "enerxía vital universal". As probas clínicas realizadas non atoparon ningún efecto positivo máis aló do placebo. No entanto, no século XXI úsase o reiki como terapia nalgúns hospitais e clínicas, aínda que non se teñan probas da súa efectividade.
A batalla polo Noroeste (título orixinal en inglés: The Battle for Wesnoth), tamén coñecido como A batalla por Wesnoth ou simplemente Wesnoth polo seu nome en orixinal en inglés, é un videoxogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo de fantasía medieval. Caracterízase por unhas regras moi simples, e xógase en mapas hexagonais (formados por hexágonos). O xogo é software libre, con licenza GNU GPL, e está dispoñible de balde para un gran número de plataformas.
O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Gran Premio dos Estados Unidos de 2026
O Gran Premio dos Estados Unidos de 2026 (oficialmente Formula 1 MSC Cruises United States Grand Prix 2026) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 disputada o 25 de outubro de 2026, no Circuíto das Américas en Austin, Texas, Estados Unidos. Foi a décimo oitava proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2026.
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
José Antonio Marín Rite, nado en Valverde del Camino, 29 de xuño de 1941, e finado en Huelva, o 13 de agosto de 2025, foi un avogado e político español. Membro do PSOE, foi o primeiro alcalde de Huelva na época democrática, cargo que ocupou de 1979 a 1988. Posteriormente, exerceu como presidente do Parlamento de Andalucía ata 1994, converténdose no segundo presidente da institución andaluza e no primeiro alcalde de Huelva no período democrático.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
O Creampie é unha modalidade do cinema pornográfico na que logo de exacular un home dentro da vaxina ou ano da súa ou do seu compañeiro sexual, retira o pene e obsérvase o escorregamento do seme a través dos mesmos orificios. É un recurso utilizado no cinema pornográfico duro como alternativa á visualización polo espectador da exaculación externa clásica. Nestes casos o momento da exaculación non se pode gravar pola cámera ao producirse internamente, pero en cambio o espectador pode posteriormente ver como o esperma é expulsado lentamente ó exterior a través de contraccións dos músculos vaxinais ou do esfínter anal.
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
José Manuel Miranda González Soto y Altamirano
José Manuel Miranda González Soto y Altamirano, nado en Parada de Amoeiro (Amoeiro, Ourense) o 26 de marzo de 1817 e finado arredor de 1901, foi un propietario rural, político local e provincial galego, alcalde de Amoeiro en varias ocasións durante o século XIX, deputado provincial de Ourense e destacado membro das elites agrarias da provincia. A súa traxectoria pública estivo ligada inicialmente ao liberalismo moderado e, máis tarde, ao neocatolicismo e ao carlismo, antes da súa integración no sistema político da Restauración borbónica.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 240.534.
Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.
Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc. e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.
Bruno Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de defensa no Oliveirense, do Campionato de Portugal. É irmán xemelgo bivitelino de Roberto Di Benedetto e irmán máis novo de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
O CPI Camiño de Santiago é un centro de ensino situado na localidade do Pedrouzo, no concello do Pino, no barrio de Reboredo. Ao tratarse dun centro público integrado nel pode cursarse educación infantil, educación primaria e educación secundaria. O ciclo de educación infantil contra cunha única liña nos tres niveis: 3 anos, 4 anos e 5 anos.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
José Joaquín Miranda Soto-Altamirano
José Joaquín Miranda Soto-Altamirano, nado en Allariz (Ourense) o 9 de maio de 1762 e finado arredor de 1848, foi un propietario rural e político galego; senador do Reino durante a rexencia de María Cristina de Borbón.
A castaña na cultura popular galega
A seguir recóllese a pegada da castaña e do castiñeiro na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Tamén, por similitude, se inclúe algunha información sobre o castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum). O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns.
O bombardeo de Gernika foi un ataque aéreo realizado o 26 de abril de 1937 contra a vila biscaíña de Gernika, durante a guerra civil española. O ataque foi executado por avións alemáns da Lexión Cóndor e italianos da Aviazione Legionaria, ao servizo do bando sublevado, e foi bautizado polos alemáns co nome de Operación Rügen. Durante case tres horas e media os bombardeiros lanzaron sobre o centro urbano bombas explosivas e incendiarias e os cazas metrallaron a poboación, causando un gran número de vítimas civís e a destrución da maior parte da vila.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.
Cosimo di Giovanni de' Medici, coñecido como Cosme o Vello (en italiano: Cosimo il Vecchio), nado en Florencia o 27 de setembro de 1389 e finado en Careggi o 1 de agosto de 1464, foi un banqueiro e político italiano, fundador da fortuna política da familia Medici e o seu primeiro home de Estado de relevo. Malia non ocupar case nunca cargos na cidade, que se mantivo institucionalmente coma unha república, foi o señor de facto de Florencia desde o seu regreso triunfal do exilio en 1434 ata a súa morte. Grazas á súa política moderada, conservou o poder durante trinta anos, gobernando o Estado en silenzio a través de homes da súa confianza e permitindo así a consolidación da súa familia no goberno de Florencia.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.