Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Eduardo Sanjurjo de Carricarte

    Eduardo Sanjurjo de Carricarte

    Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.

    373 visitas (↑147 de onte)26,226, 373

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias

    María Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

    144 visitas (↑22 de onte)72,122, 144

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Julio García Comesaña

    Julio García Comesaña

    Julio García Comesaña, nado en Vigo en 1968, é un xestor e político galego, actual conselleiro de Sanidade.

    142 visitas (↑142 de onte)0,0, 142

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Charles Darwin

    Charles Darwin

    Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.

    138 visitas (↑138 de onte)17,0, 138

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Iván Olmos

    Iván Olmos

    Iván Olmos Ferreiro, nado en Xinzo de Limia en 1994, é un político galego.

    105 visitas (↓311 de onte)0,416, 105

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Xade

    Xade

    O xade é unha rocha ornamental. O termo xade é aplicado a dúas rochas metamórficas distintas compostas de diferentes minerais silicatados: A nefrita consiste nun agregado de fibras entrelazadas microcristalinas de calcio, mineral anfíbolo rico en magnesio-ferro da serie da tremolita (calcio-magnesio)-ferroactinolita (calcio-magnesio-ferro). O membro medio desta serie cunha composición intermedia é chamado actinolita (a forma mineral fibrosa sedosa é unha das formas do asbesto).

    79 visitas (↑31 de onte)0,48, 79

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Tesh Sidi

    Tesh Sidi

    Teslem Andala Ubbi, nada nos campos de refuxiados de Tindouf, Alxeria, o 30 de maio de 1994, máis coñecida como Tesh Sidi (en árabe: تسلم سيدي‎), é unha enxeñeira informática e política saharauí, que tras ser activista anticolonialista e pola independencia do pobo saharauí, foi elixida deputada no Congreso, onde é vicepresidenta segunda da comisión de Economía, Comercio e Dixitalización.

    68 visitas (↑68 de onte)0,0, 68

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Ordes, Ordes

    Ordes, Ordes

    Santa María de Ordes é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 7.542 habitantes (3.681 mulleres e 3.681 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.966 habitantes.

    59 visitas (↑9 de onte)51,50, 59

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Terio Carrera

    Terio Carrera

    Eleuterio Carrera Amil, máis coñecido como Terio Carrera, nado en Ponteareas en 1968, é un presentador e narrador deportivo galego.

    57 visitas (↑57 de onte)0,0, 57

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    56 visitas (↑9 de onte)57,47, 56

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Juan Marín

    Juan Marín

    Juan Antonio Marín Lozano, nado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 31 de decembro de 1962, coñecido simplemente como Juan Marín, é un empresario e político español do partido Ciudadanos que foi candidato á presidencia da Xunta de Andalucía. Aínda que anunciou a súa retirada da política o 19 de xuño de 2022, catro meses despois foi nomeado polo presidente da Xunta de Andalucía, Juan Manuel Moreno, presidente do Consello Económico e Social de Andalucía. Foi adestrador de voleibol, está casado e ten dous fillos.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    51 visitas (↑3 de onte)34,48, 51

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Carlos María Isidro de Borbón

    Carlos María Isidro de Borbón

    Carlos María Isidro Benito de Borbón y Borbón-Parma, infante de España, nado en Madrid o 29 de marzo de 1788 e finado en Trieste o 10 de marzo de 1855, foi o segundo fillo do rei Carlos IV de España e de María Luísa de Parma, e irmán de Fernando VII. Tamén foi coñecido como Don Carlos. Foi o primeiro pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos V de España.

    47 visitas (↑47 de onte)0,0, 47

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    IES San Paio

    IES San Paio

    O IES San Paio é un centro público de Educación Secundaria e Bacharelato pertencente á rede de institutos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, situado en Tui. É herdeiro dun dos institutos máis antigos de Galicia, con orixe en 1845, se ben a súa existencia e localización na cidade foi descontinua ata 1950, cando se creou un Instituto de Ensinanza Media e Profesional no edificio actualmente denominado Francisco Sánchez, que a partir do curso 1990-91 pasaría a situarse na súa actual localización, na rúa Casal Aboy 11. Atende as etapas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, contando cada ano con máis de seiscentos alumnos matriculados.

    46 visitas (↑46 de onte)0,0, 46

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Orde

    Orde

    O termo orde pode referirse a: Arquitectura Orde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta. Bioloxía Orde, determinado nivel de clasificación taxonómica. Dereito Orde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.

    46 visitas (0 de onte)41,46, 46

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    La bola negra

    La bola negra

    La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.

    46 visitas (↓14 de onte)93,60, 46

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    44 visitas (↑18 de onte)0,26, 44

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Catharus minimus

    Catharus minimus

    Catharus minimus é unha especie de paxaro túrdido de mediano tamaño. Ten unha lonxitude de 15–17 cm, e ten o padrón de cor baixo as ás branco-negro-branco característico do xénero Catharus. É un membro dun grupo moi emparentado de especies migradoras xunto con C. fuscescens e C. bicknelli, formando unha parella de especies crípticas con este último.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Moinante

    Moinante

    Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.

    42 visitas (↑10 de onte)69,32, 42

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Carlo Di Benedetto

    Carlo Di Benedetto

    Carlo Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 31 de maio de 1996, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no FC Porto, do Campionato Portugués. Internacional coa selección francesa, conquistou con esta o Campionato do Mundo de 2026.

    42 visitas (↓156 de onte)40,198, 42

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Kim Jong-un

    Kim Jong-un

    Kim Jong-un (en coreano: 김정은, IPA: [kim dʑʌŋ ɯn]), tamén coñecido como Kim Jong-eun ou Kim Jung-eun, anteriormente Kim Jong-woon ou Kim Jung-woon, nado o 8 de xaneiro de 1983, é o líder supremo de Corea do Norte. É o terceiro e máis novo fillo do seu defunto predecesor, Kim Jong-il e a súa consorte Ko Young-hee. Dende finais de 2010, Jong-un comezou ser visto como futuro herdeiro no liderado da nación e, despois da morte do seu pai, foi anunciado como o "gran sucesor" pola televisión estatal de Corea do Norte.

    42 visitas (↑42 de onte)0,0, 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Anne Frank

    Anne Frank

    Annelies Marie Frank, máis coñecida como Anne Frank ou Ana Frank, nada en Frankfurt o 12 de xuño de 1929 e finada aos quince anos, en marzo de 1945, foi unha xudía vítima do nazismo.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    A.C. Ordes

    A.C. Ordes

    O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.

    39 visitas (↑9 de onte)28,30, 39

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Manuel Jiménez Barrios

    Manuel Jiménez Barrios

    Manuel Jiménez Barrios, nado en Bornos, na provincia de Cádiz o 16 de novembro de 1957, coñecido como Chiqui, é un político e licenciado español. Foi vicepresidente da Xunta de Andalucía de 2015 a 2019 e alcalde de Chiclana de la Frontera de 1994 a 2012. De 2012 a 2015, foi membro do Parlamento de Andalucía, converténdose no primeiro alcalde de Chiclana en exercer como deputado rexional.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    A castaña na cultura popular galega

    A castaña na cultura popular galega

    A seguir recóllese a pegada da castaña e do castiñeiro na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Tamén, por similitude, se inclúe algunha información sobre o castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum). O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns.

    37 visitas (↑5 de onte)19,32, 37

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    36 visitas (↓11 de onte)52,47, 36

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    35 visitas (↓32 de onte)190,67, 35

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    33 visitas (↑3 de onte)0,30, 33

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Laura Pato

    Laura Pato

    Laura Pato, nada en Ourense en 1988, coñecida nas redes sociais como Le Petit Patito, é unha arquitecta, deseñadora e ilustradora galega.

    33 visitas (↓28 de onte)0,61, 33

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    33 visitas (↑10 de onte)28,23, 33

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Abel Losada

    Abel Losada

    Abel Fermín Losada Álvarez, nado en Ourense o 2 de xuño de 1964, é un economista e político galego do PSdeG-PSOE.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa, chamada Viri, nada en Pontevedra en 1965, é unha empresaria galega, famosa por ser a muller de Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España.

    32 visitas (↓166 de onte)50,198, 32

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Jaime Lorente

    Jaime Lorente

    Jaime Lorente López, nado en Murcia, o 12 de decembro de 1991, é un actor español coñecido polos seus papeis de "Denver" na serie La casa de papel (2017) e "Nano" en Elite (2018).

    31 visitas (↑31 de onte)0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    30 visitas (0 de onte)0,30, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Alfonso Solórzano Fernández

    Alfonso Solórzano Fernández

    Alfonso Solórzano Fernández, nado en San Marcos, Guatemala, en 1911 e finado en México en 1980, foi un avogado sindicalista, político e diplomático guatemalteco.

    30 visitas (↑7 de onte)30,23, 30

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Eugenia Rico

    Eugenia Rico

    María Eugenia Álvarez Rico, nada en Oviedo o 11 de febreiro de 1972, é unha escritora española.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Camariñas o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    29 visitas (↑29 de onte)17,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    29 visitas (↑11 de onte)28,18, 29

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.

    28 visitas (↓5 de onte)35,33, 28

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    28 visitas (↑28 de onte)20,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Samaín

    Samaín

    O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.

    28 visitas (0 de onte)0,28, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Ester Muñoz

    Ester Muñoz

    Ester Muñoz de la Iglesia, nada en León o 13 de xuño de 1985, é unha política española do Partido Popular que exerce como deputada no Congreso dende 2023 e voceira do grupo popular dende 2025.

    28 visitas (↑1 de onte)0,27, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Voitre africano

    Voitre africano

    O voitre africano (Gyps africanus) é un voitre do Vello Mundo da familia Accipitridae, que tamén inclúe as aguias, miñatos, bexatos e falcóns. É a especie de voitre máis común no continente africano.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Roberto Di Benedetto

    Roberto Di Benedetto

    Roberto Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no Benfica, da Primeira División de Portugal. É irmán xemelgo bivitelino de Bruno Di Benedetto e irmán máis novo de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.

    26 visitas (↓123 de onte)46,149, 26

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    26 visitas (↑7 de onte)19,19, 26

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Isabel Castelo

    Isabel Castelo

    Isabel Castelo d'Ortega, nada na Coruña en 1929, é unha empresaria galega destacada no sector dos seguros en España, recoñecida polo seu labor á fronte de Seguros Ocaso, unha das principais compañías aseguradoras do Estado.

    26 visitas (↓154 de onte)0,180, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Javián Antón

    Javián Antón

    Francisco Javier Antón Díaz, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 18 de setembro de 1974 e máis coñecido como Javián, é un cantante e enxeñeiro técnico industrial español que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Nesgo

    Nesgo

    O nesgo é un enfoque parcial, partidista ou tendencioso co que se trata unha información ou asunto, consciente ou inconscientemente. Se unha persoa prefire ou está predisposta cara a unha idea, posibelmente, non dea igual oportunidade a outra idea diferente.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell Tormo, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, é unha filóloga e profesora galega. É filla do médico, escritor, político e académico Domingo García-Sabell.

    25 visitas (↓12 de onte)53,37, 25

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 243.008.

    24 visitas (↑24 de onte)21,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    24 visitas (↓3 de onte)87,27, 24

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Lingua náhuatl

    Lingua náhuatl

    A lingua náhuatl (que deriva de nāwatl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), nāwa, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.

    24 visitas (↑6 de onte)0,18, 24

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Leonor Watling

    Leonor Watling

    Leonor Ceballos Watling, coñecida como Leonor Watling, nada en Madrid o 28 de xullo de 1975, é unha actriz española de orixe inglesa.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Patti Smith

    Patti Smith

    Patricia Lee Smith, nada en Chicago (Illinois) o 30 de decembro de 1946, é unha cantautora e poeta estadounidense, máis coñecida como Patti Smith.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Gran Premio dos Estados Unidos de 2026

    Gran Premio dos Estados Unidos de 2026

    O Gran Premio dos Estados Unidos de 2026 (oficialmente Formula 1 MSC Cruises United States Grand Prix 2026) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 disputada o 25 de outubro de 2026, no Circuíto das Américas en Austin, Texas, Estados Unidos. Foi a décimo oitava proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2026.

    23 visitas (↓24 de onte)26,47, 23

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

    Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

    O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Bloque Nacionalista Galego

    Bloque Nacionalista Galego

    O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.

    22 visitas (↑1 de onte)19,21, 22

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Lista de voces dos animais

    Lista de voces dos animais

    Esta é unha lista das voces dos animais no idioma galego. A maioría destas palabras poden usarse como verbo ou substantivo, e boa parte delas é de orixe onomatopeica.

    22 visitas (↓9 de onte)21,31, 22

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:

    22 visitas (0 de onte)0,22, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Khvicha Kvaratskhelia

    Khvicha Kvaratskhelia

    Khvicha Kvaratskhelia (en xeorxiano: ხვიჩა კვარაცხელია), nado en Tbilisi o 12 de febreiro de 2001, é un futbolista xeorxiano que xoga como extremo esquerdo no Paris Saint-Germain, da Ligue 1 francesa, e na selección de Xeorxia. Comezou a súa carreira no Dinamo Tbilisi, co que debutou aos 16 anos, antes de pasar ao Rustavi, onde xogou media tempada. A continuación xogou tres anos na Liga Premier de Rusia, nas filas do Lokomotiv Moscova e do Rubín Kazán, sendo elixido dúas veces consecutivas como mellor xogador novo da liga.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Mundial de Fútbol de 2014 - Final

    Mundial de Fútbol de 2014 - Final

    A Final do Mundial de Fútbol de 2014 foi o partido final da 20ª edición da Copa do Mundo da FIFA. Disputuse o 13 de xullo de 2014 no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro entre as seleccións de Alemaña e a Arxentina, resultando vencedor por 1-0 o equipo europeo, que conquistou así o seu cuarto título mundial. O autor do único gol do partido foi Mario Götze.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Mário de Andrade

    Mário de Andrade

    Mário Raul Morades de Andrade, nado en São Paulo o 9 de outubro de 1893 e finado no mesmo lugar o 25 de febreiro de 1945, foi un poeta, escritor, crítico literario, musicólogo, folclorista, ensaísta e fotógrafo do Brasil. Co seu libro Pauliceia Desvairada (1922), foi un dos pioneiros da poesía brasileira moderna. Tamén foi un dos primeiros investigadores do seu país no campo da etnomusicoloxía.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Creampie

    Creampie

    O Creampie é unha modalidade do cinema pornográfico na que logo de exacular un home dentro da vaxina ou ano da súa ou do seu compañeiro sexual, retira o pene e obsérvase o escorregamento do seme a través dos mesmos orificios. É un recurso utilizado no cinema pornográfico duro como alternativa á visualización polo espectador da exaculación externa clásica. Nestes casos o momento da exaculación non se pode gravar pola cámera ao producirse internamente, pero en cambio o espectador pode posteriormente ver como o esperma é expulsado lentamente ó exterior a través de contraccións dos músculos vaxinais ou do esfínter anal.

    21 visitas (↑3 de onte)22,18, 21

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Laura Boado

    Laura Boado

    Laura Boado, nada en Santiago de Compostela en 1998, é unha presentadora de televisión galega.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Paulo Carril

    Paulo Carril

    Paulo Simón Carril Vázquez é un sindicalista galego, secretario xeral desde o 28 de maio de 2017, da Confederación Intersindical Galega (CIG) en relevo de Suso Seixo. É irmán do ex-líder do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Jorge de Paiva

    Jorge de Paiva

    Jorge de Paiva, nado en Almada o 13 de maio de 1887 e finado o 12 de maio de 1937, foi un tirador de esgrima portugués, gañador dunha medalla olímpica.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936 e finado en Brión o 8 de outubro de 2026, foi un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.

    20 visitas (↓9 de onte)36,29, 20

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    John McEnroe

    John McEnroe

    John Patrick McEnroe, Jr., nado o 16 de febreiro de 1959, é un ex xogador profesional de tenis estadounidense nº1 do mundo. A miúdo é considerado como un dos mellores xogadores de tódolos tempos neste deporte. Gañou sete títulos individuais de Grand Slam (tres en Wimbledon e catro en US Open), nove títulos de Grand Slam en dobres, e un título de Grand Slam de dobres mixtos.

    20 visitas (↓125 de onte)0,145, 20

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    José Antonio Armada

    José Antonio Armada

    José Antonio Armada Pérez, nado en Bande en marzo de 1975, é un político galego do PPdeG.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    19 visitas (↓13 de onte)36,32, 19

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Xián Martínez

    Xián Martínez

    Xián Martínez, nado en Vigo en 1996 e finado en Barcelona en outubro de 2026, foi un bailarín e coreógrafo galego, fundador e director artístico da compañía de danza contemporánea iXa.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Tui

    Tui

    Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Obdulia Taboadela

    Obdulia Taboadela

    Obdulia Taboadela Álvarez, nada en Madrid o 22 de novembro de 1964, é unha profesora universitaria e política coruñesa.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    19 visitas (↑19 de onte)17,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    David Broncano

    David Broncano

    David Broncano Aguilera, nado en Rianxo o 30 de decembro de 1985, é un cómico e presentador de televisión español. Gañador de dous Premios Ondas, un por A vivir que son dos días en 2015 e outro en 2018 polo programa de radio La vida moderna.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Monumento a Sócrates de Tui

    Monumento a Sócrates de Tui

    O monumento a Sócrates de Tui, é unha obra dedicada ao filósofo Sócrates, situada nos xardíns de Santo Domingo, Tui, e vinculada á historia da educación e da cultura de Galiza.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Pablo Diego Dios

    Pablo Diego Dios

    Pablo Diego Dios, nado en Pontevedra o 11 de febreiro de 1998, é un escritor, sociólogo, internacionalista e activista en defensa da lingua e a cultura galega.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Escudería Dona Urraca

    Escudería Dona Urraca

    A escudería Dona Urraca é unha entidade dedicada aos rallys de asfalto e de regularidade, encargada de organizar probas para o Campionato Galego de Rallys de Asfalto. Foi fundada no ano 2014 por Marcos González Romero en Tui (Pontevedra), lugar onde ten a súa sede. A escudería organizou o Rally Eurocidade Tui-Valença para o campionato galego en dúas ocasións e colaborou nunha terceira coa organización dun evento dunha escudería portuguesa.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Guitarricadelafuente

    Guitarricadelafuente

    Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente, é un cantautor, compositor, músico e actor español.

    18 visitas (↓4 de onte)18,22, 18

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Cruz de Borgoña

    Cruz de Borgoña

    A Cruz de Borgoña ou Aspa de Borgoña é unha representación da Cruz de Santo André na que os troncos que forman a cruz aparecen cos seus nós nos lugares onde se cortan as ramas. Este emblema foi incluído nos escudos de armas e nas bandeiras de España, tanto de terra como de mar, desde 1506, época da súa introdución coa Garda borgoñoa de Filipe o Fermoso, até Xoán Carlos I. A Cruz de Borgoña desapareceu do escudo de armas do rei de España, e do seu estandarte, no reinado de Filipe VI, así como nos estandartes, bandeiras, bandeirolas, guións, pendóns e confalóns das Forzas Armadas de España. Esta cruz tamén é a orixe do símbolo distintivo que marca as colas dos avións do Exército do Aire de España.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.

    17 visitas (↓23 de onte)18,40, 17

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Castelao

    Castelao

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Ruta da pentosa fosfato

    Ruta da pentosa fosfato

    A ruta da pentosa fosfato ou ruta do fosfato de pentosa, tamén chamada ruta do fosfogliconato ou lanzadeira de fosfatos de pentosas, é unha vía metabólica moi relacionada coa glicólise durante a cal se utiliza a glicosa para xerar a ribosa necesaria para a biosíntese de nucleótidos e ácidos nucleicos, e tamén para obter poder redutor (moléculas con capacidade redutora) en forma de NADPH, que se utilizará como coencima en reaccións encimáticas do anabolismo. Esta ruta ten lugar no citosol na maioría dos organismos, pero nas plantas a maioría das reaccións teñen lugar nos plastos. A ruta serve de ponte entre as rutas anabólicas e catabólicas do metabolismo da glicosa, que está regulado pola insulina.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    17 visitas (↓3 de onte)19,20, 17

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Amaia Apalauza Ollo

    Amaia Apalauza Ollo

    Amaia Apalauza Ollo, nada en Pamplona o 4 de marzo de 1979, é unha tradutora e lingüista navarra. É vicepresidenta da EIZIE (Euskal Itzultzaile, Zuzentzaile eta Interpreteen Elkartea, asociación de tradutores, correctores e intérpretes en éuscaro) dende 2015, e membro correspondente da Euskaltzaindia (euskaltzain urgazle) dende 2016.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

    17 visitas (↓5 de onte)47,22, 17

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Vicente Risco

    Vicente Risco

    Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Aurichu Pereira

    Aurichu Pereira

    Aurora Pereira Carballo, máis coñecida como Aurichu Pereira, nada o 15 de xaneiro de 1940 en Santiago de Compostela e finada na mesma cidade o 1 de novembro de 2023, foi unha pintora galega.

    17 visitas (↓6 de onte)44,23, 17

    2+ días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Rafaela Sánchez Aroca

    Rafaela Sánchez Aroca

    Rafaela Sánchez Aroca, nada en Córdoba o 31 de xaneiro de 1869 e finada en Barcelona o 27 de marzo de 1939, foi unha pintora, escritora, docente e feminista española.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Estados Unidos de América

    Estados Unidos de América

    Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    In medias res

    In medias res

    In medias res é unha expresión latina que significa «no medio das cousas» e que designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narración nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial. Isto permítelle ao narrador moverse para tras e para diante no tempo entre acontecementos interrelacionados. A orixe da expresión está na Ars Poetica de Horacio: Os exemplos máis coñecidos son a Ilíada e a Odisea de Homero e Paradise Lost de John Milton.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Emilio Gutiérrez Caba

    Emilio Gutiérrez Caba

    Emilio Gutiérrez Caba, nado en Valladolid o 26 de setembro de 1942, é un actor español.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Ana Torrent

    Ana Torrent

    Ana Torrent Bertrán de Lis, nada en Madrid o 12 de xullo de 1966, é unha actriz española. Foi nomeada aos premios Goya á mellor actriz por Tesis de Alejandro Amenábar. De nena, foi a actriz principal das películas Cría cuervos e El espíritu de la colmena.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    GLUD2

    GLUD2

    A glutamato deshidroxenase 2, mitocondrial, tamén chamada GDH 2, é un encima que nos humanos está codificado polo xene GLUD2 do cromosoma X sen intróns. Esta deshidroxenase é un dos encimas da familia das glutamato deshidroxenases, que están moi estendidas entre os seres vivos.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Álvaro Cunqueiro

    Álvaro Cunqueiro

    Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    King Kong

    King Kong

    King Kong é o nome dun xigantesco gorila ficticio, que provén da Illa Caveira, e que apareceu en varios filmes, debuxos animados, novelas e xogos de ordenador, moitos dos cales levan por título o seu propio nome, como o gran clásico do cine de 1933, os remakes que se rodaron en 1976, 2005 e 2017 e numerosas secuelas.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Mar

    Mar

    O mar é un gran corpo de auga salgada rodeado por terra en parte ou na súa totalidade. Máis amplamente, mar - como un artigo definido - é o sistema interconectado de augas dos océanos, considerando estes un océano global e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o clima da Terra e desempeña importante papel nos ciclos da auga, do carbono e do nitróxeno.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    15 visitas (↓2 de onte)0,17, 15

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .