Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell

    Teresa García-Sabell Tormo, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, é unha filóloga e profesora galega. É filla do médico, escritor, político e académico Domingo García-Sabell.

    2.5K visitas (↓929 de onte)0,0,0,3477, 2548

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Aurichu Pereira

    Aurichu Pereira

    Aurora Pereira Carballo, máis coñecida como Aurichu Pereira, nada o 15 de xaneiro de 1940 en Santiago de Compostela e finada na mesma cidade o 1 de novembro de 2023, foi unha pintora galega.

    1.3K visitas (↓643 de onte)0,0,0,1940, 1297

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Ricardo Beiras

    Ricardo Beiras

    Ricardo Beiras García-Sabell, nado en Santiago de Compostela en 1965, é un escritor e biólogo galego.

    1.2K visitas (↓324 de onte)0,0,0,1501, 1177

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Beiras

    Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936 e finado en Brión o 8 de outubro de 2026, foi un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas. Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea.

    1.1K visitas (↓1.2K de onte)0,0,18,2278, 1122

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    480 visitas (↑348 de onte)42,565,121,132, 480

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Domingo García-Sabell

    Domingo García-Sabell

    Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego, presidente da Real Academia Galega.

    477 visitas (↓295 de onte)0,0,0,772, 477

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Salvador García-Bodaño

    Salvador García-Bodaño

    Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 e finado en Veitureira (Lampai, Teo) o 7 de marzo de 2023, foi un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultivou exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. Foi procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

    383 visitas (↓97 de onte)0,0,0,480, 383

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Manuel Beiras

    Manuel Beiras

    Manuel Beiras García, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1904 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 1996, foi un intelectual galego e político galeguista. Pai do dirixente nacionalista galego Xosé Manuel Beiras.

    172 visitas (↓60 de onte)0,0,0,232, 172

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    166 visitas (↓5 de onte)36,37,18,171, 166

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Rodri Suárez

    Rodri Suárez

    Alejandro Rodríguez Suárez, máis coñecido por Rodri Suárez, nado na Coruña en 1974 é un xornalista, guionista, escritor e asesor político galego.

    145 visitas (↓127 de onte)0,0,0,272, 145

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Marina Castaño

    Marina Castaño

    Marina Concepción Castaño López, nada na Coruña o 14 de marzo de 1957, é unha xornalista, escritora e xestora cultural galega, durante moitos anos presidenta da Fundación Camilo José Cela.

    132 visitas (↓913 de onte)0,0,0,1045, 132

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Panteón de Galegos Ilustres

    Panteón de Galegos Ilustres

    O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

    120 visitas (↑70 de onte)0,0,0,50, 120

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Ordes, Ordes

    Ordes, Ordes

    Santa María de Ordes é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 7.542 habitantes (3.681 mulleres e 3.681 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.966 habitantes.

    117 visitas (↓33 de onte)0,26,120,150, 117

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    La bola negra

    La bola negra

    La bola negra é un filme dramático de 2026 dirixido por Javier Calvo e Javier Ambrossi, que escribiron o guión xunto con Alberto Conejero. É unha coprodución de España e Francia inspirada na obra teatral inacabada homónima de Federico García Lorca e en La piedra oscura, de Conejero. O elenco principal está formado por Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Carlos González e Milo Quifes, coa participación de Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close.

    116 visitas (↑6 de onte)113,137,153,110, 116

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Revista de Economía de Galicia

    Revista de Economía de Galicia

    Revista de Economía de Galicia foi unha revista de economía galega, publicada pola Editorial Galaxia entre os anos 1958 e 1968. Editáronse 66 números, sendo dirixida entre os anos 1958-1963 por Xaime Isla Couto e entre o 1963-1968 por Xosé Manuel Beiras, materialmente, aínda que na revista figura como subdirector primeiro e codirector despois.

    108 visitas (↓16 de onte)0,0,0,124, 108

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Escudo da serea

    Escudo da serea

    O Escudo da serea, tamén coñecido como Escudo de Castelao, é un emblema patriótico galego deseñado en 1937 polo intelectual e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao durante o seu exilio en Barcelona, no contexto da guerra civil española. Non foi oficializado, pero converteuse nun símbolo emblemático do nacionalismo galego de esquerda e do galeguismo laico e popular.

    103 visitas (↑103 de onte)0,0,0,0, 103

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Rodrigo Paz Pereira

    Rodrigo Paz Pereira

    Rodrigo Paz Pereira, nado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1967, é un político boliviano, de ascendencia galega, que foi senador nacional na Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia pola alianza política Comunidade Cidadá en representación do departamento de Tarija desde 2020. É o presidente electo de Bolivia, tras ser elixido o 19 de outubro de 2025. Ten tamén a nacionalidade española.

    96 visitas (↓40 de onte)0,0,0,136, 96

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Antón Sánchez García

    Antón Sánchez García

    Antón Sánchez García, nado en Alacant en 1974, é un enxeñeiro técnico, sindicalista e político galego de Anova, do cal foi o portavoz nacional dende 2017 ata 2022.

    91 visitas (↑31 de onte)0,0,0,60, 91

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes

    O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes

    O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).

    91 visitas (↑10 de onte)0,19,66,81, 91

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Hábitat mariño

    Hábitat mariño

    Este artigo trata dun tipo especial de ambiente dentro do ecosistema mariño. Para o concepto máis amplo con todas as interaccións e características do ambiente mariño ver Ecosistema mariño. Un hábitat mariño é un hábitat que mantén vida mariña.

    90 visitas (↑38 de onte)41,42,73,52, 90

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Anne Carson

    Anne Carson

    Anne Patricia Carson, nada en Toronto o 21 de xuño de 1950, é unha poeta canadense en lingua inglesa, ensaísta, tradutora e profesora de literatura clásica e comparada na Universidade de Míchigan. Está considerada pola crítica literaria como a poeta viva máis importante das letras anglosaxoas.[Cómpre referencia] Acadou o Premio Princesa de Asturias das Letras en 2020 e o Premio Nobel de Literatura en 2026. Está estabelecida en Nova York.

    86 visitas (↓217 de onte)0,0,0,303, 86

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    84 visitas (↑43 de onte)33,36,43,41, 84

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    A.C. Ordes

    A.C. Ordes

    O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías. En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.

    84 visitas (↓14 de onte)0,23,68,98, 84

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    O atraso económico de Galicia

    O atraso económico de Galicia

    O atraso económico de Galicia, título da primeira edición (titulado O atraso económico da Galiza en edicións posteriores), é un ensaio escrito polo intelectual galeguista Xosé Manuel Beiras Torrado.

    82 visitas (↓55 de onte)0,0,0,137, 82

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Ana Miranda Paz

    Ana Miranda Paz

    Ana María Miranda Paz, nada en Cuntis o 2 de maio de 1971 e asentada en Vigo, é unha política nacionalista galega. Foi deputada do BNG no Parlamento Europeo desde o 1 de xaneiro de 2012 até o 9 de xullo de 2013. Formou parte do grupo parlamentario Alianza Libre Europea - Os Verdes.

    73 visitas (↑73 de onte)0,0,0,0, 73

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Camilo Nogueira Román

    Camilo Nogueira Román

    Camilo Nogueira Román, nado o 22 de novembro de 1936 na parroquia e -daquela- concello de Lavadores (hoxe integrado no de Vigo), é un enxeñeiro e economista galego, máis coñecido pola súa faceta política, historicamente vinculada a partidos nacionalistas galegos de esquerda e desde 1994 ao Bloque Nacionalista Galego (BNG).

    64 visitas (↓10 de onte)0,0,0,74, 64

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Antón Beiras García

    Antón Beiras García

    Antón Beiras García, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 1 de abril de 1968, foi un oftalmólogo, humanista e poeta galeguista.

    62 visitas (↓38 de onte)0,0,0,100, 62

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Bloque Nacionalista Galego

    Bloque Nacionalista Galego

    O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é un partido político de esquerda da comunidade autónoma de Galicia, fundado en 1982 como unha fronte unitaria integrada por diversas organizacións nacionalistas galegas co obxectivo de promover a soberanía e a autodeterminación da nación galega. O partido xurdiu da unión de pequenos grupos nacionalistas durante a transición española á democracia. Nun primeiro momento obtivo resultados electorais modestos, pero foi incrementando progresivamente o seu apoio grazas á súa defensa dos intereses de Galicia fronte ao que consideraba unha explotación económica e unha marxinación cultural por parte do Estado español.

    60 visitas (↓36 de onte)27,23,0,96, 60

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Verónica Martínez Barbero

    Verónica Martínez Barbero

    Verónica Martínez Barbero, nada en Xixón en 1980, é unha avogada e política galega de orixe asturiana.

    58 visitas (↑58 de onte)0,0,0,0, 58

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Vilaboa (Allariz) o 1 de decembro de 1957 e falecido en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2025, foi un presentador de televisión e cantante galego.

    55 visitas (↑55 de onte)0,0,0,0, 55

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    48 visitas (↑9 de onte)33,41,48,39, 48

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Fernanda Tabarés

    Fernanda Tabarés

    María Fernanda Tabarés Domínguez, nada en Ourense o 27 de febreiro de 1968, é unha xornalista galega.[Cómpre referencia]

    47 visitas (↑11 de onte)0,0,0,36, 47

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    46 visitas (↑21 de onte)24,27,72,25, 46

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Eduardo Mendoza

    Eduardo Mendoza

    Eduardo Mendoza Garriga, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1943, é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas principais obras son La verdad sobre el caso Savolta (1975) e La ciudad de los prodigios (1986).

    45 visitas (↑45 de onte)0,0,0,0, 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Partido Socialista Galego

    Partido Socialista Galego

    O Partido Socialista Galego (PSG) foi un partido galego nacionalista de esquerdas fundado na clandestinidade en 1963 e fusionado con Esquerda Galega en 1984.

    44 visitas (↓42 de onte)0,0,0,86, 44

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Antía Otero

    Antía Otero

    Antía Otero Rodríguez, nada na Estrada o 14 de setembro de 1982, é unha poeta e actriz galega.

    44 visitas (↑12 de onte)0,0,0,32, 44

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Ramón Otero Pedrayo

    Ramón Otero Pedrayo

    Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.

    44 visitas (↑44 de onte)0,19,0,0, 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo

    Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.

    42 visitas (↓6 de onte)48,47,79,48, 42

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Xoanqui Ameixeiras

    Xoanqui Ameixeiras

    Xoanqui Ameixeiras, nado en Fene en 1971, é un cociñeiro e presentador de televisión galego. Reside en Vilagarcía de Arousa.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio (España)

    Frente Amplio é un proxecto de coalición electoral española de esquerdas impulsado polas formacións Movemento Sumar, Izquierda Unida, Más Madrid e Catalunya en Comú co fin de presentarse conxuntamente ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Entre febreiro e setembro de 2026, antes da constitución desta coalición, os seus partidos promotores celebraron varios actos e eventos públicos preparativos baixo o slogan Un Paso al Frente. Logo diso, a inicios de outubro dese ano foi publicado que o nome da nova coalición sería Frente Amplio, anunciándose que o seu acto de presentación oficial será celebrado o 17 de outubro de 2026.

    40 visitas (↑3 de onte)44,0,0,37, 40

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Alba Nogueira

    Alba Nogueira

    María da Alba Nogueira López, nada en Toba (Cee) o 7 de agosto de 1968, é unha xurista galega, catedrática de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela. É membro correspondente da Real Academia Galega dende 2012.

    39 visitas (↑7 de onte)0,0,0,32, 39

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    39 visitas (↑9 de onte)21,27,23,30, 39

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    39 visitas (↑5 de onte)27,27,30,34, 39

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Orde

    Orde

    O termo orde pode referirse a: Arquitectura Orde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta. Bioloxía Orde, determinado nivel de clasificación taxonómica. Dereito Orde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.

    38 visitas (↑7 de onte)0,0,0,31, 38

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Xosé Luís Méndez Ferrín

    Xosé Luís Méndez Ferrín

    Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un escritor e político galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.

    36 visitas (↓4 de onte)0,18,0,40, 36

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    36 visitas (↓44 de onte)23,19,0,80, 36

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Paz López Facal

    Paz López Facal

    Paz López Facal, nada en Toba (Cee) o 2 de novembro de 1938 e finada en Vidán (Santiago de Compostela) o 21 de outubro de 2020, foi unha mestra e escritora galega.

    36 visitas (↑2 de onte)0,0,0,34, 36

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Martiño Noriega

    Martiño Noriega

    Martiño Noriega Sánchez, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1975, é un médico e político galego.

    36 visitas (↑5 de onte)0,0,0,31, 36

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Gabriel Rufián

    Gabriel Rufián

    Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.

    36 visitas (↑36 de onte)36,23,29,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Manuel Caamaño Suárez

    Manuel Caamaño Suárez

    Manuel Caamaño Suárez, nado en Noia o 2 de xaneiro de 1936 e finado o 5 de abril de 2026, foi un aparellador e escritor galego.

    34 visitas (↓41 de onte)0,0,0,75, 34

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Fernando González Laxe

    Fernando González Laxe

    Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, do 28 de setembro de 1987 ao 2 de febreiro de 1990.

    34 visitas (↑5 de onte)0,0,0,29, 34

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Laura Boado

    Laura Boado

    Laura Boado, nada en Santiago de Compostela en 1998, é unha presentadora de televisión galega.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Brión

    Brión

    Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

    33 visitas (↓27 de onte)0,0,0,60, 33

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Encarna Otero Cepeda

    Encarna Otero Cepeda

    Encarna Otero Cepeda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950, é unha historiadora, mestra e política nacionalista galega.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    32 visitas (↑32 de onte)17,0,18,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    Partido Comunista dos Traballadores de España

    O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

    31 visitas (↓8 de onte)114,59,35,39, 31

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    31 visitas (↓81 de onte)34,64,44,112, 31

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Lista de voces dos animais

    Lista de voces dos animais

    Esta é unha lista das voces dos animais no idioma galego. A maioría destas palabras poden usarse como verbo ou substantivo, e boa parte delas é de orixe onomatopeica.

    31 visitas (↑6 de onte)0,0,19,25, 31

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Manuel Fraga

    Manuel Fraga

    Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.

    31 visitas (↓13 de onte)0,0,0,44, 31

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Anova-Irmandade Nacionalista

    Anova-Irmandade Nacionalista

    Anova-Irmandade Nacionalista (AINA) é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. Dende 2022 o seu portavoz nacional é Martiño Noriega. Ata entón viña exercendo como tal dende 2017 Antón Sánchez, o cal fora precedido polo fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado.

    30 visitas (↓62 de onte)0,0,0,92, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).

    29 visitas (↑1 de onte)19,0,18,28, 29

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Juan Ramón Quintás

    Juan Ramón Quintás

    Juan Ramón Quintás Seoane, nado na Coruña o 14 de agosto de 1943, é un economista e político galego.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Rosalía de Castro

    Rosalía de Castro

    Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Carlos Aymerich

    Carlos Aymerich

    Carlos Ignacio Aymerich Cano, nado en Vigo en 1967, é un profesor universitario e político nacionalista galego que militou no BNG.

    28 visitas (↓38 de onte)0,0,0,66, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Pardo de Cela

    Pardo de Cela

    Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira, coñecido como don Pedro Pardo de Cela, nado en Betanzos cara ao 1425 e executado en Mondoñedo o 3 de outubro de 1483, foi un mariscal galego medieval, decapitado diante da catedral mindoniense por mandato do gobernador do reino nomeado polos Reis Católicos.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Domingo Fontán

    Domingo Fontán

    Domingo Fontán Rodríguez, nado en Porta do Conde (Portas) o 17 de abril de 1788 e finado en Cuntis o 24 de outubro de 1866, foi un ilustrado galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia, a Carta xeométrica de Galicia. Foi secretario da Deputación Provincial de Galicia, director do Observatorio Astronómico de Madrid, deputado en Cortes e presidente da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago. Os seus restos están no Panteón de Galegos Ilustres.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Salvador García-Bodaño Fernández

    Salvador García-Bodaño Fernández

    Non confundir con Salvador García-Bodaño Zunzunegui (fillo). Salvador García-Bodaño Fernández, nado en Negreira o 13 de abril de 1896 e finado en Santiago de Compostela o 20 de novembro de 1955, foi un procurador, xornalista, escritor e agrarista galego.

    28 visitas (↓16 de onte)0,0,0,44, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Mario López Rico

    Mario López Rico

    Mario López Rico, nado en Ribadeo en 1949, é un arquitecto e político galego.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Lista de filmes con versión en galego

    Lista de filmes con versión en galego

    A lista de filmes con versión en galego está ordenada alfabeticamente segundo os títulos galegos das obras relacionadas. Para esta orde non se teñen en conta, por defecto, os artigos (morfemas) ao inicio dos títulos en galego. Inclúense longametraxes das que hai versión oficial en galego, ben sexa dobrada, orixinal, ou subtitulada, considerando os seus títulos galegos tal e como se impuxo cada un deles, independentemente de que sexan correctos segundo diferentes criterios ou variantes da lingua galega.

    27 visitas (↑27 de onte)27,20,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Anxo Quintana

    Anxo Quintana

    Anxo Manuel Quintana González, nado en Allariz o 25 de febreiro de 1959, é un político galego. Foi o Voceiro Nacional do BNG desde 2003 ata 2009 e vicepresidente da Xunta de Galicia desde 2005 ata 2009.

    27 visitas (↓33 de onte)0,0,0,60, 27

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Sol Mariño

    Sol Mariño

    Sol Rivas López, coñecida como Sol Mariño, nada en Vimianzo en 1986, é unha fotógrafa e escritora galega.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Ramón Piñeiro

    Ramón Piñeiro

    Ramón Piñeiro López, nado en Armea de Abaixo (Lama, Láncara) o 31 de maio de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra. Piñeiro vía utópica a formación dun partido político galeguista na situación política e social de entón. Se xa fora un partido minoritario cando as circunstancias eran favorables, e nin sequera conseguira manter a unidade interna, ao seu ver, moitas menos posibilidades ía ter baixo a ditadura.

    26 visitas (↓2 de onte)0,0,0,28, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Partido dos Socialistas de Galicia

    Partido dos Socialistas de Galicia

    O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia. De ideoloxía galeguista e socialdemócrata, ten 1 010 concelleiros, as alcaldías das 2 cidades con maior poboación de Galicia (Vigo e A Coruña ), as presidencias das deputacións provinciais da Coruña e Lugo, 9 deputados no Parlamento de Galicia, 7 no Congreso dos Deputados e 4 senadores. O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).

    26 visitas (0 de onte)0,0,0,26, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Xavier Vence

    Xavier Vence

    Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.

    26 visitas (↓26 de onte)0,0,0,52, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Mika

    Mika

    Michael Holbrook Penniman, nado o 18 de agosto de 1983, e coñecido como Mika é un cantante británico de orixe libanesa. Actualmente vive en Inglaterra, país no que cultivou un grande éxito.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    William Shakespeare

    William Shakespeare

    William Shakespeare, nado en Stratford-upon-Avon, Warwickshire, Reino de Inglaterra, c. 23 de abril de 1564xul. bautizado o 26 de abril de 1564 e finado ib o 23 de abrilxul./ 3 de maio de 1616greg.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Ramón López-Suevos

    Ramón López-Suevos

    Ramón López-Suevos Fernández, nado en Ferrol en 1943, é un economista galego.

    26 visitas (↓6 de onte)0,0,0,32, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Guitarricadelafuente

    Guitarricadelafuente

    Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente, é un cantautor, compositor, músico e actor español.

    26 visitas (↓9 de onte)35,35,40,35, 26

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,26,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Alfredo Suárez Canal

    Alfredo Suárez Canal

    Alfredo Suárez Canal, nado en Allariz en 1951, é un político galego.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Miguel Bernardeau

    Miguel Bernardeau

    Miguel Ángel Bernardeau Duato, nado en Valencia o 12 de decembro de 1996, é un actor español, principalmente coñecido polo seu papel de Guzmán na serie de Netflix Élite.

    23 visitas (↑23 de onte)17,66,30,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    23 visitas (↓9 de onte)32,22,22,32, 23

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Ruslan Kukharuk

    Ruslan Kukharuk

    Ruslan Nikolaevich Kukharuk, nado en Urai o 8 de maio de 1979, é un político ruso que é o gobernador do okrug autónomo Khanty-Mansi-Iugra dende 2024.

    23 visitas (↓10 de onte)0,0,23,33, 23

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Inés Rey

    Inés Rey

    Inés Rey García, nada na Coruña o 11 de xullo de 1982, é unha avogada e política galega militante do PSdeG. Dende o 15 de xuño de 2019 é a alcaldesa da Coruña. É a primeira muller na democracia que ostenta ese cargo.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Fernando Salgado García

    Fernando Salgado García

    Juan Fernando Salgado García, nado en Monterroso o 28 de marzo de 1953, é un xornalista e político galego.

    23 visitas (0 de onte)0,0,0,23, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Unión do Povo Galego

    Unión do Povo Galego

    A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1300 militantes[cando?] e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez -un dos cofundadores do partido- de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977 ata 2008.

    23 visitas (↓21 de onte)0,0,0,44, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Miguel Anxo Fernán-Vello

    Miguel Anxo Fernán-Vello

    Miguel Anxo Elías Fernández Bello, máis coñecido como Miguel Anxo Fernán Vello, nado en Cospeito o 8 de outubro de 1958, é un escritor, editor e político galego.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Emilio Pérez Touriño

    Emilio Pérez Touriño

    Emilio Pérez Touriño, nado na Coruña o 8 de agosto de 1948, é un economista e político galego. Foi o presidente da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata marzo de 2009, e Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009. A súa liña ideolóxica é galeguista, federalista e socialdemócrata.

    22 visitas (↓13 de onte)0,0,0,35, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Francisco Rodríguez Rodríguez

    Francisco Rodríguez Rodríguez

    Francisco Rodríguez Rodríguez, nado en Celeiros (Chandrexa de Queixa) o 6 de novembro de 1946, é un político galego do PPdeG.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Ramón Fernández Alfonzo

    Ramón Fernández Alfonzo

    Ramón Tomás Fernández Alfonzo (Mon), nado en Ferrol, é un avogado e sindicalista galego da CIG. Afiliado do BNG, é deputado no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral da Coruña.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

    Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

    O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.

    21 visitas (↓33 de onte)0,0,16,54, 21

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    21 visitas (↓17 de onte)28,20,28,38, 21

    4+ días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Xesús Veiga

    Xesús Veiga

    Xesús Manuel Veiga Buxán, nado en Tuiriz (Pantón) o 7 de xullo de 1951, é un economista e político galego.

    21 visitas (↓30 de onte)0,0,0,51, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Hard GZ

    Hard GZ

    Pedro Ruibal Iglesias, nado en Vigo o 2 de agosto de 1995, máis coñecido polo seu nome artístico Hard GZ, é un rapeiro galego.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Castelo de Pambre

    Castelo de Pambre

    O castelo de Pambre é unha fortaleza medieval galega que se alza a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, situada na parroquia de Pambre (Palas de Rei, Lugo). O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Harry Potter e as reliquias da morte

    Harry Potter e as reliquias da morte

    Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre os filmes e mais os videoxogos. Harry Potter e as reliquias da morte é o nome do sétimo e derradeiro libro da saga de Harry Potter escritos pola británica J. K. Rowling. O título en inglés foi revelado na páxina web oficial da súa autora o 21 de decembro de 2006.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Fidel Fernán

    Fidel Fernán

    Jesús Fidel Fernández Bello, máis coñecido como Fidel Fernán, nado en Cospeito o 25 de abril de 1954, é un comunicador, empresario e político galego.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Fundación Penzol

    Fundación Penzol

    A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Xosé Manuel Soutullo.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    20 visitas (↑20 de onte)27,81,42,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Pornografía

    Pornografía

    A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".

    20 visitas (↓2 de onte)19,0,19,22, 20

    3 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .